Manifesto da UNESCO/IFLA sobre a Biblioteca Escolar

Page 1

Rob Gonsalves, Written Worlds

Manifesto da IFLA/UNESCO sobre a Biblioteca Escolar: A Biblioteca Escolar na Ensinanza e o Aprendizaxe para Todos

Traduci贸n, Daniel Borja Dur谩n Alonso Biblioteca do CMUS de Lugo, 2009


Manifesto da UNESCO/IFLA sobre a Biblioteca Escolar: A Biblioteca Escolar na Ensinanza e o Aprendizaxe para Todos. A función da biblioteca escolar na ensinanza e o aprendizaxe para todos A biblioteca escolar proporciona información e ideas que son fundamentais para desenvolverse con éxito na nosa sociedade contemporánea, baseada na información e o coñecemento. Proporciona aos alumnos competencias para o aprendizaxe ao longo de toda a súa vida e contribúe a desenvolver a súa imaxinación, permitíndolles que se conduzan na vida como cidadáns responsables. A misión da biblioteca escolar A biblioteca escolar ofrece servizos de aprendizaxe, libros e outros recursos que permiten a todos os membros da comunidade escolar formarse un pensamento crítico e empregar eficazmente a información en calquera formato e medio de comunicación. As bibliotecas escolares están conectadas coa vasta rede de bibliotecas e información, de acordo cos principios do Manifesto da UNESCO sobre a Biblioteca Pública. O persoal da biblioteca axuda a utilizar os libros e outras fontes de información, dende os relatos literarios ata os documentos plasmados en todo tipo de soportes (impresos, electrónicos ou outros) e accesibles directamente ou a distancia. Estes materiais complementan e enriquecen os libros de texto, así como os materiais e métodos pedagóxicos. Demostrouse que, cando os bibliotecarios e os docentes cooperan, os alumnos logran acadar niveis máis altos en coñecementos básicos, lectura, aprendizaxe, solución de problemas e competencias en materia de tecnoloxías da información e a comunicación. Aos servizos da biblioteca escolar deben ter acceso por igual todos os membros da comunidade escolar, sen distinción de idade, raza, sexo, relixión, nacionalidade, lingua, condición social e situación profesional. Hai que ofrecer servizos e materiais específicos aos que non están en condicións de utilizar os servizos e materiais de bibliotecas correntes. Financiamento, lexislación e redes A biblioteca escolar é un elemento esencial de calquera estratexia a longo prazo para alfabetizar, educar, informar e contribuír ao desenvolvemento económico, social e cultural. Tendo en conta que a biblioteca escolar é da incumbencia das autoridades locais, rexionais e nacionais, é preciso darlle apoio mediante lexislacións e políticas específica. As bibliotecas escolares deben contar cunha financiamento axeitada para dispoñer de persoal capacitado, materiais, tecnoloxías e instalacións. Ademais, deberán ser de balde.

2 de 4


A biblioteca escolar é unha interlocutora esencial nas redes locais, rexionais e nacionais de bibliotecas e información. Cando a biblioteca escolar comparta as súas instalacións ou recursos con outro tipo de bibliotecas, deberán recoñecerse e manterse os obxectivos que lle son propios. Obxectivos da biblioteca escolar A biblioteca escolar é parte integrante do proceso educativo. Os obxectivos enumerados a continuación son fundamentais para desenvolver os coñecementos básicos, os rudimentos en materia de información, a ensinanza, o aprendizaxe e a cultura, e representan os servizos esenciais de toda biblioteca escolar: • • •

• •

Apoiar e realizar os obxectivos do proxecto educativo do centro escolar e do plan de estudos. Inculcar e fomentar nos nenos o hábito e o pracer da lectura, o aprendizaxe e a utilización das bibliotecas ao longo de toda a súa vida. Ofrecer oportunidades para realizar experiencias de creación e utilización de información co fin de adquirir coñecementos, comprender, desenvolver a imaxinación e entreterse. Prestar apoio a todos os alumnos para a adquisición e aplicación de capacidades que permitan avaliar e utilizar a información, independentemente do seu soporte, formato ou medio de difusión, tendo en conta a sensibilidade ás formas de comunicación que existan na comunidade. Facilitar o acceso aos recursos e posibilidades locais, rexionais, nacionais e mundiais para que os alumnos teñan contacto con ideas, experiencias e opinións varias. Organizar actividades que estimulen a concienciación e a sensibilización no plano cultural e social. Traballar co alumnado, o profesorado, a administración e as familias para realizar o proxecto educativo do centro escolar; proclamar a idea de que a liberdade intelectual e o acceso á información son fundamentais para exercer a cidadanía e participar nunha democracia con eficiencia e responsabilidade. Fomentar a lectura e promover os recursos e servizos da biblioteca escolar dentro e fora do conxunto da comunidade escolar.

Para cumprir estas funcións, a biblioteca escolar debe formular políticas e crear servizos, seleccionar e adquirir materiais, facilitar o acceso material e intelectual ás fontes de información axeitadas, proporcionar recursos didácticos e empregar a persoal capacitado. Persoal A persoa encargada da biblioteca escolar será o membro do persoal da escola profesionalmente cualificado para planificar e administrar o seu funcionamento e 3 de 4


contará, no posible, coa axuda de persoal dabondo. Este profesional cooperará con todos os membros da comunidade escolar e actuará de ligazón coa biblioteca pública e outros centros de documentación. A función que cumpre o bibliotecario escolar variará en función do presuposto, do plan de estudos e dos métodos pedagóxicos de cada centro escolar, dentro do marco xurídico e financeiro establecido en cada pais. Nalgúns contextos específicos, hai eidos xerais de coñecemento que son fundamentais para que os bibliotecarios das escolas estean en condicións de crear e facer funcionar servizos de biblioteca eficaces no centro escolar: xestión de recursos, bibliotecas e información, e pedagoxía. Nun entorno caracterizado polo incremento da conexión en redes, as persoas encargadas da biblioteca escolar deben ser competentes para planificar distintas técnicas de utilización da información e amosalas tanto ao profesorado coma ao alumnado, de xeito que teñen que seguir formándose e evolucionando profesionalmente. Funcionamento e xestión Para garantir un funcionamento efectivo e responsable da biblioteca escolar: • • • •

Debe elaborarse unha política dos seus servizos co fin de definir obxectivos, prioridades e prestacións, en función do plan de estudos da escola. E preciso que a súa organización e mantemento se fagan con respecto ás normas profesionais. Compre que os seus servizos sexan accesibles a todos os membros da comunidade escolar e que sexan funcionais no contexto da comunidade local. Débese estimular a cooperación co profesorado, a dirección dos centros de ensinanza secundaria, a administración, os pais, os demais bibliotecarios e profesionais da información, e os grupos comunitarios.

Texto publicado en 2000 pola IFLA e a UNESCO co título IFLA/UNESCO School Library Manifesto: The School Library in Teaching and Learning for All.

4 de 4


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.