3 plan de incorporación do alumnado estranxeiro

Page 1

INCORPORACIÓN DO ALUMNADO ESTRANXEIRO


PROCEDEMENTO A SEGUIR NA INCORPORACIÓN DO ALUMNADO PROCEDENTE DO ESTRANXEIRO NA ESO 1.-A secretaría do centro pasara a información das solicitudes de matricula á xefatura de estudos no momento que se produzan. 2.-Determinación das necesidades educativas en 1º de ESO: Ao inicio do curso - A xefatura de estudos, co asesoramento do departamento de orientación, procederá ao estudo dos datos aportados pola familia e, de ser o caso, polo expediente escolar, adscribindo de forma provisional ao alumno a un nivel e grupo, tendo en conta os criterios de agrupamento no centro, a optatividade e a normativa aplicable ao respecto. -

-

O profesorado do grupo procederá a realizar a avaliación inicial (*1) nas distintas materias co fin de determinar a competencia curricular do alumnado e o grao de desenvolvemento das competencias básicas. No caso de ser un alumno que presente necesidades educativas especiais, a xefatura do departamento de orientación procederá a realizar a oportuna avaliación psicopedagóxica.

2.- Determinación das necesidades educativas nos cursos 2º,3º e 4º de ESO. -

A xefatura de estudos, co asesoramento do departamento de orientación, analizará os datos achegados pola familia e, de ser o caso, polo expediente escolar, e procederá a solicitar ás xefaturas dos departamentos didácticos das materias instrumentais (lingua castelá, e/ou lingua galega e matemáticas) a oportuna avaliación inicial (*1) co fin de determinar a competencia curricular do alumnado e o grao de desenvolvemento das competencias básicas.

-

No caso de ser un alumno que presente necesidades educativas especiais, a xefatura do departamento de orientación procederá a realizar a oportuna avaliación psicopedagóxica.

Durante o curso -Procederase como nos cursos 2º, 3º e 4º de ESO. 3.-A xefatura de estudos convocará unha reunión á que asistirá o profesorado implicado na avaliación inicial e o departamento de orientación e, na que se determinarán as necesidades educativas específicas e na que se procederá á adscrición do alumno a un nivel e grupo adoptando as medidas de atención á diversidade necesarias, tanto curriculares como organizativas, segundo o establecido no artigo 7º da Orde de 20 de febreiro de 2004. Nota: En ningún caso se producirá a incorporación do alumno a un curso inferior aos dous anteriores ao que lle correspondería por idade, agás no caso de alumnado que presente necesidades educativas especiais.


4.-Unha vez adoptada a decisión, a xefatura de estudos convocará ao alumno e a súa familia a unha reunión na que participará o orientador/a. En dita reunión se lle proporcionará información sobre os resultados da avaliación inicial, sistema educativo (*2) e as decisións relativas a súa escolarización (nivel e medidas de atención específica). Así mesmo informarase á U.A.MI. ( unidade de asesoramento de migracións do concello). Nota: Cando a proposta do equipo docente asesorado polo departamento de orientación sexa a de escolarizar ao alumno na etapa de educación primaria, nun curso inferior ao que lle correspondería por convenios internacionais ou nun programa de cualificación profesional inicial, é necesario o consentimento expreso da familia. Neste caso a xefatura do departamento de orientación emitirá o oportuno informe tendo en conta a información sobre a competencia curricular aportada polo profesorado. -------------------------(*1): Artigo 2º da Orde de 20 de febreiro de 2004 e artigo 4º da Orde do 21 de decembro de 2007. Os departamentos didácticos elaborarán probas para avaliar a competencia curricular do alumnado. (*2) Información a proporcionar sobre o sistema educativo: -A que curso se incorpora. -Medidas de atención específica, no caso de que se adopten. -Materias que comprende o curso. -O horario e calendario escolar. Débese ter en conta que é obrigatoria a asistencia diaria do alumnado e que se van controlar as ausencias. Ademais, a asistencia é un requisito previo para a avaliación continua. -O sistema de avaliación e de comunicación dos resultados ás familias. Deberá devolver o xustificante de recepción asinado polo pai/nai/responsable ao centro. -Quen é o profesor titor/a e horario de atención. -Material escolar básico. Téñase en conta que, de ser preciso, existen axudas para a súa adquisición. -Regulamento de Réxime Interior. -Información sobre posibles actividades complementarias e, de ser o caso, extraescolares.

Normativa específica: Orde do 20 de febreiro de 2004 pola que se establecen as medidas de atención específica aoó alumnado procedente do estranxeiro. (DOG do 26 de febreiro de 2004) Nota: Tamén existen diferentes convenios internacionais de equivalencia de estudos. Lexislación artigo 2º da Orde de 20 de febreiro de 2004 e artigo 4º da Orde do 21 de decembro de 2007.


PROCEDEMENTO A SEGUIR NA INCORPORACIÓN DO ALUMNADO PROCEDENTE DO ESTRANXEIRO NO BACHARELATO 1.-A secretaría do centro pasará a información das solicitudes de matricula á xefatura de estudos no momento que se produzan. 2.-Para a escolarización do alumnado no bacharelato é necesario a convalidación previa de estudos. As solicitudes de homologación ou convalidación axustaranse ao modelo que se achega e poderán presentarse nos seguintes lugares: Alta Inspección de Educación, Delegación Provincial da Conselleria de Educación ou en calquera outro lugar sinalado no art. 38.4 da Lei 30/1992, de 26 de novembro e no art. 2 do Real Decreto 772/1999, de 7 de maio. 3.-A xefatura de estudos procederá á adscrición do alumno a un nivel e grupo, tendo en conta os criterios de agrupamento no centro e as modalidades de bacharelato e procederá a comunicar a decisión ao profesorado implicado. 4.-Unha vez adoptada a decisión, a xefatura de estudos (podería ser o titor) convocará ao alumno e a súa familia a unha reunión na que participará o orientador/a. En dita reunión se lle proporcionará información sobre o sistema educativo (*) e as decisións relativas a súa escolarización (nivel e medidas de atención específica, se é o caso). Así mesmo informarase á U.A.MI. ( unidade de asesoramento de migracións do concello).

(*) Información a proporcionar sobre o sistema educativo: -A que curso se incorpora. -Medidas de atención específica, no caso de que se adopten. -Materias que comprende o curso. -O horario e calendario escolar. Débese ter en conta que é obrigatoria a asistencia diaria do alumnado e que se van controlar as ausencias. Ademais, a asistencia é un requisito previo para a avaliación continua. -O sistema de avaliación e de comunicación dos resultados ás familias. Deberá devolver o xustificante de recepción asinado polo pai/nai/responsable ao centro. -Quen é o profesor titor/a e horario de atención. -Material escolar básico. Téñase en conta que, de ser preciso, existen axudas para a súa adquisición. -Regulamento de Réxime Interior. -Información sobre posibles actividades complementarias e, de ser o caso, extraescolares. Normativa aplicable: Orde do 20 de febreiro de 2004 pola que se establecen as medidas de atención específica ao alumnado procedente do estranxeiro. (DOG do 26 de febreiro de 2004). Orde ECD/3305/2002, de 16 de decembro, pola que se modifican as de 14 de marzo de 1998 e de 30 de abril de 1996, para a aplicación do disposto no Real Decreto 104/1998, de 29 de xaneiro, sobre homologación e convalidación de títulos e estudos estranxeiros de educación no universitaria. Nota: Tamén existen diferentes convenios internacionais de equivalencia de estudos.


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.