Hipatia

Page 1

A curiosidade e a paixón polo coñecemento tamén a levaron a viaxar polo mundo, coñecendo Atenas e Roma onde estudou filosofía, astronomía, matemáticas, física e lóxica.

HIPATIA DE ALEXANDRÍA

Hipatia escribiu un “Canon de astronomía”, cartografiou varios corpos celestes e comentou “Elementos da xeometría” de Euclides e Aritmética de Diofanto (o pai da álxebra). Hipatia tiña un don especial para que os seus alumnos a entenderan. Facía que a xente entendera conceptos que nunca antes se plantexaran, facía que pensaran por si mesmos

PRIMEIRA MULLER ASTRÓNOMA E MATEMÁTICA

http://www.bibliopontelugo.blogspot.com http://www.bibliopontelugo.blogspot.com


No ano 370 d.C. naceu HIPATIA de Alexandría Foi filósofa, astrónoma e matemática. Co tempo convertiríase nunha muller brillante e de gran beleza. Foi coñecida pola súa intelixencia, por escribir libros de matemáticas, por querer entender o universo, o movemento dos planetas, as estrelas e a lúa e ser unha gran profesora. Era filla dun matemático chamado Teón, profesor na Biblioteca de Alexandría, que quixo darlle a mellor educación e non privala do coñecemento por ser unha muller, algo que aproveitou ao máximo. É considerada a primeira muller científica da historia, nun tempo que as mulleres non tiñan acceso ao saber. Cultivou varias disciplinas: filosofía, matemáticas, astronomía, música... e durante vinte anos dedicouse a ensinar todos istes coñecementos. Hipatia non se convertiu ao cristianismo nunha época que estaba mal visto o non facelo e foi acusada de conspiración contra o lider cristián

de Alexandría. Dita acusación foi aproveitada por un grupo de fanáticos relixiosos e foi asasinada Os seus coñecementos eran tan grandes, que numerosos aspirantes a alumnos percorreron as longas distancias do mundo romano parar aprender na súa casa. Un dos seus alumnos foi Sinesio de Cirene. Grazas a el e a outros alumnos que escribiron a cerca da súa mestra, coñecemos da súa sabiduría. Sabemos que Hipatia interesouse pola mecánica e inventou un instrumento de destilación de auga, un hidroscopio para medir a presenza e o nivel da auga e un hidrómetro graduado de latón para determinar o peso específico dos liquidos. Tamén coñeceu e manexou o astrolabio, que sirve para medir a posición das estrelas, os planetas e o sol. Inventou o aerómetro, instrumento que se usa para medir as propiedades físicas do aire e outros gases Aínda que se perderon todos os seus escritos, existen numerosas referencias a eles. O seu traballo máis extenso foi de álxebra.


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.