Concepción arenal pdf

Page 1

CONCEPCIÓN ARENAL naceu en Ferrol o día 31 de xaneiro de 1820 Despois da morte do seu pai a familia trasládase a vivir a Madrid.

Foi a primeira muller visitadora de cárceres femininas, un posto que era exclusivamente ocupado por homes e que a convertiu na primeira muller con cargo na Administración pública.

Dende moi nova ten moi claro que quere estudar dereito. Pero naquela época a universidade estaba prohibida para as mulleres. Ela lonxe de resignarse, decide disfrazarse de home para poder asistir ás clases, asi que corta o pelo, e vístese con levita, capa e sombreiro de copa.

Despois foi cesada do seu cargo por publicar unha obra titulada “Cartas aos delincuentes” onde defendía os dereitos dos presos e das presas.

Ao descubrirse a súa identidade o reitor despois de facerlle un exame e comprobar que sabía exactamente o mesmo que os compañeiros homes, decide que asista ás clases como oínte, pero nunca lle darán o título Na universidade coñecerá ao que será o seu marido Fernando García Carrasco. Para poder asistir ás tertulias literarias tamén se ten que disfrazar de home e para escribir nos xornais ten que firmar con nome de home. Escribiu e publicou un libro que foi premiado pola academia das Ciencias Morais e políticas e así descúbrese o engano pois estaba firmado polo seu fillo que só tiña dez anos.

Concepción Arenal vive a revolución de 1868 en España, que supón o primeiro intento no país de establecer un réxime democrático. Ela identificase coas ideas progresistas. Entabla amizade con pedagogos como Francisco Giner de los Rios, Fernando de Castro e Gumensindo de Azcárate defensores da libre ensinanza frente ao dogmatismo e defende as súas ideas. En 1869 Concepción Arenal publica “A muller do porvir.” No libro defende o libre acceso da muller á educación e tira por terra as teorías que promoven a superioridade do home. Despois publicaría máis obras “Estado actual da muller en España” ou “A muller traballadora”.


Nas súas obras critica a disparidade de soldos das traballadoras con respecto aos dos homes, abrindo así debates silenciados ata o momento e que todavía hoxe non se solucionaron.

CONCEPCIÓN ARENAL

As súas ideas foron revolucionarias naquel momento “...O primeiro que necesita a muller é afirmar a súa personalidade independente do seu estado de solteira, casada ou viúva, ten deberes que cumplir, dereitos que reclamar, dignidade que non depende de ninguén, un traballo que realizar...” A súa loita abriu moitos camiños para as mulleres e aínda hoxe seguimos esixindo que se cumpla a palabra que ela escribiu e IGUALDADE. GALEGA, UNIVERSITARIA, ESCRITORA, VISITADORA DE CÁRCERES, EDUCADORA, FEMINISTA.

http://www.bibliopontelugo.blogspot.com

http://www.bibliopontelugo.blogspot.com


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.