Dereitos humanos

Page 1

DEREITOS HUMANOS

India Castro 6ยบ


¿CANDO SE INSTITUÍU O DÍA DOS DEREITOS HUMANOS?

Instituíuse o 10 de decembro do 1948 en París, Francia.

¿POR QUE?

Os dereitos humanos son aquelas condicións instrumentais que lle permiten á persoa a súa realización, en consecuencia, recolle aquelas liberdades, facultades, institucións o reivindicacións relativas a bens primarios ou básicos que inclúen a toda persoa , polo simple feito da súa condición humana, para garantiar unha vida digna, sen distinción algunha de raza, color, sexo, idioma, relixión, opinión política, orixe nacional ou social, posición económica nacemento ou calquera outra condición.

¿PARA QUE?

Para que todas ás persoas teñan os mesmos dereitos, sen distincións.

¿QUE ORGANIZACIÓN A CREOU?

A ONU (Organización de Nacións Unidas): Fundamento das normas internacionais de derechos humanos.


¿QUE SON OS DEREITOS HUMANOS?

Os dereitos humanos son dereitos inherentes a todos os seres humanos, sen distinción algunha de nacionalidade, lugar de residencia, sexo, orixe nacional ou étnico, color, relixión, lingua, ou calquera outra condición. Todos temos os mesmos dereitos humanos, sen discriminación algunha. Estes dereitos son interrelacionados, interdependentes e indivisibles. O dereito internacional dos dereitos humanos establece as obrigacións que teñen os gobernos de tomar medidas, en determinadas situacións, de absterse ou de actuar de determinada forma, a fin de promover e protexer os dereitos humanos e as liberdades fundamentais dos individuos ou grupos.


A CARTA AFRICANA

Carta Africana de Dereitos Humanos e dos Pobos, recollía os principios da Declaración Universal de 1948 e engadía outros que tradicionalmente se negaran en África, como o dereito de libre determinación ou o deber dos Estados de eliminar tódalas formas de explotación económica estranxeira. Máis tarde, os Estados africanos que acordaron a Declaración de Túnez, o 6 de novembro de 1992, afirmaron que non se pode prescribir un modelo determinado a nivel universal, xa que non se poden desatender as realidades históricas e culturais de cada nación e as tradicións, normas e valores de cada pobo. Na mesma liña, pronúncianse a Declaración de Bangkok, emitida por países asiáticos o 23 de abril de 1993, e a Declaración do Cairo , asinada pola o 5 de agosto de 1990.


OS DEREITOS HUMANOS ESTE ANO

Este ano, o Día dos Dereitos Humanos é unha chamada a todos para defender os dereitos do outro. É responsabilidade de todos defender os dereitos humanos. Cada un de nos debe tomar unha posición. Un paso adiante e defender os dereitos dun refuxiado ou emigrante, unha persoa con discapacidade, unha muller, un neno, ou calquera outra persoa en risco de ser discriminada ou sufrir algún acto violento.

India Castro López 6º


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.