A MORTE DE HÉCTOR
PRÍAMO NA MURALLA Viuno primeiro o vello Príamo, cos seus propios ollos, a correr pola chaira, escintilando como a estrela que chega en outono, cando co seu brillo aparece entre as millentas estrelas na escuridade da noite, esa á que alcuman “O Can de Orión”, aquela máis brillante de todas que devén sinal funesto porque aos malpocados mortais trae moita febre. De tal xeito lle brillaba a el o bronce arredor do peito en canto corría.
PRÍAMO NA MURALLA Comezou a laiarse daquela o vello, a erguer as mans ao ceo e a bater na cabeza e, despois de tanto carpir, botouse a suplicarlle ao fillo que estaba perante a porta e non vía a hora de pelexar contra Aquiles. O vello falaba con magoantes palabras e as mans estendidas cara el: :
“Héctor, meu fillo, non me esperes a ese home ti só, lonxe dos demais, non vaias procurar tan logo o teu destino, vencido polo Pelida. Pois éche moito mellor ca ti, desgrazado… Oxalá tan lles fose aos deuses tan querido como a min, que de contado. había quedar estarricado para que nel comesen os cans e mailos voitres e a min habíame marchar das entrañas un tremendo pesar, pois foi el quen me deixou sen os meus nobres fillos, matando neles ou vendéndoos en afastadas illas”
HÉCUBA CHORA Tamén choraba, polo outro lado, a súa nai. Deixando ao aire o ventre e tendo conta do peito coa outra man, dicíalle aladas palabras botando bágoas: “Héctor, meu fillo, ten consideración e dóete de min, se é que algunha vez eu che dei o peito que quita os pesares… Fai caso de min e escápalle a ese home terrible. Estate na muralla e non quedes aí a plantarlle cara. Coitado! Se te chegase a matar, flor que parín, non te hei chorar de corpo presente, nin tampouco o ha facer a túa muller, de rico dote, senón que, lonxe de nós, onda os barcos arxivos, os cans lixeiros han rillar en ti”
“Pobre de min! Se me meter pola porta dentro das murallas, Polidamante ha ser o primeiro en botarmo na cara... E se tirara co curvado escudo e co forte casco, deixara a lanza apoiada na muralla e marchara ao encontro do perfecto Aquiles? Podía prometerlle a Helena todas cantas riquezas Alexandre trouxo a Troia nas cóncavas naves, que foi a causa da guerra, para que os Atridas as leven e os Aqueos repartan entre eles canto esta cidade garda; Pero por que matina nisto a miña cabeza? Non penso ir onda el, pois non ha de doerse de min, nin me ha respectar, senón que me matará alí mesmo, desarmado coma unha muller, pois non se trata cunha pedra ou cun carballo como se trata un home a outro; mellor ha ser loitar canto antes, a ver quen o Olímpico concede a gloria”
AS DÚBIDAS DE HÉCTOR
CHEGA AQUILES En canto as铆 agardaba, discurrindo, chegouse a el Aquiles, o bravo guerreiro id茅ntico a Ares, coa tremenda lanza de freixo do monte Peli贸n, brillante como o l贸strego, como o lume ardente ou como o sol ao nacer, apoiada no ombro.
•
Héctor, ao velo, púxose a tremer e xa non se atreveu a quedar alí, senón que deixou atrás as portas e marchou cheo de medo. O Pelida botouse atrás del, fiado dos seus rápidos pés. Héctor empezou a fuxir arredor das murallas de Troia, movendo rápido os xeonllos. Xa logo ían correndo, polo carreiro embaixo, onde a torre vixía e a figueira chumba que o aire sacudía, cada vez máis apartados do muro, movendo rápido os xeonllos. Chegaron ás dúas fontes de fermosa corrente onde deitan os dous mananciais do revolto Escamandro. Como cabalos campións que dan voltas cos cascos arredor da pista por un gran premio alí exposto -un trípode ou a muller dun home morto- así deron os seus pés lixeiros tres voltas arredor da cidade de Príamo, en canto os deuses todos estaban a ollalos.
HÉCTOR ESCAPA
A DECISIÓN DOS DEUSES Daquela empezou a falarlles o pai dos homes e mais dos deuses: “Ai, ai, os meus ollos ven un home querido e perseguido arredor da muralla! Meu corazón chora por Héctor, quen moitas coxas de bois me ten queimado nos cumios do escarpado Ida e tamén no alto da vila… Veña, deuses, cavilade se salvalo da morte ou deixalo nas mans do Pelida Aquiles”
A DECISIÓN DOS DEUSES Contestoulle entón a deusa Atenea de ollos claros: “Meu pai de brillante lóstrego, que xuntas as nubes! Que palabra dixeches? A un home mortal, co seu destino fixado xa hai tempo, quérelo salvar da funesta morte! Faino, mais non cho imos aprobar todos os outros deuses. ” Zeus, que xunta as nubes, contestoulle: “Faime confianza, miña filla; se cadra estouche falando e ti tes outra idea, mais eu téñoche boa intención. Fai o que che mande a cabeza e non pares xa”
FIN DA PERSECUCIÓN •
O veloz Aquiles daba voltas atrás de Héctor con ardor, tal como nos soños cando un non pode perseguir aquilo que nos escapa, pois nin un dá fuxido nin o outro o dá alcanzado. Do mesmo xeito, correndo, un non o daba collido nin o outro se daba librado. O divino Aquiles acenaba coa cabeza aos seus homes, non quería que lle disparasen frechas a Héctor, non fora ser que algún lle dese e levase a gloria quedando el de segundo.
FIN DA PERSECUCIÓN
Pero cando xa por cuarta vez chegaron onda as fontes, daquela sacou o pai Zeus a balanza e nela puxo as dúas sortes da triste morte: a de Aquiles por un lado e a de Héctor, domador de cabalos, polo outro; colleuna, puxo o fiel ao medio e chegou o día fatal para Héctor: había ir cara o Hades. Foi nesas cando o abandonou Apolo.
ATENEA AMOLA A HÉCTOR “Ilustre Aquiles, amado de Zeus, agora, se onde as naves matamos a Héctor, habemos conquistar unha grande gloria para os Aqueos, porque xa non hai xeito de que nos escape por moito que sufra o arqueiro Apolo e ande de arrastro diante de Zeus, o da Éxida. Ti para e colle folgos, que eu hei ir convencelo para que loite” Iso foi o que lle dixo Atenea. El fíxolle caso e púxose contento. Quedou quedo, apoiado na súa lanza de punta de bronce, e ela deixouno para ir onda o divino Héctor, a quen lle apareceu coa feitura de Deífobo, tanto no corpo como voz suave. Achegouse a el e faloulle con aladas palabras: “Querido irmán, moito te abafa o rápido Aquiles perseguíndote con rápidos pés ao redor da cidade de Príamo. Pero, veña! Quedemos quietos e poñámoslle cara”
ATENEA AMOLA A HÉCTOR
Entón díxolle a ela o poderoso e arroutado Héctor: “ Deífobo, sempre me fuches ti o máis querido dos irmáns que botaron ao mundo Hécuba e Príamo, e penso que agora aínda máis hei estimar no meu peito a quen por miña causa se atreveu a saír da muralla, en canto os outros quedan dentro” Díxolle a seguir a deusa Atenea de ollos claros: “Mais agora marchemos pelexar con ansia!”
AQUILES ATOPA A HÉCTOR
Primeiro falou o poderoso e arroutado Héctor: “Fillo de Peleo, xa non che hei escapar máis. Agora mándame o xenio poñerche cara, a ver se podo contigo ou podes ti comigo. Veña, poñamos os deuses por testemuñas! Eu non te penso mutilar horriblemente; se Zeus me dá a vitoria e che quito a vida, quedarei coas túas armas ilustres, Aquiles, pero o teu cadáver heillo devolver aos Aqueos. Fai ti tamén do mesmo xeito”
AQUILES ATOPA A HÉCTOR Mirándoo de esguello díxolle Aquiles de rápidos pés: “Héctor, maldito, non me fales de acordos, que entre os homes e os leóns non che hai xuramentos que vallan, nin lobos e años teñen corazón para avinzas, senón que andan sempre a matinar o mal uns contra os outros. E deste xeito tampouco podes agardar que nos teñamos aprecio, nin haberá entre nós xuramento ningún ata que un dos dous caia e o invencible guerreiro Ares se fartar do seu sangue. Lémbrate de todo o teu valor, pois agora cómpreche ser lanceiro e guerreiro valoroso. Non tes xa máis saída, pois Palas Atenea de seguida te ha deixar rendido baixo a miña lanza. Agora, pagarás por todos os males dos meus compañeiros, a quen mataches coa túa lanza”
•
Tomou a lanza de longa sombra e mandoulla, e o ilustre Héctor, ao vela, sentou, e a lanza de bronce pasoulle por riba e espetouse na terra. Arrincouna Palas Atenea e devolveulla a Aquiles, sen que a vise Héctor.
Héctor díxolle ao perfecto Pelida: “Fallaches, Aquiles amado dos deuses! Non soubeches por Zeus o meu destino, por moito que digas, mais fuches agudo de lingua, para que che collese medo e esquecese a miña forza e mais o meu valor. Non me has espetar a lanza nas costas escapando, pois has de ter que ma meter dereitiña polo peito, se é que algún deus cho consente. Agora a ver se evitas a miña lanza de bronce... ”
O COMBATE
Colleu a lanza de longa sombra e mandoulla, deulle ao Pelida no medio e medio do escudo e non fallou, pero a lanza marchoulle lonxe. Alporizouse Héctor por quedarse sen a aguda lanza, rabiando por non ter máis lanzas de freixo. Chamou aos brados a Deifobo e pediulle unha longa lanza. Pero aquel xa non estaba a par del. Héctor comprendeu e comezou a dicir: “Ai, que xa os deuses me chaman á morte. Eu estaba certo de que o heroe Deífobo estaba ao meu carón, mais está onda a muralla. Prexudicoume Atenea, e ese ha ser tamén o gusto de Zeus e do arqueiro fillo de Zeus, que antes volvían por min. Agora chega a miña hora. Pero non morrerei sen loita nin gloria, pois aqueles que veñan despois de min han de saber dos meus feitos”.
O COMBATE
•
Falando así, sacou a afiada espada que das costas levaba pendurada, arrepúxoselle e botouse a el coma a aguia que voa alto no ceo. Tamén Aquiles se botou contra o rival co corazón cheo de xenio salvaxe, cubrindo o peito co seu fermoso escudo. Movíase o brillante casco de longo penacho remexendo as fermosas crinas de ouro que Hefesto lle puxera ben apretadas no cumio. O corpo do outro ía cuberto dunha armadura ben fermosa, que non era outra que a que lle quitara a Patroclo cando o matara. Pareceulle ao divino Aquiles que a morte había penetrar máis doadamente alí onde os broches se separan e onde se xuntan os pescozo cos ombros e por alí lle entrou coa lanza. A punta atravesoulle o tenro pescozo de lado a lado. O pesado bronce non llo cortou para que el puidera contestarlle con palabras e, así, ao caer na poeira, púxose a botarllas o divino Aquiles:
O COMBATE
A MORTE “Non dicías, Héctor, en canto matabas a Patroclo, que nada che había pasar e que ningún respecto me tiñas, pois moi lonxe andaba eu? Parvo! Velaí que, lonxe, onda as escuras naves, estaba para el o seu mellor vingador, eu mesmo, que fun quen de dobrarche os xeonllos…Agora a ti hante desfacer os cans e os paxaros, mentres que a el os Aqueos hanlle tributar as derradeiras honras” Esmorecendo díxolle o arroutado Héctor: “Pídocho de xeonllos, pola túa vida, polos teus pais, non deixes que, onda as naves me devoren os cans dos Aqueos, apaña mellor todo o bronce e o ouro que, ás mancheas, che han dar o meu pai e a miña nai por que lles deixes levar á casa o meu corpo e por que os Troianos e as súas mulleres me dean o lume que lle cómpre a un morto”
A MORTE
Ollándoo de esguello díxolle Aquiles de pés lixeiros: “Non me supliques, can, nin póndote de xeonllos me mentes os pais… Oxalá que o xenio e a rabia me mandasen cortar a túa carne e comela crúa. Co que fixeches non haberá que che aparte os cans da cabeza, nin sequera se un rescate dez ou vinte veces tan grande me puxeran diante e outras cousas por riba me prometesen, nin sequera se Príamo me pedise liberarte por moito ouro. Nin así, de corpo presente, te ha chorar nun leiro a venerábel nai que te pariu; os cans e os paxaros hante repartir enteiro entre eles”
Estando a morrer díxolle o arroutado Héctor:
A MORTE
“Agora que te miro, ben vexo como es e non te había dar convencido, pois tes un corazón de ferro no peito. Mais pensa se non irei ser eu a causa da ira dos deuses, o día que, co ilustre que ti es e todo, París e Febo Apolo acaben contigo onda as portas Esceas.” ”
Así falando, cubriuno a hora da morte e a ánima saíulle voando dos membros e chegou ao Hades, chorando o seu destino, por perder a forza da xuventude. Cando xa estaba morto díxolle o divino Aquiles: “Queda aí morto, que a morte hame chegar cando Zeus e os deuses inmortais queiran. ”
A MORTE
http://www.rtve.es/noticias/20110616/ili ada-espectacular-debut-comic-miguelangel-sepulveda/440659.shtml
O MALTRATO Sacoulle ao cadáver a lanza de bronce e quitoulle dos ombros a armadura ensanguentada, en tanto os demais fillos dos Aqueos corrían arredor e miraban a fermosa feitura de Héctor; ningún houbo ao seu pé que non o ferira e cadaquén dicía mirando ao do lado: “Ai, moito máis maino che está Héctor de tratar que cando andaba a pegar o cruel lume nas naves. ”
Logo de espolialo, o divino Aquiles, de rápidos pés, plantouse entre os Aqueos e díxolles aladas palabras: “Amigos, xefes e señores dos Aqueos! Xa que os deuses me concederon dominar a este home que tanto mal fixo el só coma todos os outros xuntos, a ver se o levamos arredor da cidade coas armas para ver que idea traen os Troianos; se, caído este, han abandonar a cidade ou se queren quedar, aínda sen estar Héctor. Eu a Patroclo, que segue deitado onda as naves sen chorar nin enterrar, non o hei esquecer en canto estea eu entre os vivos e mova os meus xeonllos. Se de todo se esquecen dos mortos no Hades, aínda así eu alá heime de lembrar do meu compañeiro”
O MALTRATO
O MALTRATO
Despois púxose a matinar cousas crueis contra o divino Héctor: furoulle por tras os tendóns dos dous pés dende o nocello ata o talón, pasoulles correas de boi e enganchouno ao carro, deixando que a cabeza lle fora de arrastro; subiu ao carro, colleu as ilustres rendas e arreoulles aos dous cabalos que, en contra da súa idea, voaron. Ao levalo de arrastro erguíase unha poeira; o cabelo ciscado púñaselle negro e a cara, antes fermosa, quedaba toda no po, pois Zeus concedeulles aos seus inimigos que o estragaran na súa terra.
En tanto a nai, que xa arrincaba no pelo, tirou co lucido veo lonxe dela. Moito se laiou mirando para o seu fillo. Tamén o pai empezou a botar lamentables queixas e arredor, pola vila, a xente toda estaba ocupada en laídos e lamentos. Era como se toda a cidade alta se consumira enteira co lume. Levaba ben traballo a xente para ter conta do desesperado vello, que quería saír polas portas Dardanias.
OS PAIS DESESPERADOS
O S PAIS DESESPERADOS Deitado no lixo, a todos lles suplicaba chamando cada home polo seu nome : “Parade, amigos! Se vos doedes de min, deixádeme saír da vila só e marchar onde as naves dos Aqueos, que quero suplicarlle a ese home orgulloso, a ver se respecta a miña idade e se doe dos meus anos; que tal ha ser o seu pai Peleo, quen o botou ao mundo e o criou para desgraza dos Troianos... A min causoume sufrimentos sen conta, de tantos fillos louzáns como me matou! Aínda que, doído como estou, non podo chorar tanto por eles como choro por Héctor. A dor aguda que por el sinto hame levar ao Hades…Oxalá el morrese entre os meus brazos, habíamonos fartar de choralo e de botar bágoas a coitada nai que o pariu e mais eu”
O S PAIS DESESPERADOS Así dicía chorando e tamén se laiaban os cidadáns. Hécuba, entre as Troianas, empezou o lamento: “Ai fillo, coitada de min! Estando ti morto, como hei sufrir a pena terrible! Pois, noite e día, ti eras na cidade a miña ledicia e o valedor de todos os Troianos e Troianas. Unha gran gloria nos eras de vivo, mais agora a morte e o destino chegan onda ti. ” Así falou ela chorando.
ANDRÓMACA, A DERRADEIRA EN SABER A súa esposa aínda non sabía de Héctor, pois non fora onda ela ningún mensaxeiro que en verdade lle anunciase que o seu esposo estaba esperando fóra das portas. En tanto, estaba ela no fondo do seu alto pazo a tecer un lenzo dobre de púrpura no que bordaba flores. Chamou polas criadas de fermoso cabelo para que puxesen un gran trípode ao lume e así Héctor tivera o baño quente preparado ao volver do combate. A parviña! Non sabía que Atenea de ollos claros ben lonxe do baño llo rendera entre as mans de Aquiles. Pola parte da muralla sentiu un laído. Os membros empezáronlle a tremer e a lanzadeira caeulle ao chan.
Oxalá que esa palabra non me chegue ao ouvido. Teño un medo tremendo de que o divino Aquiles m
ANDRÓMACA, A DERRADEIRA EN SABER Díxolle logo ás criadas de fermoso cabelo: •
“Vinde aquí as dúas canda min, que vou ir ver que está a pasar. Sentín a voz da miña venerable sogra e o meu corazón estame a bater no peito como para saírme pola boca e teño os xeonllos tesos por baixo; xa ha estar o mal onda os fillos de Príamo. Oxalá que esa palabra non me chegue ao ouvido. Teño un medo tremendo de que o divino Aquiles me deixe illado ao valente Héctor e mo leve ata a chaira para lle quitar alí o doloroso valor de Home que o dominaba, pois nunca foi dos que quedou atrás entre a morea dos homes, senón que por diante deles correu sempre sen que ninguén lle gañase en valentía”
ANDRÓMACA, A DERRADEIRA EN SABER Falando así botouse, coma unha tola, fóra da sala, co corazón a bater, e atrás dela foron as criadas. Cando chegou á torre e onda a xente, quedouse parada na muralla e, buscando cos ollos, viuno ir de arrastro diante da cidade; cara as cóncavas naves arrastrábano, sen coidado, os veloces cabalos. Cubriulle os ollos unha escura noite, caeu por terra cara atrás e houbo botar alí o seu último alento. Tirou lonxe da cabeza a dourada diadema, a rede, a trenzada fita do pelo e o veo que lle dera a dourada Afrodita o día que o arroutado Héctor a levara da casa de Hetión, despois de lle procurar inmenso dote.
PRANTO DE ANDRÓMACA Arredor había moitas cuñadas que a sostiñan, con medo de que morrese. Mais ela, despois de coller folgos e de xuntar forzas no seu peito, laiándose, empezou a dicir en voz alta: “Héctor! Que desgraciada son! Temos os dous o mesmo destino: Ti en Troia, no pazo de Príamo, e eu en Tebas, baixo o boscoso Placo, na casa de Etión, que me criou cando era unha nena, co desgraciado que foi a min, malpocada. Oxalá non me tivese botado ao mundo! Ti agora vas aos pazos de Hades baixo as covas da terra, mais a min déixasme, viúva no pazo cunha cruel pena. Aínda é neno o teu fillo, ese que trouxemos ao mundo ti e mais eu , desgraciados, e ti xa non has ser o seu valedor, porque estás morto, nin el o teu, porque aínda que escapase da tristeira guerra dos Aqueos, de aquí adiante sempre ha ter pesar e coita, pois outros haberá que lle arrebaten os eidos”
PRANTO DE ANDRÓMACA ““O día da orfandade deixa a un neno sen ningún amigo. Sempre anda coa cabeza baixa e as meixelas cheas de bágoas; o neno ha ir chorando onda os compañeiros do seu pai e a un tiraralle do manto, a outro, da túnica e algún deles haberá a quen lle dea pena e lle ofreza unha pequena cunca, na que el ha mollar os labios, pero non ha mollar o padal, mais algún, cos pais aínda vivos, ha botalo do banquete, baténdolle coas mans e rifándolle coa lingua: ‘Pérdete por aí, que o teu pai non come xa a escote connosco’”
“A seguir, onde a súa nai viúva ha ir chorando Astianacte, quen antes, nos xeonllos do seu pai, só comía o mellor do gordo rabaño das ovellas e despois, cando o collía o sono e descansaba dos xogos de neno, durmía nos brazos dun aia, nunha cama suave, co peito cheo de ledicia. Agora, ao lle faltar o pai, moito ha sufrir aquel que os troianos chaman Astianacte”.
PRANTO DE ANDRÓMACA
PRANTO DE ANDRÓMACA “Seica antes eras ti quen gardaba as portas e as grandes murallas. Agora vermes lixeiros estaranche a roer no corpo espido, onde as tortas naves, lonxe dos teu pais, despois de que fartaras os cans. En tanto, no teu pazo quédanche as túas lixeiras e fermosas roupas que mans das mulleres che fixeran. Mais eu penso queimalas todas co ardente lume. De ningún proveito che son, pois xa non vas poñelas, non sendo que che sirvan de gloria diante dos Troianos e das Troianas”
Así falou en canto choraba e, de fondo, escoitábanse tamén os laios das mulleres.