Revista escolar 2015

Page 1

CEIP “A CARBALLEIRA - LOURIZÁN”



A NOSA DIRE

Ola a todos e a todas os que tedes o privilexio de ter nas vosas mans esta revista escolar. Este non é un número máis da revista A Carballeira. Desde que comezamos coa tarefa de plasmar nunha revista, ao final de cada curso, un compendio do acontecido ao longo del, pasaron xa 25 anos. Toda unha vida! Moitos alumnos e alumnas que leron e escribiron naquela primeira revista, hoxe son pais e nais e os seu fillos e fillas toman o relevo nesta fermosa tarefa de aprendices de xornalistas. E agardamos que non quede aí a cousa e, dentro de outros 25 anos, poidamos dicir que xa non son os seus fillos, senón os netos, quen “están a brincar” por estas páxinas. En moitos aspectos, este tampouco é un curso máis, xa que tiveron lugar algunhas novidades: A implantación da nova lei de educación (LOMCE), que vén a modificar a lei anterior (LOE) aportando modificacións ao sistema educativo. Tamén se produciron cambios na directiva da ANPA. A que durante 9 anos foi a súa presidenta -Julia Moledo Cos- despídese, xa que deixa de ter fillos matriculados no colexio. Grazas, Julia, polo teu traballo e servizo ao centro que nos deixa moi bo sabor de boca. Grazas pola túa dedicación e apoio incondicional, pola túa implicación e axuda. A nova directiva da ANPA entra pisando forte, promovendo cambios e servizos en prol do colexio coa inestimable colaboración da anterior presidenta. Entre outras: -

O funcionamento de unha ludoteca no colexio este verán. As xestións para que funcione o Plan Madruga no centro o vindeiro curso.

Pero o que non cambiou durante estes 25 anos, é o traballo e a ilusión con que cada curso sacamos esta revista. Posiblemente se aprecien fallos que agardamos saibades disculpar. Pero todos os que de algún xeito colaboramos con que estas páxinas vexan a luz (alumnos/as, profesores/as, nais, exalumno/as…) poñemos a nosa parte para que todos os que teñades a oportunidade de lela, pasedes un tempo agradable disfrutando de parte do que acontece ao longo de todo un curso. Grazas a todos pola vosa atención e, sen máis, abride as páxinas e disfrutade… Tere

1


A NOSA ANPA

Dando un paso adiante…. Estou convencida de que para todos nós os nosos fillos son se dúbida o centro das nosas vidas, prioridade absoluta en moitas das decisións que tomamos dentro das familias. Entre elas, unha das máis importantes, é a escolla da escola na que crecerán, madurarán e se formarán. Cando os nosos fillos teñen que emprender novas etapas, escola infantil, primaria ou secundaria, sempre chegan dúbidas e temores polas novas experiencias que teñen que vivir. Como pais e nais temos a responsabilidade de acertar coa elección da escola na que imos matricular aos nosos nenos. Na nosa familia sempre tivemos claro que os nosos fillos estudarían nun escola pública e laica. O CEIP A Carballerira de Lourizán pareceunos unha boa opción. Xa pasaron seis anos e sabemos que non estabamos errados, foi a mellor decisión que tomamos. O cole da Carballeira é unha pequena gran familia na que Inés e Mateo crecen día a día. Nesta escola reciben unha educación de calidade, son apoiados polos docentes e atendidos dun xeito individualizado. Penso que en poucas escolas é isto posible. Temos que ser conscientes de que esta fortaleza é tamén a nosa debilidade. Non podemos esquecer que nun momento no que os recortes nos servizos públicos son o pan noso de cada día, cómpre aumentar a matrícula do centro e as familias temos que ter forza e compromiso coa nosa escola para logralo. Por iso algunhas nais damos un paso adiante formando parte da nova directiva da ANPA da escola: Nadia, Patricia, Laura, Majo forman, xunto comigo, un grupo pequeno de nais que queremos participar activamente na vida escolar dos nosos fillos. Este traballo foi realizado durante nove anos por Julia, persoa excepcional, comprometida e xenerosa que durante estes nove anos traballou duramente e que aínda hoxe segue a traballar coa mesma implicación e dedicación, malia non firmar as cartas que as familias recibides nas mochilas dos vosos fillos. Graciñas Julia, a túa labor é impagable, outros terían dado un paso atrás, pero ti es diferente, continúas aportando, traballando e entregando o teu tempo, continúas dando un paso adiante. A ANPA non deixará de traballar, como todos estes anos, pero precisamos da forza de todas as familias. Loitemos para gañar alumnos e servizos para a noso centro. O que perdamos é dificilmente recuperable e representa o futuro dos nosos pequenos. Mar López Fariña 2


OS NOSOS PROFES

TERE

MARI CARMEN

MARÍA JOSÉ

ANTÍA

MARÍA

TITO

MAITE

JULIA

ROSA

LOLI

JOSEFA

LOURDES

NOEMÍ

ELENA

ISABEL

PANCHO

TÍCHER

3


A NOSA BEA

4


O NOSO COLE O meu colexio chámase CEIP “A CARBALLEIRA – LOURIZÁN”. As paredes están pintadas de cor amarela e ten unha parte para os nenos e nenas de infantil e outra parte para os maiores. Arredor do colexio están plantadas árbores que dan sombra aos coches dos profesores. Entras no colexio e hai unha porta que é pola que entran e saen os alumnos. Nun lado están os folletos importantes que colga Bea, a nosa conserxe. Dás uns pasos e á esquerda están as aulas dos pequenos e á dereita está a aula de música. Baixas por unha rampla e está o ximnasio, a sala do ANPA e a conserxaría. Se segues adiante encóntraste coa oficina da directora, a secretaría e a sala dos profesores. Despois, á dereita da rampla, hai unhas escaleiras que levan ao piso de arriba, ás aulas dos maiores, á biblioteca, á sala de informática e á aula de PT. Ademais, hai tobogáns e area para que os nenos pequenos xoguen no recreo, e canchas de fútbol e baloncesto para os maiores. Encántame este colexio porque fan cousas e saídas impresionantes.

(Tania – 5º)

5


O OUTONO Todos os anos facemos unha exposición de manualidades de outono. As manualidades teñen que estar feitas de follas, ou de froitos secos, ou de paus... Na exposición non hai perdedores, senón que todos os participantes son gañadores, e os premios son uns diplomas moi bonitos. Eu sempre participo porque é moi divertido facer manualidades. Neste ano, todas as manualidades foron moi creativas. Todo o mundo quedaba coa boca aberta cando as miraban! (Lara – 5º)

6


O SAMAÍN Este ano o Samaín foi especial, houbo moitas actividades: concurso de cabazas, o caza pantasma, contacontos, taller de maquillaxe e taller de debuxo. Se tiñas accesorios relacionados co Samaín, deberías levar un só para este día, pero non era obrigatorio. O caza pantasmas durou uns cinco minutos, unha sexta parte do recreo que foi cando se realizou o contacontos e despois os talleres de debuxo e maquillaxe. O premio do concurso de cabazas era un ramo de larpeiradas e unha cabaza de chocolatinas. O concurso estivo disputado, pero un neno de 3º, Rubén Collazo, e eu, Yago de 6º, gañamos. Foi un día memorable. (Yago – 6º)

7


O MAGOSTO Xa chegou o magosto! E como todos os anos o pasamos xenial. Todos os alumnos colaboraron na traída de castañas para asar e, como non, o colexio encargouse de comprar os chourizos e o pan. Todos estes anos os encargados de asar e preparalo todo foron Bea e Pancho, os nosos marabillosos amigos. Cando chegou a hora de baixar para comer as castañas, os mestres repartíronse o traballo. Despois dunha hora, todos os nenos fomos ao ximnasio para pasalo ben cos xogos típicos galegos: os zancos, as rodas, os bolos e os traga castañas... O alumnado de 6º axudou na elaboración dos xogos. Resultou ser esgotador pero todos o pasamos moi ben. (Carmen – 6º)

8


O NADAL Este ano, todos os nenos e nenas participaron no festival con esforzo e ilusión. Dende

os

máis

cativos

ata

os

maiores,

actuaron

cantando,

representando obras de teatro ou bailando. Nós, os nenos e nenas de sexto, puxemos en escea uns fragmentos do libro “Papel en Branco”, que era o tema do PDI deste ano. Cada actuación duraba entre cinco e dez minutos. Pero o que todos esperaban era ver ao rei mago deste ano. Cando apareceu, puxéronse moi contentos e desexosos de ir a xunto el para recoller o seu agasallo e larpeiradas. A maioría, cando chegaron á clase, só pensaban en abrir o seu agasallo e comer todas as larpeiradas que poidesen. (Rubén – 6º)

9


O CARTAFOL DO LÉREZ O día 19 de xaneiro, luns, viñeron ao noso cole dous señores do “Cartafol do Lérez”. A charla foi na biblioteca. Había varias mesas e cadeiras. Os dous conferenciantes mandáronnos seguir un conto. O conto titulábase “O bo paseante”. A charla foi cos de 5º e 6º de primaria. O conto trataba dun paseante o que lle gustaba facer debuxos, falar coa xente e non ter présa. A min parecéume moi interesante e moi entretido porque participamos todos os alumnos.

O día 26 de xaneiro, voltaron ao noso colexio os dous señores do “Cartafol do Lérez”. Un deles mandounos continuar a historia do “Bo paseante”. Despois de acabar o resumo, o señor mandounos ler mentres el nos gravaba. Cando lle tocou ler a Raquel, a de 6º, trabucouse porque dixo unha palabra mal, e botouse a rir. O señor díxolle que despois a gravaba. Este foi o último día que ían vir ao noso colexio. Estes dous días que viñeron foron os máis entretidos e divertidos.

(Tania – 5º) 10


O DÍA DA PAZ O pasado 30 de xaneiro, como todos os anos, os nenos e nenas do colexio "A CARBALLEIRA" celebraron o día da Paz. Despois de varios días de preparativos, reuníronse alumnos e profesores no ximnasio co fin de pasar unha mañá de diversión e aprendizaxe. A xornada comezou cando, unha vez todos reunidos, a directora do centro falou sobre a Vida de Gandhi, un personaxe clave na loita pola PAZ, xa que, dende 1964, se celebra este día para conmemorar a súa morte. Logo, cantouse entre todos os cursos unha canción coñecida por todas as xeracións como "Imagine" de John Lennon. Estas xornadas, nos colexios, desenvólvense para que os nenos e maiores recorden a necesidade da educación para a tolerancia, a solidariedade, o respecto aos dereitos humanos, a non violencia e a PAZ.

(India – 4º)

11


O DÍA DA PAZ / CARTEIS Para celebrar o Día da Paz, nós, os alumnos de 6º, decidimos elaborar carteis sobre sentimentos e isto ocurriusenos a partir do libro de Papel en Blanco. Como estabamos distribuidos en grupos, cada un fixo o seu propio cartel. Un deles elaborou un taboleiro de xadrez cun lema que dicía: “Dalle xaque mate á violencia”. Trata de convencer ao alumnado do cole que non debemos usala, pois sempre traerá malas consecuencias. Outro equipo fíxoo dun “email”. O seu lema era: “Non sigas chorando un amigo te acabará atopando e coa súa chegada estarás animado”. Pretendía transmitir que aquí nunca te atoparás só. Outro mural representa un muro cheo de raices e o seu lema era: “Deixa que a tolerancia enrraice na túa vida”. Que significa que debes conseguir ser máis tolerante coas ideas e opinións dos demais. Por último un puzzle amosaba a idea de que a túa vida será máis completa si cultivas a amizade. (Sergio – 6º)

12


O ENTROIDO Este entroido foi moi emocionante. Os mestres prepararon un “karaoke” para todos os nenos do cole de entre 1º e 6º. Subíanse ao miniescenario vestidos cos seus maravillosos e orixinais traxes con complementos de papel, xa que o PDI de este ano é sobre “Papel en Branco”. Por este motivo non puido haber xogos. Á parte disto, os nenos e nenas trouxeron uns exquisitos postres, acompañados, como non, co asombroso chocolate quente que fan os profes. Pasámolo en grande! (Cristina – 6º)

13


O ENTROIDO / 1ยบ

14


O ENTROIDO / 1ยบ

15


O ENTROIDO / 1ยบ

16


O ENTROIDO / 1ยบ

17


O SALÓN DO LIBRO O outro día tivemos unha excursión. Cando nos chamaron para ir ao autobús, collemos as mochilas, subimos a el e fomos ao "Salón do Libro". Esta vez, estivemos todos caladiños no vehículo. Alí, leváronnos ata un cuarto e explicáronnos cousas do "ADN". Cando acabaron de falar, ensináronnos como conseguir "ADN" dunha froita. Manuel e mais eu fixemos máis "ADN" que os demais. Logo, fomos á planta baixa. O monitor colleu un neno do noso colexio e colocouno contra unha columna. Resulta que estaba debaixo da luz dun ovni! Despois, achegámonos a dous volantes. O monitor escolleu dous voluntarios e colocounos neles para conducir. Era unha carreira! Tamén estivemos nunha sala onde había unha parede inclinada con espellos. Alí estaban os nosos clons! O monitor, esta vez, elixiu unha nena como voluntaria. Tombouna no chan e colocoulle cousas enriba e arredor. Primeiro un traxe, despois a nave espacial, logo fixo que fose a Marte, e por último fixo que volvese á Terra. Despois, fomos ver todas as maquetas. Tamén saímos fóra para merendar. Por último, estivemos a ler un pouco nunha sala. Subimos ao autobús e regresamos ao colexio. Este ano todo foi divertido.

(Lara – 5º)

18


O SALร N DO LIBRO / 1ยบ

19


O SALร N DO LIBRO / 4ยบ

20


O SALร N DO LIBRO / 4ยบ

21


O SALร N DO LIBRO / 4ยบ

22


O DÍA DA POESÍA O “Día da Poesía” foi o 28 de marzo. Este ano celebrámolo no ximnasio. A directora falou dunha importante escritora de poesía, que este ano foi Rosalía de Castro. Dous alumnos de sexto de primaria, chamados Carmen e Hugo, recitaron unhas poesías de Rosalía de Castro cun "kamishibai" e coa axuda de todos os nenos e nenas do colexio. Despois, ordenadamente, os nenos e nenas de cada curso recitaron un fragmento dunha poesía de Rosalía de Castro e, a continuación, cada alumno e alumna do colexio recitou unha poesía de creación propia con forma de nube. Logo, os alumnos e alumnas de segundo curso de primaria cantaron a poesía de Rosalía de Castro "Adeus ríos, adeus fontes". Os profesores recolleron as poesías e atáronas a varios globos. Despois, saímos fóra, ao patio, e por cursos botámolas a voar. (India e Sara – 4º)

23


O DÍA DA POESÍA / ROSALÍA

(Suso – 6º)

24


O DÍA DA POESÍA / INFANTIL

25


O DÍA DA POESÍA / INFANTIL

26


O DÍA DA POESÍA / INFANTIL

27


O DÍA DA POESÍA / INFANTIL

28


O DÍA DA POESÍA / INFANTIL

29


O DÍA DA POESÍA / INFANTIL

30


O DÍA DA POESÍA / 3º

31


O DÍA DA POESÍA / 3º

32


O DÍA DA POESÍA / 3º

33


O DÍA DO LIBRO No colexio festexaron o Día do Libro, que é o vinte e oito de abril. Este ano celebrouse na biblioteca escolar. Empezamos cos alumnos e alumnas de cuarto e terceiro de primaria, cunha historia dun paxaro que se chama Puhuy e o fixeron cun “kamishibai”, que é como un mini teatro onde se contan historias. Despois, unha alumna de sexto de primaria fixo un traballo no que explicaba que eran para ela os libros, e logo fixo o mesmo outro alumno do mesmo curso con outros libros diferentes. O seguinte foi unha alumna de sexto, pero esta vez cun conto que fixera soa e que trataba dun can. Despois, os nenos e nenas de segundo de primaria leron unhas historias que fixeron eles sós. E por último, déronlles a todos os nenos e nenas que participaran con seus contos uns diplomas, e despois, a todos, un marcapáxinas.

(Sara – 4º)

34


CÓNTAME UN CONTO! En vista do éxito acadado o curso pasado, este ano voltamos solicitar a colaboración das familias para realizar unha actividade que entusiasma aos máis cativos. Esta semana tivemos a sorte de contar con Mar, Nadia, Bea, Ricardo e Tamara para que enchesen de fantasía a aula de infantil cunhas historias marabillosas que tanto gustan aos pequenos.

O luns Mar, a nai de Mateo, presentounos

"O

monstro

de

cores", un libro magnífico para aprender

a

identificar

as

emocións e as cores.

O martes Nadia, a nai de Teo,

tróuxonos

"A

vaca

que

puxo un ovo", xenial, divertido, orixinal e cun final sorprendente.

O mércores tocoulle a Bea, a nai de Julé que foi quen elexíu "A viaxe de Pancho", o elefante gris que xunto cos seus amigos vivirá

moitas

buscando o seu fogar.

35

aventuras


CÓNTAME UN CONTO!

O

xoves

Ricardo,

pai

de

Ricardo, leunos "A galiña roxa", un conto tradicional que nos lembra

a

importancia

do

sacrificio e do esforzo.

E o venres Tamara, a nai de Xian,

rematou

con

"Amelia

quere un can", unha divertida historia onde unha nena moi espelida consegue que o seu pai vexa o mundo a través dos seus ollos. Dende a Biblioteca do Berberecho Checho agradecemos a vosa labor, fortalecendo o vínculo entre a familia e a escola e achegando os máis pequenos a un mundo cheo de imaxinación. Moitísimas grazas!

36


O DÍA DAS LETRAS GALEGAS Ola, son Víctor e quérovos contar como celebramos o “Día das Letras Galegas” na biblioteca do meu colexio. Este ano foi dedicado a Xosé Fernando Filgueira Valverde, un grande escritor de Pontevedra. Vimos a súa biografía nun vídeo onde se dicía o máis importante da súa vida. Escribiu bastantes libros en galego, como, por exemplo, " Os nenos". Sabiades que a primeira vez que se celebrou o día das letras galegas foi en 1963, cando Cantares galegos, o libro de Rosalía de Castro cumpriu cen anos? Este libro foi escrito en 1863, cando non estaba ben visto expresarse en galego. Á parte diso, ese día deron diplomas á xente que participou nun concurso chamado "V certame literario". Había varias formas para poder participar. Podías facelo en ensaio, cómic, poesía, teatro, novela, conto e creo que ningunha máis. Tamén deron un premio por cada clase. Eu sei que todas recibiron un diario como regalo. No noso curso, 5º, como só participaron dous, unha amiga e mais eu, ímonolo alternando cada día. Non sei que pensaron os meus compañeiros dese día, pero a min pareceume bastante divertido.

(Víctor – 5º)

37


SOPA DE LETRAS Xosé Fernando Filgueira Valverde naceu en Pontevedra en 1906. Estudou dereito na universidade de Santiago de Compostela e Filosofía e Letras en Zaragoza. Dedicouse a escribir dende moi novo e participou activamente en moitas institucións

e

actividades

culturais.

Foi

alcalde

de

Pontevedra e director do seu Instituto. Tamén dirixiu o museo

desa

cidade.

Algunhas

das

súas

obras

“Agromar”, “O vigairo” e “Os nenos”. Morreu en 1996.

Busca oito palabras relacionadas coa súa biografía, seguindo estas pistas: Naceu en P….. / O seu segundo nome era F….. / Estudou Dereito en S….. Foi director do I….. onde lle chamaban “o vello profesor” Tamén foi A…. da súa cidade Unha das institucións que máis potenciou foi o M….. de Pontevedra Escribiu moitos libros de Costumes, Lingua e H… Unha das súas obras titúlase A….

38

son:


39


40


41


42


43


44


45


OS NOSOS LIBROS

46


OS NOSOS LIBROS

47


OS NOSOS LIBROS

48


OS NOSOS LIBROS

49


O NOSO TEATRO

50


A TÍA LAMBIDA Dadas as boas aptitudes que presentaban para a dramatización e a boa sintonía do grupo, os alumnos de 2º nivel de Primaria do CEIP A CARBALLEIRA de Lourizán, estiveron, traballando nun obradoiro de teatro, ao longo de todo o curso, un día á semana polas tardes. Ensaiaron a obra “A tía Lambida” do escritor galego Eduardo Blanco Amor. Agora van a representala con motivo de fin de curso, para amosar a pais, familiares e amigos, o seu traballo e así ensinar as súas dotes de actores, que de verdade son moi boas. A finalidade deste obradoiro era, aproveitando as boas cualidades dos alumnos, estimular e desenvolver neles: A autoestima A expresión oral A perda de medo escénico A organización A orde A responsabilidade A solidariedade O respeto Ao longo dos meses fóronse descubrindo novos valores nos alumnos e así atopámonos con algúns que teñen tamén dotes para cantar. Este é o inicio, do que pode chegar a ser unha aula de teatro, onde tivesen oportunidade de poder continuar coa expresión dramática.

51


A TÍA LAMBIDA

(Yaiza)

(Sergio)

52


A TĂ?A LAMBIDA

(Ariadna)

(Marcos)

53


A TÍA LAMBIDA

(Gabriel)

(Nerea)

54


PAPEL EN BRANCO / O NOSO TRABALLO Os alumnos de 1º e 2º reuníamonos todos os mércores na aula de 2º para facer lecturas guiadas do libro de “Papel en Blanco”. Cada día, varios nenos lían un capítulo, despois escribíamos nun papel preguntas sobre o lido e que outros compañeiros, a man alzada, tiñan que responder. Rematábamos a sesión escribindo, cada un, unha historia que algunhas veces ilustrábamos cun dibuxo. As mestras plantexaban as historias de tres xeitos diferentes: Podía ser libre. Podía partir de palabras escritas na pizarra. Podían empezar cun encabezamento. A última historia fixémola en pequeno grupo. Houbo algunhas sesións máis que foron algo diferentes, pois despois de ler e facer as preguntas, pasamos á

expresión plástica, onde confeccionamos dous

murais que decoran o pasillo. No primero, que foi colectivo, aparecen os personaxes do conto e os lugares onde ocurren os feitos: El Desierto Blanco El bosque de las Serpentinas Los caballeros de cartón La lluvia de confeti ... E no

segundo mural, de forma individual, representamos o que máis nos

gustou da historia.

55


PAPEL EN BRANCO / O NOSO TRABALLO Foi unha experiencia fantรกstica, xenial, moi moi bonita, porque os nenos de primeiro aprendemos: a ler mellor, a sentir moito gusto pola lectura, a querer moito os libros e a lerlle historias aos de 2ยบ E porque os nenos de 2ยบ- aprendemos: a facer bonitas historias, a ler mellor, a lerle contos aos demรกis, a escoitar as historias dos outros, a aumentar o gusto pola lectura e a querer moito os libros.

AGORA XA TEMOS A NOSA PROPIA Fร BRICA DOS LIBROS, ONDE CADA UN FAI O SEU PROPIO LIBRO.

56


PAPEL EN BRANCO / 1ยบ

57


PAPEL EN BRANCO / 1ยบ

58


PAPEL EN BRANCO / 2ยบ

59


PAPEL EN BRANCO / 3ยบ

60


PAPEL EN BRANCO / 3ยบ

61


PAPEL EN BRANCO / 3ยบ

62


PAPEL EN BRANCO / 3ยบ

63


PAPEL EN BRANCO / 3ยบ

64


PAPEL EN BRANCO / UN NOVO LIBRO Papel en Blanco, un libro que nos enganchou desde que nos adentramos na aventura do pequeno monigote de papel. Despois de ler detidamente e analizar cada capítulo do libro, decidimos levar a cabo unha obra de teatro para o Festival de Nadal. Organizámonos en tres equipos que traballaban cada un en aspectos diferentes: guión, decoración e vestiario. Ao rematar o noso traballo, axudábamos aos demais equipos. Unha vez feito todo, ensaiamos a obra no escenario e incluso puxemos os traxes para ver si estabamos cómodos. Chegou o día, e aínda que os nervios eran difíciles de controlar, fixémolo moi ben, pois o público aplaudinos moito. Esta actividade foi divertida a vez que boa, xa que traballamos moitos aspectos diferentes. Gustoume crear a nosa obra de teatro e, ao representala, que nos demostraran que o fixemos ben, aínda que fora a primeira vez. (Hugo – 6º)

65


PAPEL EN BRANCO / BÁGOAS Este coelliño, Bágoas, é moi infeliz, sempre está amargado. É a mascota da Princesa Triste. Encontrouno máis alá de Mundo de Papel, só e perdido. Pero antes disto, Bágoas tiña outra familia: vivía tranquilo na Papeleira con todos os papeis non aceptados. Alí estaba contento e sempre feliz, ata que, un día, xogando, perdeuse. A Princesa, pensando só en si mesma, acolleuno; crendo que así non se sentiría tan soa, pero non pensou que o coelliño podería ter un fogar... Bágoas non é infeliz por ter como dona a Princesa Triste, senón porque se separou da sua familia. Pero un día, escapouse ata a Papeleira onde puido volver a reunirse cos demáis papeis. Alí foi feliz de novo e nunca máis volveu chorar. Aínda que se enfadara (moitísimas veces) ou se sentira só, tiña que ser valente e non estar tan preocupado por tonterías. (Cristina – 6º)

66


PAPEL EN BRANCO / O CAN DE PAPEL Este can de papel, leva unha vida triste e solitaria. Estaba afastado do mundo que o rodeaba. Desexaba ser coidado por persoas

boas e

humildes, non por ricos

que non lle facían caso. Papel en Blanco e máis Frecha, camiñaban polo bosque de Papel cando viron un can deitado no chan, amosaba esgotado e sucio... Non mostraba síntomas de boa saúde senón ao contrario. Os nosos protagonistas sintiron pena polo animal, así que decidiron coidalo, mimalo e darlle moito máis do que aquel can poidera imaxinar na súa vida. Dende entón a súa vida tornaba diferente. (Carmen – 6º)

67


SKYPE O día 23 de abril, os nenos e nenas de 6º curso conectáronse por SKYPE cos nenos e nenas do colexio Froebel de Pontevedra. Ao principio, Internet non se conectaba e fastidiábanos un pouquiño. Pero despois dun anaco empezou a funcionar ben. Nós saudámoslles e eles a nós, e empezou a falar un compañeiro chamado Yago dos temas que traballamos na clase e no colexio, como por exemplo o libro “Papel en Branco”, que é moi interesante. Breixo, que tamén é un compañeiro de 6º curso, falou da Illa de Tambo, Hugo de Miró e de Mondrian, Carmen de Rosalía de Castro, que en Pontevedra é moi famosa, e por último Raquel de “Papel en Branco”. Despois, empezaron a falar os nenos e nenas do colexio Froebel sobre uns italianos que dende 2º curso lles conocian e que dicían que ían ir a Italia a visitar sitios en Roma, en Milan e en Silicia, e cando rematamos con todo nos despedimos cun chao a todos. (Vali – 6º)

68


SKYPE / ILLA DE TAMBO Despois de ver un documental da Illa de Tambo e de recoller a información que contiña, decatámonos da importancia desta illa que vemos todos os días. Nós, os maiores do colexio, decidimos facer un traballo sobre a mesma. Organizámonos en equipos para plasmar en cartulinas a información máis relevante, utilizando distintos formatos: ficha de exercicios, mural ou algúns traballos orixinais que se poden observar nos corredores do colexio. Unha vez rematados os traballos ensinámosllos ao resto do colexio para dar a coñecer a historia desta interesante illa. A través de “Skype”, realizamos unha videoconferencia co colexio Froebel, e entre outros temas falámoslle desta fermosa illa. (Breixo – 6º)

69


SKYPE / MONDRIAN E MIRÓ Na nosa clase, embarcámonos na pintura inspirándonos no arte abstracto e fixemos algúns traballos. Comezamos con Joan Miró, representando un dos seus cadros, “El universo”, que agora decora algún correor do colexio. Logo buscamos información sobre este famoso pintor, descubrindo datos como, por exemplo, que naceu en Barcelona en 1893, que faleceu con 90 anos, que recibíu numerosos premios, que oficios desempeñou... A continuación, inspirámonos no arte de Mondrian, e cada un fixo a súa propia obra seguindo o estilo do famoso pintor. Surxiron ideas moi orixinais. Despois tamén nos informamos sobre o artista, descubrindo que estudou na Academia Estatal de Amsterdan, que era neerlandés, que naceu nunha familia calvinista... Con toda a información recollida elaboramos dous murais e mostrámosllos ao alumnado doo colexio Froebel a través dunha videoconferencia que fixemos por “Skipe”. A mín pareceume un traballo moi interesante, xa que é unha boa forma de traballar a xeometría, descubrir novas formas de arte e admirar a orixinalidade de cada un, resultando ademáis unha excelente experiencia para poder interactuar cos nenos do colexio Froebel e darlles a coñecer este tema. Penso que lles gustou moito.

(Raquel – 6º)

70


O PARKINSON O “parkinson” é unha enfermidade que che vai afectando pouco a pouco ata que te paraliza por completo. Viñeron uns señores a explicarnos o que facía e fixéronnos probas para que sentísemos como se sentiría un afectado pola enfermidade. Empezaron por contarnos o que facía a enfermidade. Empeza por paralizarte nalgunhas accións e, pouco a pouco, che paraliza ata non te poder mover. Despois, fixéronnos probas. Empezaron por poñernos unhas sandalias que se pegaban ao chan para que entendésemos por que os afectados camiñaban tan raro. Despois, puxéronnos enriba dunhas bólas medicinais e, a verdade, era moi difícil sosterse. Así puidemos ver que os afectados non teñen equilibro. Fixéronnos máis probas, pero eu non as recordo. Por último, déronnos unha especie de cómic superdivertido. (Nahuel – 5º)

71


ALIMENTACIÓN SAUDABLE Os alumnos de 1º a 4º curso de primaria do noso cole participaron nunha merenda saudable co obxectivo de impulsar bos hábitos referidos á alimentación, dándolles a coñecer outras opcións para almorzar ou merendar e así erradicar do ámbito escolar as chucherías e bolos industriais. Desta vez, no obradoiro fíxose: Pan con tomate e aceite. Batido de iogur natural con melocotón. Froitas variadas. Previamente presentóuselles aos alumnos vídeos sobre alimentación saudable. Posteriormente, traballáronse na aula fichas sobre o tema. A valoración do obradoiro foi altamente positiva, o que da pé para continuar e ampliar estes contidos para o vindeiro curso.

72


RECEITARIO DE CONTOS En xuño, os nenos e nenas de Educación Infantil participaron na actividade

"Receitario

de

contos",

patrocinado

polo

Concello

de

Pontevedra. Os seus obxectivos foron: Utilizar a lectura como medio de aprendizaxe e entretemento, fomentar o gusto polos contos e aprender a importancia da biblioteca e as súas normas. Transformados en expertos cociñeiros, os nenos axudaron a Marta, a contacontos, a elaborar un saboroso conto que quedou plasmado en cada un dos receitarios cos que ela os obsequiou para poder seguir enchéndoos con futuras receitas dos máis fantásticos contos.

73


OBRADOIRO DE PREVENCIÓN Fai unhas semanas veu unha dinamizadora de talleres a ensinarnos, aos nenos e nenas de 6º, o importante que é a comunicación. Entre todos comentamos os fallos que nos podemos atopar ao falar e cómo poderíamos solucionalos. Tamén realizamos algúns xogos como “Aprender a expresarse”, que consiste en que un neno/a represente un sentimento só con xestos. Así mesmo observamos como vai cambiando unha frase ao ir transmitíndoa de unha persoa a outra. E por último, fixemos valoracións de cada persoa con comentarios nun debuxo, que ao final, quedou súper gracioso. Pasámolo xenial!!! (Cristina – 6º)

74


ANXO GRAÑA A actividade física e unha correcta alimentación son dous dos hábitos de vida saudable máis importantes para promover a saúde e previr enfermidades nos nenos e nenas. A gran cantidade de horas que os rapaces pasan sentados, a posición inadecuada do corpo, o peso das mochilas... provocan a aparición de problemas de espalda e pescozo que están aumentando de forma alarmante na poboación escolar. Enténdese como “postura correcta” aquela que non sobrecarga a columna nin ningún outro elemento do aparato locomotor: músculos, ósos, tendóns, articulacións ou ligamentos. É a través da “hixiene postural” que acostumamos ao noso corpo a adoptar a postura correcta durante as rutinas diarias e a realizar os movementos cotiás de forma axeitada. O obxectivo é manter a espalda sá e evitar lesións e dores por medio de exercicio estático (sentado ou de pé) ou dinámico (elevar obxectos pesados, cargalos, transportalos...). Manter unha boa hixiene postural tamén axuda a diminuir a fatiga, aumentar o rendemento escolar e a concentración, mellorar a dixestión, a respiración e favorecer o descanso. De todos estos temas nos falou Anxo Graña, licenciado en Ciencias da Actividade Física e o Deporte e entrenador persoal. Demostrounos que pequenos cambios poden supoñer grandes logros co paso do tempo.

75


OLIMPIADAS DO RECREO Como vén sendo habitual no noso centro, unha edición máis participamos nas “OLIMPIADAS DO RECREO”. As semanas anteriores á realización desta actividade, estivemos ensaiando o rosco do pasapalabra e algúns exercicios físicos, para superar as diferentes probas. Ao chegar o día, sorprenderonnos cunha nova fase. Tratábase do taller de comunicación, que consistía en ver o que pasa nun estudo de televisión antes de grabar un programa. A algúns equipos doulle tempo para realizar esa actividade, a outros non. Entregábannos uns sobres cun tipo de noticia (social, política...) escrita no seu interior e tíñamos que buscar o apartado do periódico no que se atopaba. As demais: pasapalabra, deportes e química, igual ca sempre. O día da competición entre colexios, descubrimos que había erros de organización que nos impediron participar en algunhas actividades. Eu creo, que é unha boa maneira de inspirarte para estudar e facer exercicio, pois divírteste bastante e, cun sorriso, aprendes mellor. (Yago – 6º)

76


UNHA EXCURSIÓN AO MONTE Un día fomos a plantar árbores ao monte de Veliñas. Alí plantamos distintas clases de árbores. Aprendemos moito sobre os animais. Logo, fomos en autobús ao monte Pornedo onde había unhas grandes vistas ao mar. O tío de Nahuel, o presidente da comunidade de montes, explicounos moitas cousas sobre os petroglifos. Preguntarédesvos, e como é que sabe tanto dos petroglifos e da fauna? Pois porque é un biólogo! Ah..., que xa me esquecía…! Déronnos unhas camisetas super-hiper güais…!!! (Manuel – 5º)

77


ROTEIRO CASTELAO Ao final de curso, o alumnado do 3º ciclo, facemos unha visita a Pontevedra co fin de coñecela un pouco máis a fondo, de aprender a guiarnos seguindo unha rueiro da cidade e a sentirnos máis autónomos e independentes ante a nova etapa que se aproxima. Este ano, aproveitamos esta saída para realizar o Roteiro Castelao, actividade promovida polo Concello de Pontevedra, que ten por finalidade coñecer non só a figura deste ilustre escritor galego, senón tamén a relación que mantivo coa nosa cidade. Previamente realizamos un traballo de investigación arredor deste insigne galego que nos permitiu coñecer a súa vida, a súa obra e as razóns polas que se convertiu nun referente para Galicia. (Cristina – 6º)

78


INVENTARIO 4 trampas antigas de pesca 2 ganchas todos os nós mariñeiros 1 truel de pesca un mostrador con apupos, cornos e buguinos (son cunchas de cangrexos ermitáns ) 2 luceiros 1 estatua laranxa de arxila 1 niño 4 trofeos 1 cunca antiga e antigüidades e variadas... 1 xugo 3 ganchas 3 forquiñas 1 gadaña e... 1 peso romano cabaliños de mar 1 cámara antiga 2 mandíbulas de quenlla uns anzois algúns flotadores…

( No museo do CEIP “A Carballeira” pode que haxa mais cousas… )

(Óscar – 5º)

79


RUMORES

CORREN RUMORES de que na clase de sexto hai dous nenos que causan problemas. CORREN RUMORES de que alguén de sexto quere “cazar tres paxaros dun tiro”. CORREN RUMORES de que os nenos maiores non se duchan. CORREN RUMORES de que nas clases de 5º e 6º afórrase moito a luz. CORREN RUMORES de que os nenos de sexto non poden ver o sol, porque se converteron en vampiros. CORREN RUMORES de que o patio parece una autopista. CORREN RUMORES de que os nenos do C.E.I.P. A Carballeira están “poseídos” por pantasmas de futbolistas e agora só pensan en “patear” balóns. CORREN RUMORES de que unha nena de sexto é raptada case todos os días e non pode vir ao cole. CORREN RUMORES de que algúns nenos do terceiro ciclo “comen” os seus deberes. CORREN RUMORES de que, en vez dun triángulo amoroso, hai un triángulo odioso na clase de sexto. CORREN RUMORES de que alguén de 5º sabe facer xogos malabares. CORREN RUMORES de que deste colexio van saír moi bos profesionais. CORREN RUMORES de que alguén de terceiro non pilla moi ben os temas “matemáticos”. CORREN RUMORES de que os deberes de algún están vivos. CORREN RUMORES de que algún profesor levántase sempre co pé esquerdo. CORREN RUMORES de que os balóns seguen voando. CORREN RUMORES de que estamos na época dos namoramentos. CORREN RUMORES de que hai xente que dá paseos cando debería ir ao baño.

80


E-MAILS Date: Wed, 13 May 2015 07:19:55 -0700 From: Manuel Conde Rodríguez To: ceip.carballeira@edu.xunta.es Grandes recuerdos en este colegio. Un gran beso. Date: Tue, 19 May 2015 22:33:41 +0200 From: Breogán Pesqueira García To: ceip.carballeira@edu.xunta.es Vinte e cinco aniversario? Vinte e cinco moreas de nenas e nenos felices na Carballeira. Un saúdo para todos. Bicos. Date: Tue, 19 May 2015 22:33:41 +0200 From: Marcos Pesqueira García To: ceip.carballeira@edu.xunta.es Colexio “A Carballeira”. 25 anos de Recordos Inesquecibles. Parabéns.

81


CARTAS / XAPÓN O ano 2014 foi especial por varios motivos. Un deles foi o traballo que fixemos para celebrar o día da Paz que, como tod@s sabedes, ten lugar o 30 de xaneiro. No colexio estuveramos a ler a triste historia de Sadako Sasaki, cousa que nos impactara moitísimo, e decidimos construír grullas de papel entre todos, para tentar envialas a Xapón. Todo o colexio traballou con ilusión e, a fin de curso, empaquetamos as grullas unha bonita caixa, xuntámoslles unhas fotos e máis unha carta, chamamos á embaixada do Xapón en Madrid para conseguir a dirección da Hiroshima Peace Culture Foundation, que é onde está o monumento a Sadako, e enviamos o paquete. Pasou o verán e, ao voltar das vacacións, levamos unha gran alegría cando vimos que chegara unha carta... de Hiroshima!!! Na carta agradécennos a nosa solidariedade con eles e comparten con nós e con todas as persoas de boa vontade o desexo de que a PAZ sexa o motor que faga andar ao Mundo, un Mundo xusto e respectuoso. Agora podemos dicir que un pedaciño de nós, da Carballeira de Lourizán (as nosas grullas) está no monumento a Sadako e forma parte do movemento universal pola PAZ e a NON VIOLENCIA. Sentímonos profundamente orgullos@s e queremos compartilo con vós.

82


CARTAS / SILVIA

Ola a todos: Lembrádevos de min? Espero que si pero, por se as moscas, eu son Silvia Vilas González e fun compañeira vosa dende que tiña tres anos, cando comencei o colexio. Este ano estou facendo primeiro da ESO no IES Torrente Ballester “O quinto”. Seguro que moitos lembrades a tristura, o medo e os nervios que tiña por ir a un novo colexio, con xente que non coñecía, con materias novas, con horarios distintos (iso de madrugar, e algúns días saír ás tres non me facía moita gracia), pero fun parva, porque eu realmente estábame enganando a min mesma para non sufrir cando deixara o colexio, porque o colexio era como a miña segunda casa, porque como no colexio nunca estarei en ningún lado, porque o colexio ocupa un sitio moi especial no meu corazón e na miña mente, con miles de recordos. Chicas/os non fagades coma min, estade felices porque cambiar de colexio significa ter novas experiencias. Ademais, sempre que queirades, teredes o colexio aberto se vos pasa algo, se queredes visitalos. Que saiban os que veñan ao meu instituto que os agardo cos brazos abertos, para axudarvos, guiarvos e acompañarvos, sempre. Os que non veñades ao Torrente, pois espero seguir en contacto e quero que esteades ben. Xa para rematar queda dar saúdos aos meus chiquitíns e chiquitinas, a esas rapazas e eses rapaces que me enganchaban cos seus abrazos de oso, que me facían difícil respirar, pero que tanto me gustaban…Como vos boto de menos!! Se algún día vos vexo, espero que me abracedes como nunca antes, prometédesmo? Saúdo aos meus compañeiros de sexto (cos que compartín grandes momentos), saúdos a: Maite, Pancho, Xulia, Elena, Antía, Antonio, Bea, Mari Carmen... Aos que non nomeo, que saibades que sodes igual de importantes na miña vida. Este xornal entregábase creo que o último día, así que intentarei ir visitarvos. Non vos prometo nada, pero se non podo, que saibades que vos quero e que vos boto moito de menos. Saúdos e apertas da vosa amiga e compañeira:

Silvia 83


CARTAS / LAURA

Son Laura Mª Lareu Acuña, nai de Álvaro (ex alumno do Cole) e de Sabela, alumna de 1º de Primaria. Todos os anos estou decidida a escribir algo para o xornal do Cole, e sempre acabo botándome atrás… Todos os anos, ata este. Esta vez, si. O primeiro que quero facer é darlle a benvida á nosa nova Presidenta da ANPA, Mar, e a toda a nova directiva. Quero dicirlles que entre tod@s imos conseguir moitas cousas boas para os nosos nenos e nenas. Unha vez dito o anterior, o que realmente quero é falar dunha das mellores persoas que coñecín na miña vida e foi aquí, no Colexio. É una persoa traballadora, loitadora, “manitas”, emprendedora, con moita paciencia, moi boa fotógrafa… e sabe escoitar. Esa persoa é Xulia, a nosa Presidenta da ANPA. Este ano é o último que estará con nós, xa que o seu fillo pasa para a ESO o curso que vén. Quero que saibades que Xulia ten traballado moito (ata o último día) en beneficio dos nosos nenos e nenas, aínda que xa non era a Presidenta. Eu, en todos estes anos que estiven con ela na directiva, non coñecín a ninguén que se involucrara tanto como ela. Ten estado moi maliña, pero estivo aí para o que fixera falta: escribiu cartas, pediu axudas … Ás veces conseguíanse cousas, outras veces, non; pero ela sempre amosou una actitude positiva, e a seguir loitando. Grazas a ela teño moitas fotos dos meus fillos facendo cousas no Cole. A verdade é que me dá moita pena que para o ano que vén non estea con nós, aínda que eu sei que para calquera cousa que necesitemos, ela sempre nos vai axudar. Eu, Laura, quero agradecerlle como nai, amiga e membro da ANPA todo o traballo que fixo durante estes anos polo ben dos nosos fillos e fillas. Xulia, non che direi adeus, só un “ata logo”, porque sei que nos seguiremos vendo, pero o certo é que te vou botar moito de menos. Amizades como a túa non se poden perder.

SEMPRE NO CORAZÓN, PRESIDENTA!! Laura

84


CARTAS / JULIA

Hai xa nove anos, a casualidade tróuxonos ao CEIP A Carballeira, de Lourizán. Do mesmo xeito, vinme inmersa na ANPA, no Consello Escolar… Son moitas as experiencias, as anécdotas… Témonos rido moito, tamén temos pasado momentos difíciles… Agora péchase o círculo. Sin ningún tipo de dúbida podo dicir que os meus fillos teñen recibido a mellor Educación Infantil e Primaria posible. A eles educáronos, aprendéronlles todo o que saben. A min, como nai, téñenme guiado para poder formar aos meus nenos, dos que me sinto moi orgullosa. Profesorado e familias conseguimos formar un equipo de educadores sólido e cunha liña de traballo común que ten dado un fantástico resultado. Estamos a vivir unha época de moito traballo para que todos poidan apreciar os valores deste colexio que está recibindo un duro e inmerecido “castigo” por mor da baixa matrícula. Desde a miña experiencia persoal, eu somentes podo dicir cousas boas: cando chegas por vez primeira e ves o edificio por fóra, nunca imaxinas que, ao poñer os pés dentro, entras noutro mundo. Sin coñecer ao profesorado, xa te decatas de que é un ambiente fresco, acolledor, que fai que a incertidume coa que chegas se convirta en optimismo, en ilusión. Respecto ao equipo de educador@s, ao profesorado, todos eles tan distintos e cun único obxectivo polo que loitan durante os nove meses que dura cada curso, todos e cada un dos días. Son persoas accesibles, grandes profesionais que se involucran con todos e cada un dos nosos fillos, facendo que a súa etapa na Educación Infantil e Primaria se convirta nunha experiencia única, totalmente persoalizada e adaptada ás diversas personalidades coas que se atopan. Na miña experiencia persoal podo dicir que cada rapaz é un mundo e isto fai que o seu traballo sexa tan importante e teña tanto mérito. Convirten cada curso nunha “caixa de sorpresas”, con novos e grandes proxectos que enriquecen as vidas dos nosos fillos: hoxe gravamos unha peli, mañá plantamos unha árbore, enviamos a nosa homenaxe polo día da Paz ao Xapón… tantos proxectos que non podería dicir cal foi o máis importante porque todos eles deixaron unha fonda pegada…  85


CARTAS / JULIA

Non sempre estamos de acordo coas decisión que toman, pero nunca che pechan as portas. De feito, facilítanche o diálogo e sempre consigues entendelos e que che entendan. Logo de tantos anos con eles, máis que profesores podo dicir que son orientadores, psicólogos, ese familiar que te arroupa cando caes e celebra contigo cada logro… ese libro de instrucións co que deberiamos nacer todos para que a vida fora máis doada… Remato recomendando este COLEXIO, en maiúsculas, porque é grande, moi grande. Calquera pai, calquera nai, calquera persoa con nenos debería ter en conta a educación tan persoalizada, tan especial que se imparte aquí á hora de decidir onde levalos. A miña familia agradécevos tantos anos de atención e sabios consellos. Botarémosvos de menos e estaredes na nosa memoria e nos nosos corazóns o resto das nosas vidas. GRAZAS.

86


CARTAS / ANTONIO

Ola a todos: Lémbrome moi ben do nacemento da revista escolar A Carballeira. Xuntámonos un grupo de mestres, máis ben amigos, e decidimos sacar á luz un xornal escolar. O número 0 foi máis ilusión que o traballo final, pero esa ilusión continuou nos seguintes números, que foron mellorando pouco a pouco. Se non recordo mal o número tres ou cinco da revista foi para min o mellor dos que se publicaron. Ata levaba grapada no seu interior unha folliña de papel reciclado feito polos alumnos maiores no taller de papel reciclado. Despois, tivemos a gran idea de entrevistar aos alcaldables a Pontevedra, cando había eleccións municipais. E así viñeron cada catro anos os candidatos á alcaldía. Eles viñan de moi boa gana porque era unha moi boa forma de propaganda electoral e a nós servíanos para que os alumnos coñecesen a estes personaxes en carne e óso, pois moitos dos rapaces pensaban que eran seres algo extraordinarios e inasequibles. Naquelas datas non existían ordenadores nin internet. O traballo era todo feito a man. O máis que tiñamos era unha máquina de escribir e unha fotocopiadora. Á revista escolar A Carballeira púxoselle ese nome porque todo o mundo falaba do colexio da Carballeira, aínda que o seu nome oficial era C.N. Lourizán nº 3. Este nome de Carballeira serviu para cambiarlle o nome ao colexio cando o solicitamos. Dende logo é un nome máis sonoro e más ecolóxico. Ademais estabamos a respectar o que dixen antes de que os pais chamábanlle a este centro "O colexio da Carballeira", así que… Teño recordos moi cariñosos relacionados coa revista escolar. O máis deles foi cando veu dar unha charla o coñecido cura roxo de Vallecas (Madrid). Mentres os rapaces ían subindo para o “salón de actos” (???) este famoso sacerdote aproveitou para ler a nosa revista e na súa conferencia fixo chorar de emoción ao 60 % do alumnado, cando leu algúns dos traballos publicados polos nenos e alabou o traballo feito nun colexio que daquela só tiña o nome, pois o que os recorden non tiñamos nada de nada. Con dicirvos unha soa cousa xa vos ides imaxiñar o resto: Os rapaciños de Educación Infantil, que estaban na planta baixa, tiñan que subir á primeira planta para ir ao aseo... Figurádevos o resto. As loubanzas deste cura e escritor, recoñocido pola súa postura en contra de certas actitudes da Igrexia, cara ao noso colexio estarán gravadas sempre na miña vida. Gardo como ouro en pano o libro que me regalou coa súa adicatoria : "Para Antonio, por tu gran labor. Sigue así. Enrique de Castro". Agora todo é moi diferente. Agora sí que tendes a sorte de ter un edificio máis ou menos decente. Para rematar quero animarvos a seguir participando na elaboración do xornal. Tanto ós pais e nais coma ós profesores, profesoras e alumnado. É unha ferramenta de expresión que hai que coidar, xa que nela podedes plasmar tanto as vosas creacións de todo tipo como os vosos sentimentos. Ánimo, e a disfrutar de "A Carballeira" por moitos anos. Unha aperta Antonio N. Carrera

87


C.E.I.P. A CARBALLEIRA Lugar de A Camboa, nº 10, LOURIZÁN, 36910, PONTEVEDRA Teléfono/FAX: 986 88 44 50 Páxina WEB: http://www.edu.xunta.es/centros/ceipacarballeira E-Mail: ceip.carballeira@edu.xunta.es

OFERTA EDUCATIVA Novas instalacións Ambiente familiar e trato personalizado Educación Infantil desde os 3 anos Inglés desde os 3 anos Orientación educativa Educación en valores Educación viaria Animación á Lectura Clases de reforzo pola tarde gratuitas (Plan PROA) Opcións ensinanza relixiosa (católica, evanxélica, Valores Cívico e Sociais) Novas Tecnoloxías Pizarras dixitais e proxectores nas aulas Ordenadores e conexión a internet nas aulas Proxecto Abalar en 5º e 6º (1 ordenador por alumno/a) Aula de Informática Aula de Música Biblioteca (mochilas viaxeiras, contacontos, autores) Ximnasio Revista Escolar Museo Etnográfico Saídas Educativas (museo, teatro, Salón do Libro Contacontos, concertos pedagóxicos, deporte...) Actividades complementarias Actividades extraescolares Adaptación das instalación para minusválidos (Ascensor, rampas, baños e duchas adaptados) Plan madruga Educación Dixital (Proxecto Edixgal) Autobús escolar (zona Nordeste)

88



Nº 25 – ANO XXIV – XUÑO 2015


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.