5ª proba Xogos hereos

Page 1

BIBLIOLIMPIADAS PROBA 5: OS XOGOS HEREOS Participantes:____________________________ _________________________________________________ Alcume olímpico:_________________________________ Data límite de entrega: 17 de marzo

Ordena os seguintes fragmentos: 1. A competición consiste nunha carreira para as mozas, non todas da mesma idade, senón que corren as primeiras as máis novas e, despois delas, as segundas en idade e as últimas, as mozas máis vellas . 2. Ás vencedoras concédeselles coroas de oliveira e parte da vaca sacrificada a Hera. 3. Finalmente, estes xogos de mozas fanos remontar tamén a unha época antiga, dicindo que Hipodamía, para dar grazas a Hera polo seu casamento con Pélope, reuniu 16 mulleres e con elas foi a primeira en organizar os Xogos Hereos. 4. Os Xogos Hereos convócanse cada catro anos. Dezaseis mulleres tecen a Hera un peplo (túnica grega) e elas mesmas convocan a competición . 5. E corren da seguinte maneira: levan o pelo solto e unha túnica por riba do xeonllo e ensinan o ombreiro dereito ata o peito. Tamén elas compiten no estadio olímpico, pero redúceselles á carreira arredor dun sexto do mesmo. RESULTADO: _____ _____ _____ _____ _____

Puntuación da proba: 10 puntos Data de entrega:_______________ Hora de entrega:_______________

Equipo de Dinamización da Biblioteca


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.