ENCADERNACIÓN PARA MANAZAS OU DE COMO TRANSFORMARSE NUN EXPERTO ARTESÁN
ANTES QUE NADA… UN POUCO DE VOCABULARIO
LOMBO
GARDAS
CUBERTAS
FITA MARCAPテ々INAS
VINCOS CABEZADA
MATERIAIS NECESARIOS E ALTERNATIVAS DE ANDAR POLA CASA
PRENSA …
… OU DÚAS TÁBOAS E UN FERREIRO MANITAS
AGULLA E FÍO RESISTENTE
SERRA CUTTER TESOIRAS ESCUADRA LAPIS
SUBELA PREGADEIRA
COLA E BROCHA
CABEZADAS
FITA MARCAFOLLAS
TARLATANA
PAPEIS PARA CUBERTAS
PAPEL PARA GARDAS
CARTÓN DURO
E AS FOLLAS QUE FORMARÁN PARTE DO LIBRO, CLARO!
FASE 1 CONFECCIÓN DO CORPO DO LIBRO EN “ENCADERNACIÓN FRANCESA”
Para practicar eliximos papel en branco, ou de cores. Folios A4 dobrados á metade. Formamos caderniños de CATRO folios, que veñen sendo DEZASEIS páxinas. Cantos? Depende da paciencia que teñas ou da necesidade. Neste caso serán NOVE.
Ben escuadrados, van á prensa, deixando o lombo cara fóra. Marcamos a lapis, coa debida simetría, OITO medidas, deixando CENTÍMETRO E MEDIO en cada extremo
Cunha serra fina, que pode ser de marqueterĂa (ou, nunha apurada, un coitelo de serra) cortamos o lombo polas marcas, coa profundidade necesaria para que todas as follas queden perforadas. OLLO COA PERPENDICULARIDADE!
Os cortes serven para isto: COSER O CADERNIテ前
窶ヲque ten que quedar asテュ no interior. Ben, asテュ pero Mテ!S TIRANTE (na imaxe vese frouxo para permitir que se aprecie o efecto)
Engadir o SEGUNDO CADERNIテ前: logo da primeira puntada, pasar a agulla por baixo do fテュo do primeiro. Segunda puntada e segunda uniテウn. Terceira窶ヲ e xa.
E así cos nove. Ao final de cada un, ANOAR CO BLOQUE ANTERIOR para asegurar que o fío queda tenso e os caderniños aliñados. Para quen saiba coser vén sendo UNHA PUNTADA DE VAINICA
O resultado final debe parecerse a isto. IMOS BEN?
GARDAS: dous papeis de tama単o A4 dobrados pola metade CO LADO BO CARA ADENTRO!
ENCOLAMOS MEDIO CENTÍMETRO en cada unha das caras exteriores do bloque cosido. A cola debe ter unha consistencia lixeira, nin moi espesa nin demasiado líquida (un botiño para mesturala con auga estaría ben). PEGAMOS AS GARDAS
E ร PRENSA CON TODO! Desta vez o lombo debe quedar canto mรกis ao rente posible
CORTAMOS A TARLATANA, que 茅 un tecido de algod贸n lixeiro, coa longura do lombo (neste caso, 210 mm, a medida do A5 ) e o triplo da anchura
Despois de ENCOLAR O LOMBO colócase, ben centrada, a tarlatana…
‌e, sobre ela, unha TIRA DE PAPEL resistente, tipo Kraft
Engadimos a FITA MARCAPテ々INAS窶ヲ
…e, sobre ela, A CINTA DE CABEZADA. (Ollo, coa parte máis grosa cara dentro!)
CANDO ESTEA TODO SECO… Buscamos un amigo que teña unha imprenta ou unha guillotina grande, para CORTAR O CONXUNTO BEN ESCUADRADO e poder así medir as tapas.
FASE 2 CONFECCIÓN DAS TAPAS
Coa coitela e a escuadra CORTAMOS TRES PEZAS DE CARTÓN coas seguintes medidas: a) O alto das follas máis 6 milímetros b) O ancho das páxinas c) O ancho do lombo máis o grosor dos dous cartóns
Cortamos o papel da cuberta de forma QUE SOBREN DOUS OU TRES CENTÍMETROS por cada lado. Encolar e pegar sobre el as tres pezas de cartón deixando OITO OU DEZ MILÍMETROS entre elas para os vincos. OLLO AOS MANAZAS: DEBE QUEDAR TODO PERFECTAMENTE ALIÑADO!
Cortar as esquinas do papel da cuberta a 45º, deixando uns milímetros ata o cartón da tapa.
Coa pregadeira e logo de encolar, pegar os cantos e os bordos interiores da cuberta, traballando do centro cara as beiras.
Sen descoidar as esquinas!
…e,
VOILÀ!
FASE 3 VEÑA, QUE ACABAMOS!
Encolar a parte exterior das gardas e pegar o corpo do libro รก cuberta, PRIMEIRO UNHA E DESPOIS A OUTRA!
A cuberta debe sobresaír 3 MILÍMETROS de cada lado.
Colocar uns paus (ou como no caso, unhas agullas de calcetar), nos vincos, e suxeitalos con gomas ou fitas.
Último paso pola prensa‌
E, se queredes, tuneado final‌, a gusto do consumidor!
(CONTINUARÁ) CON OUTRAS MODALIDADES
Este obradoiro tivo lugar no mes de de maio de 2014 no IES de Celanova CEF, no marco dun grupo de traballo formado polo seu equipo de biblioteca, a saber: GERARDO DOMARCO IRMA FERNÁNDEZ ISIDORA GIL BELÉN SÁNCHEZ CARMEN VALUGO Coa mellor profesora que puidemos ter, MAROSA VÁZQUEZ Con invitados ilustres, LOLI NIETO JUAN DE CHANTADA E coa inestimable colaboración de provedores e manitas: LUIS CONDE MIGUEL PÉREZ