Servizos biblioteca

Page 1

SERVIZOS DA NOSA BIBLIOTECA


HORARIO DE BIBLIOTECA LUNS

MARTES

MÉRCORES

TERESA DEVESA

(Reforzo 1º ESO)

ISIDORA GIL

JUAN JOSÉ LAMAS

(Atención educativa 4º ESO)

(Atención educativa 1º BAC)

R1

IRMA FERNÁNDEZ

CARMEN VALUGO

IRMA FERNÁNDEZ

XOVES

CURSO 2014 -2015 VENRES

(Xefatura Departamento)

TERESA DEVESA TERESA DEVESA

CARMEN VALUGO

TERESA DEVESA

BELEM SÁNCHEZ (Xefatura Departamento)

M.JOSÉ FRANCO

TERESA DEVESA (Atención alumnos)

ISIDORA GIL 4ª

BELEM SÁNCHEZ (Xefatura Departamento)

(Xefatura Departamento)

TERESA DEVESA (Atención pais)

IRMA FERNÁNDEZ

ISIDORA GIL IRMA FERNÁNDEZ (Contratos Programa)

5ª 6ª

(Atención pais)

ISIDORA GIL IRMA FERNÁNDEZ

IRMA FERNANDEZ

(Xefatura Departamento)

(Atención pais)

(Contratos Programa)

R2

TERESA DEVESA BELEM SÁNCHEZ

TERESA DEVESA

TERESA DEVESA

IRMA FERNÁNDEZ

LOLA LIMIA

LOLA LIMIA

IRMA FERNÁNDEZ

TERESA DEVESA BELEM SÁNCHEZ

CARMEN VALUGO

(Xefatura Departamento)

ISIDORA GIL BELEM SÁNCHEZ LOLA LIMIA

BELEM SÁNCHEZ ISIDORA GIL

ISIDORA GIL

7ª 8ª

TERESA DEVESA

CARMEN VALUGO

(Reforzo 1º ESO)

(Atención educativa 3º ESO)

(4º PDC)

TERESA DEVESA

LOLA LIMIA

ISIDORA GIL

(Atención educativa 1º BAC)

(4º PDC)

(Atención educativa 2º BAC)

ISIDORA GIL

IRMA FERNÁNDEZ

ISIDORA GIL

ISIDORA GIL

IRMA FERNÁNDEZ

ISIDORA GIL

ISIDORA GIL

IRMA FERNÁNDEZ

ISIDORA GIL

(Atención pais)

RECREOS PLAMBE OUTROS


COMO CLASIFICAMOS OS LIBROS A NOSA CDU

8. LINGUAS E LITERATURAS: neste apartado temos unha clasificación particular que é bo que coñezas, posto que terás que usala moitas veces:

As siglas CDU significan “Clasificación Decimal Universal”, que é o método que todas as bibliotecas utilizan para organizar os seus fondos. Dividimos os libros en dez grandes materias, que á súa vez se dividen en dez apartados; estes, noutros dez, y así sucesivamente. Cando vexas a signatura dun libro saberás que o primeiro número indica a materia:

81

0. XENERALIDADES. Aquí están, entre outros, os dicionarios enciclopédicos, as enciclopedias e as obras de consulta; é dicir, libros que falan de todos os temas. 1. FILOSOFÍA, con todas as súas ramas: psicoloxía, ética....

82

LINGUA 81 + AUXILIARES DE IDIOMA (81-LA, 81-FR,...)

AUXILIARES DE XÉNERO

AUXILIARES DE IDIOMA

E

ENSAIO

C

CASTELÁN

LITERATURA, no idioma orixinal 82 + AUXILIAR DE XÉNERO + AUXILIAR DE IDIOMA (separados por guión: 82N-G, 82T- GR...)

N

NARRATIVA

F

FRANCÉS

P

POESÍA

G

GALEGO

T

TEATRO

821 LITERATURA UNIVERSAL (TRADUCIÓNS)

GR

GREGO

I

INGLÉS

LA

LATÍN

2. RELIXIÓNS (cristianismo, xudaísmo, islam...) e MITOLOXÍAS

4. PRODUCIÓN PROPIA: neste apartado clasificamos os materiais elaborados e publicados polo Instituto e pola propia biblioteca.

9. XEOGRAFÍA E HISTORIA, con alguhas subdivisións importantes: viaxes (91), biografías (92)... Os materiais de historia comezan por 93 e levan estas especificacións: AUXILIARES AUXILIARES 93 DE TEMPO DE LUGAR + AUXILIAR DE TEMPO

5. CIENCIAS. O segundo número indica cal é: matemáticas (51), astronomía (52), física (53)...

+ AUXILIAR DE LUGAR (separados por guión: 93MO-G, 93AN-M,...)

3. CIENCIAS SOCIAIS: aquí están os materiais sobre política (32), economía (33), dereito (34), etnografía (39)...

6. CIENCIAS APLICADAS: medicina, agricultura, enxeñería,... 7. ARTES VISUAIS (do 71 ao 77: debuxo, pintura, escultura), MÚSICA (78) e DEPORTES, XOGOS E ESPECTÁCULOS (79) (especialmente cine, coa sinatura 791) Aquí están tamén os videoxogos, as series de televisión e o teatro filmado. Neste curso temos unha nova sección de MÚSICA, con etiquetas de cores para que atopes mellor os teus autores favoritos:

MUSICA POPULAR URBANA CANTAUTORES JAZZ MÚSICAS DO MUNDO

Algúns materiais están identificados con estas etiquetas. Búscaos e pásao ben co que temos seleccionado para ti.

Ademais, nalgunhas etiquetas podes ver indicacións auxiliares:

AN

ANTIGA

G

GALICIA

ME

MEDIEVAL

E

ESPAÑA

MO

MODERNA

M

MUNDO

CO

CONTEMPORÁNEA

(01)

FILOSOFÍA DE...

(03)

ENCICLOPEDIAS E DICIONARIOS

(05)

PUBLICACIÓNS PERIÓDICAS

(06)

CATÁLOGOS DE CONGRESOS E EXPOSICIÓNS

(07)

LIBROS DE TEXTO OU CADERNOS DE EXERCICIOS

(08)

ATLAS E MAPAS

(09)

HISTORIA DE...

E RECORDA: ESTÁS NUNHA BIBLIOTECA! SEGUE SEMPRE AS NORMAS DE USO RESPECTA OS DEREITOS DOS TEUS COMPAÑEIROS

ú


COMO BUSCAR NA BIBLIOTECA Cada un dos materiais catalogados leva unha etiqueta con estas tres signaturas: • en primeiro lugar, un NÚMERO, que nos di de que materia se trata. Con el podemos localizar o material na biblioteca, tendo en conta o plano de situación que che proporcionamos. • en segundo lugar, TRES LETRAS MAIÚSCULAS: son as tres primeiras letras do apelido do autor, polas que te debes guiar para buscar o libro unha vez localizada a sección. Por isto é importante que saibas quen é o escritor, o músico ou o director da película que buscas: non chega co título. • E, finalmente, TRES LETRAS MINÚSCULAS que son as primeiras do título. Así que xa estás preparado para comezar a busca. Pero... ...SE NON SABES A SIGNATURA, TES QUE: • Preguntarlle ao profesorado que che recomendou o libro ou aos encargados da biblioteca. Nos recreos hai sempre algún compañeiro do equipo auxiliar que colabora e pode axudar. • Buscar ti na páxina web da nosa biblioteca http://www.opacmeiga.rbgalicia.org/Biblioteca.aspx?CodigoBiblioteca=OED004 ou teclear no navegador PROXECTO MEIGA e seleccionar a biblioteca do IES Celanova. Podes facer a consulta desde calquera lugar do mundo. UNHA VEZ QUE COÑEZAS ESTE DATO, BUSCA NOS ANDEIS: • Hai pancartas verticais brancas cos rótulos de cada sección. Guíate por elas. • Os libros, as películas e os demais materiais están colocados por orde alfabética. É moi sinxelo atopar o que buscas. Nalgúns casos, ademais, teñen etiquetas de cores, que axudan a buscar por xéneros.

Pois, xa estás preparado! Na contraportada vai un plano da sala lectura para axudarche.


NORMAS E SERVIZOS

HORARIO DA BIBLIOTECA A Biblioteca permanecerá aberta, en horario lectivo, nos períodos en que exista profesorado de garda ou colaborador para cubrir o servizo. O préstamo realizarase só nos recreos, polo profesor encargado e, no seu caso, polos alumnos do equipo auxiliar. En horario extraescolar abrirá as tardes dos MARTES, MÉRCORES E XOVES entre as 15,30 e as 18,00. O uso da Biblioteca polos socios lectores (libros, ordenadores, wifi, espazos de estudo ou actividades) será posible: Cando así figure no horario de uso da biblioteca (clases programadas para todo o curso, que terán preferencia sobre outras actividades). Cando o profesorado de garda así o decida, sempre para realizar actividades de lectura ou formación documental e respectando as normas de conduta. Non debe usarse como gardería nin deixar ao alumnado só. Cando o profesorado de aula decida usar os recursos da Biblioteca durante o tempo da súa clase, acompañando ao alumnado.

1


SERVIZO DE LECTURA E PRÉSTAMO DE LIBROS E REVISTAS O PROFESORADO poderá tomar en préstamo libros por períodos indefinidos, nunca máis dun curso, para unha Biblioteca de Aula ou para a Biblioteca de Departamento. O ALUMNADO E OS SOCIOS EXTERNOS disporán dos libros en préstamo: A. durante unha semana, sen posibilidade de renovación, cando se trate de libros de lectura obrigatoria. B. dos libros de lectura voluntaria por un período de dúas semanas, prorrogable unha semana máis. C. nos períodos vacacionais. Libros como dicionarios e enciclopedias, atlas... non se prestan fóra da sala.

SERVIZO DE PRÉSTAMO DE PELÍCULAS E VIDEOXOGOS PROFESORADO, PARA USO NAS AULAS: Recoller o material con antelación e anotar o período de tempo que o van necesitar.

PROFESORADO E SOCIOS EXTERNOS, PARA USO PRIVADO: Quince días, sen renovación.

ALUMNADO: Recollida o venres (ou último día lectivo da semana) e devolución o luns (ou no primeiro día da volta de vacacións).

2


ACCESO A INTERNET ORDENADORES Poderase dispoñer dos ordenadores durante os vinte minutos dos recreos e cando así o autorice o profesorado encargado do grupo que está a traballar na biblioteca. É recomendable que non haxa máis de dous alumnos por ordenador. Non se poderán conectar dispositivos (pendrives, CD, teléfonos) sen autorización do profesor encargado. Os únicos usos permitidos son os didácticos. WIFI Poderase acceder á wifi da sala (coa chave de acceso 47175716) nos dispositivos móbiles que o profesorado autorice.

NORMAS PARA OS USUARIOS SILENCIO: todos temos dereito a ler e estudar sen molestias. PROHIBIDO COMER E BEBER. Cando se abandone a sala deberanse colocar as cadeiras no seu sitio e apagar os ordenadores. Traer o carné para préstamos e devolucións e non esquecer o número de rexistro electrónico. Tratar os fondos con coidado para evitar o seu deterioro. No caso de películas, videoxogos ou música, asegurarse de devolver a caixa e o disco.

3


SANCIÓNS CONDUTAS RUIDOSAS OU IMPROPIAS •

O alumnado que incorra nesta falta será apercibido polo profesorado encargado, e quen reincida será expulsado da sala. A acumulación de expulsións, mediante os correspondentes partes de incidencia, será sancionado conforme ao previsto nas normas de convivencia do Centro.

CANDO SE EXCEDA O LÍMITE DO PERÍODO DE PRÉSTAMO: • • •

O lector non poderá beneficiarse de novos préstamos en tanto non se produza a devolución (MEIGA consentirá 0 empréstitos). O alumnado que non devolva os fondos emprestados dentro do trimestre será apercibido polos seus titores e non recibirán as súas cualificacións de avaliación ata que se produza a devolución. O alumnado que a final de curso non devolva un libro prestado pola Biblioteca incorre nunha falta grave, será sancionado conforme ao disposto no ordenamento disciplinario do Centro e, en todo caso, deberá abonar o custe do fondo ou repoñelo.

FUNCIÓNS DO PROFESORADO ENCARGADO DURANTE OS RECREOS •

Facer cumprir as normas aos usuarios, especialmente no relativo a orde, o silencio e o uso dos ordenadores.

Xestionar préstamos e devolucións a través do programa MEIGA, coa colaboración do alumnado do equipo auxiliar. As devolucións depositaranse na caixa habilitada ao efecto, nunca no andel.

Colaborar na consulta de fondos a través de MEIGA.

Orientar aos usuarios na localización de fondos nas diferentes seccións e armarios.

4


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.