XXVI CERTAME DE POESÍA
“CELSO EMILIO FERREIRO” PARTICIPANTES Todo o alumnado de ensino medio de Galicia que así o desexe e presente obras inéditas en lingua galega conforme aos seguintes requisitos:
TEXTOS Un poema ou conxunto de poemas que fagan alusión ao tema do amor, ao da maldade ou a ambos e que non superen os 14 versos.
PRAZO E MODO DE PRESENTACIÓN O envío realizarase por correo electrónico ao enderezo ies.celanova@edu.xunta.es achegando dous arquivos en PDF: o primeiro conterá o traballo, asinado cun pseudónimo, e o segundo -que se identificará co mesmo pseudónimo- os datos persoais (nome, idade, enderezo electrónico teléfono e curso)e os do centro onde cursa estudos. A data límite será o día 5 de xuño de 2014.
PREMIOS Concederase un único premio de 100 euros, diploma acreditativo e publicación do traballo nos diferentes medios escritos e electrónicos do IES Celanova CEF. Correspóndelle ao XURADO, que estará formado por membros dos equipos de biblioteca e de dinamización lingüística, a interpretación destas bases.
FALLO Darase a coñecer durante os eventos que terán lugar para clausurar o presente curso e os premiados, se os houber, terán noticia da data coa suficiente antelación.