2 minute read
Marisol Soengas, científica e microbióloga
MarisolSoengas
Advertisement
Científica, microbióloga e investigadora
ÍNDICE
1.
Quen é?
2.
O seu Twitter
3.
Que fai a CNIO?
4.
Redes sociais CNIO
5.
Recoñecementos
1. Quen é?
Nace en Pontevedra 1968.
Inicia a súa carreira científica na Universidade da Coruña e despois na Universidade Autónoma de Madrid, onde se lincencia en Bioloxía Molecular.
Recibe o seu Doutoramento con Honras de Primeira Clase polos seus estudos sobre mecanismos moleculares da replicación do ADN.
Soengas trasládase ao grupo de S. Lowe no Laboratorio Cold Spring Harbor, Nova Iork, onde avalía o papel da apoptose como mecanismo supresor de tumores, con especial atención ao melanoma.
Logo únese ao Departamento de Dermatoloxía da Universidade de Michigan en 2002 para desenvolver un programa de investigación básica en melanoma. O seu grupo definiu novos mecanismos moleculares subxacentes ao inicio, a progresión e a quimiorresistencia do melanoma humano.
2. O seu twitter
Por aí poderás ver contido novo sobre ela, os seus proxectos e a súa forma de pensar. https://twitter.com/msmelanoma?ref_src=twsrc%5Egoogle%7Ctwcamp%5Eserp%7Ctwgr%5Eauthor
3. Que fai a CNIO?
Desde 2008, Soengas lidera o Grupo Melanoma do CNIO. O principal obxectivo do seu equipo é trasladar a investigación básica en melanoma á clínica mediante a identificación de novos marcadores desta enfermidade e obxectivos para o desenvolvemento de fármacos.
Tamén incorpora a mozos e
mozos científicos e científicas de
todo o mundo para investigar en
programas
punteiros
de
investigación
básica
o
de
desenvolvemento de fármacos, así
como
no
programa
de
investigación clínica do CNIO,
formado
por
oncólogos
de
diferentes hospitais do noso país.
Todo en beneficio dos pacientes
de cancro e as súas familias.
CNIO Arte é unha iniciativa que explora os territorios comúns entre a investigación científica e a creación artística. Exponse unha obra que crea o artista para a ocasión e a súa posterior venda para recadar fondos para erradicar o cancro. Os beneficios destas vendas destínanse a financiar a inverstigación no CNIO, a través de “Amigos/as del CNIO”.
4. Redes CNIO
https://www.instagram.com/CNIOStopCancer/ Instagram https://twitter.com/CNIOStopCancer Twitter https://www.youtube.com/canalcnio YT
5. Recoñecementos
Soengas recibiu bolsas e premios tanto do Programa Human Frontiers in Science como da Leukemia and Lymphoma Society of America. Tamén recibe un Premio Académico Biomédico en Ciencias da Vida da Universidade de Michigan, o Premio á Xoven Investigadora Diana Ashby da Sociedad para a Investigación de Melanoma, así como os Premios ao Desenvolvemento Profesional da Fundación Americana de Dermatoloxía, a Fundación Elsa V. Pardee e a Fundación V para a investigación do cancro. Tamén consegue o Premio M. Josefa Wonenburger da Xunta de Galicia.