Traballo de investigaciรณn XIX Salรณn do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra
CEIP A Carballeira - Lourizรกn
SYRA
ALONSO
ÁNGELES
ALVARIÑO
MARÍA
BALTEIRA
ISABEL
BARRETOS
BEGOÑA
CAAMAÑO
EMILIA
CALÉ
MARÍA
CASTAÑA
CLARA
CORRAL
MICAELA
CHAO
FILOMENA
DATO
JIMENA E ELISA IRENE
FERNÁNDEZ
GONZÁLEZ
MARCELA E ELISA GRACIA MARUXA
MAIO
MARÍA VICTORIA OFELIA
NIETO
EMILIA
PARDO
MARÍA
PITA
CELIA
MORENO
BAZÁN
RIVAS
AUREA
RODRÍGUEZ
MARÍA
SOLIÑO
OLIMPIA
VALENCIA
MARÍA
VÁZQUEZ SUAREZ
MARÍA
VINYÁLS
Y
FERRÉS
SYRA ALONSO Syra naceu na Coruña en 1899 e falleceu en México en 1970.Foi unha escritora que casou co pintor Francisco Miguel arredor de 1920. Pouco despois comezan a viaxar e recalan en París e Cuba ate deterse en México . En todo este tempo, Syra ten tres fillos e Francisco Miguel retrátaa unha morea de veces. O 10 de novembro de 1933 a parella embarca cos seus cativos para regresar a Galiza, nunha travesía que só para Francisco Miguel non tería retorno ,xa que o 3 de agosto de 1936 a Garda Civil deteno acusado de actuar contra o rexime militar golpista e, despois de ser liberado, vólveno apresar para xa nunca máis sair en liberdade. O 30 de setembro será enterrado no cemeterio da parroquia de Bértoa despois de que lle amputaran as mans que tantas obras pintara. Syra súmese nunha profunda depresión e regresa ao México que compartira con Francisco Miguel. De Juan Ramón, o seu fillo, recibimos a memoria dunha Syra Alonso enérxica, que engaiolaba coas súas historias e lembraba o último retrato que Francisco Miguel lle fixera . No ano 2000 chegan a Galiza os Diarios de Syra Alonso (Colección Mulleres, A Nosa Terra) despois de máis de medio século de exilio. e descubrímos un dos máis extraordinarios memoriais da represión desatada despois de 1936. Syra Alonso escribira a primeira parte dos seus diarios en Tordoia, datados en Compostela en 1938, e a segunda na localidade mexicana de Actopán, en 1945. Relata os acontecementos que remataron coa vida do artista, co que estaba casada, e o dramático tempo de vida que vai desde o seu asasinato ate que embarca cos seus tres fillos
ÁNGELES ALVARIÑO GONZÁLEZ Oceanógrafa de profesión, Ángeles Alvariño González naceu en Serantes (Ferrol) o 3 de outubro de 1916. Ata 1931 estudou en diversos centros educativos de Ferrol, para despois cursar o Bacharelato Universitario en Ciencias e Letras na Universidade de Santiago de Compostela, que rematou en 1933 coas disertacións “Insectos Sociales” e “Las mujeres en el Quijote”. Ainda que en 1934 comeza os seus estudos de Ciencias Naturais na Universidade de Madrid, estes vense interrompidos polo peche das aulas, motivado pola Guerra Civil. Nese período Ángeles Alvariño decide mellorar os seus coñecementos de francés e iniciarse na aprendizaxe do inglés, lingua que constituirá unha valiosa ferramenta de traballo na súa futura aventura americana nos Estados Unidos. Unha vez aberta a Universidade, Ángeles Alvariño continua os seus estudos e en 1941 realiza un Master en Ciencias Naturais con honores na Universidade de Madrid. De 1941 a 1948 imparte clases como profesora de Bioloxía, Zooloxía, Botánica e Xeoloxía, en colexios universitarios en Ferrol. En 1951 optén o certificado de Doctoramento en Psicoloxía Experimental, Química analítica e Ecoloxía Vexetal. Entre 1950 e 1957 é destinada como Bióloga MariñoOceonógrafa no Instituto Español de Oceonografía. Esta científica galega continúa subindo chanzos na sua carreira profesional, pasa a ser unha muller precursora na investigación oceonográfica española e destacada científica internacional. Os traballos científicos orixinais publicados alcanzan o centenar. Desde 1976 posúe numerosos nomeamentos académicos en diversas universidades. A partir de 1993 retírase como científico emérito, estatus alcanzado xa en 1987.Dende Galicia foi distinguida coa Medalla de Prata de Galicia, no ano 1993. A Universidad da Coruña lle adicou a Semana das Ciencias en 2005. O Concello de Ferrol rendeulle unha homenaxe póstuma no campus de Esteiro. Finou en San Diego o 29 de Maio de 2005
MARÍA BALTEIRA María Balteira foi unha muller galega que viviu na Idade Media. O seu nome real era María Perez e foi a Soldadeira mais famosa da época medieval. As soldadeiras son mulleres que estabán adscritas á corte , e que tiñan como oficio cantar e bailar. Por este traballo pagábanlles unha soldada e de aquí vén o nome de soldadeira. Sabemos que María Balteira naceu en Bentazos , na localidade de Armea ,e que frecuentou as cortes de Fernando II e de Alfonso X . Esta muller caracterizouse por levar unha vida que se pode clasificar de desordenada para o momento. Case tódolos datos que temos dela chegáronnos a través de cantigas medievais. Temos noticia de Balteira polas cantigas de escarnio que lle dedican os trobadores. A traves das ditas cantigas descubrimos que participou nunha cruzada , que era practicante do tiro con bésta en competición cos homes; xogadora de dados; trampulleira no xogo e supersticiosa. Segundo as cantigas, participou nunha cruzada; non se coñece con certeza se a de 1248 ou a iniciada en 1269 por Xaime I de Aragón. Nada se sabe do lugar e data da súa morte e soterramento.
ISABEL BARRETOS DE CASTRO Isabel Barretos de Castro foi una viaxeira e navegante Española, considerada a primeira muller que ostentou o cargo de Admirante na historia da navegación. Foi esposa do navegante Álvaro de Mendaña, patrón de varias expedicións polo Océano Pacífico e descubridor das Illas Salomón e as Illas Marquesas, e a quen acompañou na súa viaxe.
Ainda que non se sabe moi ben, créese que naceu probablemente en Pontevedra no ano 1567 ,no século XVI. Seu pai puido ser Francisco Barreto ,mariñeiro de orixen portugués e gobernador da India portuguesa, ou Nuño Rodríguez Barreto, conquistador do Perú.
Sendo nena trasladouse coa súa familia a Perú, onde se casou con Álvaro de Mendaña e logo embarcou na frota do seu marido para fundar unha cidade nas Illas Salomón. Pero nas Illas de Santa Cruz o seu marido enferma gravemente de malaria e antes de falecer nomeou a súa muller a cargo da expedicón.
Non se sabe exactamente onde nin cando faleceu, xa que mentras unhas fontes sitúan súa morte en 1610 otros a alongan ata 1612 ,e algúns a sitúan no continente americano mentras outros aseguran que volveu a terras españolas.
BEGOÑA CAAMAÑO Begoña Caamaño Rascado nace o 14 de outubro de 1964 en Vigo. Comeza a súa andaina profesional no ano 1986 na emisora viguesa Radio Noroeste, despois sería contratada pola Cadena COPE e dende 1989 traballaría na Radio Galega. Amais disto, foi correspondente da Axencia Galega de Noticias (AGN) e colaborou nos xornais El Sol, A Nosa Terra,
Novas da Galiza e na revista Tempos. O seu traballo como xornalista vai acompañado dunha grande actividade sindical. Así, participa como relatora no I Congreso do Sindicato da Información de Galicia, que tivo lugar en Vigo no ano 1987, e como membro do Comité de Empresa da Radio Galega desempeña o cargo de presidenta do Comité Interempresas da CRTVG. É unha das impulsoras da Asociación de Mulleres Galegas na Comunicación (MUGACOM), asociación constituída o 8 de marzo de 1997 na Facultade de Ciencias da Comunicación da USC . Activista incansábel. Foi membro de Mulheres Nacionalistas Galegas (MNG) e da Marcha Mundial das Mulleres. Colaborou activamente na campaña "Dou a cara" organizada polo Bloque Nacionalista Galego a favor da Sanidade Pública Galega, o Ensino Público e contra o decreto do plurilingüismo. Realizou tamén varias colaboracións relacionadas co eido da música; como é coa cantante Uxía onde articulou o “Limiar” do disco Rosalía pequeniña. No tocante á súa carreira literaria, iníciaa coa publicación da novela Circe ou
o pracer do azul (2009) e dálle continuidade, con Morgana en Esmelle. Ambas publicadas pola Editorial Galaxia e a segunda recibiría o Premio Ánxel Casal ao mellor libro de ficción 2012 da Asociación Galega de Editores, o Premio da AELG á mellor obra de narrativa 2012, Premio da Crítica de narrativa galega da Asociación Española de Críticos Literarios 2012 e o Premio Losada Diéguez de creación literaria 2013. Begoña Caamaño morre o 27 de outubro do ano 2014 .
EMILIA CALÉ Emilia Calé naceu na Coruña en 1837 . Comezou a darse a coñecer como autora de artigos na prensa galega a partir da década de 1860 .Despois de asinar varios poemas en diferentes revistas, vai para Madrid, onde continua o seu labor literario, mais esta vez publica tanto en revistas españolas como latinoamericanas e comeza a acadar certa sona nos ambientes culturais da capital española. De feito, nesta época convértese na anfitriona da sociedade madrileña Galicia Literaria (1871), que acollía na súa casa e na que participou activamente como fundadora xunto ao seu curmán Teodosio Vesteiro Torres. Á Galicia Literaria pertenceron, entre outros, Francisco Añón, Curros Enríquez etc… Emilia retorna a Coruña en 1875 e posteriormente cásase con Lorenzo Gómez Quintero Morado, xornalista e funcionario. Por causa do traballo do seu home vive en diferentes localidades españolas ata que definitivamente retorna a Madrid. Foi distinguida como membro correspondente da Real Academia Galega na súa fundación (1906 É un caso excepcional de produción literaria ao tratarse dunha muller da súa época, xa que participou en todos os xéneros literarios, conseguiu maior sona como autora de poesía e gustáballe cultivar os ambientes literarios. En 1867 na publicación pontevedresa La revista . Logo de situala entre os nomes destacados dos autores de literatura galega dise do seu libro que contén "escollidas poesías relixiosas, líricas e descritivas, que forman unha formidable reputación" .
Outra publicación súa, a obra teatral Los lazos rotos , acadou moita sona no momento da súa estrea na Coruña en 1883. Trátase dun drama romántico, con ambientación en Madrid e Santiago de Compostela, onde se relata unha apaixonada e tormentosa historia de amor . Finou en Madrid en 1908.
MARÍA CASTAÑA Esta muller vivía no ano 1386 no Couto de Cereixa, nas terras de Lemos e Quiroga, no que sería o actual concello da Pobra do Brollón.
Estaba casada con Martín Cego e, tiveron un enfrontamento co mordomo ( recadador) que traballaba para o bispo de Lugo, e o feriron de morte . Para salvar a súa vida, doáronlle todo o que tiñan á catedral de Lugo. De isto, derívase que María Castaña encabezou unha revolta contra o señor feudal, bispo en Lugo, a fins do século XIV. Neste século, tanto España como Galicia coñecen pestes e fames, mais tamén mudanzas importantes no agro e na sociedade. Esta situación de conflitividade e violencia permanente manterase até a gran Guerra Irmandiña (1467-69). Velaí os tempos de María Castaña. A ela tocoulle vivir máis de vinte anos de loitas, con destrucións, incendios, violacións, roubos, motíns e, cando parece que chega a paz, os novos señores impoñen novas contribucións para enriquecerse axiña, cheos de cobiza e de poder. Iso foi o que fixo o novo bispo de Lugo. Polo tanto, María Castaña xunto coa súa familia e con outras moitas mulleres e familias coma eles resistiron primeiro e logo enfrontáronse ao recadador do señor feudal. Coinciden, pois, as datas da revolta de María Castaña nas terras de Cereixa e a tentativa fracasada de ser Galiza reino independente. María Castaña seguramente non o sabía pero este foi o seu tempo e ela contribuíu tamén a ser protagonista del.
CLARA CORRAL ALLER poetisa galega.
Naceu en Ourense o 8 de xuño de 1847 e finou na Coruña o 9 de febreiro de 1908. Foi unha
Naceu nunha familia acomodada e con certa tradición nos oficios artísticos. Tiña dúas irmás, Rita e Consuelo, que tamén escribiron, e outro irmán, Dimas, que seguiu o oficio do pai, médico. Trasládase a vivir coas irmás a Santiago de Compostela en 1868 ecomeza a dedicarse ao seu labor literario. Dela conservamos hoxe, basicamente, poemas aparecidos na prensa da súa época. O primeiro poema que dela coñecemos hoxe é «Á una flor», que o publicou no Almanaque de Soto Freire en 1866, cando tiña apenas 19 anos de idade. Durante a década de 1870 son variadas as revistas en que publica Clara Corral poemas en castelán na liña de «Á una flor» :Diario de Santiago ,La revista compostelana...Neles revélasenos como unha sobresaínte versificadora. Especialmente salientables son as tres composicións que escribiu en galego e que publicou en 1879 en “La Ilustración Gallega y Asturiana” ,revista que dirixía, na súa parte literaria, Manuel Murguía. Trátase de«O ben na terra»,«Lonxe vai miña alegría» e «O día de SanAntón». En 1884 trasládase a vivir á Coruña co seu irmán e a súa cuñada. E será 7 anos máis tarde, en 1891, cando apareza o único volumen que publicou en vida, A Herminia (1891), dedicado amor te da súa sobriña Segundo a afirmación de Carballo Calero era unha das mellores poetisas galegas. Aparece na listaxe de correspondentes da primeira nómina da Real Academia Galega en 1906 e é unha das poucas voces de muller que publicou algún texto en galego durante o século XIX.
MICAELA CHAO MACIÑEIRA Naceu en 1892, na aldea de Susavila (Ortigueira), e viaxou a Cuba na compaña dos seus país. Alí,con seus irmáns, Juan, Antón, Carme e Tereixa (que máis adiante casará con Ramón Villar Ponte), recibiu unha boa educación. No 1908, coñece a quen será o seu futuro esposo, Antón Villar Ponte, co que comparte os ensaios e actuacións da Sociedad Gallega de Declamación Rosalía Castro. Micaela e Antón casan na igrexa de Santa Lucía da Coruña o 26 de abril de 1913. Deste matrimonio nacerán Antonio e Carme. Tras casaren, emprenderon unha intensa militancia nas Irmandades; sendo Micaela a única muller presente no acto fundacional da Irmandade coruñesa, que tivo lugar o 18 de maio de 1916. Ao pouco de iniciada a súa xeira, as Irmandades procuran colaboración coa Lliga Regionalista de Cambó. Concertaron un intercambio de delegacións a finais de 1917. A única muller da expedición galega a Barcelona é Micaela. Esta iniciativa da bandeira foi preludio da constitución, en agosto de 1918, dunha Sección Feminina da Irmandade coruñesa. Con máis de 200 asociadas, segundo A Nosa Terra, a súa 1ª conselleira foi Micaela Chao Maciñeira. Editar folletos de propaganda , recoller información sobre a situación laboral da muller galega, participar en actos públicos e interesar os centros galegos pola protección á muller emigrada foron algúns dos obxectivos desta Sección. Micaela morreu inesperadamente o 27 de novembro de 1928, a consecuencia dunha nefrite .
Tiña tan só 36 anos.
FILOMENA DATO Filomena Dato foi unha poeta galega de finais do século XIX. Pouco se sabe desta muller e a maior parte dos seus datos biográficos están relacionados co seu labor social e cultural. Colaborou con composicións poéticas en xornais como “El Heraldo Gallego,” “Galicia Recreativa” ou o “Álbum Literario”. Tamén participou nun movemento que iniciara Valentín Lamas Carbajal. En
1906
foi
nomeada
membro
correspondente
da
Real
Academia Galega. Filomena
Dato
converténdose
foi
feminista
nunha
das
igual
voces
que
mais
Rosalía
Castro,
sobranceiras
do
feminismo galeguista; de feito é a segunda escritora, logo de Rosalía, que publica un libro en galego no século XIX. Nos seus escritos e discursos dáballe especial protagonismo as mulleres, especialmente ás das clases populares, escribindo diversos versos salientando as súas cualidades e tamén a difícil situación pola que pasaban.
‘Os que negan â muller intelixencia e talento, a millor contestaceón cicais que fose o disprecio.
JIMENA E ELISA FERNÁNDEZ DE LA VEGA Naceron o 3 de xuño de 1895 en Vegadeo (Asturias). Xunto coa súa irmá xemelga, Elisa, foron as primeiras mulleres en estudar nunha universidade galega. Ó rematar , en 1911, obtiveron a Gran Cruz de Alfonso XII, como resultado os séus expedientes académicos En 1920 ,trasladáronse a Madrid ,onde realizaron as súas tesis doctorais. Jimena especializouse como Genetista e foi discípula de Grerorio Marañón. Desde 1923 ata 1934, traballou cós investigadores europeos máis destacados no campo da xenética en varias ciudades europeas e Elisa optou por especializarse en Pediatría , sendo discípula de Enrique Suñer e decidíu quedarse en España, casándose en 1925 con Gumersindo Sánchez Guisande, recoñecido anatomista. No ano 1933, Elisa morre por unha neumonía atípica e, tres anos despois,co estalido da Guerra Civil, en 1936, Jimena faise cargo das fillas pequeñas da súa irmá por ter que exiliarse o seu cuñado a Sudamérica. Foi mestra da Cátedra de Patoloxía Xeneral da Universidade Central de Madrid, pero a Guerra Civil truncou a súa carreira investigadora, e volta a Santiago. En 1945 incorporouse ó Balneario de Guitiriz( Lugo) fundado polo seu pai ,coa finalidade de estar preto da súa nai ,de idade avanzada. Cando faleceu ,dirixíu outros balnearios,sendo no de Lanjarón en Granada onde se xubilou. Faleceu dunha enfermidade cerebrovascular en 1984 en Santiago de Compostela.
IRENE GONZÁLEZ
Naceu o 26 de marzo de 1909 na Coruña e morreu o 9 de abril de 1928 . Foi a primeira muller futbolista en Galicia e en España,a primeira delanteiro centro,a primeira guardameta nun equipo federado da Coruña que levaba o seu nome: o Irene C.F ,a primeira capitana,a primeira en xogar nun equipo de homes e a primeira que deu o seu nome a un equipo de futbol. Foi unha auténtica pioneira no mundo do fútbol. Non existe constancia en todo o mundo doutra muller que fose futbolista nunha época tan temperá como a década de 1920 . Chegou a ser moi popular e todos a respectaban; os rivais e compañeiros tratábana de igual a igual. Os campos enchíanse de xente para vela xogar e Irene e os seus compañeiros beneficiábanse, cobrando unha pequena cantidade pola exhibición que logo repartían entre eles. Adoitaba ir uniformada cunha viseira, xersei branco de colo volto, faldra-pantalón de cor negra e protectores nos xeonllos. Cara a 1928, enfermou de tuberculose. Organizouse un partido para recadar fondos cos que poder axudala pero por desgraza, nada se puido facer e, finalmente, tanto Irene como, logo tamén, tres irmáns seus rematarían sucumbindo á enfermidade. Tiña 19 anos.
MARCELA E ELISA Marcela e Elisa coñecéronse na década de 1880 mentras estudaban na Escola Normal de Mestras da Coruña. A súa primeira amizade deu lugar a unha relación máis íntima. Os país de Marcela decidiron envíala a Madrid para separalas, pero reencontráronse cando Elisa foi destinada como mestra interina a Couso e Marcela exercía como mestra superior en Calo. Decidiron vivir xuntas en Calo. En 1901, Elisa adoptou un aspecto masculino, inventouse un pasado e converteuse en Mario. Casáronse o 8 de xuño dese mesmo ano. Pero pronto descubriríase o engano, e como consecuencia delo, perderían o traballo e serían buscadas pola xustiza. Fuxiron con destino a América, pasando por Oporto onde foron encarceladas, xuzgadas e mais tarde liberadas marchando a Arxentina. Antes de sair de Oporto, Marcela deu a luz a unha nena. En Bos Aires, en 1903, Elisa decidiu casar para así aposentar un fogar e facer chegar a Marcela como se fose a súa irmá e a filla. Pero ante a negativa a consumar o matrimonio, xurdiron as sospeitas e foron descubertas. Víronse de novo enfrontadas a xustiza. Estamos en 1904.Nada mais se sabe delas. Convertíronse no primeiro matrimonio homosexual do que se ten rexistro en España.
MARUXA MAIO Naceu o 5 de xaneiro de 1.902 en Viveiro. A profesión do seu pai -funcionario de aduanas- levouna a residir en distintas provincias españolas até a definitiva instalación da familia en Madrid en 1922. Anos máis tarde ingresa na Academia de Belas Artes e empeza a relacionarse coa nova xuventude de poetas e artistas que irrompen na escena española, algúns deles conformarían a Xeración do 27. Coñece a Salvador Dalí e á poetisa Concha Méndez, que a introducen no círculo da Residencia de Estudiantes, onde estreita lazos de amizade e camaradaría con Lorca, Buñuel e en especial con Rafael Alberti, co que mantén unha relación amorosa importante. Nestes anos, Maruxa crea a súa propia linguaxe artística, futurismo, surrealismo, cine- e cos ollos abertos á arte popular. Mestura todo coa súa particular interpretación. En 1928 Ortega y Gasset lle brinda os salóns da Revista de Occidente para realizar a súa primeira exposición. No 1931 viaxa a París, acompañada do seu pai, onde permanece varios meses e expon a súa obra. Numerosos intelectuais e artistas como Picasso e André Bretón visitan e acollen con entusiasmo a mostra. A Guerra Civil sorpréndea en Galicia, e aquí permanece até 1937. Este mesmo ano, tras embarcar en Portugal, chega ao porto de Bos Aires onde é recibida como unha artista de renome. No ano 1960, decide voltar a España. A súa obra é cada vez máis valorada por galeristas e críticos, especialmente a crítica española máis nova, que ve nela a encarnación dunha vangarda ocultada polo franquismo. Tras a morte de Franco chegalle o recoñecemento total . Morre o 6 de febreiro de 1995 en Madrid.
MARÍA VICTORIA MORENO María Victoria Moreno Vazquez, naceu en Caceres 1 maio de 1939. Cursou o Bacharelato en Barcelona. Estudou Filosofía e Letras na Universidade Complutense de Madrid. Alí coñeceu a José Luis Llácer, casaron e trasladáronse a Pontevedra en 1963, por ser el contratado no Colexio da ONCE. Desenvolveu múltiples actividades en relación cos libros: escritora, profesora de literatura, tradutora, editora, libreira ou conferenciante. Foi profesora de secundaria no Instituto Masculino de Lugo. Alí converteuse nunha activista a prol da lingua galega. En 1967 impartiu Literatura Castelá no Instituto Feminino de Pontevedra (agora Valle Inclán). No ano 1973 Edicións do Castro publica o seu primeiro libro, “Mar adiante”,que a converteu nunha das autoras pioneiras da literatura infantil galega. Foi seguido por "O cataventos" (1979), “A festa no faiado “(1983), e “Leonardo e os fontaneiros” (1986). Outros textos seus son “E haberá tirón de orellas?” (1997), "Can branco, can negro" e "Un cachiño de bica?" dúas historias en verso que forman parte, xunto con "Xa non teño medo" do libro “Eu conto, ti cantas...” (2005), o último que viu publicado en vida. A mediados dos 80 publicou libros de texto de Literatura Galega. No ano 1988 publica “Anagnórise”, recoñecido en 1990 na Lista de Honra do IBBY (Consello internacional de libros para a mocidade). En 1999 publicou a novela xuvenil “Guedellas de seda e liño”, recoñecida na Lista White Ravens da Biblioteca Internacional para a Mocidade de Múnic en 2002. “Elexías de luz” (2006) reúne cinco cadernos de poemas. "Onde o
aire non era brisa” (2009) foi publicado póstumamente e traducido ao galego, segundo vontade da autora, por Xavier Senín .Morreu o 22 de novembro de 2005
OFELIA NIETO Naceu en Santiago de Compostela en 1900 e morreu en Madrid no 1931. Os seus país, eran moi afeccionados á ópera e ensináronlle a ler música e animábana a cantar ópera ou zarzuela. Axiña deu mostra de gran talento. Cando Ofelia ía cumprir 12 anos, e vivindo en Santa Cruz de la Palma os país puxérona en contacto cunha compañía de zarzuela formada por coristas do Teatro Real. Os pais pedíronlles que escoitasen a filla e foi tan positiva a resposta que deciden levala a Madrid para que ingrese no conservatorio. Atopan un mestre. Era o tenor Antonio Simonetti . Clasificou a voz e ensinoulle unha técnica de primeiro nivel có que consegue potenciar as súas extraordinarias facultades naturais. Con 14 anos estaba disposta para cantar en público. Un día Simonetti comunícalle á familia que o compositor Amadeo Vives preparaba a estrea no Teatro da Zarzuela da súa nova obra de temática galega titulada Maruxa. Andaba na procura dunha soprano e cando a escoitou, a contratou. A estrea foi o 28 de maio de 1914, e resultou un éxito total. Pouco tempo despois, actuaba no Teatro Real cunha das valquirias da ópera wagneriana e có papel protagonista de Elvira da ópera verdiana Ernani . Aos 20 anos recibe unha homenaxe de compositores españois,e no outono de 1919, actúa en Florencia, no teatro ‘La Pergola’. Chegan os grandes recoñecementos fóra de España. Convértese na figura do Teatro Real e viaxa en sucesivas ocasións a América cos mellores elencos do momento. Alí,entra en contacto cos centros galegos da Habana e Bos Aires. E, así, en 1922 interpreta a cantiga ‘Un adiós a Mariquiña’, de Curros Enríquez .En 1925 chámaa o mítico Arturo Toscanini, para cantar na Scala ‘Der Freischütz’ e ‘Lohengrin’. En 1928, provocou unha conmoción por que deixaba os escenarios para casar. O abraio definitivo chegaría tres anos máis tarde cando morre o 22 maio de 1931 a causa dunha operación.
EMILIA PARDO BAZÁN Dona Emilia Pardo Bazán nace na Coruña, 16 de setembro de 1851 .Filla única recibe unha ampla educación de carácter liberal no colexio francés de Madrid e con instrutores privados na Coruña. É pioneira en case todo: aos nove anos compón os seus primeiros versos e aos quince publica o primeiro dos seus contos (máis de cincocentos), "Un matrimonio del siglo XIX". En 1868, con 16 anos, casa con José Quiroga. No ano 1873 viaxa a Europa, o que esperta nela o interese polos idiomas e a literatura de cada país na lingua orixinal, polo que aprende inglés e alemán de forma autodidacta . En 1876 nace o seu primeiro fillo, Jaime, ao que dedicará o seu único libro de poemas, e dáse a coñecer como escritora ao gañar o concurso convocado en Ourense para celebrar o centenario de Feijoo. A súa filla Blanca nace xunto coa súa primeira novela: Pascual López. Autobiografía de un estudiante de medicina. Corre o ano 1880, e dona Emilia acepta a dirección da Revista de Galicia. A súa última filla, Carmen, nace un ano despois. Coa publicación duns comprometidos artigos incluídos en La cuestión palpitante, e tras a súa separación matrimonial ;Non debeu ser sinxelo ser despois a amante "secreta" de Galdós durante vinte anos... Emprende unha nova aventura xornalística coa revista Nuevo Teatro Crítico (1891), escrita completamente por ela. En 1892 funda e dirixe a Biblioteca de la Mujer. É a autora do primeiro texto moderno feminista, a primeira muller nomeada Presidenta da Sección de Literatura no Ateneo de Madrid , Consejera de Instrucción Pública e primeira muller catedrática de Literatura Contemporánea de Lenguas Neolatinas da Universidad Central de Madrid. Faleceu o 12 de maio de 1921 .
MARÍA
PITA
María Pita naceu o 3 de Maio de 1.589 e faleceu no ano 1.643. Era filla de Luis XIII.O seu nome completo era Mayor Fernández da Cámara Pita. Fíxose célebre pola súa participación na defensa da cidade fronte a unha flota inglesa comandada por Drake en maio de 1589. O 5 de Maio de 1.589 A Coruña era atacada polo pirata inglés Francis Drake. Tras desembarcar na praia de Santa María de Oza e arrasar a Peixería, os asaltantes intentaron a conquista da Cidade Vella. Segundo as crónicas da época, cando os ingleses estaban a punto de penetrar na cidade pola zona da Porta de Aires, María Pita logrou derribar o abandeirado inglés acendendo aos defensores e forzando a retirada dos asaltantes. A razón pola que o seu caso chegou a alcanzar notoriedade pública posiblemente teña que ver cos diversos memoriais presentados por María Pita ante os consellos reais solicitando algunha recompensa polos seus servizos. De feito, ela mesma chegou a viaxar á corte en dúas ocasións, en 1596 e 1606, e como resultado obtería diversas mercés reais. Todos estes litixios serviron para forxar unha imaxe da heroína como muller preiteante e aguerrida. Cando en 1643 María Pita falece en Cambre, onde tiña diversas propiedades, deixa tras de si unha vida extraordinariamente longa e atractiva.
CELIA RIVAS CASAIS A primeira camionera de España
Naceu nunha pequena aldea costeira de Galicia. En 1932, tendo pouco mais de vinte anos, chegou á Coruña, coa firme decisión de opter o permiso de conducir camións, algo absolutamente inédito naquela época na que, mesmo para un home, era pouco común ter o permiso de conducir. Convertíuse así na primeira muller camionera do estado español. Pertencía a unha familia de tradición empresarial. Era a filla pequena de Joaquín Rivas empresario de ideas progresistas que emigrou durante uns anos a América e aceptou a proposta paterna de conducir un camión importado dos Estados Unidos en 1932. Despois da morte do seu pai, xunto coas súas irmás, fíxose cargo da empresa familiar “Hijos de Joaquín Rivas” (nome masculino que fixo invisible o liderazgo feminino da mesma) empresa adicada ao transporte de peixe fresco. Despois de sucesos e dificultades na guerra civil e na posguerra, chegou a ser a única chofer dun camión e dun autobús. Nos anos 40 a empresa familiar medrou, chegou a ser un imperio empresarial grazas o esforzo e traballo das catro mulleres da familia Rivas: María, Palmira, Julita e Celia. Celia Rivas Casais naceu en 1932 e finoú en 1974.
María Aurea Rodríguez Aurea nace o 16 de novembro de 1897 en Muntián, unha poboación do concello de Cartelle, na provincia de Ourense. Aurea comeza a tocar a gaita arredor de 1907, á idade de dez años. En 1910, tras o falecemento dos seus pais e como medio de vida para ela e os seus irmáns, fórmase, o grupo Os
Maravillas. María Aurea Rodríguez Rodríguez pode ser considerada unha pioneira entre as intérpretes da gaita en Galicia ao ser a primeira muller documentada neste sentido. A composición do grupo nos inicios é de dúas gaitas, requinto, tambor e bombo. Non obstante, a partir de 1926 en lugar de falar de quinteto temos que facelo de
cuarteto,xa que
Felisindo, que fundará nos anos trinta o cuarteto Os Irmáns
Gaiteiros de Muntián, tamén coñecidos como Os Músicos ou Os Señeras, xa non formaba parte do conxunto. Durante toda a década de 1920 o grupo ten moito éxito o longo da xeografía galega, sendo a finais de 1929 cando comenzan a traspasar as fronteiras de Galicia, realizando actuacións por Madrid, e por Arxentina. A comezos da década de 1930, outro dos irmáns, Eliseo, deixa o grupo, fai carreira no Exército e trasládase a vivir á Coruña. Pola súa parte Castor, Benigno e Aurea constitúen un novo grupo, Os Menores, e emigran a Arxentina. A última nova que se coñece sobre ela remite a unha actuación que tivo lugar en Venezuela en 1945.
MARÍA SOLIÑO María Soliño ou tamén María Soliña, naceu no século XVI en Cangas no 1556. No ano 1617 Vigo foi atacada por naves turcas berberiscas; alí atoparon unha forte oposición dos veciños, polo que dirixíronse á península do Morrazo. Arrasaron o pobo de Cangas, deixándoo na pobreza e asasinando a gran parte da súa poboación ( entre eles o marido e irmán de María Soliño ) . O enviudar pasou a ser posuidora de todos os bens do seu home, e sendo coma era dona dunha fortuna importante, de súpeto, chamou a atención dos nobres do lugar que iniciaron contra ela un proceso por acusacións relacionadas coa bruxería. A Inquisición confiscaba, previamente aos xuízos, os bens das persoas procesadas e partía sempre da base da culpabilidade, tendo que ser a acusada a que demostrase a súa inocencia. María Soliño, xunto con outras compañeiras, foi encarcerada e torturada; os seus bens foron confiscados polo Santo Oficio e ela condenada por bruxería. Tras a súa morte, converteuse nun símbolo do sufrimento do ataques. Malia que é certo que non foi queimada viva, como moitas outras mulleres desa época, a loucura, a fame e a miseria foron as que remataron coa súa vida; pasou a converterse no símbolo do sufrimento do pobo, e moi especialmente das mulleres, perante o poder e o despotismo. María Soliño morreu no 1680.
OLIMPIA VALENCIA LÓPEZ Olimpia Valencia López naceu en Baltar, provincia de Ourense, o 14 de decembro de 1898. Cando tiña 12 anos marchou a Vigo, onde residirá. Preparouse para Bacharelato e Maxisterio. Mais non lle gustaba a docencia e preferiu estudar Mediciña. En 1919 ingresou na Facultade de Mediciña da Universidade de Santiago. En 1925 converteuse na primeira muller galega en obter a licenciatura en Mediciña. O seu expediente inclúe 19 matrículas de honra e premio extraordinario de licenciatura. Quería tratar as enfermedades do peneumotorax, mais por presións familiares (naquel tempo non se xulgaba oportuno que as mulleres tratasen médicamente os homes) e tamén por influencia dos catedráticos inclinouse pola especialización en xinecología. Trasladouse a Madrid para preparar a sua tese doutoural. O 23 de febreiro de 1928 estableceuse en Vigo como “Olimpia Valencia especialista en enfermedades de la mujer”. Nun principio tivo moitas dificultades para que lle reconocesen a súa condición de “medico” mais pouco a pouco foi gañando prestixio profesional. Tivo relación con recoñecidos intelectuais e galeguistas como Paz Andrade, Alvaro de las Casas ou Fernández Mato. En 1936 traballou en prol do “si” no Pleviscito do Estatuto Galego. En febreiro de 1937 foi detida e pasou catro días no cuartel da Garda Civil acusada de pertencer o Partido Galeguista. (Acusación que negara) e de ter trato con xentes de esquerdas. Bos informes e un “donativo” conseguiron que saise en libertade. Os anos seguintes foron de gran dureza acusada de “roja”.Na década de 1940 conseguiu entrar na Seguridade Social e xubilouse na década de 1960.Morreu no verán do 1987.
María Vázquez Suárez María Vázquez Suárez naceu en Santiago en 1895,e faleceu o 19 de agosto de 1936 , fusilada. O título de mestra superior acádao en 1913 e en 1918 é nomeada para a escola de nenas da Pobra do Caramiñal, onde traballaría 12 anos. Non é ata decembro de 1929 cando consigue a praza de mestra na escola número 2 de Miño. Dende o inicio interesouse pola formación pedagóxica, recibindo cursos de perfeccionamento na Coruña, onde estivo con María Barbeito, e simpatizou co movemento de renovación pedagóxica impulsado pola República. En Miño, é lembrada pola súa actividade solidaria a prol das persoas máis desfavorecidas e pola súa intensa actividade política, pois militou no PSOE, participou en mitins e diversos actos, e foi fundadora da agrupación socialista de Miño en 1933. Estaba, tamén, afiliada á sección de ensino da UG e era socia de agrupacións feministas, destacando nos seus discursos a preocupación polos dereitos das mulleres. En 1933, impartiu unha conferencia no local coruñés da Liga Internacional de Mulleres Ibéricas e Hispano-Americanas. No momento do golpe militar, atopábase na Coruña, onde foi detida a inicios de agosto e trasladada ao cárcere de Pontedeume. Alí, sufriu tortura, e estando encarceada, o 14 de agosto foi destituída como mestra. Na madrugada do 19 de agosto, falanxistas e gardas civís de Pontedeume sacaron a María do cárcere, xunto con outros presos, e asasinárona nunha praia de Miño. Foi acusada, entre outras cousas, de postular a escola laica e o amor libre, así como de enterrar á súa nai sen rito católico (cando ela morreu en 1934, realizáranlle un enterro civil).
MARÍA VINYÁLS Y FERRÉS María Vinyals y Ferrés, Marquesa de Ayerbe, de Lierta e de Rubí, Condesa de San Clemente, coñecida polas súas ideas progresistas como a Marquesa Vermella. Naceu o 14 de agosto de 1875 no Castelo de Sotomaior, Pontevedra. Foi muller de grande cultura, lectora de autores españois e extranxeiros, cun bo dominio de linguas. Mantivo relacións amistosas con Emilia Pardo Bazán e María Barbeito e Cerviño, e, como elas, foi unha firme defensora dos dereitos das mulleres. Muller interesada pola arte, pola historia, pola literatura, e polos traballos de traducción. Semella que comenzou a escribir sendo moi nova e que queimou os escritos anteriores a 1896, data do seu matrimonio. O primeiro traballo do que temos constancia e o libro “Castillo del Marqués de Mos en Soutomaior. Apuntes Históricos” 1904. Anos máis tarde (1925) no xornal “La Correspondencia de Cien Fuegos” reivindica a igualdade xurídica de homes e mulleres e reclama o dereito o voto para as féminas. Foi nomeada académica pola Real Academia Galega en 1906.Entre 1909 e 1910 levantou un edificio próximo no Castelo de Sotomaior que destinou a Sanatorio e que sofreu boicotaxe o se divulgar de que era punto de reunión de altos cargos socialistas como Pablo Iglesias ou Giner de los Rios. No labor socio-cultural significouse como conferencista e publicista, incidiu na maior parte desta actividade na temática feminista.Nos derradeiros anos da sua vida foi vivir a París. Morreu na máis absoluta miseria durante a ocupación alemá entre 1940 e 1944