1
LETRAS GALEGAS 2014
LETRAS GALEGAS 2014
A infancia Biografía Nado en 1914 na parroquia dos Vilares en Guitiriz, cursou as primeiras letras nunha escola “habanera”, é dicir, promovida polos emigrantes na Habana para o desenvolvemento da xuventude da súa parroquia.
2
LETRAS GALEGAS 2014
Adolescencia e xuventude Como moitos fillos do rural, continuou estudos no seminario conciliar de Mondoñedo e alí permaneceu ata o ano 36 no que se suma á contenda desde o seu posto no Hospital militar de Pontevedra.
3
LETRAS GALEGAS 2014
Tempo de formación, lecturas e amigos A formación clasicista que proporcionaba o marco académico eclesiástico completouse co pouso que deixaron nel algúns autores galegos de fonda raigame popular como Leiras Pulpeiro ou Noriega Varela e trabou coñecemento con autores coma el ligados ao seminario ou vinculados á vila de Mondoñedo como Crecente Vega, Cunqueiro, Aquilino Iglesia Alvariño ou Xosé Díaz Jácome. 4
LETRAS GALEGAS 2014
Os primeiros pasos na poesía Da primeira etapa mindoniense son algúns poemarios que non se deron a coñecer ata os anos oitenta: Follas verdes e Follas ó aire. Desde o punto de vista editorial, foi un poeta serodio e, ata o momento en que se revela, desenvólvese na súa faceta intelectual e humana. 5
LETRAS GALEGAS 2014
Ao remate da guerra exerce como docente nun colexio privado de Vilagarcía de Arousa, onde permanecerá ata que consiga praza de funcionario público en Madrid como tradutor do Ministerio da Gobernación. 6
LETRAS GALEGAS 2014
As primeiras publicacións demóranse moito e, aínda que se sente apoiado por moitos dos seus amigos e compañeiros de pluma para que publique un poemario, este virá precedido pola edición dalgún dos seus poemas na revista da posguerra “Alba”, onde dará a coñecer sete poemas, entre eles o seu famoso “Penélope” e pola inclusión dalgúns poemas seus na escolma de Francisco del Riego.
7
LETRAS GALEGAS 2014
Non será ata 1961 cando apareza “Nimbos”, con trinta e dous poemas de temática varia que tivo varias edicións distintas nas que se corrixiron tanto cuestións de estilo como de lingua e que lle valeu a consideración xeral de gran figura da poesía galega de posguerra.
8
LETRAS GALEGAS 2014
Malia vivir boa parte da súa vida en Madrid exercendo como funcionario público en diversos organismos oficiais (Instituto de Cultura Hispánica, Consello Superior de Investigacións Científicas), retorna nos mediados dos oitenta a Galiza e retírase aos seus eidos de Guitiriz, onde morrerá en 1990.
9
LETRAS GALEGAS 2014
Nimbos Trátase dun texto que ofrece o contrapunto de equilibrio entre o intimismo tan presente na poesía galega do interior e a tendencia á reivindicación cívica da literatura do exilio, sendo o elemento máis persoal, a súa dimensión cristiá e unha visión da terra case panteísta.
10
LETRAS GALEGAS 2014
Nimbos o deseño editorial Os poemas organízanse en sete apartados: "Pórtico“ "Noite“ "Lus“ "Espranza“ "Milagre“ "Sono“ "Ferida" 11
LETRAS GALEGAS 2014
Nimbos: a metapoesía Poemas nos que reflexiona sobre a propia poesía e o peso que esta ten na súa vida 12
LETRAS GALEGAS 2014
Nimbos: a metapoesía Coma ventos fuxidos Estes non son poemas, nin cimentos de poemas sequera. Son fragmentos de min mesmo perdidos, coma ventos fuxidos, por antigos camiños esquecidos(…) 13
LETRAS GALEGAS 2014
Nimbos: a metapoesía
Nimbos Se é que o poema é só un nimbo de lus que os ollos cegos póñenlles ás cousas soñadas, ou amadas nas teebras, das cousas que xa foron e se foron Pro seguen sendo e non se van xa máis (…) 14
LETRAS GALEGAS 2014
Nimbos: a metapoesĂa Coma brasas Poeta ou non, eu cantarei as cousas que na soleira de min mesmo agardan. Alumarei con fachas de palabras, ancho herdo meu, o mundo que me deron(‌)
15
LETRAS GALEGAS 2014
Nimbos: sentindo a Deus
Alfa e Omega Foi o comezo do tempo un berro de sede dende a lus (…) A esperanza do mundo é o amor consumido de sede na consumación da crus (…) 16
LETRAS GALEGAS 2014
Nimbos: sentindo a Deus Noite no mundo Noite do mundo, oco de estrela arrincada, onde teimo verte de repente arder sobre a miùa vida xa case consumida na ourela da nada! (‌) 17
LETRAS GALEGAS 2014
O verme e a estrela
Nimbos: sentindo a Deus
Esta sede infinita de pureza absoluta, esta sede de xustiza que nos queima, esta sede de beleza… baixo as alas de pedra da preguiza e a paga do pecado en cada esquina e a herbiña sobre a foia e a ruína… 18
LETRAS GALEGAS 2014
Nimbos: sentindo a Deus Vese a Deus relucindo nos ollos dos que esperan e nas linguas que alampan, tremendo como lapas, un Pan feito de lúa, perdón e beixo eterno pra aló das andoriñas e o bafexar dos bois! (…) 19
LETRAS GALEGAS 2014
Nimbos: sentindo a Deus E, cando apalparon a Morte, viron que era unha mau moi donda que mataba unha lus e acendía outra lus, e, moi ledos, chegáronse, a modiño, á soleira do Reino, mesmo que o paporrubio nos días de gran neve se acurrrucha cantando nas portas dos labregos… 20
LETRAS GALEGAS 2014
Nimbos: o paso do Tempo Quizais Non sei por qué me deron esta mañá vidrada chea de alas de pomba(…) Non sei por qué me deron esta tarde tan cenza cunha fonte no medio (…) E esta noite baixiña con mil ventás acesas, e baixo dela un leito! (…)
21
LETRAS GALEGAS 2014
Nimbos: o paso do Tempo Terra do tempo Hora e lugar me deron, nau e portos, e a gloria de levar esta inmortal ferida, e a de alterar a historia dos vivos e dos mortos. Terra do tempo, mi単a escada escura, Rocha de sombra onde o mencer ani単a. Admitido fun na esperanza pura, E a morte que me mata non 辿 mi単a. 22
LETRAS GALEGAS 2014
Nimbos: o paso do Tempo Sinto รกs veces as horas nos meus ombros e digo que me pesan coma un reino. 23
LETRAS GALEGAS 2014
Nimbos: o peso da Historia O berro das pedras Irios ou ártabros, bergantiños ou caránicos, ei! Ninguén veu a Lumieira, mesturada coa lus do cotián mencer! O milagre veu a vós coma o vento que vén pisando a herba, Ge as vacas de Breogán nin siquera ergueran a cabeza! Sant Iago esvarou para Galiza coma o sangue dentro dunha vea… (…) Druída, nas fragas de Deus coma un niño enleado o o corazón, Celtas! Tiñades os ollos axeitados á medida da verdá (…) 24
LETRAS GALEGAS 2014
Nimbos: Galiza, a cerna e a ferida A cerna Hase de amar a cerna ata que sangue O verdadeiro amor enferra en neve, ara nun mar de rosas suco leve, ai pro acadulla en sangue 25
LETRAS GALEGAS 2014
Nimbos: Galiza, a cerna e a ferida Terra achaiada Ei, o sol, o niño ardendo nos loureiros! Ei, ledicia do agro cheo de homes! Nos meus ollos de neno lapas, hoxe terra rebada. (…) Sobor da lapa das espigas, ei! un son de frauta ou chafarís de ameixas. Muiñeiras de anxos polos trigos, hoxe sombras alleas. 26
LETRAS GALEGAS 2014
Nimbos: Galiza, a cerna e a ferida Terra sucada Terra sucada, poema de cen versos na outonía! orballa na cal, no escuro camiño de tantas vidas… Ferve o grau, pulo enterrado da espranza, nena dormida. Terra do ceo arrincada! Chora a terra desterrada, terra arada, nai perdida. 27
LETRAS GALEGAS 2014
Nimbos: Galiza, a cerna e a ferida
Penélope
Un paso adiante e outro atrás, Galiza, e a tea dos teus soños non se move. A esperanza nos teus ollos se espreguiza. aran os bois e chove. Un bruar de navíos moi lonxanos che estrolla o sono mol coma unha uva. Pero ti envólveste en sabas de mil anos, e en soños volves escoitar a chuva. Traguerán os camiños algún día a xente que levaron. Deus é o mesmo. Suco vai, suco vén, Xesús María! e toda cousa ha de pagar seu desmo. Desorballando os prados coma sono, o Tempo vai de Parga a Pastoriza. Vaise enterrando, suco a suco, o Outono. Un paso adiante e outro atrás, Galiza! 28
LETRAS GALEGAS 2014
Nimbos: a percepción da vida Coma un río Coma un río quixera eu ser: cantar con estrelas no lombo cara ó mar, deixando unha chorima en cada pedra, e unha bágoa de Deus en cada herba. (…) E eu coma a néboa sobre os altos montes que lles cobre a ferez e mailas bágoas; e eu coma a estrela que entra polo oco do lousado do pobre na agonía. (…) E eu coma un fondo río de recendos, de voces e de luces: coma o aire, que beixa todo e non se apousa en nada Máis que no sangue, na raíz do sangue… 29
LETRAS GALEGAS 2014
Nimbos: a percepción da vida Monumento á ausencia Adeus ó amigo que non tivo tempo de me enganar, pra sempre xa querido. Adeus á nena de ollos coma pregos que será nena dentro de mil anos. Adeus ás portas, xa pra sempre fieles; adeus ós montes, todos urizados de estrelas de ouro vivo para sempre; adeus ás pedras, coma rosas xa, adeus ás maus, quentiñas para sempre. Que quente é agora o seo desta noite chagado pola lus daquel mencer que pra sempre se foi e non se vai! 30
LETRAS GALEGAS 2014
Departamento de Lingua Galega e Literatura Equipo de Dinamización Lingüística
31