Xornal Escolar 2017/18

Page 1

A CARBALLEIRA 2018


A CARBALLEIRA

A NOSA DIRE Quen mo ía dicir! Que despois de ter marchado por mor da escaseza de nenos/as , da supresión de aulas....ía volver o CEIP A Carballeira, e como directora, nada menos. Boteivos moito de menos, cada ano, cada curso que non estiven con vos:..Pero xa estou aquí, de novo . O primeiriño , agradecervos que non me esquecerades. O segundo, que me botarades unha man para volver ,e o terceiro, darvos outra vez as grazas. Mil grazas. Comenzamos este ano académico, con moita ilusión e moitos proxectos de renovación educativa, para tentar mellorar a calidade das ensinanzas dos nosos alumnas/os. Á adquisición de novos ordenadores para cada aula, equipadas xa con pantalla e proxector, unimos a de novos ordenadores persoais para cada nena/o de 5º e 6º curso, inmersos no plan Abalar. Seguiremos traballando en pro dun desenvolvemento integral do alumnado favorecendo unha educación o máis personalizada posible para darlle as ferramentas necesarias para a súa posterior integración na Ed. Secundaria. Sinalar asemade, que continuaremos cos Proxectos Documentais Integrados (nova tendencia educativa) e que este ano adicamos á Robótica ,levando a cabo a adquisición duns primeiros equipos para devandito proxecto e que terá percorrido nos seguintes anos. Tamén permaneceremos no Plan Proxecta( Alimentación Saudable ) para acadar bos hábitos de alimentación; así como no Plan Madruga e no comedor para facilitar a conciliación familiar. O fortalecemento da biblioteca coma un mundo de coñecemento, diversión e aprendizaxe será tamén un eixo fundamental. Para rematar ,agradecervos a vos ,pais e nais, a vosa participación en actividades, proxectos e en todo canto sodes requeridos; sen a vosa axuda non poderíamos levar a bo fin cada período académico. Grazas . Mil grazas. María 2


A CARBALLEIRA

A NOSA ANPA

3


A CARBALLEIRA O MURMURIO DAS PALABRAS

SAMAÍN Como todos os anos, chegou o Samaín o noso colexio coas pantasmas, morcegos, cabazas, caroutas e 9..obradoiros. “Obradoiros de cabazas” coas que decoramos o corredor principal.

“Obradoiro de Contos de Medo”, onde ideamos e escribimos as nosas arrepiantes historias.

4


A CARBALLEIRA O MURMURIO DAS PALABRAS

SAMAÍN “Obradorio de alimentación". Os maiores elaboraron escumosos batidos e aterrecedoras composicións en forma de arañas, vermes, cabazas, pantasmas.

“Obradoiro de contacontos". Cos contos creados para o III Certame de Contos de Medo, durante a "Hora de ler", preparamos unha sesión de contacontos. .

5


A CARBALLEIRA O MURMURIO DAS PALABRAS

MAGOSTO Xa chegou o magosto! E como todos os anos, o pasamos xenial. Os profesores realizan unha fogueira e, cando hai brasa, botan nunha grella as castañas e os chourizos para asalos e comelos.

Diversión, castañas asadas, chourizos, ledicia, xogos divertidísimos , bo ambiente, bo tempo, ... qué máis podemos pedir? Sen dúbida9 que se repita!!!

6


A CARBALLEIRA O MURMURIO DAS PALABRAS

7


A CARBALLEIRA O MURMURIO DAS PALABRAS

MANUALIDADES DE OUTONO Cada ano mesturamos mellor os materiais :(landras,follas,fíos, paus9) para facer obras de arte.

Moitas grazas ás familias pola súa colaboración.!!!!

8


A CARBALLEIRA O MURMURIO DAS PALABRAS

O NADAL Este curso, organizamos un festival de Nadal moooi especial, adicado a profe Antía, onde queríamos agradecerlle a súa enorme dedicación e traballo polo colexio, o seu incansable labor pola diversidade e os grandes valores que nos achegou.

A continuación, dímolo todo nunhas actuacións que foron postas en escena ante un público entregado.

9


A CARBALLEIRA O MURMURIO DAS PALABRAS Houbo:

Panxoliñas9.

Cancións99

Bailes9.

Pezas con percusión corporal e instrumental9

Acrosport99

10


A CARBALLEIRA O MURMURIO DAS PALABRAS E unha obra de teatro interpretada sensacionalmente polos maiores do colexio.

Como todos os anos, recibimos a visita dun dos Reis Magos que nos agasallou a todos e todas cunhas lambetadas e un galano.

11


A CARBALLEIRA O MURMURIO DAS PALABRAS

O DÍA DA PAZ Cada 30 de xaneiro celébrase o Día Escolar da non Violencia e a Paz . Este curso centrámonos no dereito á Igualdade entre homes e mulleres; porén, realizamos un traballo de investigación sobre mulleres que recibiron o Premio Nobel da Paz .

Logo, organizamos unha xuntanza onde puidemos gozar do kamishibai titulado "Gaito Kamishibaia", narrado polo alumnado de 4º de Primaria. A continuación, cantamos a canción "Imagina - Efecto Pasillo" polo significativa que nos paraceu para esta celebración.

12


A CARBALLEIRA O MURMURIO DAS PALABRAS Os mรกis cativos do cole, crearon unha vistosa e leda pomba da Paz.

Rematamos a celebraciรณn engalanando o corredor principal con vagalumes personalizados .

13


A CARBALLEIRA O MURMURIO DAS PALABRAS

ENTROIDO E este ano foi de robots, baseándonos no tema do noso PDI "Meu amigo o robot" .

Desfilamos polo patio do colexio para que todos nos veran.

Degustamos as sobremesas típicas destas festas.

14


A CARBALLEIRA O MURMURIO DAS PALABRAS Temos que darlle as grazas as nais e pais da ANPA que adicaron horas e horas para confeccionar os traxes e organizaron un obradoiro no que colaboramos moi activamente.

E o séu esforzo e bon facer quedou reflexado na participarón no desfile de Entroido Marín 2018; acadando novamente o 3º premio da categoría de grupos!!!

15


A CARBALLEIRA O MURMURIO DAS PALABRAS

DÍA DE ROSALÍA No colexio traballamos a figura literaria de Rosalía de Castro ,con motivo do séu día, o 24 de febreiro. Realizamos diferentes actividades. Organizamos un obradoiro de Plástica e Escrita no que enfeitizamos uns adobíos 9..

que logo penduramos ou pegamos nas fiestras 9..

Organizamos un obradoiro de poesía no que elaboramos carteis cos distintos versos do cantar "Vamos bebendo"...

16


A CARBALLEIRA O MURMURIO DAS PALABRAS Cos que creamos un mural para o corredor principal9

Recitamos nas aulas diferentes poemas de Rosalía, na área de Música, co libro Rosalía Pequeniña de Uxía Senlle9

E o alumnado de 5º realizou un traballlo de investigación sobre a vida e obra da escritora.

17


A CARBALLEIRA O MURMURIO DAS PALABRAS

DÍA DA POESÍA O Día Mundial da Poesía celébrase internacionalmente o 21 de marzo de cada ano. No colexio, todos os nenos e nenas que pasaron pola biblioteca puidemos gozar da lectura de exemplares deste xénero literario; propuxéronnos tres libros da escritora María Victoria Moreno .

Asemade, nas aulas organizáronse obradoiros de poesía nos que creamos os nosos propios poemas.

18


A CARBALLEIRA O MURMURIO DAS PALABRAS

DÍA DO LIBRO Este ano fixemos, na biblioteca, unha exposición de libros antigos baixo o título” Éranse unha vez os libros99.” que emprestounos o profe Tito. Nela, todos poidemos observar detidamento como eran os libros (cartillas de lectura, libro de contos e poesías, leccións de xeometría, historia ou ciencias sociais...) cos que estudaban os nenos e nenas a mediados do século XX .

19


A CARBALLEIRA O MURMURIO DAS PALABRAS

LETRAS GALEGAS Adicado este ano a escritora pontevedresa María Victoria Moreno. Levamos a cabo varias actividades para conmemorar este día. En primeiro lugar, recibimos a visita do colectivo Polo Correo do Vento que, dunha forma moi entretida, contáromnos a biografía da escritora, falaron das súas publicacións e relataron anécdotas da súa vida.

A continuación viñeron os “Titos”, afectuosamente así chamados por María Victoria Moreno, son Tito Seijas e Nenuca Gallego, dous marabillosos libreiros pontevedreses, grandes amigos da autora homenaxeada nas Letras Galegas 2018.

20


A CARBALLEIRA O MURMURIO DAS PALABRAS Tíñamos preparadas unha serie de preguntas, que non só foron acougadas, senón que tamén nos contaron unha morea de anécdotas que demostran a admiración que senten por ela como persoa e como profesional.

E como derradeira actividade de conmemoración das Letras Galegas 2018, todos os rapaces e rapazas de Educación Infantil e Primaria realizamos unha xuntanza, guiada e presentada polo profe Tito.

21


A CARBALLEIRA O MURMURIO DAS PALABRAS Primeiro visualizamos un vídeo elaborado sobre a escritora coa información recompilada e sintetizada polos compañeiros e compañeiras de 6º de Primaria como traballo de investigación nas aulas ABALAR e E-DIXGAL. A continuación, entregáronnos cadanseu diploma e agasallo pola participación no VIII Certame Literario e V Certame Fotográfico.

E finalizamos o acto cun vídeo dos nenos de Educación Infantil.

22


A CARBALLEIRA O MURMURIO DAS PALABRAS

PLAN PROXECTA Sabedores da importancia de fomentar hábitos saudables na comunidade escolar a través de dietas equilibradas e utilizando produtos de calidade que garantan unha alimentación e desenvolvemento axeitado, este curso continuamos no Plan Proxecta; concretamente nas modalidades de “ Lácteos e Froitas na escola” O primeiro destes plans ten por obxecto o fomento do consumo de produtos lácteos e leite que ofrécese aos centros, a prezo reducido a través da convocatoria do FOGGA. Así, tomamos un brick individual de leite9..

23


A CARBALLEIRA O MURMURIO DAS PALABRAS Organizamos un primeiro obradoiro de alimentaciรณn onde preparamos sabedoiros batidos mesturando leite e froita (plรกtano, mazรก e pera)99.

E un segundo onde preparamos unhas cantas sobremesas con lรกcteos. Comezamos elaborando unhas sabedeiras torradas9.

Continuamos facendo un iogur natural 9

24


A CARBALLEIRA O MURMURIO DAS PALABRAS E rematamos cunha mousse de limón 9.

Dentro do Plan Proxecta, tamén realizamos o obradoiro "Froita na escola" que ten por obxecto o fomento do consumo de froita fresca e de tempada entre o alumnado. Así,o longo de dúas semanas fumos tomando piña, pera, plátano, amorodos, arándanos e mandarinas.

Ademais de todo o anterior,9. Os lúns seguimos celebrando “O día do iogurt”9.. E os mércores, “ O día da froita”. 25


A CARBALLEIRA O MURMURIO DAS PALABRAS

ACTIVIDADES NO CENTRO ONCE

Visitounos unha muller cega que traballa na ONCE, e amosounos moitas cousas; coma que podemos recoñecer as cores empregando o sentido do olfato9..

9. desprazarnos e esquivar os obstáculos usando un caxato blanco

26


A CARBALLEIRA O MURMURIO DAS PALABRAS 9.como lles podemos axudar a moverse as persoas cegas se lles falta o bastรณn

9.. e como len e escriben empregando o sistema de lectura e escritura tรกctil Braille .

27


A CARBALLEIRA O MURMURIO DAS PALABRAS

PONLLE AS PILAS AO TEU BOCATA Neste obradoiro amosáronnos os beneficios das conservas dos productos do mar. Dita campaña, está promovida pola Consellería do Mar. Viñeron ao colexio dúas monitoras para ensinarnos a todos o saudables que poden ser os bocatas de conserva cando os acompañamos dos elementos que máis nos gustan ( leituga, millo, olivas...). Antes de degustar os bocatas9.os máis pequenos do colexio realizaron un quebracabezas sobre tres animais mariños: sardiña,atún e mexillón; e os maiores xogaron ao trivial.

28


A CARBALLEIRA O MURMURIO DAS PALABRAS e por fin chegou o momento de escoller o contido do noso bocata, para despois devoralo.

29


A CARBALLEIRA O MURMURIO DAS PALABRAS

XOGUETOLOXÍA Nesta actividade tíñamos que organizar unha festa coa única condición de que non podíamos ter nada nas mans e nos petos. Tíñamos que utilizar o noso maxín, e démonos conta de que era máis doado do que creíamos. Argallamos actividades : improvisamos coa voz diferentes instrumentos, organizamos bailes con intercambio de parellas, xogos de pillar9

Pasámolo moi ben!!!!!! 30


A CARBALLEIRA O MURMURIO DAS PALABRAS

ALMORZOS SAUDABLES Ë unha iniciativa promovida pola Consellería de Sanidade que busca fixar hábitos saudables na alimentación do alumnado e mellorar a súa saúde bucodental. Recordáronnos a importancia que ten para a saúde o almorzo -como primeira comida do día- e as variacións que se poden facer, para conseguir unha alimentación variada, equilibrada e san.

31


A CARBALLEIRA O MURMURIO DAS PALABRAS

ROBÓTICA Este ano decidimos adicar o noso PDI o mundo da robótica . Todo o colexio animouse a adentrarse nunha actividade nova, o mundo da programación,da que aprendimos moitísimas cousas . Utilizamos diferentes programas, como o MBLOCK e o SCRATCH e diferentes tipos de robots: ZOWI, BEEBOT, MOUSSE ROBOT. Así, os pequerrechos de Educación Infantil traballamos con contos clásicos, que primeiro narraba a profesora ,e despois, nun panel, programando o BEEBOT facíamos as secuencias do conto.

32


A CARBALLEIRA O MURMURIO DAS PALABRAS 0s de 1º de Primaria tamén traballamos na aula os contos , entre eles "Blancanieves y los siete enanitos". E tras a súa lectura , pasábamos a un panel elaborado con diferentes escenas para traballar co BEEBOT e o MOUSSE ROBOT .

.

33


A CARBALLEIRA O MURMURIO DAS PALABRAS Os nenos e nenas de 2º aprendimos a manexalos, observando como realizaban diferentes funcións según as ordes que lles déramos. Vimos como podían esquivar obstáculos e/ou seguir un percorrido programado .

Tamén traballamos con paneis elaborados con escenas de contos ou de elementos da cidade9...

34


A CARBALLEIRA O MURMURIO DAS PALABRAS E dimos un paso máis, comenzando co SCRATCH, afacéndonos á linguaxe de programación, utilizándoo para crear sinxelas animacións, interaccións... Primeiro o fixemos na pantalla dixital da aula 9.

E, despois, practicamos a darlle ordes ao robot MBOT grazas a tablet do profe Pancho, que previamente descargara nela a aplicación mBlock .

35


A CARBALLEIRA O MURMURIO DAS PALABRAS Os de 3º descubrimos como esquiva obxectos e como cambia as luces de cor.

E como temos que programar o ROBOT MOUSSE para que realice o percorrido diseñado.

36


A CARBALLEIRA O MURMURIO DAS PALABRAS Os maiores do colexio aprendimos a programar co MBlock as diferentes funcións de movemento, apariencia, exploramos diferentes formas de programar interaccións entre personaxes e fondos ,escollimos escenarios ou modificábamos algúns dos parámetros dados, utilizamos bloques de espera para conversa e son, exploramos os conceptos computacionais de bucle, eventos e paralelismo9...

37


A CARBALLEIRA O MURMURIO DAS PALABRAS

E os de 6ยบ de Primaria dimos un paso mรกis, xa que unha vez dominados os bloques do MBLOCK (eventos, control, movemento, apariencia, datos e bloques ...), centrรกmonos no Bloque ROBOTS (mBot Program).

38


A CARBALLEIRA O MURMURIO DAS PALABRAS

Tamén traballa outros bloques para o robot mBot: "Bloque de motores" (controla os dous motores ( M1 e M2) do mBot) e "Bloque Led RGB" (controla as cores da luz que emite o mBot). Asemade, explicáronnos que para cargar un programa na placa Arduino, o mBot debe estar previamente conectado ao computador mediante un cable USB.

39


A CARBALLEIRA

AS NOSAS FESTAS

40


A CARBALLEIRA

41


A CARBALLEIRA

DEVORADORES

42


A CARBALLEIRA

MURAIS

43


A CARBALLEIRA

44


A CARBALLEIRA O MURMURIO DAS PALABRAS

OS NOSOS PREMIADOS

45


A CARBALLEIRA O MURMURIO DAS PALABRAS

CERTAME FOTOGRÁFICO

46


A CARBALLEIRA O MURMURIO DAS PALABRAS

47


A CARBALLEIRA O MURMURIO DAS PALABRAS

SAÍDAS….A CLESA Visitamos a fábrica CLESA, en Caldas de Reis. Alí recibíronnos os integrantes do colectivo polo "Correo do vento", Enrique e Carlos, que nos ensinaron a pé as instalacións.

A través dunha vidreira, puidemos contemplar toda a cadea de envasado totalmente robotizada.

48


A CARBALLEIRA O MURMURIO DAS PALABRAS Despois,os maiores gozamos coa historia do proceso de obtención do leite ,e os cativos do cole, desfrutaron dunha pracenteira sesión de contacontos .

Máis tarde, chegou o momento de degustar unha saborosa sobremesa de produtos lácteos CLESA e, amais, agasalláronnos cun lote de diferentes iogures e o conto “Da granxa a merenda”.

49


A CARBALLEIRA O MURMURIO DAS PALABRAS

A BIBLIOTECA..”ANTONIO ODRIOZOLA” Fumos de visita a Biblioteca “ Antonio Odriozola” de Pontevedra. Alí, organizáronnos unha visita guiada onde nos ensinaron como ordenaban os seus fondos por seccións e como estruturaban os seus andeis segundo o tipo de libros que contiñan (comic,cores, idiomas, Braille..).

Consultamos e ollamos libremente algúns dos libros que tiñan expostos en diferentes andeis.

50


A CARBALLEIRA O MURMURIO DAS PALABRAS Os máis pequenos do cole entretivéronnos cunha sesión de contacontos .

E os maiores xogamos ao Trivial. Formamos grupos e tirando un dado iamos avanzando nun taboleiro se sabiamos a resposta a unha pregunta (natureza, deporte, corpo humán...) que a monitora facía. Se non a sabíamos ,tíñamos un tempo para consultar os libros dos andéis.

51


A CARBALLEIRA O MURMURIO DAS PALABRAS

O...SALÓN DO LIBRO Este ano, o lema era “Mulleres de conto”,e traballamos e aprendimos moito sobre a vida das mulleres que reflectimos no noso traballo.

Cando chegamos alí,o primeiro en recibirnos foi Orbil cunha grande aperta.

52


A CARBALLEIRA O MURMURIO DAS PALABRAS Despois, separámonos e fumos a diferentes actividades. Así, os máis cativos acudimos a unha sesión de contacontos

Os nenos e nenas de 1º e 2º de Primaria tamén tivemos contacontos, onde narráronnos tres historias e cantamos unha canción.

Os nenos de 3º de Primaria asistimos a unha charla sobre costumes mexicanas, o conto dunha fábula e un obradoiro de alimentación.

53


A CARBALLEIRA O MURMURIO DAS PALABRAS

Os de 5º participamos nun coloquio sobre a igualdade da man da escritora Eli Ríos, baseándose no libro "Marta e a Píntega"; e os de 4º e 6º asistimos a un taller de ilustración dunha ilustradora mexicana, moi ameno e entretido. Debuxamos nun folio rotativo diferentes caras, pregado de maneira que, ao final, acadaron unhas combinacións fabulosas.

Pasámolo moi ben,e xa estamos desexando volver o ano que ben.

54


A CARBALLEIRA O MURMURIO DAS PALABRAS

O….TEATRO Fumos todo o colexio ó Pazo da Cultura, a ver unha obra titulada "A ovella Engracia" , baseada nun texto de María Lado, con acompañamento musical en directo (unha batería, un piano e un contrabaixo) por parte do Seminario Permanente de Jazz. Escoitamos cancións, vimos bailes e disfrutamos da música. Pasámolo moi ben!!!

55


A CARBALLEIRA O MURMURIO DAS PALABRAS

O…….ROTEIRO CASTELAO Os alumnosde 5º e 6º de Primaria percorrimos a cidade de Pontevedra visitando os lugares emblemáticos da vila: rúas, prazas, edificios9..,por onde paseou e onde vivíu Castelao.

56


A CARBALLEIRA O MURMURIO DAS PALABRAS

0...CIRCUITO DE BICIS E KARTS Os rapaces e rapazas de 5º de Primaria participamos na campaña de "Educación Vial" organizada polo Concello de Pontevedra. Tivemos dúas sesións teóricas nas que nos explicaron como actuar sendo conductor ou peón9...

E despois puxemos en práctica o aprendido, no circuito que o Concello de Pontevedra ten habilitado para este fin, e demostramos tanto nas bicis coma nos karts que somos auténticos expertos.

57


A CARBALLEIRA

OS NOSOS TRABALLOS... INFANTIL 3 ANOS Fixรกdevos que conto mรกis fermoso crearon os pequenos de 3 anos.

58


A CARBALLEIRA

59


A CARBALLEIRA

60


A CARBALLEIRA

61


A CARBALLEIRA

INFANTIL 4 E 5 ANOS E que debuxos tan fermosos fixeron os nenos e nenas de 4 e 5 anos:

62


A CARBALLEIRA

63


A CARBALLEIRA Na clase de 5º e 6 de Educación Infantil decidimos que como nos gustan tanto os contos imos resumir este curso cun relato que esperamos que vos guste9 “A historia comeza cun grupo de nenos e nenas de 4 e 5 anos que se xuntan para comezar un novo curso no que convivirán cunha nova profesora. Todo é novo, a profe, os compañeiros e compañeiras, a clase... Pero con agarimo e respecto convertémonos nun gran grupo que xuntos convértemonos nun equipo9. e así foi como comezaron os proxectos e a traballar en equipo...gustáronnos todos pero cos que máis gozamos foron con: "O monstro de cores", que o lembramos todos os días para dicir aos nosos amigos e amigas como sentimos ao terminar o día do cole, e o que máis nos gusta escoitar é que imos a casa de "cor amarela, verde e rosa"..: "O monstro de cores", que o lembramos todos os días para dicir aos nosos amigos e amigas como sentimos ao terminar o día do cole, e o que máis nos gusta escoitar é que imos a casa de "cor amarela, verde e rosa".

.: 64


A CARBALLEIRA "As profesións", onde invitamos ós nenos e nenas de 3 anos, 1º e 2º de Primaria e que, grazas a colaboración das familias e profesionais tivemos a sorte de ter a visita dun carpinteiro, un policía9

Tamén unha mariscadora e un pasteleiro9

E a dunha perruqueira e un carteiro9

65


A CARBALLEIRA

E como en todos os proxectos terminamos cun traballo que neste caso foi facer un libro “Abecedario das profesións” que esta na biblioteca da aula e que podemos ver tódolos días

Gozamos coñecendo os “Medios de transporte” poidendo compartir na clase xoguetes, libros, fotos, etc. que trouxemos das casas grazas a que os nosos pais e nais colaboran en todo o que nos pide a profe e para rematar un mural que nos quedou xenial ó carón da nosa clase.

66


A CARBALLEIRA

Pero tampouco podemos esquecernos da robótica que tanto nos gusta....

Para este conto necesitariamos moitas máis palabras, fotografías9. e moito máis espazo, porque foi un curso onde aprendimos e traballamos moito e sobre todo gozamos de facer actividades xuntos ademais das que fixemos xunto cos compañeiros/as de Infantil e de Primaria. Pero sen dúbida, o que máis nos gusta é que este conto non se acaba, xa que, seguimos con ganas de aprender, de estar cos nosos compañeiros e compañeiras, de seguir sendo un equipo e de gozar de cada día na escola, por iso,non podemos rematar o conto xa que hai que dicir que continuará.....

67


A CARBALLEIRA

1ยบ DE PRIMARIA

68


A CARBALLEIRA

69


A CARBALLEIRA

70


A CARBALLEIRA

71


A CARBALLEIRA

2º DE PRIMARIA Fixemos historias e debuxos sobre o robot que gustaríanos ter:

72


A CARBALLEIRA

73


A CARBALLEIRA

74


A CARBALLEIRA

75


A CARBALLEIRA

3ยบ DE PRIMARIA

76


A CARBALLEIRA

77


A CARBALLEIRA

78


A CARBALLEIRA

79


A CARBALLEIRA Debuxamos un robot

80


A CARBALLEIRA Escribimos historias de medo :

81


A CARBALLEIRA

82


A CARBALLEIRA

83


A CARBALLEIRA

4ยบ DE PRIMARIA Escribimos unhas noticias:

84


A CARBALLEIRA

85


A CARBALLEIRA

86


A CARBALLEIRA

87


A CARBALLEIRA

88


A CARBALLEIRA

89


A CARBALLEIRA

90


A CARBALLEIRA

91


A CARBALLEIRA

5ยบ DE PRIMARIA

92


A CARBALLEIRA

93


A CARBALLEIRA

94


A CARBALLEIRA

95


A CARBALLEIRA

6ยบ DE PRIMARIA

96


A CARBALLEIRA

97


A CARBALLEIRA

98


A CARBALLEIRA

99


100


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.