Amor antigo

Page 1

FRAGMENTOS DE OVIDIO E PLATÓN

DESDE CRETA CON AMOR

COMO LIGAR NO CIRCO SOBRE A VERDADEIRA

NATUREZA DO AMOR


Chámao o pai1 e, sen contarlle a causa do seu amor, dille: Fillo,2 obediente ás miñas ordes, voa sen tardanza, Baixa coa lixeireza de sempre e diríxete Á terra que mira cara a túa nai pola man esquerda3, Á que os habitantes dan o nome de Sidonia, Canto gando do rei vexas pacer no monte, Alá ao lonxe, á beira do mar, lévamo todo... Dixo; e axiña os becerros expulsados do monte Van rumbo ás costas mandadas, onde a filla do gran rei 4 Adoitaba distraerse na compaña das mozas tirias.5 Seica non casan ben nin campan no mesmo sitio 1

O pai: refírese a Xúpiter, pai dos deuses e dos homes. O fillo: Mercurio, fillo de Xúpiter e Maia, deus dos comerciantes, viaxeiros e ladróns e mensaxeiro dos deuses. 3 Á terra que mira cara a túa nai pola man esquerda: Maia, a nai de Mercurio, foi convertida coas súas irmás na constelación das Pléiades, así que aquí temos unha indicación xeográfica, para atopar a terra de Fenicia e a cidade de Sidón. 4 a filla do gran rei: Europa, princesa fenicia, filla dos reis Axenor e Telefasa. 5 tirias: fenicias. 2

1


Amor e realeza: pousando o pesado cetro O pai e rei dos deuses, que na man dereita leva Un triplo lóstrego e, dun xesto, axita o universo, Pon cara de touro e, metido entre os becerros, Bruando, pasea fermoso entre as herbas suaves, Ten a cor da neve sen as pegadas de pés pesados, Aquela que nin sequera o húmido Austro derrete. Da gorxa abaléanlle as carnes e cólgalle o papo. Cornos pequenos ten, que se dirían de artesán, Máis lucidos e brillantes que un diamante; Non ten croque na fronte, nin mirada espantosa, Senón cara tranquila; a filla de Axenor queda abraiada, Por ser el tan fermoso e non lanzar ningunha ameaza. Inda que manso, a tocalo non se atreve ao primeiro, Mais, alegre o amante, logo lle ofrece flores á súa branca boca, en canto o ansiado pracer chega, Bícalle as mans e, a pouco, non se priva do resto. Tan pronto dá en brincar e saltar pola verde herba Como en deitar na dourada area o corpo de neve, Escorrentado, pouco a pouco o medo, ofrécelle o peito Para que a súa man de mociña llo apalpe E os cornos, para que frescas coroas lle trence. Pero mal sabe ela sobre quen está montada, Ao atreverse a princesa a sentar no lombo do touro, Cando o deus, coma quen non quere a cousa, marcha Da terra a pousar as falsas pegadas dos pés nas ondas, E avanza polo medio do mar coa súa presa, Levada ela, colle medo e vólvese á costa ao lonxe, 2


Coa man dereita agarrada ao corno e coa outra ao lombo, E no vento envolvéndose as súas trémulas roupas. (Ovidio, Metamorfoses, 2, 833-875) (Xúpiter marcha con Europa a Creta, onde a deixa despois de facerlle tres fillos, Minos, Radamantis e Sarpedón, que son adoptados por Asterión, rei de Creta. Cando, pasado o tempo, morre Asterión, os tres irmáns dispútanse o trono. Minos pídelle ao deus Neptuno que lle mande un sinal, para que toda Creta vexa que os deuses o favorecen a el. Neptuno mándalle un precioso touro branco saído do fondo do mar. Minos consegue o trono de Creta e casa con Pasifae, pero en vez de sacrificarlle o touro a Neptuno, atópao tan fermoso que o garda nas súas cortes e sacrifícalle outro. O deus incomódase contra el e matina a súa vinganza.)

Baixo as sombrizas valgadas do boscoso Ida6 Un branco touro había, seica a gloria do rabaño, Unha fina marca negra entre os seus cornos Era a súa única mancha, o resto, todo leite; Coñécese que as becerras cnosias e cidonias7 Suspiraban por sostelo sobre o seu lombo. A ansia de Pasifae8 era ser a amante do touro; Da envexa, colléralle ela odio ás fermosas vacas. Famoso é isto que canto e o que, inda sendo mentireira, Non pode negar Creta coas cen vilas que hai nela; 6

Ida: monte de Creta, onde está a cova na que Xúpiter se escondeu de neno. as becerras cnosias e cidonias: as becerras de Creta. 8 Pasifae: esposa de Minos, rei de Creta. 7

3


Contan que ela mesma lle cortaba ao touro Con mala man os brotes novos e a máis tenra herba. Vai co gando e de ir non deixa, por ansia do seu home, E seica a Minos acabou por vencelo un touro. Por que puxeches, Pasifae, o vestido precioso? Ese amante teu non che aprecia gala ningunha. Por que vas onda o gando do monte co espello? Por que, parva, tanto andas a arranxar o cabelo? Mais faille caso ao espello, ao negarche ser becerra. Canta ansia tes de que na fronte che nazan cornos! Se che gusta Minos, non busques ningún amante, Ou, se queres enganar o home, engánao cun home! A raíña deixa o leito e vai a bosques e prados, Como a bacante9 chamada polo deus tebano10. Ai, cantas veces mirou con mala cara á vaca Dicindo: Como pode gustarlle esa ao meu dono? Míraa como lle salta diante, sobre a suave herba, Esa parva seguro que pensa que é fermosa. Dixo e logo mandou traela do enorme rabaño E enganchala sen merecelo á curva xugada Ou mandou sacrificala no altar dos falsos ritos E, con man contenta, agarra as entrañas da amante. Canto deus aplacou con amantes inmoladas! Coas entrañas na man di: agora a ver se lle gustas Unhas veces quere ser Europa, outras Ío,11 9

Bacante: chámanse así as mulleres que ían ao monte adorar a Baco, deus do viño, entregándose a toda clase de excesos e tolerías. 10 deus tebano: o deus Baco naceu en Tebas, fillo de Xúpiter e da princesa Semele.

4


Unha por ser vaca, outra por montar nun touro. Ao fin empreñou, coa trampa da vaca de madeira,12 E ao macho do rabaño descubriuno a propia cría. (Ovidio, Ars Amandi, I, 290-326)

Medrou a deshonra da familia e a novidade Do monstro13 acusaba á nai do noxento adulterio. Manda Minos botar do dormitorio esa infamia, Pechala en pazo de moito ángulo e muros cegos.14 Dédalo, famoso polo dominio da súa arte, Constrúe a obra complicando direccións e sentidos E enreda a luz en rodeos de curvos corredores, Como o claro Meandro15 xoga en Frixia coa súa auga, E, indo e vindo con paso ambiguo, ve as súas ondas vir, Hoxe mira ás súas fontes, mañá ao mar aberto, E empuxa indecisa a súa auga; así tamén Dédalo 11

Ío: sacerdotisa de Xuno desexada por Xúpiter, quen a transformou en vaca, para poder amala sen que se decatara Xuno, a súa esposa. 12 a trampa da vaca de madeira: Pasifaeconvenceu ao artesano Dédalo de que lle fixera unha vaca de madeira oca por dentro, na que ela se meteu, para poder ter relacións co touro. De ese amor nace o Minotauro. 13 monstro: o fillo de Pasifae e do touro, o Minotauro, a vergoña de Minos. 14 Pazo de moito ángulo e muros cegos: Para esconder a súa vergoña, Minos mándalle ao artesano ateniense Dédalo construir un laberinto onde o Minotauro ha quedar preso. 15 Meandro: río da rexión anatolia de Frixia, famoso polas súas curvas, voltas e revoleas, o seu nome deu o substantivo meandro: voltas que da un río no seu curso.

5


Enche as infinitas pasaxes de tantas voltas Que, a pouco, non puido el mesmo volver á entrada, Tan grande era a trampa que tiña aquel edificio. Despois de pechar esa mestura de mozo e touro, Ao monstro, que dúas veces comeu sangue ateniense,16 Dómao a terceira ofrenda cada nove anos debida. Grazas á moza,17 que nunca antes a outro axudara, Teseo, envolvendo o fío, a difícil porta atopa E axiña marcha coa filla de Minos rumbo a Naxos18 Onde o cruel abandonou na praia á súa amiga, (Ovidio, Metamorfoses, 8, 151-174)

Vagaba ida a moza de Cnosos pola area estraña, Onde a auga mariña contra a miúda Naxos bate, Cando espertou do sono, cuberta coa túnica solta, Espido o pé e desatado o dourado cabelo, Chamando polo cruel Teseo onda ás ondas xordas E regando as tenras meixelas de indigna chuvia, Chamaba e choraba a un tempo e quedáballe ben; 16

que dúas veces comeu sangue ateniense: Atenas, sometida a Creta polo rei Minos, tiña que entregar cada nove anos sete mozos e sete mozas para alimentar ao minotauro. Teseo, fillo de Exeo, decide formar parte da terceira ofrenda para matar ao monstro. 17 a moza: Ariadna, a filla de Minos e Pasifae, namórase de Teseo, nada máis velo, e axúdao a guiarse polo laberinto, no que o príncipe ateniense entra a matar ao minotauro, dándolle unha madeixa de fío de la que Teseo vai desenvolvendo conforme avanza polo laberinto e envolve outra vez para atopar a saída. 18 Naxos: illa a medio camiño entre Creta e Atenas, onde Teseo e Ariadna fuxitivos paran a descansar.

6


Non a volveron a ela máis fea as súas lágrimas; Batendo outra vez coas mans no peito delicado Dicía: xa marchou o traidor. Que será de min? Que será de min di e por toda a praia soan címbalos E tambores resoantes por unha man batidos. Cae morta de medo e escápalle unha última voz, No corpo esvaecido xa nin sangue lle quedaba. Velaquí as bacantes, solto o pelo polo lombo, Velaquí os sátiros lixeiros, a tropa ao deus previa. Velaquí o vello Sileno ebrio, no burro engruñado, Que a pouco non se ten, agarrado á súa crina. Vai atrás das bacantes e as bacantes van e veñen, O xinete arrea a besta coa vara de maceira E de cabeza cae do orelludo burro embaixo. Bérranlle os sátiros; Veña, arriba, pai, arriba. Xa o deus, coroado o carro con ácimos trenzados, Soltaba as douradas rendas aos xunguidos tigres, E a cor e Teseo e a voz marcháronlle á rapaza, Tres veces quixo escapar, tres veces a parou o medo. Arrepiada, como a esvelta espiga que o vento axita, Como treme a cana lixeira na húmida marisma, Dille o deus: Ei, velaquí che acudo con boa ansia, Deixa o medo, moza cnosia, has ser muller de Baco. Ten por teu o ceo, que desde o ceo hate mirar a túa estrela, Sempre has guiar, coroa de Creta, ao inseguro barco. Di e baixa do carro, non lle deron medo os tigres. E, ao pousar el o pé nela, desapareceu a area. E, xa envolta no seu abrazo, marchou con ela, 7


Non valía resistir, que o hábil deus todo o pode. Uns cantan Himeneo , outros berran: Euión, Euioé. E así se unen a noiva e o deus no sagrado leito. (Ovidio, Ars Amandi, 1, 527-564)

Abrazouna Baco levándolle o seu alivio E, para que brillase entre as inmortais estrelas, Quitoulle a coroa da fronte e colocouna no ceo, Lixeira bota ela a voar entre as brisas e voando Vólvense as súas xoias resplandecentes faíscas Que gardando a forma da coroa quedan no sitio Que se atopa entre as de Hércules e Serpentario.19 (Ovidio, Metamorfoses, 8, 176-182)

19

Hércules e Serpentario: dúas constelacións.

8


Se de caza máis ben andas polos curvos teatros, Sonche estes os mellores sitios para a túa arela, Alá atoparás a quen amar e con que divertirte. Como a formiga vai e vén nunha longa ringleira Levando sempre o seu xantar na boca cargada, Ou como anda a abella en bosques e prados fragantes Voando sobre a punta das flores e do tomiño, Así corre a muller arranxada cara os célebres xogos En tal morea que, ás veces, me deixa sen sentido: Veñen mirar e tamén veñen para que as miren. Moito perigo ten naquel lugar a decencia. Ti, primeiro, montaches, Rómulo, ansiosos xogos, Cando aos solteiros lles deu por raptar as Sabinas.1 Non colgaba ao tempo, en teatro de mármore, cortina, Nin roxa escena había de púrpura brillante, Daquela, a folla do bosque que cubría o Palatino2 1

As mulleres dos sabinos, pobo latino, veciño de Roma; conforme o mito, os Romanos deciden raptalas, tan pronto como Rómulo funda a cidade, ao decatarse de que só hai homes e lles cómpren mulleres. 2 Un dos sete outeiros de Roma, que tanto antes coma hoxe se ergue no centro de Roma, sobre o foro; alí atoparon os máis antigos restos de poboamento da cidade.


Disposta así, sen máis, era escenario sen arte, Cando o pobo, sentado en gradas feitas de herba, Sen xeito cubría o cabelo hirsuto de follas. Todos miran fixando o ollo na moza que queren E moita cousa lles remexe no peito mudo. Ao tocar a trompeta etrusca un ritmo rudo, Ponse un bailarín a saltar na terra achantada, No medio do aplauso que, entón, norma non tiña, Dálle o rei3 ao pobo o sinal de ataque acordado. Corren a elas declarando a súa ansia a berros E ás mociñas bótanlles logo as mans famentas. Como foxe da aguia a medrosa tropa das pombas, Como escapa, ao ver os lobos, a ovella noviña, Collen elas medo a homes que as atacan sen xeito. Non hai unha á que lle quede a cor que antes tivera: O medo é o mesmo, mais non a mesma, a cara do medo: Unha arrinca nos pelos, senta sen sentido outra, Unha cala triste, outra chama pola nai en balde; Quéixase esta, cala esa, unha queda, escapa a outra; Lévanche de arrastro ás mozas, o botín da voda; Se cadra, a moitas sentaba ben o propio medo. Se unha de máis pelexaba e se lles resistía, Collendo a soberbia no ávido colo, o home dicía: E logo como estragas de lágrimas os ollos tenros? O que á túa nai lle foi o teu pai, iso voucho ser eu. Rómulo, si que deches proveito aos teus soldados! o

rei: Rómulo.


Se a min tal me deras, tamén sería eu soldado! Desde aquela moda inda hoxe os teatros correntes Seguen sendo perigosos sempre para as mozas. Non has faltar á carreira dos nobres cabalos; O espazoso circo tenche moito proveito; Non che cómpren os dedos para dicir segredos, Nin por acenos terás que recibir mensaxes, Moi cerca senta da amiga, se ninguén cho estorba. Arrima canto poidas ao seu corpo o teu corpo; Queiras que non, non hai xeito de non arrimarse, Seica che é a norma do sitio que toques á moza. Busca logo escusa para unha conversa amiga. Que palabras normais enceten a túa fala. Ten ansia tamén de saber que cabalos corren, Dúbida non che hai: de quen ela vaia, vai ti tamén. Cando veña o habitual desfile dos concursantes4 Apláudelle á señora Venus5 con man amiga. Se cadra que á moza lle caia un chisco de po na saia, De quitarllo deben ter os teus dedos ansia, E mais se non lle cae ningún po, ti quítallo igual. Calquera cousa che dea escusa de ser amable: Poño por caso: arrástralle o longo vestido no chan, Pois ten ansia ti de recollerllo do sucio chan, Polo teu traballo, logo levarás o premio: Pois consentindo ela, os teus ollos han verlle as pernas. 4

O desfile habitual dos concursantes: antes de comeza-la carreira, os participantes, acompañados das imaxes dos deuses, facían un pequeno desfile que paraba diante da tribuna das autoridades. 5 Venus: a deusa do amor.


Ten moita conta con quen vaia sentar tras dela, Non vaia el apoiar os xeonllos nas súas suaves costas. Parvadas sonche as que conquistan as cabeciñas: Ben foi a moitos arranxarlle o coxín con man curiosa Tamén lles valeu darlle aire co programa6 lixeiro Ou colocarlle ao suave pé un banquiño por baixo. Estas ocasións dun novo amor che ofrecerá o circo E a triste area7 espallada polo axitado foro. Moito che pelexou nesa area o fillo de Venus,8 E quen foi ver feridas, foi leva-la ferida, Ao falar, tocar unha man, pedir o programa, Ou preguntar quen venceu, despois das apostas, Ferido ás veces xemeu, ao senti-la frecha voadora, E en parte do espectáculo converteuse el mesmo. (Ovidio, Ars amandi, 1, 89-170)

6

programa: táboa delgada e lixeira no que estaba escrito o programa do espectáculo. a triste area: refírese aos xogos de gladiadores, que non sempre se celebraron nun edificio, mais ás veces pechábase o foro con valados e esparexíaselle por riba area para que absorbese o sangue. 8 o fillo de Venus: Cupido, deus do amor. 7


Creo que os homes non entenden nada do poder do amor, pois, se entendesen, prepararíanlle os maiores sacrificios e altares e faríanlle as maiores ofrendas, non coma hoxe, cando nada diso fan, debendo facerse antes ca nada, pois é o máis humano dos deuses e, sendo valedor dos homes, tamén é médico daquelas cousas, das que curados, había vir a maior felicidade para o xénero humano; vouvos explicar o seu poder e vós aprendédellelo aos demais, pero antes cómpre que coñezades ao ser humano e os seus casos. Pois seica o noso ser non era ao tempo o mesmo que agora, senón diferente, pois había tres sexos humanos, non os dous de hoxe: masculino e feminino, senón que tamén había un mixto dos dous, desaparecido, do que hoxe non queda máis ca o nome: seica daquela había o andróxino, tanto de aspecto como de nome, unha mestura de ambos, masculino e feminino, cando hoxe o nome non é máis ca unha aldraxe. A forma de todo home era redonda, co lombo e os lados circulares, tiña catro brazos, o mesmo número de pernas que de brazos e, sobre o pescozo cilíndrico, dúas caras 12


completamente simétricas e unha cabeza para as dúas caras opostas entre si, catro orellas, dous órganos xenitais e todo o resto como podes supoñer, a partir disto. Coma hoxe, camiñaba dereito, na dirección que lle parecía, e, cando quería correr rápido, tal como se poñen os saltimbanquis cabeza abaixo coas pernas engruñadas, ía rodando apoiado nos seus oito membros. Velaquí por que os tres sexos eran tales: porque o masculino nacera do sol, o feminino da terra e o mixto da lúa, pois a lúa participa dos dous; tamén eran circulares e movíanse igual, por parecérense aos pais. Tiñan unha forza e vigor terribles e eran tan orgullosos que atacaron aos deuses; o que di Homero de Efialtes e Oto,1 tamén se di deles: que intentaran escalar o ceo e atacar aos deuses; Zeus e os demais puxéronse a discutir que facer deles e non sabían, xa que nin podían matalos fulminándoos tal como aniquilaran aos xigantes, pois quedarían sen as honras e os sacrificios dos homes- nin permitir as súas aldraxes. Despois de moito pensar Zeus di: paréceme que a solución para acabar coa soberbia dos homes é debilitalos; agora vou cortar a cada un polo medio e, inda sendo máis débiles, farannos máis servizo, por ser máis numerosos, e camiñarán dereitos sobre dúas pernas; pero se nos parece que a súa soberbia segue e non queren ir a modo, volverei cortalos en dous, para que camiñen saltando nun pé. Despois de falar así, púxose a cortar aos homes en dous (...) e, cada vez que cortaba un, mandáballe a Apolo xirarlle a cara e a metade do pescozo na 1

Efialtes e Oto: xigantes xemelgos, fillos de Ifimedia e Aloeo (ou en realidade do deus Posidón.) Os dous irmáns, chamados Alóadas polo nome do marido de Ifimedia, eran tan soberbios que quixeron derrocar a Zeus e colocaron o monte Pelión sobre o monte Ossa para chegar ao Olimpo e de aí ao ceo.

13


dirección do corte, para que, ao velo, o home se portase mellor, e mandáballe curarlle o resto. Este xiroulle a cara e tirando de todas partes pola pel xuntouna, coma unha bolsa cosida, no que hoxe se chama ventre, e facendo unha boca prendeuna no medio do ventre, no que chaman embigo; ás numerosas engurras restantes pasoulles o ferro e encaixoulle o peito, botando man dunha ferramenta parecida á que teñen os zapateiros, para alisar na forma as engurras das peles, mais deixoulles algunhas arredor do ventre e do embigo, en memoria dese antigo sufrimento. Ao quedar o seu ser cortado en dous, suspirando cada metade pola outra, quería xuntarse con ela. E abrazándose e entrelazando as pernas, por ansia de unirse, morrían de fame e de lecer, ao non querer facer nada separadas, e, cada vez que morría unha metade e quedaba a outra, a que quedaba buscaba outra á que abrazarse, topase cunha metade puramente feminina (que hoxe chamamos muller) ou unha masculina, e así morrían. Doéndose Zeus deles, traza outro plan e colócalles os xenitais diante, pois ata entón tíñanos por tras e procreaban non entre eles, senón na terra, como as chicharras. Colocoullos diante e fixo que se reproducisen entre eles, co macho dentro da femia, por causa de que se, ao xuntarse, un macho topaba cunha femia, se reproducisen, pero, se un macho topaba con outro, a relación os incomodase, e cando menos, desistisen, e volvendo ás súas angueiras se ocupasen doutras cousas da vida. Seica tanto hai que é innato aos homes o amor entre eles, ademais de restaurador do seu ser primixenio e partidario de reunir nun aos dous e de curar condición humana, pois cada un de nós é unha cara dunha moeda 14


humana, cortado coma os rodaballos, dos que dun fan dous; precisamente por iso cada un busca sempre a súa metade. Cantos homes hai cortados daquela mestura, que ao tempo chamaban andróxino: os afeccionados ás mulleres e a maioría dos adúlteros naceron desa raza. E cantas mulleres hai afeccionadas aos homes e adúlteras tamén proveñen desa raza; pero cantas mulleres hai cortadas dunha muller, sen ningunha ansia dos homes, máis interesadas nas mulleres e lesbianas, nacen destoutra raza; por outra banda, a cantos hai que, cortados dun home, perseguen aos homes e aos que, de nenos, sendo anacos de homes, lles gustan os homes e lles presta deitarse e ter relacións con homes, sendo precisamente os mellores nenos e rapaces, por ser os de natureza máis masculina. Hai quen os chama desvergoñados sen razón, pois non o fan por desvergoña, senón por valor, valentía e virilidade, por ansia do igual a eles; velaquí unha boa proba: seica son os únicos que, ao chegar a adultos, resultan os tales para a política e, unha vez que son homes feitos e dereitos, do seu natural andan namorados dos rapaces e non teñen ansia de casarse, nin de fillos, mais vense forzados polas leis,2 cando mellor lles sabería vivir uns cos outros sen casar. Alguén así xa nace namorado dos nenos e amante dos homes, mais sempre suspirando polo seu sexo, pero cando se topa con aquela metade súa, tanto o namorado dos nenos coma calquera outro, queda abraiado por esa amizade, intimidade e amor e non queren, nunha palabra, separarse nin un instante; eses son os que seguen toda a vida xuntos, incapaces de dicir que queren un do outro. Así a ninguén lle parecería unha relación 2 forzados polas leis: en Atenas e Esparta, así como en moitas outras polis gregas, existían leis para obrigar aos homes ao matrimonio e limitalo tempo de solteiro.

15


sexual, como se só por ela lles prestase tanto estar xuntos, mais está claro que a alma de cada un deles quere outra cousa que non é capaz de dicir, pero presente e insinúa escuramente o que quere. Se, estando deitados xuntos, onda eles parase Hefesto3 coas súas ferramentas e lles preguntase: Que é, homes, o que queredes un do outro? e se, ao confesarlle a súa ignorancia, lles volvese preguntar: Non será que queredes estar o máis unidos posible un ao outro, de xeito que non vos separedes nin de noite nin de día? Pois se iso é o que queredes, penso fundirvos e soldarvos, para que, sendo dous, vos volvades un, en canto vivades, e como un ser vivades ámbolos dous, e, despois de morrer, alá no Hades, en vez de dous mortos, sexades un; pero mirade ben se esa é a vosa ansia e vos conformades con iso. Estamos seguros de que ninguén que oíra aquilo o rexeitara, nin parecera querer outra cousa, senón que crería simplemente escoitar aquilo polo que sempre suspirara: estar unido e fundido co amado e, de dous, volverse un, porque tal era o noso ser primeiro cando eramos completos; certo que a ansia e a busca da plenitude chámase amor e, ao tempo, como digo, fomos un, pero agora, pola nosa soberbia, separounos o deus. (Platón, O banquete, 189 c-193 a)

3 Hefesto: Fillo de Zeus e Hera, naceu tan feo que a nai chimpouno do Olimpo; aterrou na illa de Lemnos e, do golpe, quedou coxo, mais valéronlle os lemnios. Desde aquela traballa escondido nunha fragua baixo terra, onde os ciclopes axúdano a facer os raios de Zeus e as armas dos deuses; sendo o ferreiro dos inmortais, as súas ferramentas son o fol, a machada e as tenaces

16


GRUPO DE TRABALLO

TALLER GUTENBERG CELANOVA 2014 TRADUCIÓN DE GERARDO DOMARCO REVISIÓN DE BELÉN SÁNCHEZ MAQUETACIÓN DE ISIDORA GIL


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.