Suxestions didacticas

Page 1


1. 2. 3. 4.

5.

6.

Lectura comprensiva do texto. Buscar no dicionario as palabras descoñecidas. Resumo do conto. Idea principal e ideas secundarias. Que sabes dos ecosistemas lacustres? Investiga que especies conviven neles, que importancia ecolóxica teñen e que ecosistemas lacustres de importancia hai no noso país. Todos os personaxes desprezan o Parruliño Feo por ser diferente. Que nome recibe esta actitude? Cales poden ser as consecuencias destas actitudes? Debatemos. Historicamente, que feitos coñeces que tiveran lugar por mor delas?. “Son tan feo que nin os cans me queren comer.” Que consecuencias tivo na autoestima do parruliño o desprezo dos que o rodeaban?


1. 2. 3. 4. 5. 6.

Lectura comprensiva do texto. Buscar no dicionario as palabras descoñecidas. Resumo do conto. Idea principal e ideas secundarias. Quen é o malo deste conto? Por que? Hai outros personaxes que puidésemos dicir que son "malos, malísimos"? Cres que a bailarina namorou do soldado? Que opinas do final do conto? Inventa un final alternativo.


1. 2. 3. 4. 5.

6.

7. 8.

Lectura comprensiva do texto. Buscar no dicionario as palabras descoñecidas. Resumo do conto. Idea principal e ideas secundarias. Cales son os protagonistas do relato? Describe brevemente a súa personalidade. Explica o significado das seguintes palabras: forxar, rudos, ínfimos, insensato, cortesán, sucar, desenvaiñar. A finalidade da actividade non é copiar o significado do dicionario senón expresar correctamente definicións xa coñecidas .Coidar expresión e ortografía. Coñeces a outros príncipes ou personaxes poderosos así de malvados, ambiciosos ou soberbios? Lembra que poden ser fantásticos ou reais, da literatura, do cine, da tele, do cómic, dos videoxogos ou dos periódicos… Coñeces a outras personaxes que tentaran retar a algún deus? Busca información sobre: Prometeo, Luzbel, o Titanic, A Torre de Babel, Loki… Escribe un relato curto no que o protagonista sexa un malo malísimo e no que empregues cinco das palabras que descifraches antes.


1. 2. 3. 4. 5.

6.

Lectura comprensiva do texto. Buscar no dicionario as palabras descoñecidas. Resumo do conto. Idea principal e ideas secundarias. Que significa Psique? Características xerais das Artes no Renacemento. Cita os artistas renacentistas que aparecen no relato. Que sabes deles? Busca información sobre a súa vida e obra e emprega os medios dixitais dos que dispoñas para coñecer as súas obras mais importantes. Un paseo por Roma. Cita os lugares emblemáticos de Roma que aparecen no conto. Coñécelos? Busca información e realiza unha descrición breve de cada un deles.


1. 2. 3. 4. 5.

6.

Lectura comprensiva do texto. Busca no dicionario as palabras que descoñezas. Resumo do conto. Idea principal e ideas secundarias. Cales son os protagonistas do relato? Describe brevemente a súa personalidade. Realiza unha análise do comportamento do pobo ante a actitude do emperador. Por que cres que actúan así? E que pensas con respecto a que fora un neno o que acabou con esa forma de actuar? Podes describir algunha situación histórica ou mesmo actual na que un gobernante teña sido enganado por algún timador particular, empresa ou organización? Deixouse o pobo enganar tamén? Debatemos.


1. 2. 3. 4.

5. 6.

Lectura comprensiva do texto. Busca no dicionario as palabras que descoñezas. Resumo do conto. Idea principal e ideas secundarias. “Caían chuzos de punta”. Coñeces máis expresións referidas ao tempo, e preferiblemente, relacionadas coa choiva? Se non te lembras, pregunta na casa. Os teus avós, por exemplo, seguro que saben moitas. Reflexiona: Busca o príncipe o amor verdadeiro? Qué opinas dos matrimonios de conveniencia? Debatemos. Cres que as actitudes das personaxes son un bo exemplo para os nenos? E para as nenas? Debatemos.


1. 2. 3.

4. 5.

Lectura comprensiva e lectura dramatizada do texto. Busca no dicionario as palabras que descoñezas. Como se chama o recurso literario no que os obxectos protagonistas do conto cobran vida? Explica outros exemplos nos que se poida empregar este recurso. Realiza un resumo do texto. Coidar expresión e ortografía. Describe as características do personaxe principal do conto.


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.