Pintame un texto

Page 1

Pร NTAME UN TEXTO EPV 4ยบ ESO Curso 2012/13


“Píntame un texto” foi unha actividade que xurdiu nas aulas de Plástica. Desde elas espallouse polos corredores do mosteiro traéndonos personaxes, historias , escritores e compositores promiscuamente asociados cos artistas que viviron no mesmo tempo, o tempo deses reis e raíñas que apareceron na primeira parte deste proxecto. O relato de cabalarías escoou polas regandixas da mitoloxía botticelliana, Miguel Anxo foi unha celestina de luxo para os desgrazados amores de Calisto e Melibea e Rubens emprestoulle a un dorido Don Quixote o porte do seu Duque de Lerma. O equilibrio de Velázquez temperou a paixón de Lope e o requinte de Gainsboroug serviu de pauta para que se manifestase en toda a súa crítica inocencia o Cándido volteriano. Así ata dezaseis cadros e textos que se metamorfosearon para permitir unha convivencia e que resulta moito máis que sorprendente. Foi un xeito de traballar a Historia, a Literatura, a Música e a Arte no que cada maiúscula se fixo maior aínda grazas á achega persoal do alumnado, transmutado en virtude desta alquimia, en viveiro de artistas.


É unha novela de cabalaría. Represento a escena na que dous cabaleiros pelexan por una doncela, substituíndo así aos personaxes orixinais do mito. OBRA ILUSTRADA

PINTURA DE REFERENCIA ÉPOCA DE ARTISTA

Tirante o Branco MARTORELL O nacemento de Venus BOTICELLI Sabela I SANDRA MARTÍNEZ


O que represento no debuxo é a escena na que Calisto e Melibea se encontran no ceo despois da morte de ambos, cos brazos estendidos coma se quixesen collerse das mans.

OBRA ILUSTRADA

PINTURA DE REFERENCIA ÉPOCA DE ARTISTA

La Celestina ANÓNIMO A creación de Adán MIGUEL ANXO Xoana I NURIA RODRÍGUEZ


Cando Lázaro e o cego chegan a Almorox, un vendimador ofrécelles como esmola un acio de uvas. O reparto para comelo había de ser equitativo, pero… A escena coloca ao cego no lugar de Dánae e a Lázaro no fondo, coas uvas como motivo principal.

OBRA ILUSTRADA

PINTURA DE REFERENCIA ÉPOCA DE ARTISTA

O Lazarillo de Tormes ANÓNIMO Dánae TIZIANO Carlos I MATÍAS NÚÑEZ


Para contar a historia de Próspero, Antonio e Miranda escollín este cadro do Greco, que dá sensación de tempestade. Cambiei a terra de Toledo polas ondas do mar e os edificios polo barco que naufraga, mantendo as cores acedas e a sensación de movemento. OBRA ILUSTRADA

PINTURA DE REFERENCIA ÉPOCA DE ARTISTA

The Tempest SHAKESPEARE Visión de Toledo GRECO Filipe II VERÓNICA FERNÁNDEZ


Cambiei o bastón do Duque de Lerma por unha lanza, a batalla do fondo por muíños e a vestimenta do duque, para que se pareza a Don Quixote. OBRA ILUSTRADA

PINTURA DE REFERENCIA ÉPOCA DE ARTISTA

Don Quijote CERVANTES Duque de Lerma RUBENS Filipe III GABRIEL CASAL


A Arcadia conta historias de amores e aventuras en escenarios idílicos, coma o que pintou Velázquez na súa viaxe a Roma. Substituín os personaxes do cadro polos dunha escena do libro, na que os dous namorados falan nunha escenario fermoso e misterioso ao mesmo tempo

OBRA ILUSTRADA

PINTURA DE REFERENCIA ÉPOCA DE ARTISTA

Arcadia LOPE DE VEGA Villa Médicis VELÁZQUEZ Filipe IV ANDREA SALGADO


Empecei a pintar a primavera con cores cálidas e alegres; o verán, con cores máis vivas; o outono, coas follas no chan e cores apagadas e o inverno con cores da gama dos grises, as árbores sen follas e as montañas nevadas.

OBRA ILUSTRADA

PINTURA DE REFERENCIA ÉPOCA DE ARTISTA

As Catro Estacións VIVALDI Historias de Xacobe MURILLO Carlos II ALEJANDRA TRONCOSO


Nesta obra participan, xunto con outros instrumentos tradicionais, xoguetes (unha trompeta, un tambor de lata, uns asobiotes que producen o canto dun reiseñor, unha matraca e un triángulo). No meu debuxo substituín os edificios por xoguetes, pintei o ceo de rosa para darlle un aire infantil e no chan puxen partituras de cancións. OBRA ILUSTRADA

PINTURA DE REFERENCIA ÉPOCA DE ARTISTA

Sinfonía dos xoguetes LEOPOLD MOZART Vista de Venecia CANALETTO Felipe V RAQUEL MARTÍNEZ


Elixín o cadro porque representa a paisaxe adecuada para a visita do inocente Cándido ao reino do Dourado. Eliminei a muller, engadinlle un mar que representa todas as súas viaxes e pintei todo con cores douradas e metálicas.

OBRA ILUSTRADA

PINTURA DE REFERENCIA ÉPOCA DE ARTISTA

Cándido VOLTAIRE Mr. E Mrs. Andrews GAINSBOROUGH Fernando VI NOEMI RODRÍGUEZ


Elixín a escena na que, sorprendido, Gulliver chega a Liliput, e inspireime en dúas pinturas. Na primeira porque necesitaba un traxe do século XVIII para vestir a Gulliver; na segunda, para debuxar as arquitecturas do momento.

OBRA ILUSTRADA

As viaxes de Gulliver SWIFT

PINTURA DE REFERENC IA

August Keppel REYNOLDS Porta do Sol PARET

ÉPOCA DE

Carlos III

ARTISTA

GESICA BOLOGNA


Este cadro fai referencia á parte na que as fadas matan o monstro, xa que os soldados que teñen a orde de executar aos que serán fusilados, cámbianse polas tres fadas e os fusilados polo dragón.

OBRA ILUSTRADA

PINTURA DE REFERENCIA

ÉPOCA DE ARTISTA

A frauta máxica MOZART Os fusilamentos do tres de maio GOYA Carlos IV BRAIS ESCUDERO


O mito conta como Fausto fai un trato co demo: a súa alma a cambio de intelixencia e inmortalidade. No traballo substituín a Marat por Fausto e suxerín a presenza da alma, ou do demo, coma unha sombra. OBRA ILUSTRADA

PINTURA DE REFERENCIA ÉPOCA DE ARTISTA

Fausto GOETHE Marat asasinado DAVID Xosé I CRISTIAN ADÁN


OBRA ILUSTRADA

PINTURA DE REFERENCIA ÉPOCA DE ARTISTA

Os elixires da vida HOFFMANN Gravado dos Disparates GOYA Fernando VII YAIMAR MUÑOZ

Escollín este gravado porque a figura da morte pode semellarse ao dobre fantasmal que na historia de Hoffman persegue a Menardo despois de suplantar a identidade do conde logo de que tomara os elixires que practicamente o trastornaran. Tamén porque o gravado en si mostra unha atmosfera hostil no sentido de que parece non haber esperanza.


A escea que representei é o momento no que Alonso loita contra as ánimas. Substituín a Liberdade por Alonso, os demais homes polas ánimas e a bandeira pola banda da súa prima Beatriz. OBRA ILUSTRADA

PINTURA DE REFERENCIA

ÉPOCA DE ARTISTA

Rimas y Leyendas BÉCQUER A liberdade guiando ao pobo DELACROIX Sabela II ANTÍA VÁZQUEZ


Nesta escena a paisaxe reflexa, coas cores, un estado de ánimo, que pode ser o do conto. Substituín as dúas persoas que estaban na dereita polo can e a lúa.

OBRA ILUSTRADA

PINTURA DE REFERENCIA ÉPOCA DE ARTISTA

O can dos Baskerville CONAN DOYLE As árbores azuis GAUGUIN Afonso XII ANTÍA ALONSO


A obra reflicte as penas dun pobo que vive á marxe da sociedade e a loita contra a autoridade represiva. Cada muller foi remprazada por unha persoaxe da obra de Lorca. No debuxo, ademais de manter a estrutura das figuras, tamén conservamos as cores e tonalidades. OBRA ILUSTRADA

PINTURA DE REFERENCIA

ÉPOCA DE ARTISTA

Romancero Gitano GARCÍA LORCA As señoritas de Avignon PICASSO Afonso XIII SARA VILACHÁ


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.