En 1968 abriu unha librería en Pontevedra xunto a outros intelectuais, chamada “Librería Xuntanza”, unha maneira máis de promover a lingua e a literatura galega e de difundir os libros.
MARÍA VICTORIA MORENO
.No eido educativo foi coautora de libros de texto en galego, tamén foi mestra de Mestres en cursos como os que impartiu sobre literatura galega para docentes a comenzos dos ano 80. Tamén fixo traducións . Morreu en Pontevedra no ano 2005
ESCRITORA GALEGA
http://www.bibliopontelugo.blogspot.com
http://www.bibliopontelugo.blogspot.com
María Victoria Moreno Fuentes naceu nun pobo de Cáceres chamado Valencia de Alcántara o día 1 de maio de 1939. Estudou o bacharelato en Barcelona e fixo a carreira de Filoloxía románica en Madrid. Chegou a Galicia no ano 1963, tiña 22 anos e viña destinada como profesora. Estivo dous anos en Lugo onde tivo como alumno a Xesús Rábade Paredes (tamén escritor) que orientou as súas inquedanzas literarias, promovendo a edición do seu primeiro libro de poemas que lle prologou, logo botou unha tempada en Vilalonga (Sanxenxo) e despois a Pontevedra onde se instalou En 1963 cando Mª Victoria chega a Galicia nas escolas galegas había ausencia total do galego, o cal creou un sentimento de inferioridade da lingua, pero ela namorouse profundamente do idioma galego que de seguida aprendeu e o convertiu na súa lingua. Desde entón toda a súa obra literaria está escrita en galego. .É simbólico o feito de que o 17 de maio de 1963, a RAG (Real Academia Galega) institucionalizou o día das letras Galegas ao cumprírense cen anos da edición de Cantares Gallegos de Rosalía de Castro. É xusto o ano en que María Victoria chega a Galicia e curiosamente a ela se lle adica o día das letras galegas 2018
En 1960 empezan a xurdir movementos por toda Galicia para dignificar o galego, que tiñan como obxectivo contribuír á normalización da cultura e do idioma galego. En 1970 a lingua galega empezou a aparecer na música e en diversas publicacións. En 1980 a lingua galega pasou a ser cooficial. .En 1973 Mª Victoria Moreno publicou en Edicións do Castro o seu primeiro libro en galego “Mar adiante ilustrado por ela mesma. En 1989, editado pola editorial Galaxia, publicou “Anagnórise”, unha fermosa novela de amor que figura entre os libros máis lidos polos mozos e mozas galegos, un dos maiores éxitos da literatura xuvenil en galego . O seu libro preferido era “Leonardo e os fontaneiros” publicado pola editorial Galaxia en 1968 co que gañou o terceiro premio do Varco de Vapor, en 1985 foi publicado pola editorial Galaxia. En 1999 publicou “Guedellas de seda e liño” co que demostra gran capacidade para chegar ao público adolescente e en 2004 “Diario da luz e da sombra” publicado por Edicións Xerais. Tamén escribe para os máis pequenos. En 2005 publica “Eu conto, ti cantas” publicado por Edicións Xerais, que son tres contos de animais escritos en verso para nenos e nenas de 7 anos en diante, que buscan amor nos olliños.