CEIP "A PONTE" LUGO
Galiza é o que vemos a terra, o mar, o vento, ¡Pro hai unha Galiza que vai no sentimento Galiza somos nós: a xente e máis a fala ¡Se buscas a Galiza en ti tes que atopala!
O idioma é a forza que nos xungue e sostén ¡Se perdemos a fala non seremos ninguén!
Manuel María Fernández Teixeiro naceu o 6 de outubro de 1929 en Outeiro de Rei (Lugo), nunha familia de labregos acomodados. Pastora Teixeiro e Antonio Fernández tiveron tres fillos máis: Xosé María, Antón María e Xesús María. Na casa familiar toma o primeiro contacto con textos en galego. Seu pai tiña "Os cantares galegos" de Rosalía de Castro e unha comedia de Carré de Alvarellos.
Eu son Manuel María. Nacín no 29, o 6 de Outono, en Outeiro de Rei da Terra Chá. Son dunha caste de labregos fieles á súa terra e ao seu Deus
CEIP "A PONTE" LUGO
Tras a morte do pai en 1943, Manuel María vai vivir a Lugo co seu tío crego, Xosé Fernández Núñez, quen se encargará de costear a súa formación, primeiro na Academia Galicia rexentada por Maristas e despois no Instituto de Lugo. En 1949 inicia a súa andaina intelectual pública dando unha conferencia no Círculo das Artes, tamén entra a formar parte do faladoiro do café Méndez Núñez (Lugo) que o pon en contacto coa realidade galega.
A infancia a miña patria verdadeira O meu paraíso perdido. Lembro a pureza dos meus soños. O pasmo que me causaban as estrelas
CEIP "A PONTE" LUGO
No ano 1949 naceu o primeiro número da revista de poesía Xistral impulsada por Manuel María e o seu amigo Manuel Antonio Sopena. Sairán dous números, onde se publicarán por primeira vez os seus poemas.
Anceio Quixera poder escribir un poema sinxelo emocionado puro e branco. Un poema perfecto, ausente de ritmo case sen palabras
No ano 2000, o Concello de Lugo, autorizado por Manuel María, iniciou a publicación da segunda época de Xistral empezando co número 3, coa intención de dar difusión á poesía galega.
CEIP "A PONTE" LUGO
Eu son Manuel María labrego con algo de poesía. Por eso gardo as albas no fondo dos meus ollos e ando de vagar o meu camiño, e pídolles ás cousas a súa tenrura e aos homes pídolles verdades
O seu primeiro libro de poemas "Muiñeiro de brétemas", foi publicado en 1950, con tan só 19 anos, o que o converteu no poeta máis novo en publicar en galego despois da guerra civil. En 1952 escribe "Morrendo a cada intre" que xorde da frustación de non poder estudar Filosofía e letras, dada a oposición do seu tío que o leva a matricularse en dereito. En 1953 publica "Libro de pregos" que escribe despois da morte do seu irmán Xesús. CEIP "A PONTE" LUGO
cultural. O amor por Saleta será unha constante na súa obra
Canción para dicirlle a Saleta ¡Ouh amiga e compañeira cotidián; sinxela, doce costume habitual: ti éresme necesaria como o pan como o ar, como o fume, como o sal!
En 1958 instálase en Monforte de Lemos (Lugo) onde empeza a exercer de Procurador dos Tribunais. Nesta época empeza o seu compromiso cívico e político con Galicia, que se pon de manifesto na súa actividade de difusión da realidade galega. En 1959 casa con Saleta Goi García e xuntos abrirán a libraría Xistral en Monforte que ademais será un centro de dinamización cultural. O amor por Saleta será unha constante na súa obra CEIP "A PONTE" LUGO
Manuel
María
participou
na
organización
de
partidos
nacionalistas, traballou de xeito incansable pola recuperación cultural da nosa terra, participou moi activamente nas campañas de defensa da lingua galega, durante moito tempo marxinada, e relacionouse con grandes figuras das nosas letras. Nas primeiras eleccións municipais democráticas en 1982 foi concelleiro polo BNG, no Concello de Monforte de Lemos (Lugo).
Renunciar ao idioma é ser mudo e morrer. ¡Precisamos a lingua se queremos vencer
CEIP "A PONTE" LUGO
m
AMOR: -pola lingua galega - pola súa terra: Galicia - por Saleta -pola paisaxe e a natureza - por Outeiro de Rei
M a r
DENUNCIA: - as inxustizas - a contaminación dos mares e da natureza - a discriminación
XÉNEROS: -poesía -teatro - prosa
R e m o l
M a i o r
P o e m a s d e O u t o n o
Poeta, narrador, ensaísta, dramaturgo, editor, conferenciante, colaborador habitual dos medios de comunicación. A obra de Manuel María sempre en evolución e sempre comprometido co ser humano, coa realidade social e con Galicia. Tamén escribiu para nenos e nenas: "Os soños na gaiola" e "As rúas do vento ceibe". Manuel María tiña a necesidade de crear unha literatura onde Galicia fose o centro. CEIP "A PONTE" LUGO
A música é unha constante na súa obra e mesmo aparece no título de moitos libros:
"Libro
de
cantigas"
(1955),
"Versos
para
cantar
en
ferias
e
romaxes"(1969)," Cancións do lusco e o fusco" (1970)... Pero tamén os nosos artistas musicaron e cantaron poemas de Manuel María: Fuxan os ventos, Suso Vaamonde, Uxía, María Manuela e Miguel, A Quenlla, Na Virada, O Carro, Roi Casal, Milladoiro, o grupo vasco Deabruak Teiletutean e o cantante catalán Enric Barbat.
CEIP"A PONTE" LUGO
Ergo os ollos namais para lecer de mirar a nai terra tan fermosa ¡Galiza para vivir, para morrer: terra túa e máis miña, terra nosa!
No 1990, recibe homenaxes e premios. Moitos dos seus libros tiveron varias reedicións e foron traducidos a varios idiomas. En 1995 xubílase como Procurador dos Tribunais. En 1997 edita os "Sonetos á Casa de Hortas", que será o seu último libro de poemas. En 1998 Saleta e Manuel María trasladan a súa residencia á cidade da Coruña. En 2003 é nomeado membro numerario da Real Academia Galega. O 8 de setembro de 2004 o noso poeta falece na Coruña. No 2016 é o autor homenaxeado polo día das Letras Galegas. CEIP "A PONTE" LUGO