A pegada dixital

Page 1

As pegadas dixitais

As nosas pegadas

★ Ángela Barcala Alonso ★ Lucía Daponte Conde

★ Gabrielly Evangelista Silva Matos ★ Noelia Otero Meis

★ Uxía Rodriguez Barcala


Índice: ● ● ● ● ● ● ● ● ● ●

Introdución A historia da pegada dixital Dactiloscopia Tipos de pegadas Outros sistemas de identificación Aplicacións tecnolóxicas As portas automáticas de Herón de Alexandría Conclusión Anexo Fontes de consulta

​Escáner da pegada

2


Introdución No noso traballo imos explicar que son as pegadas e por que son importantes para as persoas. Pensamos que as pegadas dos nosos dedos non serven para nada pero, grazas a elas, podemos diferenciarnos uns dos outros.

​Tipos de pegadas

3


Historia da pegada dixital

Na antiga Babilonia, as pegadas dixitais foron usadas en táboas de arxila.

Na antiga China, as marcas do polgar foron encontradas en selos de arxila. ​Tamén, utilizábanas para asinar papeis importantes.

No século XIV en Persia, varios papeis oficiais tiñan pegadas e observaron que non había dúas pegadas semellantes.

En 1686, Marcello Malpighi deu a coñecer a diferenza entre as diferentes partes das pegadas (cantos, espirais e lazos).

En 1858, Sir Guillermo Herschel foi o primeiro inglés que comezou a utilizar as pegadas para asinar acordos coas persoas que vivían no lugar da India no que el estaba. En 1891, Juan Vucetich, funcionario da policía de Arxentina, comezou cos primeiros arquivos de pegadas na policía. En 1892,​ ​fixo a primeira identificación criminal cunha pegada.

En torno ao 1892, Galton afirmou que as pegadas non cambian ao longo da vida dunha persoa. En 1901, comezáronse a utilizar as pegadas para a identificación criminal en Inglaterra e París.

4


En 1903, comezou o ​uso habitual das pegadas nos Estados Unidos para identificar aos criminais. Primeiro, en Nova York; en 1905, no Exército e, despois, nas Axencias de Seguridade e Estado e na Mariña.

En 1924 nunha Lei do Congreso, aprobouse a creación da Unidade ​de Identificación do FBI a través da pegada dixital, formando o primeiro arquivo de pegadas dos EEUU. En España, Federico Olóriz Aguilera (Granada, 1855 - Madrid, 1912) estableceu o primeiro sistema de identificación de pegadas español. En 1982, empézase a utilizar en España o SAID (Sistema Automático de Identificación Dactiloscópico). É un sistema informático que permite a captura, consulta e comparación automática das pegadas. Antes, utilizábanse arquivos para a identificación criminal pero, como este proceso era moi longo, ideouse un programa informático.

5


Dactiloscopia

A dactiloscopia é un método que serve para identificar ás persoas a través das pegadas que se encontran nas xemas dos dedos.

Foto sacada de: ​https://www.emaze.com/@AZCQQRWI/DACTILOSCOPIA

6


Tipos de Pegadas

* Dactilograma natural: ​é o debuxo que está na xema do dedo, formado polas crestas de forma natural. * Dactilograma artificial: ​é o debuxo que aparece ao entintar a xema do dedo no lugar indicado.

Foto dun dedo humano

Pegadas de documentos

* Dactilograma latente:​ ​é O debuxo deixado pola pegada ao tocar un obxecto ou superficie. A pegada queda marcada, pero é invisible. Precisamos dun pincel cun pó diferente segundo a superficie, para que se vexa a marca.

http://prezi.com/rakvawvponvn/?utm_campaign=share&utm_medium=copy&rc=ex0share

7


Sistemas de identificación

Son os métodos que se utilizan para poder saber a identidade das persoas, estudando as partes do corpo humano. Algúns tipos de identificación poden ser: * Antropometría:​ é a medición das partes do corpo. * Retrato Falado:​ é o retrato dunha persoa que foi descrita por alguén que viu ao delincuente. * Fotografía:​ ​é a identificación do delincuente a través das fotografías que ten a policía. * Reconstrución Facial:​ ​é o estudo do cráneo, elaborando moldes. 8


* Odontoloxía legal e forense:​ ​é o estudo dos dentes. * Queiloscopia:​ ​é o estudo das pegadas dos labios. * O Iris:​ ​estuda o iris de cada persoa.

* O ADN:​ ​é unha parte da célula do corpo que dá información sobre as persoas. Leva xenes dos seus familiares. *O Otograma:​ ​é a pegada da orella cando é apoiada nun obxecto.

9


Aplicacións tecnolóxicas

*Bloqueo das apps- ​AppLock e Master son apps gratuitas que permiten realizar o bloqueo de outras aplicacións como mensaxes ou redes sociais. Se o usuario necesita engadir un nivel extra de seguridade, pode bloquear as apps para logo, simplemente, desbloquealas coa súa pegada. *Protexer fotos e vídeos- ​Coa pegada dactilar podemos gardar todas aquelas fotografías e vídeos que non queremos que sexan vistos polos demais. *Protexer arquivos- ​Evernote é unha app que permite crear documentos e mantelos nunha nube. Tamén permite o almacenamento de fotos ou de páxinas webs completas. Pódese protexer poñendo a pegada. *Pegada dixital de bloqueo-​ ​Coa pegada do noso dedo podemos desbloquear o teléfono móbil. Este terá a nosa pegada configurada para que, cando queiramos desbloquealo, podamos facelo sen ningunha dificultade. Así ninguén máis poderá desbloquear o noso móbil.

10


As portas automáticas de Herón de Alexandría

No século I d.C., Herón de Alexandría inventou un sistema de apertura de portas automáticas para os templos de Alexandría. Este sistema colocaríase debaixo dos templos. O seu funcionamento era o seguinte: acendíase un facho e prendíaselle lume ao pebeteiro. Cando se quentaba, a calor que desprendía o lume pasaba por un tubo e facía que a auga que había debaixo fose por un tubo máis pequeno para encher un recipiente. Cando este se enchía por completo, facía que uns barrotes xirasen e se abrise a porta. Cando o lume do pebeteiro se apagaba, o recipiente cheo de auga vaciábase, e iso facía que volvese ao seu estado inicial e as portas se pechasen.

11


Anexo I

Día da Criminoloxía: Celébrase o 16 de novembro en México, en memoria do primeiro doutor en Criminoloxía, Alfonso Quiroz Cuaron. A criminoloxía é o estudo do delito, da delincuencia, do delincuente e da vítima. Día da Dactiloscopia: Celébrase o 1 de Setembro do 1891. Conmemórase o sistema Dactiloscópico creado por Juan Vucetich. Nesta data o empregáronse por primeira vez as pegadas dactilares para resolver un caso.

12


Conclusión

No noso traballo aprendimos que a pegada dixital é distinta en cada persoa. Grazas a elas podémonos diferenciar. Coas nosas pegadas podemos facer moitas cousas diferentes, por exemplo, o noso proxecto das pegadas.

13


Fontes de consulta

-​http://www.sfmnews.com/2014/09/sabias-quien-creo-el-siste ma-de-huellas.html -http://www.monografias.com/trabajos56/huellas-lofoscopicas /huellas-lofoscopicas3.shtml -https://www.emaze.com/@AZCQQRWI/DACTILOSCOPIA -https://es.slideshare.net/alejandrariveramunera/formula-dact ilar -http://prezi.com/rakvawvponvn/?utm_campaign=share&utm_ medium=copy&rc=ex0share -​https://www.scribd.com/doc/47556569/Sistemas-deIdentifica cion -​http://www.diariodeleon.es/noticias/sociedad/huella-oreja-ta mbien-permite-capturar-delincuentes_252287.html -​https://www.pressreader.com/chile/muy-interesante-chile/20 170309/282428463983482 -​http://comunidadcriminal.blogspot.com.es/2008/11/porque-se-f esteja-el-dia-del.html 14


-​http://facdycriminologia.blogspot.com.es/2009/11/feliz-dia-del-c riminologo.html _​http://ccaa.elpais.com/ccaa/2015/02/22/madrid/1424615292_4 50263.html -​http://www.eduexplica.com/2010/08/como-e-feito-um-retratofalado.html -​http://odonfo.blogspot.com.es/2008/09/odontologa-legal-y-fore nse.html -​https://www.google.es/search?q=delincuentes&source=lnms&t bm=isch&sa=X&ved=0ahUKEwixx-S42o_TAhVBnBQKHaAuBLE Q_AUICSgC&biw=1920 http://www.forodeseguridad.com/artic/discipl/4112.htm http://www.taringa.net/posts/imagenes/16759589/Fichas-Policial es-De-Famosos.html

15


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.