Recomendacións de lectura: IES de Rodeira
Todos contan
LOS CIEN CUENTOS DE LA SABIDURIA SUFÍ. Idraes Shah Colección de contos, anécdotas e narracións utilizadas nas distintas escolas sufíes dende hai máis de 700 anos. A vida, ensinanzas e milagres de Jalaluddin Rumí, xunto con certos relatos importantes das súas obras, forman esta colección coñecida baixo o nome dos "cen contos".
NASRUDÍN. Rebeca Dautremer Nasrudín acompaña ao seu pai, Mustafá, ao mercado en varias ocasións cun burro, pero sempre se dá a volta antes de chegar. Séntese avergonzado das críticas da xente a conta do peso que ten que soportar o animal, ou por quen vai montado nel. O seu pai déixalle facer e espera, paciente, a que se decate dunha cousa: que non debe dar tanta importancia aos comentarios, e que debe aprender a ter o seu propio criterio e opinión.
LAS ZAPATILLAS DEPORTIVAS DE SOFÍA. Frederick Lipp Sofía e a súa nai son pobres; teñen unha casiña e uns poucos animais. O pai de Sofía morreu porque nin o pobo tiña médico nin había un hospital preto. Pero Sofía alberga un desexo secreto, un desexo que cambiará a súa vida para sempre
LA ISLA DE LOS DELFINES AZULES. Scott O´Dell MUJERES DE AGUA. Tomás Abella Océano Pacífico, Isla de los Delfines, preto de California, de 1835 a 1853. Unha incursión de cazadores de londras obriga aos nativos a abandonala. Karana, unha rapaza que entón ten doce anos, permanecerá soa na illa durante moitos anos. O autor inclúe un epílogo-explicación dos feitos reais nos que se basea a historia.
O ACCESO Á AUGA POTABLE É IMPRESCINDIBLE, pero non abonda se non se mellora a educación das nenas e a plena incorporación da muller ao tecido produtivo. Para visualizar esta situación, o libro intérnase nos proxectos de Intermón Oxfam en Chad, Burkina. Faso e Mauritania
EL NACIMIENTO DE NUNAVUT. Juan Abeleira DÉJAME QUE TE CUENTE. Jorge Bucay Nunavut pertence a un dous pobos máis lendarios dá terrra, os innuit ou esquimais, pobo primitivo que aínda sobrevive en durísimas condicións, ocupando a rexión máis fría do noso planeta, a do Círculo Polar Ártico. Alí os esquimais viviron en paz, illados completamente do resto do mundo, ata que, a mediados do século XIX, na época dás grandes exploracións, entraron en contacto cos europeos. Actualmente, ás diversas tribos innuit seguen a loitar por defenderen os seus eidos, ás súas culturas e ás súas linguas
"Déjame que te cuente" é unha selección de curtos e belos contos coas que o autor, Jorge Bucay, nos deleita con sentenzas que nos inspiran a ser mellores persoas nun mundo no que a condición de "ser humano” se está a perder a grandes pasos, e na que os valores morais caen en desuso porque parece que vivimos na selva en vez de no mundo civilizado... en fin, ¿que lle imos facer se parece ser que ser boa persoa xa non está de moda? E que selo implica ser xulgado como "parvo".
CANCIONES INFANTILES Y NANAS DEL BAOBAB. Chantal Grosléziat
En DVD: AZUR & ASMAR. Michel Ocelot
Repertorio tradicional infantil da África occidental e central. 30 nanas, cancións de voda e de traballo, danzas e xogos cantados, recompilados por Chantal Grosléziat, música e pedagoga. 10 países e 11 idiomas con transcrición das letras orixinais e tradución ao español, e cun anexo informativo sobre as orixes, contexto cultural, a xestualización, e a instrumentación de cada canción.
Había unha vez dous nenos que foron criados pola mesma muller: Azur, de louros cabelos e azulados ollos, era o fillo dun nobre; mentres que Asmar, moreno e de ollos negros, era o propio fillo da nodriza. Os dous creceron xuntos coma se fosen irmáns ata que o destino os separou dun modo brutal. Azur, esporeado polos contos que a nodriza lle contaba sobre a lendaria Fada dos Djins, non descansará ata atopala. Adultos ambos os dous e agora convertidos en rivais, aqueles que fosen como irmáns de sangue se embarcarán detrás da Fada e á busca de máxicas terras, cheas de riscos e
SABIDURÍAS. Danielle e Olivier Föllmi Cada día, unha fotografía é asociada a un pensamento sacado do ensino da India eterna: dos Vedas aos poemas de Rabindranath Tagora, pasando polos grandes mestres da cultura india.