Revista Escolar 2016-2017

Page 1

A CARBALLEIRA 2017

Todos a unha...


Unha vez máis a revista escolar do colexio está nas nosas mans. Un curso escolar que remata e un ano moi intenso con moitas novas: Puxemos en marcha o comedor. Un espazo moi agradable no que os nenos e nenas xúntanse para, ademais de comer, compartir o seu tempo de luns a venres. Este foi un gran logro para o colexio que, xunto co Plan Madruga, axudan a conciliación da vida familiar e escolar. Tamén estreamos o acceso peonil que o Concello arranxou para mellorar a seguridade dos nenos e nenas na chegada ao colexio. Outra nova é o cambio da xunta directiva da ANPA, xa que hai pouco

que se renovou. Desde estas páxinas dámoslle as grazas á

xunta directiva anterior polo traballo realizado que foi moito e moi frutífero.

Tamén

lle

damos

a

benvida

aos

novos

membros,

desexándolles éxito no desempeño da súa xestión. Este verán as familias tamén poderán traer os seus fillos e fillas para que disfruten coas actividades da ludoteca que a Federación de ANPA dos Colexios Públicos de Pontevedra organiza no noso colexio durante o mes de xullo e a que organiza a ANPA no resto do verán. E sen máis, déixovos coas seguintes páxinas da revista escolar nas que poderedes ver algo da actividade do centro ao longo do curso e que esperamos sexan do voso agrado. Aproveito esta ocasión para despedirme de todos vós, porque, este que remata, é o meu último curso no colexio. Foi un pracer ser mestra e directora deste centro escolar ao que levarei sempre no meu corazón. Con todo o cariño do mundo,deséxovos o mellor. Unha aperta Mª Teresa Fernández Rodríguez


TODO O QUE SUMA FAISE MÁIS FORTE, MÁIS GRANDE Pasaron dous anos desde que un grupo de mamás tomamos a responsabilidade de representar a ANPA do cole. Foron moitas horas de dedicación e esforzo para pór en marcha proxectos novos que ampliaron os servizos que o cole ofrece ás familias. O traballo en equipo foi peza clave nos logros acadados, familia e docentes facemos na Carballeira de Lourizán un fantástico conxunto, como non pode ser doutro xeito. É o momento de comezar novas etapas. O vindeiro curso teremos no centro un novo Equipo Directivo e seguro fará un bo traballo. Hai persoas que deixan pegada, que deixan legados e a nosa Directora Teresa é unha delas. Non podemos deixar de agradecer a súa implicación e colaboración coa ANPA e as familias. A súa porta sempre estivo aberta. O comedor escolar foi posible grazas ao seu esforzo, nunca un atranco, sempre un pulo, sempre un paso adiante... Os cambios tamén chegaron a nosa ANPA. Responsabilidades persoais fixeron preciso o relevo da Directiva e, como acontece nestes tempos en todos os ámbitos da sociedade, non é doado atopar persoas que estean dispostas a traballar de balde, certo é, a traballar de balde, adicando o seu tempo no beneficio de todos. O cole de A Carballeira tamén nisto é especial. Lembro a miña sorpresa cando hai unhas semanas un cole do centro de Pontevedra facía un chamamento na prensa solicitando colaboración para renovar a Directiva da súa ANPA. Centos de familias deste cole foron chamadas para tomar o relevo de funcións pero a tarefa parece difícil. Nós somos sesenta familias, certo, somos un cole pequeno pero a nosa grandeza está no noso espírito:“o importante é traballar polos nenos” e así Rita, Sandra, Noelia, Sergio e Anxo deron un paso adiante. MIL GRAZAS por asumir a responsabilidade,


mil grazas por continuar pedaleando, mil grazas por facer grande e diferente o noso cole. Este vindeiro curso teremos máis alumnos. Por primeira vez en moitos anos medramos e coa axuda e o traballo de todos seguiremos facéndonos grandes, grandes e mellores. Unha aperta forte dunha mamá que xunto con Nadia, Patricia, Majo e Laura seguirán apoiando e pedaleando pola nosa escola A Carballeira de Lourizán.

Mar López Fariña Mamá de Inés e Mateo.


A

s monitoras do comedor estamos moi contentas de tódolos momentos que compartimos neste primeiro ano no colexio A Carballeira. Foi un ano cheo de momentos divertidos nos que os nosos rapaces e rapazas aprenderon a

compartir os almorzos, facer amizades e pasalo en grande. Estamos moi orgullosas de todos e cada un dos nenos e nenas cos que tivemos a sorte de contar este ano e o único que esperamos e poder compartir novos momentos no novo curso escolar con eles e coas novas incorporacións. Poderíamos mencionar moitas anécdotas e momentos bos que vivimos neste curso.O Samaín, foi celebrado no comedor rodeado de pantasmas, bruxas e cabazas. Por sorte, os nosos rapaces e rapazas son moi valentes e non lle tiveron nada de medo. Como

parte

da

concienciación

coa

saúde

e

enfermidades relacionadas coa comida, o comedor O mural do Samaín cheo de misterios

tivo a excepcional visita da presidenta de Anedia (Asociación de nenos e nenas con diabete de Galicia) que compartiu o xantar con nós. Tamén celebramos o día dos celíacos compartindo todos a mesma comida sen glute para entender mellor as necesidades alimenticias das persoas que sofren esta enfermidade.


Sen dúbida, a celebración do Nadal tamén foi un momento fantástico. Decoramos o comedor e incluso tivemos a uns invitados moi especiais cos que compartir as festas.

O Entroido foi tamén unha grande experiencia, onde o comedor encheuse de pequenos canguros. Os rapaces e rapazas axudaron a decorar o comedor e incluso fixeron os seus propios disfraces, ¡velaquí a proba!

Outro momento único, foi o mercado que organizamos onde os nenos e nenas tiveron a oportunidade de sentirse maiores e de practicar as súas habilidades matemáticas. ¡Algún tentou de comer a decoración!

Non esqueceremos todos estes momentos e usarémolo verán para encher as nosas enerxías e volver vernos no novo curso escolar con moitas experiencias e actividades. ¡¡¡Disfrutade moito das vacacións!!!


Como todos os anos fixemos unha exposiciĂłn de manualidades de outono o longo dos corredores principais do colexio. Demostraron ser uns grandĂ­simos artistas!

E como todo esforzo ten a sĂşa recompensa, todos aqueles rapaces e rapazas que participaron recibiron un diploma.


O Samaín é unha antiga costume que se lembra cada ano na nosa escola. Cando é Samaín hai nenos que se disfrazan e outros que se pintan, sempre ó redor de temas terroríficos e de medo. Na escola, levamos cabazas para traballar con elas: primeiro as vaciamos e limpamos e logo as decoramos. Cando están listas poñense no recibidor da escola para que todo o mundo as poda ver. Sempre hai un pequeno agasallo para os mellores. Sergio Veiga Domínguez (4ºPrimaria)



“Magosto, magosto non vaias co posto. Leva castañas e alegra ese corpo." En novembro celebramos no colexio o Magosto, levamos castañas e alegramos o corpo. Primeiro, as castañas asadas e os bocadillos de chourizo. Deliciosos!!!

E despois, divertidos xogos dirixidos polos nenos e nenas de 6º de primaria.

Ata o tempo portouse ben e puidemos facelo todo ao aire libre.


Esta curso, coma todos, o que non faltou no CEIP "A Carballeira" foi o festival de Nadal onde os artistas do centro dérono todo nunhas actuacións que, compañeiros, profesores, nais, pais e familiares, puideron gozar. Os presentadores do evento foron Sara e Aarón de 6º de EP. Divertímonos coa interpretación dun fragmento da obra "Das cousas de Ramón Lamote" dos nenos e nenas de 6º.

Non podía faltar o "acrosport" co alumnado de 5º.

Gozamos coa "Danza húngara" de Brahms representada polo alumnado de 3º.


E

como

non,

deleitรกronnos

con

canciรณns

coma

a

interpretada polos nenos e nenas de 4ยบ "Cantamos pola Paz" e a tanxida por guitarras e voces de alumnado de 6ยบ coa canciรณn "Soldadito marinero".


Tamén

nos

amenizaron

o

festival

con

panxoliñas

navideñas e coreografías o alumnado de 1º, 2º, 3º, 4º e 5º de Primaria e os cativos de Infantil.

Non esquecemos a estupenda actuación de Gabriel e Yaiza bailando a canción "Una mordidita".

India, Sara e Aarón (6ºPrimaria)


E a gañadora do Concurso de Postais de Nadal 2016 foi…

MARÍA VILAS FERNÁNDEZ


O Día da Paz conmemórase o 30 de xaneiro. Celebramos este día para que o mundo lembre que aínda hai persoas que non poden vivir en paz. Existen países en guerra, persoas que sofren maltrato...E nós debemos traballar para que non suceda. Un dos paises en guerra é Siria. Todo empezou na Primavera Árabe. Nos anos 2010-2013 algúns países árabes manifestáronse pedindo máis liberdade e dereitos. En Siria, as mobilizacións acabaron en guerra civil. No CEIP A Carballeira tamén celebramos o Día da Paz. Todos os cursos do colexio fomos ao ximnasio para celebrar un acto.


Primeiro conmemoramos a Mahatma Gandi porque foi un hindú pacifista que foi asasinado o 30 de xaneiro. Despois vimos tres curtametraxes de UNICEF sobre tres nenos refuxiados. A primeira curtametraxe trataba dun neno que vivía feliz coa súa familia, pero cando chegou a guerra todo cambiou. A familia tivo que separarse e él quedou só. Durante a fuxida levou os seus dous xoguetes favoritos pero como a viaxe era moi longa tivo que deixalos. Agora vive asustado nun campo de refuxiados. A segunda contaba a historia dunha nena de sete anos que fuxía da guerra nun bote coa súa nai e os seus amigos. A viaxe era perigosa e unha onda arrastrou a todos ao mar menos a ela. Agora non lle queda ninguén. Está soa. Na terceira, unha nena corría polas rúas cheas de sangue, con moito medo da man da súa nai. Camiñaron moito e vivía con moita fame. Mentres durmías as imaxes da guerra aparecían nos seus pesadelos e despertaba coa almofada mollada polas bágoas. Finalmente, para reflexionar sobre estas historias os alumnos de 6º curso fixéronnos algunhas preguntas. Pechamos o acto escoitando dúas cancións: “Irmaus” e “Cantamos pola Paz”. Inés Jerez López (5ºPrimaria)


Coma cada ano, o que non podía faltar no noso centro era o Entroido da Carballeira. A temática, relacionada co PDI, foi a Alimentación Saudable. Cada curso tivo un disfrace diferente: os de tres anos de cenorias, os de catro de peixiños, os de cinco de pitiños, os de primero de primaria de bocatas, os de segundo, os de terceiro de leiteiras e horticultores, os de cuarto de panadeiros, os de quinto de carniceiros e, por último, os de sexto de mariñeiros. Os profesores foron de cociñeiros.

Sara, India, Aarón,Francisco e Iker Loira (6ºPrimaria)


Este ano xuntámonos na biblioteca do Checho para celebrar o Día Internacional do Libro. Primeiro vimos un vídeo moi interesante sobre a importancia da presenza dos libros na nosa vida. Despois, o alumnado de 3º de primaria falounos de Miguel de Cervantes e da súa gran novela "O Quixote". E por último, alumnos e alumnas de 5º e 6º de primaria contáronnos o conto "A bolsa dos contos" a través dun teatriño de papel, o Kamishibai.


E en vista do éxito acadado anos anteriores, este ano volvemos solicitar a colaboración das familias para realizar unha actividade que entusiasma os máis cativos. Tivemos a sorte de contar con Óscar, Noelia, Juan José, Sergio e Patricia para que enchesen de fantasía a aula de infantil cunhas historias marabillosas que tanto gustan aos pequenos.


Como todos os anos, os alumnos do cole reunímonos para celebrar o Día das Letras Galegas. Visualizamos un video da biografía de Carlos Casares, o autor homenaxeado, tamén lida polos nenos e nenas de sexto curso. Rocío, Sergio e Irene, de quinto curso, leron algúns anacos da súa obra "A galiña azul”.


E despois entregรกronse os premios do IV Certame Fotogrรกfico e do VII Certame Literario.


E seguindo coas actividades das Letras Galegas, a semana seguinte os mรกis pequenos tiveron uns contacontos moi especiais: os alumn@s de 6ยบ de primaria, e a nai de Bea, de 6ยบ de infantil.






POR UNHA VIDA CON SAÚDE CONTAMINACIÓN CERO É A VIRTUDE.

Aarón S.


QUE TRANSPARENTE, QUE ALEGRÍA O LIMPA QUE ESTÁ A NOSA RÍA.

Íker L. QUE ALEGRÍA, QUE ILUSIÓN A NOSA RÍA SEN CONTAMINACIÓN.

India C.


A RÍA É PRECIOSA NON COMA

A

CELULOSA.

Íker L.

QUE ALBOROTO , QUE ALEGRÍA ANTES DA CELULOSA CORRÍA TODA A RÍA

Sara M.


A CELULOSA NON É FERMOSA NON COMO UNHA RÍA PRECIOSA.

Fran R.

A CELULOSA NON É BOA NIN PARA A RÍA NIN PARA A ATMÓSFERA.

Íker U.


QUE GOZO QUE BALBORDO CELULOSAS SEN DESBORDOS

Fran R.

POBRES EUCALIPTIÑOS CONVERTIDOS EN PAPELIÑOS.

Aarón S.


ERA BONITO ESCOITAR OS GORGORIテ前S PESCANDO PEIXIテ前S E CANGREXIテ前S.

. India C. QUE LINDOS PAXARIテ前S VOANDO SEN DESCOIDOS.

India C.


CELULOSAS DEBERIA PEDIR PERDÓN POLOS DANOS Á NOSA REXIÓN.

Íker L.

TODOS XUNTOS PODEMOS FACER UN MUNDO MELLOR.

Sara M.


VISITA AO SALÓN DO LIBRO Hai uns días fomos de excursión o salón do libro a ver un teatro. Estaba un lobo que se chamaba Orbil. No salón do libro había maquetas doutos colexios. Os monitores guiáronnos polas diferentes estancias amosándonos os temas que englobaban: medio ambiente, integración e igualdade, respecto, inmigración, vellez e solidadidade. Puxéronnos en grupos para realizar obradoiros. Javier Vilas Porto (5ºPrimaria)


Á XVIII edición do Salón do Libro Infantil non podiamos faltar; por iso, os rapaces e rapazas do CEIP "A Carballeira"de Lourizán fomos visitalo. Como non, alí estaba Orbil para acollernos!! O lema deste ano, "O mundo que queremos", foi a base para a elaboración da nosa maqueta e traballos escritos. A nosa aportación, esta centrada no coidado do medio ambiente. Cando chegamos, dividíronnos en grupos para a realización de diferentes obradoiros. Os talleres plantexaban que o cambio para "un mundo mellor" empeza en nós, no xeito de tratar aos demais e ao noso entorno, de investir esforzos en buscar solucións aos problemas ou á realidade, aportando o mellor de nós mesmos Logo, os monitores guiáronnos polas diferentes estancias amosándonos os temas que englobaban: medio ambiente, integración, igualdade, respecto, inmigración, a solidariedade... Asemade, mostráronnos as maquetas presentadas por outros colexios... Durante a visita, presentaronnos brevemente o libro que este ano publicou o Salón do Libro: "Escaquis e Romeu" Xa sabemos, contribuíremos a un mundo mellor se todos e todas promovemos diariamente actos de igualdade, integración, respecto... Pasámolo moi ben!!

Sara Moledo Otero (6ºPrimaria)


MUSEO DE PONTEVEDRA E CAFÉ MODERNO O venres 25 de novembro de 2016 tivemos unha excursión ao museo de Pontevedra. Esta vez fomos nun autobus moi grande.

No museo fixemos actividades de moitas formas. Tiñamos que atopar pistas duns cadros ou dunhas esculturas. Había oito pistas.


Logo entramos nunha exposición no Café Moderno. Os alumnos de 3º e 4º de primaria sacamos unhas fotos. Vimos uns seres fantásticos que descubrira Francisco Leiro na madeira das árbores. Fixemos moitas actividades e rematamos facendo figuras de nadal con esponxas. Paseino xenial!

Gabriel Quintela Piñeiro (4ºPrimaria)


SAÍDA AO MONTE VECIÑAL DE VELIÑAS O xoves, 9 de marzo, os alumnos do 3º ciclo do CEIP "A Carballeira"-Lourizán fixemos unha saída extraordinaria ao monte veciñal e mancomún. Foi un proxecto en colaboración coa Escola de Capataces de Lourizán e a Comunidade de Montes veciñais de Lourizán, que se brindaron a levar a cabo unha plantación de árbores autóctonas

da

zona,

carballos,

castiñeiros,

sabugueiros, salgueiros, cerdeiras, teixos...

sobreiras,


UNHA VISITA MOI MARIÑEIRA O 4 de abril rematamos as actividades da campaña "O sabor da aventura está no mar" cunha visita ao porto, á lonxa e á praza de abastos de Bueu. Os nenos e nenas de educación infantil, xunto cos compañerios de 1º e 2º de primaria, foron ata a vila de Bueu. No edificio da lonxa comprobaron o que fan cos peixes e mariscos desde que os descargan dos barcos ata que os levan ás pescaderías: pesar, etiquetar, clasificar, poxar... E no porto, mostráronlles os diferentes tipos de embarcacións e as artes de pesca. E remataron na praza de abastos, onde viron moitas especies de peixes e mariscos.


TEATRO MUSICAL “A ARCA DE NOÉ” O día 26 do 4 do 2017 fomos primeiro, segundo e quinto ao teatro. Saímos do colexio e tardamos 15 minutos. En pontevedra habia varios colexios. No teatro esperamos 5 minutos a que chegaran os outros colexios. Cando chegaron todos os colexios empezou a función. Empezou cunha persoa sentada con varios instrumentos musicais e despois apareceu unha rapaza para contarnos unha historia. Cando rematou a función, unha hora despois de entrar, voltamos o colexio.

Rubén Collazo Sanmartín (5ºPrimaria)


O POETA DO MIÑO O 15 de novembro, o alumnado de Educación Infantil e o alumnado de 1º e 2º de Primaria participaron nunha actividade promovida polo concello de Pontevedra. Enrique Mauricio como narrador e Carlos Taboada como ilustrador trouxéronnos un conto inspirado no poemario O Miño canle de luz e néboa de Manuel María, o autor homenaxeado o a ano pasado nas Letras Galegas.

Remataron cun obradoiro de debuxo da caricatura de Manuel

María.

demostraron ilustradores.

Baixo que

as

indicacións son

de uns

Carlos,

todos

excelentes


E os debuxos de Carlos quedaron decorando o noso corredor despois de que os mรกis pequenos lles desen o seu toque de cor.


CHARLA INFORMATIVA SOBRE “ACOSO” E “CIBERACOSO” O 20 de xaneiro, dous membros do Corpo de Policía Nacional, achegáronse ao colexio co fin de darnos unha charla, aos nenos e nenas de 5º e 6º de primaria, sobre o acoso escolar e outros temas relacionados co ciberacoso. Faláronnos do bullyng, ciberbullyng, sexting e grooming; dos pederastas e os pedófilos. Tamén nos falaron do ciberacoso ou ciberbullyng, que é parecido

ao

acoso

pero

a

través

das

redes

sociais.

Ensináronnos as consecuencias que pode ter e mostráronnos un exemplo real que pasara fai tempo.

Para completar a charla, visionamos dous vídeos moi ilustrativos. E por último, houbo unha rolda de preguntas para solucionar as nosas dúbidas. Foi unha charla moi instructiva!! AMIGOS E AMIGAS!!! MOITO COIDADO CO QUE FACEDES NAS REDES SOCIAIS!!!

Aarón, Francisco, Sara e India (6ºPrimaria)


ANIMACIÓN Á LECTURA CON RAQUEL QUEIZÁS Por cortesía da editorial SM, a volta de vacacións de nadal, Raquel Queizás tróuxonos dúas historias marabillosas de Begoña Ibarrola da súa colección Contos para Sentir – Emocións

o

R

A

R Raquel fíxonos rir, bailar e gozar como só ela sabe facer!


XOGUETOLOXÍA “Xoguetes inventados” O xoves 26 de xaneiro de 2017 foi moi emocionante, foron ao colexio dúas mulleres que nos ensinaron a facer xoguetes cos que xogaban eles de nenos coma por exemplo: unhas tartarugas. As fixemos con media casca de noz, pegamento e un anaco de la. Ensináronnos a montar o xoguete que resultou moi divertido. Hai que ver que ben o pasamos cun xoguete tan sinxelo. Eloy Pazos Puertas (4ºPrimaria)


PONLLE AS PILAS AO TEU BOCATA! O venres 10 de febreiro participamos nun obradoiro de alimentación do programa “Ponlle as pilas ao teu bocata”; unha campaña promovida pola Consellería do Mar para dar a coñecer os abondosos beneficios das conservas de productos do mar e fomentar o seu consumo. Para levar a cabo esta actividade, viñeron ao colexio dúas monitoras, co fin de amosarnos a todos e todas, o saudables que son os bocatas de conservas do mar coma mexillóns, atún, sardiñas, choco… acompañados de leituga, maionesa, cenoria, tomate, millo, olivas, etc.

Comezamos cunha charla, onde as monitoras nos dixeron que se chamaban PANS. Esas siglas significaban: Profesoras de Alimentación e Nutrición Saudable. Alén diso, fixeron unha rolda de preguntas relacionadas co medio mariño e as súas especies.


De seguido, pediron tres voluntarios para realizar cadanseu quebracabezas, unha sardiña, un atún e un mexillón. Seguidamente, puxeron os quebracabezas diante dun “casco cámara” e o así comenzaban as proxeccións duns vídeos nos que esas especies animais nos contaban as súas propiedades e beneficios. Logo, agasalláronnos cunhas gorras moi vistosas...

Ao rematar, chegou a hora de facer unha morea de bocatas!!! Algúns non puideron agardar á hora do xantar!!!


Foi unha actividade moi instrutiva na que aprendimos como as especies mariñas en conserva, combinadas con vexetais, nos aportan unha chea de enerxía que precisamos para medrar fortes e sans. Xa sabedes rapaces e rapazas, para ter unha boa saúde cómpre comer variado!!!

India, Sara, Aarón, Iker Loira e Iker Ucha 6º (Primaria)











O SABOR DA AVENTURA ESTÁ NO MAR O venres 10 de marzo os nenos e as nenas do colexio puidemos gozar dunha actividade sobre alimentación. Primeiro puxéronnos uns vídeos para presentarnos OS ARROASES. Despois dividíronnos en grupos e fixemos varias probas (de forza, intelixencia, memoria, coordinación motora…), cada unha dun personaxe de ``arroases´´.

Antes da última proba na que imitamos o que facía o instrutor, proxectáronnos outro vídeo sobre os efectos da contaminación no mar. Logo, todos asinamos o tratado que nos propuxeron para manter limpos os nosos mares!!! Ao remate, todos tivemos agasallos!!!Pasámolo coma peixes na auga!!!

India e Sara (6ºPrimaria)


AQUOLOXÍA O venres 31 de marzo os alumnos de 3º de Primaria gozaron

dunha

actividade

organizada

polo

Concello

de

Pontevedra e Aquagest titulada "Aquoloxía", na que se iniciaron no coñecemento do ciclo urbano da auga.


FINA CASALDERREY Este curso o tema do noso Proxecto Documental Integrado foi "Alimentación saudable" (centrado nos alimentos de orixe animal), e o libro elexido para traballar foi "Gordiño recheo” de Fina Casalderrey”.

A autora do libro estivo no noso centro o venres 26 de maio. Primeiro fixo unha parada en infantil e faloulles da importancia das palabras e contoulles un pequeno conto titulado “Ah, es ti”, interactuando cos Pequerrech@s e deixándoos abraiados!


Despois subiu a biblioteca do Checho a coñecer ós máis maiores e faloulles de feitos que lle aconteceran durante a súa nenez e de como empezou a escribir. Díxolles que o libro "Gordiño Recheo" xurdiu cando lle pediron que intentara concienciar aos nenos da importancia dunha boa alimentación

Foi unha visita moi especial!


NOVOS USUARIOS DA BIBLIOTECA DO CHECHO En outubro, os nenos e nenas de educación infantil recibiron os seus carnés de usuarios da biblioteca e comezaron a usar o servizo de préstamo de libros. Estaban encantados!


COLABORADORES DA BIBLIOTECA DO CHECHO Durante este curso, contamos con catorce rapaces e rapazas, de 5º e 6º de Primaria, que axudaron no funcionamento e organización da Biblio durante os recreos.

Ademais, levaron a cabo “o apadriñamento lector”. Ésta é unha actividade de animación a lectura que consiste en que os colaboradores da biblioteca sexan padriños/madriñas do alumnado de cursos inferiores para compartir momentos de lectura: suxerindo e lendo contos aos seus afillados e afilladas.


DEVORADORES DE LIBROS Como todos os anos, cada mes do curso escolar otórgaselle a un neno ou nena ser o devorador de libros do mes. É dicir, que en ese mes quen foi o alumno que máis libros colleu na biblioteca do colexio. Sácaselle unha fotografía na biblioteca suxeitando varios libros e despois pégase nunha parede situada no corredor da biblioteca e outra na entrada da escola. India Castro López (6ºPrimaria)



UNHA HISTORIA NA RÍA




(2º Primaria)

HISTORIAS QUE NINGUÉN CRE Vivo nun pobo moi pequeno de Galiza, nel coñecémonos todos. Eu vivo cos meus pais e os meus avós. Di miña nai que polos montes vivía un señor moi maior que contaba sempre cousas que ninguén cría. Unha vez contou que rondaba polos arredores un rabaño de elefantes. Nada menos que elefantes! Claramente, ninguén do pobo creu que iso fora verdade. Miña nai dime que cando eu era pequena, unha desas historias e foi un por un dos veciños do pobo avisando de que había unha pantasma no monte. “ Mi madre”! A que se armou! O rumor foi extendéndose e propagándose por toda a aldea. Hoxe en día segue desmentíndose e apoiando o rumor. Todo por unha inocente nena que creu algo que escoitara dicir. Sara Moledo Otero (6ºPrimaria)


“DÁLLE Á LINGUA” Un ano máis os alumnos e alumnas de Primaria do CEIP A Carballeira participaron na actividade “Dálle á lingua”. Este é un proxecto de promoción da lingua galega a través da radio que emite Onda Cero de luns a venres, co patrocinio de Normalización Lingüística do Concello de Pontevedra.

Algunhas das cousas interesantes que os nenos e nenas do colexio compartiron foron:


(Carmen e Yaíza, 4ºPrimaria)


FROITAS NA ESCOLA Os

rapaces

e

rapazas

do

colexio

"A

Carballeira"

participamos no Programa de Consumo de Froitas e Hortalizas: "Froita fresca na escola".

Trátase dunha campaña de concienciación para xerar hábitos saudables de consumo de froita entre os mozos e mozas. Durante catro semanas ao longo do curso repartíronse entre

os

nenos

e

nenas

froita

degustaron nos períodos de lecer.

fresca

de

tempada

que


LUNS “DÍA DO IOGUR” Seguindo a temática do “Mércores, Día da froita”, o colexio optou por elixir outro día relacionado con outro alimento; decantáronse polo Luns e relacionárono co Iogur, un alimento moi rico en calcio. O obxectivo é concienciarse sobre unha alimentación saudable, continuando a temática de traballo do noso proxecto documental (PDI) sobre a alimentación. Deste xeito, os alumnos teñen a oportunidade de tomar esta comedela durante o recreo, ao menos, unha vez á semana.

India e Iker Ucha (6ºPrimaria)



RÉPLICAS

DE

MACHADAS

PREHISTÓRICAS

NA

BIBLIOTECA Este

curso,

a

familia

Collazo

Sanmartín

fixo

unha

marabilosa doazón ao colexio: unhas réplicas de machadas prehistóricas!

Estas réplicas foron creadas artesanalmente polo seu pai, escultor,

a

petición

do

CSIC

(Consejo

Superior

de

Investigaciones Científicas) porque precisaban saber como foran elaboradas un cento de machadas, todas iguais, na Idade de Bronce. Os compañeiros de 3º, 4º, 5º e 6º de Primaria quedaron pasmados cando Rubén contou como o CSIC puido atopar as respostas que buscaba.


ADIVIÑA, ADIVIÑANZA







ARCIMBOLO Despois de estudar a vida e obra de Guiseppe Arcimbolo en 1º e 2º Primaria, fixemos retratos usando froitas e vexetais como el facía:


Bibliotecas Escolares “Territorio das Artes” O alumdo de 1º e 2º de Primaria, segundo a temática do lema

das

“Bibliotecas

Bibliotecas Escolares,

Escolares

deste

Territorio

das

diferentes estilos artísticos, entre eles

curso Artes”,

2016-2017, traballamos

o subrelismo de Joan

Miró. Velaquí tedes o resultado de cómo interpretamos unha das súas obras:


“CON MOITO AMOR...” Durante todo o ano, estivemos traballando as emocións e para celebrar o Dia do Amor e da Amizade, creamos estas composicións:



RIMAS....








INVESTIGACIÓN ABALAR: MARRAKECH

A cumbre comezou o día 7 de novembro en Marrakech, Marrocos, cun especial énfase no continente africano. Moi vulnerable, dos cincuenta países máis afectados no mundo por o quentamento global, trinta e seis son africanos.

O acordo de París, decembro de 2015, ten como fin principal baixar o quentamento global da atmosfera, moi por debaixo de dos graos centígrados antes de finais deste século. Para facerse efectivo necesitábase ser ratificado polo menos 55 países responsables do 55% das emisións mundiais de gases de efecto invernadoiro.


15/11/16 Unha semana despois continúa a cumbre do cambio Climático en Marrakech. O presidente do Goberno, Mariano Rajoy, viaxará hoxe a Marrakech para participar na Convención Marco da ONU para a loita

contra

o

Cambio

Climático,

súa

primeira

cita

no

estranxeiro desde que foi investido de novo como xefe del Executivo. Rajoy será recibido a súa chegada a cumbre ploo Rei de Marrocos, Mohamed VI, e por o secretario xeneral da ONU, Ban Ki-moon, participará nas sesións e, xunto ao resto de líderes asistentes a esta convención, acudirá a un almorzo co monarca alauí.

Tras doce días de reunións e plenarios, case 200 países aprobaron o venres A declaración de Marrakech na Cumbre das Nacións Unidas para o cambio climático (COP22). Tratase

dun

documento

político

sen

demasiadas

vinculacións prácticas que marca os primeiros pasos para a redacción dun libro de normas que apliquen o Acordo de París.


Terá que estar feito en 2018, dous anos antes de que entre en funcionamento o convenio.

Proclamación de la acción de Marrakech. (PRINCIPIO) Nos, os xefes de Estado, do Goberno e das delegacións, reunidos en Marrakech, en solo africano, para o segmento de alto nivel da 22ª reunión da Conferencia das Partes na Convención

Marco

das

Nacións

Unidas

sobre

o

Cambio

Climático; a Conferencia das Partes en calidade de 12ª Reunión das Partes no Protocolo de Kyoto e a 1ª reunión da Conferencia das Partes en calidade de Reunión das Partes no Acordo de París, por graciosa invitación da súa Maxestade o Rei de Marrocos, Mohammed VI, emitimos esta proclamación para marcar un cambio para unha nova era de aplicación e acción sobre o clima e o desenvolvemento sostible. O noso clima estase quentando a un ritmo alarmante e sen precedentes, e temos un deber urxente de responder... Sara Moledo Otero (6ºPrimaria)


EUROVISEANDO

O venres 12 de maio, os alumnos de sexto realizamos unha actividade innovadora para o noso colexio. Trataba sobre o festival de Eurovisión, celebrado o 13 de Maio en Kiev. Esta actividade trataba sobre que, en parellas, a cada grupo tocáballe un país escollido polo profesor, e cada un dos membros debía facer unha das partes do traballo: unha das partes era a nivel xeográfico e outra a nivel de Eurovisión, que recolle os datos como de cantas veces gañou ese país, con que cantante, con que canción, quen a compusera etc, . E a nivel xeográfico as taxas de natalidade, mortalidade, cantos habitantes ten, cal é a súa densidade de poboación etc. Os grupos cos seus respectivos países foron: Aarón e Sara, Israel. India e Francisco, Suecia. E Íker Loira e Íker Ucha, Noruega. A exposición dos traballos contou cun mural elaborado polos integrantes de cada grupo, e a explicación do traballo foi oralmente, expoñendo a información aos nosos compañeiros e o profesor.

Foi moi divertido traballar en grupos e coñecer máis a fondo algúns países. Invítovos a realizar eta actividade nas vosas aulas!

India Castro López (6ºPrimaria)


O traballo era por parellas e a cada unha lle tocou un país, as parellas e os paises eran:

IKER UCHA Y IKER LOIRA : NORUEGA

INDIA Y FRANCISCO : SUECIA

SARA Y AARON : ISRAEL

FOI UN TRABALLO MOI BO! INVÍTOVOS A QUE O FAGADES NAS AULAS!!! Íker Loira Cortegoso (6ºPrimaria)


v Corren rumores de que hai unha pantasma no baño dos maiores. v Corren rumores de que no Cole hai xente estresada. v Corren rumores de que os pequenos deste ano son uns artistas. v Corren rumores de que a algúns cómenlles os deberes. v Corren rumores de que os nenos de 6º son un pouco brutos. v Corren rumores de que na Carballeira os balóns teñen ás. v Corren rumores de que todo o Colexio contaxiouse da febre do spinning. v Corren rumores de que nos baños da escola pintan cousas. v Corren rumores de que os maiores van moito ao baño. v Corren rumores de que algúns rapaces de 6º non teñen pena de irse. v Corren rumores de que os mestres substitutos van quedar ata fin de curso. v Corren rumores de que os alumnos de 6º xa se levan mellor. v Corren rumores de que xa non voan tantos balóns como antes. v Corren rumores de que todos formamos unha gran familia.


Este ano eu e os meus compañeiros de 6º marcharemos ao instituto (esperemos). Eu xa levo 9 anos neste colexio, pasei aqui grande parte da miña vida... Tantas aventuras, amigos, algún que outro “lio”, boa xente... Claramente botarei de menos este colexio: os profesores, os compañeiros, as amizades, etc. O instituto será un gran cambio para min e para todos, novos profesores, nova xente, novas materias... Ter que levantarse mais cedo! Que pereza, pero isto pásanos a TODOS. Aínda teño recordos de cando era pequena e comecei no colexio. Acórdome que o primeiro día entrara na clase e o primeiro no que me fixei foi nos libros, dábame un pouco igual a xente que habia alí eu fun correndo a oxealos. Tantos recordos, bos e malos pero sobre todo bos. Aínda que un pouquiño de cambio non é malo se non sempre sería igual, non cres?


Despois de nove anos neste colexio, chegou o fin de curso de 2017, o último fin de curso no colexio A Carballeira, unha segunda casa para min, e para todos os meus compañeiros, casi uns irmáns. Nestes nove anos pasaron tantas cosas, tantos recordos, tantas festas, tantos choros, tantas risas, tantos xogos, tantas cousas. Sempre me lembrarei do colexio no que aprendín todo o que sei. Creo que nunca me esquecerei do todo, deste colexio do que recibín tanto cariño. Para o ano espérame, outra nova etapa, novos profesores, máis dificultade, novos compañeiros, novo centro. Todo vai ser novo para min.

Botareite de menos Carballeira! Grazas por todo!


Bos dias, este é o meu ultimo ano no colexio Ceip Carballeira. Levo dez años neste colexio . Queria dar o meu agradecemento a todos os profesores que me deron clase. Ainda que algunhas veces me botaron a bronca era polo meu ben.

Neste colexio é onde vivin os mellores momentos con todos os meus amigos, ainda que a veces nos enfadáramos con eles sempre facíamos as paces. Eu cando me marche ao instituto vounos botar moito de menos porque os coñezo desde o parvulario.

Estos anos que pasei con eles foron os mellores anos da miña vida e nunca olvidarei aos meus compañeiros. Aínda que agora nos separemos, este non será o final. Adeus para sempre


Ola: Son Víctor Piñón Parada e vouvos contar un pouco os meus recordos do Cole e as miñas vivencias no Instituto. A miña experiencia na Carballeira foi moi boa. Hai un ambiente moi agradable, moi familiar, moi cariñoso e, como non hai moita xente, coñeces a todos os nenos e nenas de cada curso. A min pareceume un gran colexio porque, aparte do bo ambiente (“buen rollito”) aprendes moito e explícanche as cousas moi ben, para que as entendas. Prepárante para o instituto con temas como, por exemplo, o tempo que dura un exame ou os deberes que levas para facer na casa. En resumo, é un bo colexio: Bo ambiente, apréndese moito, coñécese a moita xente e os profesores e profesoras son moi cariñosos. No instituto cambian algunhas cousas, como o horario: Empezas antes e rematas máis tarde… Quero animarvos a estudar moito, tanto en Primaria como en Secundaria, porque é moi importante prepararse ben. Ah! Esquecíame de que outro punto positivo, tanto do colexio como do instituto, é poder facer amigos de confianza. Espero que vos gustara a miña pequena comparación entre o colexio e o instituto. Saúdos para todo o mundo.


Ten coidado cos teus amigos cercanos, algún podería traizoarche. Pero non te obsesiones por isto, so confía na xente que te quere. Coida a túa saúde antes de que sexa tarde.

Céntrate un pouco máis na túa familia, agradeceracho, pero tampouco deixes aos teus amigos de lado. Non te enfades con tanta rapidez, a paciencia é sabiduría.

Tés un gran corazón, pero non sabes utilizalo. Coida a túa saúde, divírtete, fai exercicio, queda cos teus amigos. En resume: goza da túa vida.

Non te encapriches co que queres, todo se consegue con esforzo.Terás unha agradable sorpresa de alguén cercano.

Vive a vida con máis tranquilidade, desfruta das cousas pequenas. Coidado coas relacións personais, poden desgastarte o corazón.

Ten coidado na carretera, non sabes o que pode pasar. Tes moitas capacidades, pero non sabes aproveitalas debidamente.


Non sexas tan soñadora, nin amiga de todo o mundo, te enganarán. Pasa un bo día, sen preocupacións relaxado/a e cos teus seres queridos. Necesítalo.

Pasaranche moitas desgrazas na túa vida pero seguirás cara adiante. Non te des por vencido, nunca é tarde para aprender, e menos, dos nosos erros.

Atoparás o amor a través dun ser querido, darache moita felicidade. Todo ten solución, non tires a toalla tan rápido.

Pasa o tempo coa xente que che quere e non fagas caso aos que te desprezan. Es moi forte, podes con todo, nada te pode afundir.

Coidado coa túa impulsividade, contrólate. Todo se pode solucionar falando. Reláxate e todo irá ben.

Quérete, ninguén te vai a querer tanto como podes quererte a ti mesm@. Goza o día a día e das cousas pequenas da vida. India e Sara (6º Primaria)


ISTO É UN PEQUENO RESUMO DE ALGUNHAS ACTIVIDADES, XOGOS, EXPERIENCIAS E MOMENTOS QUE COMPARTIMOS ESTE CURSO. MOITAS GRAZAS POLA COLABORACIÓN E PARTICIPACIÓN DE TODA A COMUNIDADE EDUCATIVA, POSTO QUE GRAZAS A CADA UN DE VOS PODEMOS COMPARTIR MOMENTOS E VIVENZAS VERDADEIRAMENTE SIGNIFICATIVAS.

ATÉ O ANO QUE VEN!

EQUIPO DE DINAMIZACIÓN DA LINGUA GALEGA


Lugar A Camboa, nº 10, LOURIZÁN, 36910, Pontevedra Teléfono/FAX: 986 88 44 50 WEB: http://www.edu.xunta.es/centros/ceipacarballeira E-Mail: ceip. carballeira@edu.xunta.es Blogues: - http://dinamizacioncarballeira.blogspot.com.es/ - http://enfiandopalabras.blogspot.com.es/ - http://infantilcarballeira.blogspot.com.es/

OFERTA EDUCATIVA


A CARBALLEIRA 2017

Revista escolar nº27- Xuño 2017


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.