Barba azul

Page 1

0


BARBA AZUL Conto de Charles Perrault, publicado en 1697 e baseado –probablemente- na historia do nobre bretón Gilles de Rais (1405-1440)

1


HabĂ­a unha vez un home que tiĂąa moi boas casas na cidade e no campo, gastaba vaixela de ouro e prata, mobles tapizados en brocado e viaxaba en carrozas douradas; mais, por desgraza, aquel 2


3


home tiña a barba azul e aquilo afeábao tanto, dáballe unha aparencia tan medoña, que non había muller nin mozo que non fuxisen del aínda cando o vían de moi lonxe. Unha dama moi principal, veciña súa, tiña dúas fillas extraordinariamente belidas. El pediulle a man dunha e deixou á elección da nai cal delas debía ser a afortunada. Ningunha quería casar con el e íano pasando dunha para a outra, porque non eran quen de entregarse a un home que tivese a barba azul. E, por riba, tampouco lles apracía moito saber que xa o pretendente casara antes con varias mulleres e que delas non se soubera máis. Barba Azul, para irse familiarizando coa súa futura, convidou as dúas mozas casadeiras, coa súa nai e 4


tres ou catro das súas mellores amigas, e aínda convidou tamén algúns mozos do lugar a unha das súas casas no campo e alí ficaron oito días enteiros. Todo foron paseos, partidas de caza e pesca, bailes e festa, merendas e xogos. Ninguén durmía e pasaban toda a noite de xoldra uns cos outros. En resumidas contas, que foi todo tan ben, que á irmá máis nova empezou a parecerlle que a barba do dono da casa non era xa tan azul e que semellaba un home moi honesto. Ao regresaren á cidade, consumouse o matrimonio. Pasado un mes, Barba Azul díxolle á súa muller que tiña que facer unha viaxe á provincia e que había estar fóra cando menos seis semanas para resolver un asunto importante; rogoulle que se divertise na súa ausencia, que convidase ás 5


6


amigas se quería, que as levase ao campo e que campasen todo canto puidesen e non deixasen de gozar, comer e beber todo canto quixesen. -“Estas son -díxolle- as chaves dos dous grandes armarios; estas, as da vaixela de ouro e prata que non se pon a diario; estas, as das miñas caixas fortes onde se garda o ouro e a prata; esta, a dos estoxos onde se custodian as pedrerías e, finalmente, esta, que é a chave mestra de todos os cuartos da casa”. A seguir, collendo unha chaviña un pouco enferruxada, dixo –“En canto a esta, é a do gabinete do fondo da galería que está no andar de abaixo: abride todo, andade por onde queirades, remexede a casa enteira, mais prohíbovos entrar nese gabinete e prohíbovolo de tal xeito que, se 7


chegardes a desobedecerme e abrilo, non haberá cousa que non poidades agardar da miña cólera”. Ela prometeu a observancia estrita de canto el viña de ordenar e, coa mesma, el, despois de beixala moi cerimonioso, subiu á carroza e partiu. As veciñas e amigas non agardaron que a casadiña nova fose procuralas, do impacientes que estaban por ver as riquezas que lle supoñían ao marido e que agora, ausente el e maila súa aterradora barba azul, por fin poderían contemplar a pracer. E velaí as temos percorrendo as salas e os gabinetes, abrindo armarios, todos ricos e ben traballados, admirando a calidade e debuxo das tapicerías, o requintado traballo de camas, sofás e bargueños, a delicadeza dos veladores e das 8


9


mesas, o brillo dos espellos nos que un podía contemplarse de corpo enteiro, con marcos suntuosos de vidro, de prata ou prata dourada… máis fermosos e magníficos nunca en ningures admirados. Esaxeraban sen cesar e envexaban a sorte da amiga, que, con todo, non se divertía xa coa contemplación daqueles luxos, pois roíaa a impaciencia e devecía por ir abrir o gabinete do andar de abaixo. Viuse tan dominada pola curiosidade que, sen importarlle se lles facía un feo ás súas convidadas abandonándoas, deixounas soas e baixou por unha escaleira pequena e escusada; e tanta présa levaba que a piques estivo de caer e partir o pescozo dúas ou tres veces.

10


Ao chegar perante a porta do gabinete, fixo por se serenar un pouco e considerou a prohibición que o marido lle fixera, pensando na sorte que podía correr se a súa desobediencia era descuberta; pero a tentación foi tan forte que non a deu resistido: colleu a chaviña e, tremendo coma unha vara verde, abriu a porta do gabinete. De primeiras non viu nada, porque as fiestras estaban ben pechas; de alí a un cacho empezou a albiscar o chan que se lle figurou cuberto de sangue callado no que se reflectían os corpos de varias mulleres mortas. Ao ollar arredor, viu que aquel reflexo facíano unhas mulleres que estaban pendurando das paredes, a elas atadas como en restras ou acios (eran as mulleres coas que Barba Azul tiña casado e que fora degolando unha tras 11


12


outra). Pensou morrer de medo, e a chave do gabinete, que viña de tirar do pecho, caeulle das mans trementes. Cando recobrou o alento e o sangue lle volveu un algo ás fazulas, apañou a chave, volveu pechar a porta e subiu ao seu cuarto para repoñerse, pero non o daba conseguido do atribulada que estaba. En notando que a chave estaba machada de sangue, limpouna dúas ou tres veces, pero o sangue non desaparecía; por máis que a lavaba e lavaba e fregaba con area e esparto, o sangue ficaba, pois a chave estaba encantada e non había xeito de a limpar de todo e, sempre que o sangue se quitaba dun sitio, volvía saír noutro. Barba Azul regresou aquela mesma noite da súa viaxe dicindo que tiña recibido cartas no camiño 13


que lle anunciaban que o asunto urxente polo que marchara xa estaba resolto ao seu favor. A muller mostrouse encantada polo seu regreso. No día despois, el pediulle as chaves e ela deullas, mais cunha man tan pouco segura que el adiviñou sen esforzo o que pasara. -“Como é que a chave do gabinete non está onda as outras?”-preguntou. -“Quedaríame enriba da mesa” -respondeu ela. -“Non deixedes de darma e ben axiña” -requiriu Barba Azul. A muller, despois de adialo varias veces, tivo ao fin que lla levar. Barba Azul, despois de mirala, dixo á súa muller: -“Por que ten sangue esta chave?” 14


15


-“Non volo sei” -respondeu a interpelada máis pálida que a mesma morte. -“Ah, non o sabedes? -proseguiu Barba Azul- pois eu si que o sei: quixestes entrar no gabinete. Moi ben, señora, pois daquela habedes de entrar nel e ocupar o voso sitio ao lado das damas que vistes”. Ela ceibouse aos pés do seu marido, chorando e pedindo perdón con todas as mostras dun verdadeiro remorso por non ter sido obediente. Fermosa e aflita como estaba, derretería unha rocha, mais Barba Azul tiña o corazón máis duro có pedernal. -“Miña señora, debedes morrer –díxolle- e ten de ser agora mesmo”.

16


-“Xa que hei de morrer -respondeulle, mirándoo cos ollos cheos de bágoas-, dádeme un momento para encomendarme a Deus”. -“Douvos medio cuarto de hora -proseguiu Barba Azul-, pero nin un minuto máis”. Cando ficou soa, chamou pola irmá e díxolle: -“Ana, miña irmá (pois así lle chamaban), por favor, sube ao máis alto da torre para ver se veñen os meus irmáns; prometéronme que habían vir hoxe a verme, e, se os ves, failles acenos para que se apuren”. Ana subiu ao alto da torre e a pobre berráballe de cando en vez: -“Ana, miña irmá Ana, non ves vir ninguén?” Ao que a irmá respondía: 17


18


-“Non vexo outra cousa que o sol que fai poeira e a herba que verdea”. -“Bule, baixa axiña –berraba Barba Azul- ou subo eu por ti!” -“Vou decontado” -respondía a muller, e despois preguntáballe á irmá: -“Ana, miña irmá Ana, non ves vir alguén?” -“Vexo -respondeu- dous cabaleiros que se dirixen cara aquí, pero aínda están moi lonxe”. -“Loado sexa Noso Señor! -exclamou un anaquiño despois- Son meus irmáns; estou facéndolles acenos para que se apuren”. Barba Azul botouse a berrar tan forte que a casa enteira tremeu. A pobre muller baixou e botouse aos seus pés, anegada en bágoas e esguedellada. 19


-“É inútil, -dixo Barba Azul- has de morrer!” A seguir, agarrouna polos cabelos cunha man e ergueu a faca na outra disposto a cortarlle a cabeza. A pobre muller, virándose cara el e ollándoo en fite cos ollos murchos, suplicoulle que lle concedese un minuto para recollerse. -“Non, que non! erguendo o brazo…

Encoméndate a Deus”. E,

Erguendo o brazo, escoitou petar á porta con tanta forza que se detivo de súpeto; en canto a porta se abriu, velaí que entraron dous cabaleiros, espada en man, que se foron dereitos cara Barba Azul. El recoñeceu aos irmáns da muller -dos cales un era dragón e outro mosqueteiro- e tomou tal medo que fuxiu ás présas por salvarse a pel. Mais non o deu conseguido, pois os irmáns saíron na súa procura 20


21


e cortáronlle o paso antes de que puidese pór o pé de fóra. Sen mediar explicación, os dous irmáns liberaron a irmá da ameaza do marido feroz, atravesándoo coas espadas e deixándoo alí mesmo por morto.

22


23


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.