2 minute read

Alicia Estévez Torazno, microbióloga

Advertisement

AL���A ��TÉVE�TO���N�

Científica galega, especializada en ictiopatoloxía, ou patoloxías que afectan aos peixes. Actualmente é microbióloga, investigadora e catedrática de Universidade.

ÍN�I��

● Biografía

● Investigación

● Logros

● Traballos

● Premios

Ilusión polo traballo, honestidade, rigor e humildade.

BI����FÍA

Alicia Estévez naceu en Pontevedra o 20 de novembro de 1955.

En 1977 licenciouse en Bioloxía e en 1979 en Farmacia pola Universidade de Santiago de Compostela, recibindo o premio nacional de fin de carreira ao mellor expediente académico. Fixo o seu doutoramento na Facultade de Bioloxía na mesma universidade.

Dende 1991 é catedrática de microbioloxía e directora do Grupo de Patoloxía en Acuicultura na USC. Tamén é Académica de Número da Real Academia Galega de Ciencias e da Academia de Farmacia de Galicia, e vogal do Consello da Cultura Galega.

IN���T��A��ÓN

A súa especialidade é a ictiopatoloxía, é dicir, o estudo das enfermidades dos peixes. Céntrase nas patoloxías dos peixes e os moluscos importantes na acuicultura, detectando enfermidades bacterianas e tratándoas.

As súas principais liñas de investigación están centradas na patoloxía bacteriana en Acuicultura, concretamente na caracterización fenotípica, antixénica e molecular de patóxenos de peixes; no desenvolvemento de métodos de diagnóstico de patóxenos; a epizootioloxía; a quimioterapia e a vacinación en Acuicultura.

LO���S

● Foi a segunda muller en ingresar naReal Academia Galega de Ciencias.

● Leva participado en 46 proxectos de investigación e desenvolvemento estatais, europeos e autonómicos, así como en 15 de desenvolvemento tecnolóxico.

T�A��L���

● É autora de 275 artigos, a maioría publicados en revistas do Science Citation Index, así como 22 capítulos de libros.

● É inventora de oito patentes de uso en acuicultura (vacina, probióticos e procedementos de diagnose).

● Dirixiu 17 teses de doutoramento e foi convidada a impartir máis de 100 conferencias e cursos sobre Acuicultura e Microbioloxía ambiental en congresos e universidades ou centros de investigación nacionais e internacionais.

P�E���S

● Premio

María

Josefa

Wonenburger

Planells 2018 da Unidade de Muller e

Ciencia da Xunta de Galicia.

● Premio

Nacional

Jaime

Ferrán

da

Sociedade Española de Microbioloxía.

● Título

de

Excelencia

galega

en

Investigación da AEGACA.

● Premio

Bioloxía

do

ano

2018

do

COBGA.

● Premio Colexiada do ano 2019 da Unión

Profesional de Galicia.

BI����G�A�ÍA

elcorreogallego.es ipacuicultura.com executivasdegalicia.org wikipedia.org racg.gal mujeresconciencia.com

farodevigo.esLydia Sandá Celeiro 1º BACH A

This article is from: