00 Unha sinxela guía de lectura que pretende difundir as últimas incorporacións á colección da biblioteca municipal nas seccións de Primeiros lectores, Infantil (de 6 a 11 anos) e Xuvenil (lectores a partir de 12 anos de idade)
ÍNDICE
00 Presentación 01 Primeiros lectores 02 Infantil 03 Xuvenil 04 BD Infantil
01 PRIMEIRAS/OS LECTORAS/ES
(GL) LOCALIZACIÓN: Sala Infantil | SINATURA: X-P / RUB / xog
XOGUETES
SINOPSE Dende o ruxerruxe dos bebés á pelota, os tacos de madeira ou os contos… Obxectos utilizados polas nenas e os nenos para o seu desevolvemento sensorial, psicomotriz e intelectual, a socialización e o entretemento. (GL) LOCALIZACIÓN: Sala Infantil | SINATURA: X-P / RUB / via
VIAXES
Autoría: Antonio Rubio Ilustración: Óscar Villán Tradución: Manuela Rodríguez Editorial Kalandraka
SINOPSE Nenas e nenos de distintas idades e culturas -un aceno á diversidade- desprázanse en medios de locomoción individuais e colectivos tanto para xogar como para chegar a outros lugares: monopatín, bicicleta, automóbil…
BEBETECA
Autoría: Antonio Rubio Ilustración: Óscar Villán Tradución: Manuela Rodríguez Editorial Kalandraka
01
(GL) LOCALIZACIÓN: Sala Infantil | SINATURA: X-P / ALO / cac
A CACA CUCA
Autoría: Irene Alonso Gasalla Ilustración: Bea Gregores Editorial Galaxia
ÁLBUMS
SINOPSE Poderias contar… cantas cacas de can pisaches? Eu son a CACA CUCA, e a min de seguro que me esquivaches!
(GL) LOCALIZACIÓN: Sala Infantil | SINATURA: X-P / MIL / mai
O MAIO
Autoría: Manuel Curros Enriquez Ilustración: Blanca Millán Editorial Galaxia
SINOPSE Por fin un clásico da literatura galega como álbum ilustrado. Blanca Millán converte o poema de Curros Enríquez nunha festa visual delicada, chea de lirismo e pracer estético. Un libro imprescindible para que as nenas e os nenos coñezan un poema esencial de nós.
(GL) LOCALIZACIÓN: Sala Infantil | SINATURA: X-P / PÉR / chu
CHUVISCA
Autoría: Fernando Pérez Hernando Tradución: Manuela Rodríguez Editorial Kalandraka
SINOPSE –¿Momú, mimé, mumí, mimó, estemos empopedos e non sobemos que focer! So FALTA O A DE MAMÁ.
(GL) LOCALIZACIÓN: Sala Infantil | SINATURA: X-P / LIO / cor
UNHA COR PROPIA Autoría: Leo Lionni Tradución: Xosé Manuel González Editorial Kalandraka
SINOPSE Fábula contemporánea que narra a aventura dun camaleón na procura da súa identidade. Porque o importante non é deixar de mudar de cor, senón compartila con alguén.
01
(GL) LOCALIZACIÓN: Sala Infantil | SINATURA: X-P / VAL / mam
MAMÁ, DE ONDE VEÑEN OS BEBÉS? Autoría: Caterina Valriu Ilustración: Toni Galmés Tradución: Blanca Roig Rechou Hércules de Ediciones
ÁLBUMS
SINOPSE De onde veñen os bebés? —pregunta unha nena. As palabras da súa nai, embarazada, convídannos a descubrir como en todas as culturas as respostas se enchen de símbolos e de poesía. (GL) LOCALIZACIÓN: Sala Infantil | SINATURA: X-P / SEN / cre
A CREBEIRA MARABILLAS Autoría: Olaia Sendón Edicións Xerais
SINOPSE Marabillas é crebeira. Unha crebeira apaña as cousas que o mar trae á praia. Ás veces o mar tamén trae tesouros, por iso ser crebeira é tan fabuloso.
(GL) LOCALIZACIÓN: Sala Infantil | SINATURA: X-P / FER / que
QUE QUERES SER DA MAIOR, PEQUENA? Autoría: Sabela Fernández Trelles Tradución: María Brenn Eicións Xerais
SINOPSE Que che gustaría ser de maior? A Antía moito a amola que os adultos lle fagan decote esa pregunta e, aínda máis, que sempre a respondan eles mesmos sen contar coa súa opinión: «Serás unha gran doutora, como a túa nai; ou unha gran panadeira, seguindo a tradición familiar!». (GL) LOCALIZACIÓN: Sala Infantil | SINATURA: X-P / VOL/ ago
AGORA SOMOS TRES Autoría: Giorgio Volpe, Paolo Proietti Tradución: Iolanda Mato Edicións do Cumio
SINOPSE Ao pequeno raposo non lle gusta o inverno porque o seu amigo o leirón hiberna e el queda só. Pero esta vez atópase cun teixugo, Bas e faise amigo del. Xuntos divírtense moito e, cando chega o momento en que Chío (o leirón) esperta, o raposo non sabe se presentar ao novo amigo ou esconderlle esta novidade.
01
(ESP) LOCALIZACIÓN: Sala Infantil | SINATURA: X-P / CUE / sam
SAM, UNA SOMBRA REBELDE Autoría: Michelle Cuevas Ilustración: Sidney Smith Tradución: Diego de los Santos Editorial Juventud
SINOPSE
ÁLBUMS
La sombra Sam lleva años viviendo una vida aburrida hasta el día decide salir en busca de la vida más emocionante… ¡y la acaba encontrando! Este inspirador álbum nos recuerda que la vida es aquello que nosotros queramos que sea, y que está en nuestro alcance romper con la monotonía. (GL) LOCALIZACIÓN: Sala Infantil | SINATURA: X-P / BAT/ rat
A RATIÑA PRESUMIDA Autoría: BATA Ilustracións: Alicia Suárez Tradución: Iago Nicolás Editorial Kalandraka
SINOPSE Todos os animais querían casar coa ratiña, pero ningún era o que ela buscaba... Unha versión do conto popular adaptado ao sistema de pictogramas.
(GL) LOCALIZACIÓN: Sala Infantil | SINATURA: X-P / IVA / meu
O MEU CORPO Autoría: Ivanka y Mey Tradución: Iolanda Mato Edicións do Cumio
SINOPSE Este é un libro moi visual, xa dende a súa propia tapa orientado aos mais pequenos (a partir de 2/3 anos) no que dun xeito moi sinxelo e divertido aprenderán todas as partes do seu corpo. Recomendado para comezar a traballar unha autoestima saudable e para que aprendan a quererse tal e como son. (GL) LOCALIZACIÓN: Sala Infantil | SINATURA: X-P / PIN / est
A ESTRAMBÓTICA VOLTA AO MUNDO EN OITENTA DÍAS Autoría: Pinto & Chinto Editorial Bululú
SINOPSE Pinto & Chinto convídannos a acompañar ao cabaleiro inglés Phileas Fogg e a Paspartú, o seu criado, nunha viaxe contra o reloxo. Teremos que sobrevivir a travesías marítimas ateigadas de tornados, a montañas que devoran trens e, mesmo, a rituais fanáticos no medio da selva.
INFORMATIVOS
01
(GL) LOCALIZACIÓN: Sala Infantil | SINATURA: X-398 / SÚA / mon
MONTE PINDO. HISTORIAS E LENDAS DO OLIMPO CELTA Autoría: Laura Suárez Edicións Xerais
SINOPSE
Foi fogar de mouros e meigas, escenario de rituais e acubillo de castelos medievais, dos que hoxe só quedan as ruínas.Pero onde está a tumba da raíña Lupa? Como facían as bruxas os seus rituais? Tendo o pedregal como nexo, neste libro achegarémonos ás lendas, historias e segredos agachados nun dos montes máis máxicos de toda Galicia. (GL) LOCALIZACIÓN: Sala Infantil | SINATURA: X-94 / MUÍ / cam
CAMIÑO PORTUGUÉS DA COSTA. BUSCA E ATOPA NO CAMIÑO DE SANTIAGO Autoría: Noelia Muíños, Ramón Quintas Hércules de Ediciones
SINOPSE
Aprende divertíndote xogando ao busca e atopa no Camiño Portugués da Costa! Nestas páxinas, agóchanse personaxes célebres, festas tradicionais, ingredientes máxicos da gastronomía galega e o mesmísimo apóstolo Santiago.
(GL) LOCALIZACIÓN: Sala Infantil | SINATURA: X-591 / SEC / cri
Col. QUEN SON?
CRÍAS DE ANIMAIS. AMÉRICA Autoría: Tánden Seceda Ilustración: Ester García Editorial Kalandraka
SINOPSE Libros para nenas e nenos amantes da natureza. Unha colección para descubrir os segredos dos animais.
(GL) LOCALIZACIÓN: Sala Infantil | SINATURA: X-591 / SEC / cri
Col. QUEN SON?
CRÍAS DE ANIMAIS. AUSTRALIA Autoría: Tánden Seceda Ilustración: Ester García Editorial Kalandraka
SINOPSE Libros para nenas e nenos amantes da natureza. Unha colección para descubrir os segredos dos animais.
02 INFANTIL
(GL) LOCALIZACIÓN: Sección Infantil | SINATURA: X-I / COS / nen
O NENO DE LUME
Premio Merlín de Literatura Infantil 2021 Autoría: Ledicia Costas Ilustración: Iván R. Edicións Xerais, 2022
SINOPSE
Morgan é un neno peculiar. De bebé apareceu nunha cesta diante da casa da señora Culpepper xunto cunha nota que dicía: «Lévenme máis alá da néboa. Busquen a casa das tres irmás e díganlles que son o neno de lume». Sobre o seu ombro dereito sempre vai Luminaria, unha pequena chama que só el pode ver e con quen pode falar. Unha mañá, a cidade aparece cuberta por unha mesta néboa que non dá levantado. Sen rastro do sol, Luminaria vaise apagando devagar.
(GL) LOCALIZACIÓN: Sección infantil | SINATURA: X-I / ANE / cat
CATRO PLUMAS DE DINOSAURO Autoría: Rosa Aneiros Ilustración: Xulia Pisón Edicións Xerais, 2022
SINOPSE
Xoel é un apaixonado dos dinosauros. Durante a excursión do cole ás Fragas do Eume está convencido de que ha atopar unha porta secreta que lle permitirá coñecer restos do Cretáceo. Trabúcase. Si, a porta secreta da que lle falou a vella Monegunda existe, mais do outro lado non hai fósiles senón dinosauros de carne e óso! Aí dará comezo unha extraordinaria aventura na que deberá fuxir das gadoupas (e das cagadas) de diplodocus, triceratops ou pteranodons grazas á axuda de Diana, Matilde e un convidado inesperado: o fedello de Carlos, o máis malote da escola
INFANTIL-NOVELA
02
(GL) LOCALIZACIÓN: Sección Infantil | SINATURA: X-I / HON / def
DEFECTOS MONSTRUOSOS Autoría: Alberto Hontoria Maceín Ilustración: Nuria Díaz Tradución: Blanca Roig Rechou Hércules de Ediciones, 2022
SINOPSE
Milo odia case todo. É desobediente, irrespectuoso e está sempre enfadado. Un día, tras sufrir un accidente, comeza a percibir un fenómeno extraordinario: o mundo está repleto de monstros que seguen aos humanos alá onde van. Pero a xente non o sabe, pois só Milo os pode ver. Aos poucos, Milo irá dándose conta de que cada monstro se parece sospeitosamente á persoa á que acompaña…
(ESP) LOCALIZACIÓN: Sección infantil | SINATURA: X-I / FLO / vue
EL VUELO DE LAS BRUJAS Autoría: María José Floriano Ilustración: Ana Varela Editorial Libre Albedrío, 2020
SINOPSE
¡Déjate hechizar por «El vuelo de las brujas»! Un catálogo ilustrado y científicamente documentado sobre los tipos de brujas y sus distintos vuelos. Acompaña a nuestra reportera, Olivia del Olivo Oloroso, en un viaje alrededor del mundo. Conocerás a las brujas más increíbles. Algunas muy famosas y otras de las que nadie había oído hablar… hasta ahora. Descubrirás las formas más habituales de vuelo de estas poderosas mujeres, sus historias, hechizos y algunos de sus secretos mejor guardados.
(GL) LOCALIZACIÓN: Sección infantil | SINATURA: X-I / DOY / she
SHERLOCK HOLMES: ESTUDO EN ESCARLATA Autoría: Arthur Conan Doyle. Adaptación de Stephanie Baudet Ilustración: Arianna Bellucci Tradución: Maruxa Zaera Editorial Bululú, 2022
SINOPSE
Un misterioso asasinato ten á policia desconcertada, e pídenlle ao mellor detective afeccionado que lles axude a investigar o caso. Co Dr. Watson ao seu carón, Sherlock Holmes proponse descubrir unha trama de vinganza que vai máis alá do imaxinable.
(GL) LOCALIZACIÓN: Sección infantil | SINATURA: X-I / DOY / she
SHERLOCK HOLMES: O SIGNO DOS CATRO Autoría: Arthur Conan Doyle. Adaptación de Stephanie Baudet Ilustración: Arianna Bellucci Tradución: Maruxa Zaera Editorial Bululú, 2022
SINOPSE
Cando lle piden a Holmes que investigue unha críptica mensaxe recibida por Mary Morstan, nin el nin Watson agardan verse arrastrados a unha espiral de traizóns que xa vén de vello. Axiña estarán levando a cabo perigosas expedicións baixo o luar para descubriren o significado do signo dos catro, e resolver así un misterio soterrado durante anos.
INFANTIL-NOVELA
02
(GL) LOCALIZACIÓN: Sección infantil | SINATURA: X-I / DOY / she
SHERLOCK HOLMES: O CARBÚNCULO AZUL Autoría: Arthur Conan Doyle. Adaptación de Stephanie Baudet Ilustración: Arianna Bellucci Tradución: Maruxa Zaera Editorial Bululú, 2022
SINOPSE
Mentres a policía traballa para seguir a pista da xoia desaparecida, Holmes tenta reunir unha vianda para a cea de Nadal xunto co seu dono. Mais, cando o detective atopa a pedra, Holmes e Watson comezan una carreira contra o reloxo para salvarlle a vida a un home inocente.
(GL) LOCALIZACIÓN: Sección infantil | SINATURA: X-I / DOY / she
SHERLOCK HOLMES: O VAMPIRO DE SUSSEX Autoría: Arthur Conan Doyle. Adaptación de Stephanie Baudet Ilustración: Arianna Bellucci Tradución: Maruxa Zaera Editorial Bululú, 2022
SINOPSE
Holmes e Watson enfróntanse ao seu caso máis estraño cando un marido angustiado acode a eles, desesperado por entender o estraño comportamento da súa dona… sorprendeuna chuchándolle o sangue ao seu fillo! Pero, os vampiros non existen… ou si?
(GL) LOCALIZACIÓN: Sección Infantil | SINATURA: X-I / CAN/ mor
MORTIÑA: UN CURMÁN REPUGNANTE Autoría: Barbara Cantini Tradución: Rosa Marta Gómez Pato e Manuel González González Hércules de Ediciones, 2021
SINOPSE
Mortiña e o seu mellor amigo, un galgo albino chamado Tristeiro, viven coa tía Defuntiña e pasan os días xogando coas pantasmas de Vila Decadente. Pero un día ocorre algo inesperado: algúns nenos do lugar, amigos de Mortiña, chegan a Vila Decadente despois de recibiren unha misteriosa invitación, namentres tía Defuntiña desaparece. Tramaría algo o repugnante curmán Dilbert que acaba de facerlle unha visita?
(GL) LOCALIZACIÓN: Sección infantil | SINATURA: X-I / CAN / mor
MORTIÑA: AS VACACIÓNS NO LAGO MISTERIO Autoría: Barbara Cantini Tradución: Rosa Marta Gómez Pato e Manuel González González Hércules de Ediciones, 2021
SINOPSE
Por fin, chegan as vacacións! Mortiña e a súa familia non as tiñan desde… había séculos! Destino: Vila Florida da tía Feiticeira e do curmán Dilbert. Pero o relax dura pouco: Mortiña descobre que un gris funcionario quere poxar a mansión, que parece deshabitada. Lograrán atopar a maneira de salvala antes de que sexa tarde de máis?
INFANTIL-INFORMATIVOS
02
(GL) LOCALIZACIÓN: Sección materias infantil-mozos | SINATURA: X-908 / BEC / gra
GRANDES CIDADES, PEQUENOS VIAXEIROS: NOVA YORK Autoría: Beth Beckman Ilustración: Holley Maher Tradución: Maruxa Zaera Editorial Bululú, 2021
SINOPSE
Cruzarías a ponte de Brooklyn para ir comer unha enorme porción de pizza, admirarías as impresionantes luces de Times Square, ou irías visitar o American Museum of Natural History para ver a balea? Con Grandes cidades, pequenos viaxeiros: Nova York podes crear o teu propio itinerario elixindo a onde queres ir ao final de cada páxina. Tanto se es un viaxeiro de salón coma se es un verdadeiro turista, aquí hai ducias de maneiras de explorar os lugares emblemáticos, de atreverte a coñecer sitios diferentes e saír das rutas convencionais.
(GL) LOCALIZACIÓN: Sección materias infantil-mozos | SINATURA: X-929 / CAS / can
MARÍA CASARES: A IMPACIENCIA POR VIVR Autoría: María Canosa Ilustración: Bea Gregores Editorial Bululú, 2021
SINOPSE
Este libro permítenos coñecer a vida de María Casares. Aclamada e admirada como actriz en Francia, sobrepúxose ás adversidades que lle tocou vivir na súa vida persoal; a Guerra Civil e o exilio, o amor tempestuoso e tráxico con Albert Camus -un home casado e un dos intelectuais franceses máis importantes da primeira metade do século XX-, ou a morriña pola infancia feliz en A Coruña, foron o alimento da súa tenacidade por prepararse e estudar no teatro até chegar a converterse nunha icona mundial da interpretación e unha auténtica diva no senso máis amplo da palabra.
(GL) LOCALIZACIÓN: Sección materias infantil-mozos | SINATURA: X-930 / BLA / vid
A VIDA NA GRECIA CLÁSICA Autoría: Alfonso Blanco Ilustración: Jorge Campos Edicións Xerais, 2022
SINOPSE
A vida na Grecia clásica é unha porta de entrada á civilización que, xunto coa romana, está na base da nosa cultura. A historia da arte, da ciencia, do pensamento ou das formas políticas non se pode entender sen coñecer e apreciar as achegas dos gregos antigos. Neste libro aprenderás como era o seu día a día, as súas escolas, que comían e bebían, como vestían, como se entretiñan... E, se cadra, verás que non eran tan diferentes a nós.
(GL) LOCALIZACIÓN: Sección materias infantil-mozos | SINATURA: X-578 / FON / vir
VIRUS E BACTERIAS Autoría: Jordi Font Barris Ilustración: Jorge del Corral Escriche Tradución: Equipo Xerais Edicións Xerais, 2021
SINOPSE
Holmes e Watson enfróntanse ao seu caso máis estraño cando un marido angustiado acode a eles, desesperado por entender o estraño comportamento da súa dona… sorprendeuna chuchándolle o sangue ao seu fillo! Pero, os vampiros non existen… ou si?
03 XUVENIL
(GL) LOCALIZACIÓN: Sección xuvenil | SINATURA: X / CAR / tre
TRECE AVISOS: CONTOS PARA LER DE NOITE Autoría: Paula Caballeira Ilustración: Iria Fafián Edicións Xerais, 2022
SINOPSE
O medo avisa cando chega. Un sopro de aire frío. Un arrepío polas costas. Un corazón que latexa. Algo que non vemos, pero sabemos que está. Algo que sentimos, ou que presentimos. Estes contos son para ler de noite, se te atreves.
(GL) LOCALIZACIÓN: Sección xuvenil | SINATURA: X / CAJ / xes
XESTAS OLÍMPICAS: ESCOLMA DE RELATOS HEROICOS NO MUNDO DO DEPORTE Autoría: Héctor Cajaraville Ilustración: Antonio Seijas Edicións Xerais, 2022
SINOPSE
Desde que en 1896 se celebraron as primeiras olimpíadas modernas, podemos atopar en todas elas historias de a cabalo entre a realidade e a lenda, fazañas prodixiosas que elevan a quen as protagonizaron á categoría de heroes e heroínas con letras maiúsculas, polos logros acadados ou porque as súas proezas abrían camiños antes inconcibibles.O elemento en común dos relatos que conforman estas Xestas olímpicas é o esforzo, ás veces sobrehumano, por superar unha marca, unha altura, unha distancia... pero sobre todo por superarse a si mesmos e a si mesmas. E por servir de inspiración e estímulo á xente nova que encontra no deporte o seu divertimento, a súa afección, a súa paixón... Ou, por que non, o seu modo de vida.
03
(GL) LOCALIZACIÓN: Sección xuvenil | SINATURA: X / DÁV / ele
UN ELEFANTE NA SALA DE ESTAR XIII Premio Jules Verne de Literatura Xuvenil Autoría: Berta Dávila Edicións Xerais, 2022
SINOPSE
XUVENIL
A morte por suicidio de Rosa acontece unha mañá de outono, mentres o seu home está no traballo e os seus fillos adolescentes acoden ao instituto como un día calquera. Na súa ausencia, as voces das persoas que a querían contan quen era.O papel que cada unha delas xoga na vida de Rosa, as contradicións íntimas e os diferentes xeitos de afrontar a dor, a culpa e o estigma social durante o proceso de loito, son os círculos arredor dos que xira unha novela que fala, por riba de todo, da supervivencia.Cun estilo limpo e delicado, de lectura doada e emotiva, Un elefante na sala de estar pon sobre a mesa a problemática do suicidio, que é xa a primeira causa de morte non natural entre a poboación adulta e moza, para combater os mitos e o silenciamento. Para non calar máis.
(GL) LOCALIZACIÓN: Sección xuvenil | SINATURA: X / MEJ / lad
A LADROA DA BIBLIOTECA DE MEIRÁS Finalista XIII Premio Jules Verne de Literatura Xuvenil Autoría: Eva Mejuto Edicións Xerais, 2022
SINOPSE
O prohibido era excitante e aterrador ao tempo. O perigo de ser vista, o medo de que desen con ela, formaba parte dun xogo ao que Mariña estaba prendida. Coábase na mellor biblioteca do mundo, co universo enteiro para ela arrombado nos andeis. Ata que non puidese saír da aldea, ese era, sen dúbida, o único paraíso posible. Ás veces a felicidade era tal que esquecía onde estaba e o perigo que corría. Facía mal en coller «prestados» os libros? Á familia roubáranlle a casa para facer a residencia de verán do Xeneralísimo, así que estaba no seu dereito. E ese verán pasarían tantas cousas que todo cambiaría de vez na vida de Mariña, no Pazo de Meirás e, talvez, no país enteiro...
(GL) LOCALIZACIÓN: Sección xuvenil | SINATURA: X / VID / san
SANGUE NO DRON Autoría:Ignacio Vidal Portabales Edicións Xerais, 2022
SINOPSE
Na Cidade das Campás, nun mundo distópico, Lan é un mozo orfo que deseña e manexa os seus drons CL4. Malvive no Subterráneo grazas á venda de datos informáticos, que consegue conectándose ás redes da Ditadura Privilexia Bélica. Coñece a Chía, adicta ao Centroprazol, unha droga perigosa, e ambos os dous cooperan na loita ata que a fortuna abandona a moza nun lance cos inimigos. Namorado da rapaza, para axudala Lan participa nun concurso organizado pola Ditadura. Alí coincide con Artur e mais con Belisa, e os tres baixarán ao campo de xogo e enfrontaranse ás tríades, formacións de combate compostas por drons XP9. Competirán, en desvantaxe, contra a tríade dos Licaóns e terán que destruír todos os tótems para vencela. Lan necesitará os seus coñecementos de cetrería no momento da batalla final, e os tres amigos descubrirán que no concurso hai un lado escuro...
(GL) LOCALIZACIÓN: Sección xuvenil | SINATURA: X / SIE / cas
O CASO DO MARTELO BRANCO Autoría: Jordi Sierra i Fabra Tradución: Xesús Domínguez Dono Editorial Galaxia 2021
SINOPSE
Berta Mir, preocupada por conseguir a súa parte dos cartos para financiar a produción do primeiro disco do grupo, e por coidar do seu pai prostrado na cama como un vexetal, volve con dous novos casos, aparentemente sinxelos: buscar os pais biolóxicos dunha rapaza de 12 anos e seguir un rapaz de 11 que é acosado por dous compañeiros do colexio. Sinxelos, en aparencia. Pero todo se complica, coma sempre, e Berta vese envolta nun asunto de drogas e guerra entre bandas que a poñerá en perigo, e do que terá que saír con enxeño e habilidade, á vez que loitar por non implicarse emocionalmente nas investigacións, que sempre lle descobren algo novo da natureza humana.
03
(GL) LOCALIZACIÓN: Sección xuvenil | SINATURA: X / PAL / seg
UN SEGREDO
Autoría: Alejandro Palomas Tradución: Mercedes Pacheco Editorial Galaxia, 2022
SINOPSE
Nazia é a mellor amiga de Guille. Antes vivía no supermercado paquistaní do barrio cos seus pais e o seu irmán maior, pero por unha situación familiar difícil agora estará con el e co seu pai Manuel durante un tempo; pero garda un segredo que non lle pode contar a ninguén, porque así llo pediu a súa nai, a non ser a Guille, que é coma o seu irmán.
XUVENIL
En Un secreto, Alejandro Palomas retoma os personaxes de Un fillo, aos que se engaden algúns máis, e achéganos, cunha prosa sinxela e tenra, a temas complicados como o acoso, os matrimonios de conveniencia e as dificultades da vida vistas desde a perspectiva dos nenos.
(GL) LOCALIZACIÓN: Sección xuvenil | SINATURA: X / FER / inc
INCESANTE VAGALUME Autoría: Ana María Fernández Editorial Galaxia, 2021
SINOPSE
Poesía
Espertei Nese intre deixei de abranguer a illa cos meus brazos para saltar ao máis escuro onde os pensamentos eran líquidos e as mans, nerviosas, procuraban un camiño de volta entre as escumas. E vinme noutro espazo. Parecía un xardín azul, sen hortensias. Se me achegaba, descubría que era unha fraude cada planta e que peixes de cores cruzaban polas redes das follas e abrían as bocas invocando o meu nome. Espertei nun mundo distinto, pero eu era a mesma. Por primeira vez podía sentir o paradoxo dun soño.
04 BD INFANTIL COMITECA
(GL) LOCALIZACIÓN: Comiteca | SINATURA: BDI-K / CAB / mil
MILO E LOBERTO Autoría: Gastón Caba Tradución: Iolanda Mato Edicións Cumio, 2022
AMIZADE HUMOR AVENTURAS
SINOPSE
O novo cómic infantil de Gastón Caba é un libro cheo de historietas onde coñeceremos a dous novos personaxes que estamos seguros que non vai deixar indiferente a ninguén. A través de Milo (un pequeno morcego cheo de pencas) e do seu recente amigo Loberto, viviremos aventuras e situacións cotiás con moito humor á vez que imos aprendendo sobre eles e o seu peculiar xeito de relacionarse.
(GL) LOCALIZACIÓN: Comiteca | SINATURA: BDI-K / SER / mes
UNHA MESTRA EN APUROS 3 PRIMEIRO CURSO SUPERADO Autoría: Pilar Serrano Ilustración: Jorge Campos Editorial Bululú, 2022
SINOPSE
VIDA COTIÁ HUMOR ESCOLAS
Esta profe segue a contarnos as mil e unha ocorrencias dos seus alumnos, cuxa enerxía e picardía para a diversión desarman a calquera. Todo lles vale para librarse da merenda que non lles gusta ou escamotear os seus xoguetes favoritos. A súa sinceridade a proba de bombas ponnos en apuros aos adultos e sempre, coa súa actitude, nos lembran que a imaxinación é un rasgo da infancia que nunca deberiamos perder. Unha vez máis, a realidade supera á ficción.
BD INFANTIL
04
(GL) LOCALIZACIÓN: Comiteca | SINATURA: BDI-K / VEI / miñ
MIÑOCA E PEGA Autoría: Ramón D. Veiga Ilustracións: Iván R. Edicións Xerais, 2022
ANIMAIS HUMOR AVENTURAS
SINOPSE
Pode unha pega con malas intencións facerse amiga dunha apetitosa miñoca? Unha nova aventura de Miñoca que demostra, unha vez máis, que as diferenzas poden superarse, sobre todo se hai boa predisposición... e comida polo medio.
(GL) LOCALIZACIÓN: Comiteca | SINATURA: BDI-E / FON / cós
CÓSMICO, O BOMBEIRO GALÁCTICO III Premio O Garaxe Hermético Autoría: Fon Edicións Xerais, 2022
SINOPSE
CIENCIAFICCIÓN AVENTURAS
Cósmico é un bombeiro galáctico que só pensa nas medallas que gañará apagando incendios. Comprenderá a verdadeira importancia de loitar contra o lume?