Gloria fuertes pdf

Page 1


GLORIA FUERTES naceu en Madrid, no barrio de Lavapiés no ano 1917 nunha familia moi humilde. A guerra marca a súa vida, deixando nela unha profunda pegada. En Madrid exerceu diversos traballos e no ano 1961 foi profesora de español en EEUU Foi a primeira muller que naquela época en Madrid andaba en bicicleta, que usaba pantalón, que xogaba ao fútbol, ao baloncesto, ao hokey… que eran cousas que naquela época estaban muy mal vistas nunha muller. Nas súas obras fala do amor, da guerra, das inxustizas, da soedade, da festa, da natureza….Defensora do amor, do pacifismo, dos dereitos da muller, do ecoloxísmo. A súa obra máis coñecida é a escrita para o público infantil, pero é moi intensa e importante tamén a poesía escrita para adultos. Fixo un programa infantil na TV titulado: “Un globo, dos globos, tres globos…”e colaborou noutros como: “La mansión de los Plaff” e “La cometa blanca. Algunhas obras para nenos e nenas: Poeta de guardia e Cangura para todo Don Pato y don Pito El hada acaramelada La oca loca Las tres Reinas Magas (obra de teatro)… Morre en Madrid o 27 de novembro de 1998














Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.