TEXTOS PRESENTABLES
CUESTIÓN DE SIGNOS Cóntase que un señor, por ignorancia ou por malicia, deixou ao morrer o seguinte escrito: Deixo os meus bens ao meu sobriño Xoán non ao meu irmán Luís tampouco xamais se pagará a conta do xastre nunca de ningún modo para os Xesuitas todo o dito é o meu desexo Facundo. Cando o documento foi lido, as persoas aludidas atribuíanse a preferencia. Co fin de resolver as dúbidas, acordaron que cada un levara o escrito e lle colocase a puntuación respectiva. O sobriño Xoán presentouno do seguinte xeito: Deixo os meus bens ao meu sobriño Xoán, non ao meu irmán Luís. Tampouco, xamais se pagará a conta do xastre. Nunca, de ningún modo para os Xesuítas. Todo o dito é o meu desexo. Facundo. O irmán Luís presentou a súa reclamación desta maneira: Deixo os meus bens ao meu sobriño Xoán? Non! Ao meu irmán Luís. Tampouco, xamais se pagará a conta do xastre. Nunca, de ningún modo para os Xesuítas. Todo o dito é o meu desexo. Facundo.
CUESTIÓN DE SIGNOS Os Xesuítas consideraron que o documento debería interpretarse da seguinte maneira: Deixo os meus bens ao meu sobriño Xoán? Non. Ao meu irmán Luís? Tampouco, xamais. Pagarase a conta do xastre? Nunca, de ningún modo. Para os Xesuítas todo. O dito é o meu desexo. Facundo”. Esta lectura ocasionou grandes escándalos e, para poñer orde, acudiuse á autoridade. Esta conseguiu establecer a calma e, despois de examinar o escrito, dixo en ton severo: Señores, aquí estase tratando de cometer unha fraude; a herdanza pertence ao Estado, segundo as leis; así o proba esta interpretación: Deixo os meus bens ao meu sobriño Xoan? Non. Ao meu irmán Luís? Tampouco. Xamais se pagará a conta do xastre. Nunca, de ningún modo, para os Xesuítas. Todo o dito é o meu desexo. Facundo”. En virtude do cal, e non resultando herdeiros para esta herdanza, queda incautada en nome do Estado e dáse por rematado este asunto.
NORMAS ORTOGRÁFICAS Respectaranse as normas do idioma que se empregue. • De se tratar dun texto escrito nun ordenador, é útil empregar con intelixencia as ferramentas de corrección. Xa sabedes: primeiro é necesario definir o idioma do texto e, máis tarde, aplicar a revisión ortográfica e/ou lingüística. • Tamén é eficaz contar entre os favoritos con páxinas de consulta e dicionarios en liña:
http://www.rae. es/ayuda/diccion ario-de-lalengua-espanola
O HOME QUE PERDEU... O home aquel perdeu a coma empezou a temerlle ás oracións complexas; buscou frases sinxeliñas. Frases sinxelas trouxeron pensamentos sinxelos. Perdeu despois o sinal de exclamación e comezou a falar en voz moi baixa, monotonamente. Non se aledaba nin indignaba con nada, tanto lle tiña todo. Máis tarde, perdeu o sinal de interrogación e deixou de formular preguntas: Ningunha cousa espertaba a súa curiosidade, xa acontecese no Cosmos, na Terra ou mesmo na súa propia casa… Despois dun par de anos, perdeu outro sinal de puntuación -os dous puntos- e deixou de explicar á xente a súa conduta. Cara a fin da súa vida non lle quedaban xa máis que as comiñas. Non expresaba ningunha idea propia; citaba sempre aos outros…Velaí que se desacostumou a pensar e chegoulle o punto final. Coide vostede os sinais de puntuación!
ALEXANDR KANEVSKIIT
CORRECCIÓN LINGÜÍSTICA
A MALA ORTOGRAFÍA É UNHA ENFERMIDADE DE TRANSMISIÓN TEXTUAL
A corrección lingüística non se esgota na ortografía: a coherencia das ideas, a cohesión e a riqueza léxica son parámetros a ter en conta na redacción dun traballo. Aquí, o consello É RELER O TEXTO ANTES DE ENTREGALO. Se hai algo que non está claro nunha segunda lectura, o mellor ha SIMPLIFICALO, dándolle unha formulación lingüística máis clara e máis segura . O TRABALLO TEN QUE TER UNHA ESTRUTURA; non sempre ten que ser a clásica (introdución, desenvolvemento e conclusión), mais, cando menos, ten que ser recoñecíbel e axustada á temática tratada.
CORRECCIÓN LINGÜÍSTICA
O TEXTO DEBE ORGANIZARSE EN PARÁGRAFOS que desenvolvan unha idea central. As oracións deben ir separadas por puntos. Evitaranse os períodos oracionais demasiado longos e nos que haxa demasiada subordinación. Para non enlearse coa formulación das frases, é útil construílas seguindo a orde lóxica
SUXEITO + VERBO + COMPLEMENTOS + PUNTO E SEGUIDO Outras ordenacións non son necesariamente incorrectas, mais, cando non se ten demasiada pericia, é fácil enredarse e cometer erros que nos levan a deixar frases inacabadas, a cruzar estruturas sintácticas, incorrer en faltas de concordancia ou de correlación temporal.
CORRECCIÓN LINGÜÍSTICA
“…atopámonos cun poema no que nos versa sobre a guerra…”
INCOHERENCIA SINTÁCTICA: O poema pode versar sobre a guerra, pero non pode versarnos a nós sobre ela, porque o verbo versar non admite un CD. Pódese versificar algo, pero non versar “algo”. En que consistiría versar a alguén sobre algo? En facer que sexa moi versado en algo ou en convertelo nun verso?
CORRECCIÓN LINGÜÍSTICA
AMBIGÜIDADE:
“Debido á guerra, o tema principal é a miseria de Galiza?”
A miseria de Galiza debida á guerra é o tema principal? …o tema principal sería “a miseria de Galiza, debido á guerra…”
INCISOS, TÍTULOS E REFERENCIAS
Os incisos ou aclaracións: Habería que evitar o abuso das parénteses ou das aclaracións, porque complican a expresión. Nos textos realizados desde o ordenador pódense introducir comentarios numerados que aparecerán ao pé de páxina ou ao final do escrito como notas, comentarios, observacións ou información adicional.
INCISOS, TÍTULOS E REFERENCIAS
En calquera caso, as parénteses poden ser útiles cando o inciso é un elemento illado no texto ou para aludir á parte dun texto que non se rexistra. De ser así, dentro das parénteses van uns puntos suspensivos que representan a parte non reproducida da obra que se cita: (…) porque se dicía que en mil seiscentos sesenta e seis a apocalipse sería un feito e moitos agardaban medorentos a consumación das profecías (…). Claro que, para daquela, a anunciada fin era unha ameaza tan habitual que moitos xa desconfiaban das razóns nas que aniñaba aquel paxaro de mal agoiro.
INCISOS, TÍTULOS E REFERENCIAS
Os títulos de seccións e as referencias: Os títulos dos diversos apartados ou seccións do traballo deben escribirse en minúscula, agás a primeira letra da frase, exceptuando, naturalmente, aquelas palabras que por regra ortográfica deban ir grafadas con maiúscula.
INCISOS, TÍTULOS E REFERENCIAS
Enlaces con outros artigos: se enlazarmos o noso texto con outro que desenvolve en profundidade o tema exposto, debe indicarse empregando a abreviatura “ vid.” (véxase) e ofrecendo a seguir a información sobre a obra: autor, título, capítulo e páxinas: “…o tratamento da infancia desde unha perspectiva social e non só psicolóxica (vid. NEIRA VILAS, X. .- Memorias dun neno labrego, Ed. Galaxia, páxs. 25-48) é frecuente nos autores da posguerra galega…”
INCISOS, TÍTULOS E REFERENCIAS
Títulos de libros, películas ou outro tipo de obras: Gráfase en maiúscula a inicial da primeira palabra do título e en minúscula o resto, non sendo que haxa nel algún nome propio, en cuxo caso se manterá a maiúscula. “Cartas a Lelo” Nos nomes de publicacións periódicas, escríbense con maiúscula inicial os substantivos e adxectivos e en minúscula o resto das palabras. A Nosa Terra. La Voz de Galicia. Se o título dá nome a unha obra nunha lingua estranxeira, transcribirase conforme ás normas do idioma correspondente.
TRATAMENTOS DE CORTESÍA
Tratamentos, títulos, cargos ou dignidades: Son nomes comúns e gráfanse con letra minúscula, agás cando se tratar dunha alta dignidade da igrexa ou do estado ou se estiveren utilizados para substituír a un nome propio, circunstancia na que é permisíbel empregar a maiúscula aínda que non sexa obrigatorio. Diante dos nomes propios respectivos deben empregarse as minúsculas, agás cando se empregan as formas abreviadas: Dr., D. , Ilma. , Fr. , Lic.
TIPOS DE LETRA E REFERENCIAS Cursiva, bastardiña ou itálica Reservamos o destacado en cursiva para: Redonda • estranxeirismos e latinismos. Negriña • siglas de expresións noutros idiomas : En xeral, para todo LOL, QED. o demais. • os nomes científicos en latín ou taxóns Emprégase o biolóxicos: Coleóptera. destacado en • para títulos de obras de creación negriña case literarias e artísticas e as súas siglas, agás as de enxeñaría ou arquitectura. A sempre para Venus do espello. resaltar o • os pseudónimos ou alcumes que se título do achegan inmediatamente despois do artigo. nome propio: Afonso X O Sabio.
COMIÑAS
Nos textos impresos e informáticos, en oposición aos manuscritos, recoméndase empregalas en primeira instancia reservando outros tipos para cando deban engadirse comiñas a partes dun texto que xa ía entre comiñas. Neste caso, as inglesas empréganse no último lugar: «María díxome: “vaia pota de coche que mercou o Lois”».
En obras de carácter lingüístico, para enmarcar significados: o latinismo ipso facto ‘no momento’ é frecuente en obras de carácter culto.
Para citar textualmente un treito que non ocupe máis de tres ou catro liñas; para resaltar palabras empregadas cun sentido especial; nun título ou para substituír a cursiva cando se introduce o título dunha obra (Análise de “A Esmorga”); para representar os pensamentos dun personaxe no relato.
COMIÑAS
Escríbense pegadas á primeira e á última palabra do período que enmarcan e separadas por un espazo das palabras que as preceden ou seguen, agás de se tratar dun signo de puntuación:
Como modelo de la primera conjugación se utiliza usualmente el verbo «amar». Sus palabras fueron: «por favor, el pasaporte».
FRAGMENTAR O TEXTO EN DÚAS LIÑAS Non deben separarse letras dunha mesma sílaba, polo que o guión colocarase no final dalgunha das sílabas que forman a palabra: cas-/telo caste-/lo. Se as palabras son compostas ou levan un prefixo, hai dúas posibilidades: - coincidir co silabeo da palabra: - dividir conforme á separación dos compoñentes: des-/amparo ou de-/samparo ma-/linterpretar ou mal-/interpretar Dúas ou máis vogais seguidas nunca se separan ao final da liña, independentemente de que formen ditongo, tritongo ou hiato, cau-/sa e non ca-/usa sendo a única excepción o caso de que o encontro de vogais obedeza á unión de dous formantes nas compostas (contra-/espionaxe).
FRAGMENTAR O TEXTO EN DÚAS LIÑAS • Non poden aparecer fragmentadas en dúas liñas do texto: • as abreviaturas e as siglas. • as cifras e expresións numéricas, sexan arábigas ou romanas. • Para dividir palabras que conteñan “h” intercalado, actuarase como se a letra non existise e aplicarase a norma xeral, agás se esta fixer parte dunha palabra composta, en cuxo caso rexerémonos pola pauta das composta: cohe-/sión, des-/herdar • Os dígrafos non se poden separar ao final da liña, agás se se producen do resultado do encontro dos formantes nunha composta: hiper-/realismo, pero ca-/rro • Se un guión dos empregados para representar certas compostas coincide co final da liña, debe repetirse o signo ao comezo da liña seguinte: teórico-/-práctico
TRATAMENTO DE MARCAS •
•
•
Debe evitarse empregar como nome dun obxecto o nome da marca comercial ou do patrocinio, non sendo que a substitución sexa de extensión xeneralizada: Kleenex, Post-it, Tupper... E cando os escribamos, como nomes propios que son, grafarémolos con maiúsculas. Só se poderá empregar a minúscula cando o nome se forme con varias palabras escritas sen separacións ou con fragmentos das mesmas ou cando se engadir unha letra minúscula como o prefixo i– de Internet ou e- de electrónico: iPod, email. En xeral, desterrarase o uso de resaltes tipográficos para as marcas comerciais (cursivas, subliñados, etc).
REXISTRAR DATAS • • •
Este é o formato máis estendido nos países da lusofonía:
3 de xaneiro de 1846 Pode usarse o formato 3/1/1846 Deben evitarse, por erróneas, referencias cronolóxicas como
03/01/1846 • •
O primeiro día do mes pode escribirse co ordinal (1º ou primeiro) ou co cardinal (1 ou un). Ao incluír unha data determinada non se fará alusión á estación do ano na que transcorre o acontecemento aludido, aínda que en textos literarios ou informais como cartas persoais pode substituírse a indicación de mes pola estación, como unha licenza.
COORDENADAS XEOGRÁFICAS Os paralelos e meridianos escribiranse sen deixar espazo entre o número e o símbolo pero cun espazo entre o símbolo de grao e o punto cardinal
60º N O mesmo é aplicábel ás coordenadas xeográficas:
34º 21’ 57” O
REXISTRAR NÚMEROS CARDINAIS SEPARACIÓN DE MILLARES E SIGNO DECIMAL • Aínda que é frecuente ver que se separan os números da parte enteira de tres en tres mediante punto, recoméndase usar un espazo como separador e a coma para separar a parte enteira da decimal: 3 456 231 719,56 • Non se separan cifras ao falar de anos, códigos postais, páxinas, artigos de leis... • Os números que teñen máis de oito díxitos, sexa por seren moi grandes, quer por moi pequenos, deben representarse como potencia de dez en notación científica. 8,5 × 109; 4,53 × 10.-10. • A palabra billón significa millón de millóns (noutras linguas significa mil millóns)
REXISTRAR NÚMEROS ORDINAIS
•
Habitualmente úsanse abreviados, polo que non é frecuente escribir
milésimo duocentésimo cuadraxésimo oitavo No seu lugar, adoita escribirse, tendo en conta que entre o cardinal e a letra voada hai un punto
1248.º •
Outra posibilidade é usar como ordinais os números romanos, pero, neste caso, non se debe empregar a letra voada:
XXIII edición ou 23.ª edición.
REXISTRAR NÚMEROS CANDO ESCRIBIR OS NÚMEROS EN PALABRAS E CANDO MEDIANTE SIGNOS DA NUMERACIÓN ARÁBIGA: • • •
En artigos científicos ou técnicos empregaranse cifras (e o mesmo en cómputos estatísticos, inventarios, táboas, gráficos…) No resto dos artigos é preferible o emprego de palabras, agás en casos de números moi complexos. Tamén é conveniente escribir con letras: - Números que poden expresarse nunha soa palabra (decenas, centenas) - Números redondos que poden expresarse en dúas palabras - Números que se expresan en dúas palabras unidas pola conxunción “e”.
PARÁGRAFOS Exemplo de texto no que non se distinguiron parágrafos; despois da terceira ou cuarta liña, perdemos o fío e abandonamos desconcertados a lectura. Grande parte do material para ese volume foi recollido no tempo en que eu preparaba para imprimilo o meu traballo sobre a evolución da femia, unha investigación sobre o tema da especialización dos sexos. Durante o tempo previo á edición, a miña intención era incluír dentro desta parte da procura feitos relacionados cos fundamentos da relixión e o culto que ata daquela non foran tratados e, sabendo o traballo e a paciencia que ían ser precisos para abalar os tais datos convenientemente, decidín publicar só a primeira parte do traballo e reter, de momento, esoutra parte relativa ao desenvolvemento da idea de Deus. Como o xeito de construír os seus propios deuses ou como as ideas predominantes de aquilo ten que ver co que é incognoscíbel reflicten a mesmísima conciencia interna da propia humanidade, unha historia fiábel do desenvolvemento das relixións debe ir parella á historia da evolución mental, moral e social do individuo e da nación. A través dos datos presentados nos últimos tempos en relación coa maduración da idea de Deus, parece que se deliñan dúas vías de demarcación sexual diverxentes. É dicir, verifícase que o sexo é un feito fundamental, non só nas operacións biolóxicas, mais tamén na construción dun deus. A evolución das mulleres mostra que a herdanza de ambos os sexos, macho e femia é o resultado da separación que experimentaron durante os primeiros períodos da sexo- diferenciación. Un estudo exhaustivo dos rexistros prehistóricos mostra que, nunha idade máis adiantada da existencia na terra, nunha época na que as mulleres tiñan ascendencia sobre os homes, a enerxía humana foi dirixida polos personaxes altruístas que se orixinou e foi transmitida a través da femia; mais despois da decadencia do poder das mulleres, todas as humanas constitucións, costumes, maneiras e hábitos de pensamento son vistos como reflexo das calidades adquiridas pelo macho egoísta.
ESPAZADOS E SANGRÍAS SANGRÍAS son os espazos que se deixan ao comezo de cada novo parágrafo, NA PRIMEIRA LIÑA DO TEXTO.
SEPARACIÓN ENTRE PARÁGRAFOS: Non se debe deixar un espazo maior que unha liña. Este sería un bo espaciado para un interlineado simple.
PARÁGRAFOS Neste texto xa se distinguen parágrafos mediante espazados e sangrías: a lectura facilítase e o lector non desiste á cuarta liña Grande parte do material para ese volume foi recollido no tempo en que eu preparaba para imprimilo o meu traballo sobre a evolución da femia, unha investigación sobre o tema da especialización dos sexos. Durante o tempo previo á edición, a miña intención era incluír dentro desta parte da procura feitos relacionados cos fundamentos da relixión e o culto que ata daquela non foran tratados e, sabendo o traballo e a paciencia que ían ser precisos para abalar os tais datos convenientemente, decidín publicar só a primeira parte do traballo e reter, de momento, esoutra parte relativa ao desenvolvemento da idea de Deus. Como o xeito de construír os seus propios deuses ou como as ideas predominantes de aquilo ten que ver co que é incognoscíbel reflicten a mesmísima conciencia interna da propia humanidade, unha historia fiábel do desenvolvemento das relixións debe ir parella á historia da evolución mental, moral e social do individuo e da nación. A través dos datos presentados nos últimos tempos en relación coa maduración da idea de Deus, parece que se deliñan dúas vías de demarcación sexual diverxentes. É dicir, verifícase que o sexo é un feito fundamental, non só nas operacións biolóxicas, mais tamén na construción dun deus. A evolución das mulleres mostra que a herdanza de ambos os sexos, macho e femia é o resultado da separación que experimentaron durante os primeiros períodos da sexo- diferenciación. Un estudo exhaustivo dos rexistros prehistóricos mostra que, nunha idade máis adiantada da existencia na terra, nunha época na que as mulleres tiñan ascendencia sobre os homes, a enerxía humana foi dirixida polos personaxes altruístas que se orixinou e foi transmitida a través da femia; mais, despois da decadencia do poder das mulleres, todas as humanas constitucións, costumes, maneiras e hábitos de pensamento son vistos como reflexo das calidades adquiridas pelo macho egoísta.
MARXES
•
•
Os textos deben presentar marxes (un espazo en branco significativo nos bordos do texto), que serán máis ou menos amplos en función do tratamento que vaia ter o escrito: encadernar, maquetar para a imprenta... En textos xerarquizados como o guión ou o esquema, as marxes sucesivas representan, de esquerda a dereita, a importancia e amplitude das ideas expresadas neles.
INDICAR UNHA BIBLIOGRAFÍA
Os nomes de autores e obras consignados nunha referencia bibliográfica deben rexistrarse co seguinte formato e nesta orde:
1. Os apelidos do autor (con todas as letras maiúsculas) seguidos dunha coma; 2. O nome (ou a inicial en maiúscula). 3. Dous puntos; 4. O título da obra subliñado, en cursiva ou entre comiñas; 5. O nome da editorial, con maiúsculas como nome propio que é; 6. O lugar e ano de edición da obra.
CASARES, Carlos: Vento ferido. Editorial Galaxia. Vigo, 1967
RECURSOS BIBLIOGRテ:ICOS http://parles.upf.edu/llocs/cr/casacd/treball4.htm http://www.rae.es/obras-academicas/ortografia/ortografia-escolar http://fido.palermo.edu/servicios_dyc/publicacionesdc/vista/detalle_articulo .php?id_libro=430&id_articulo=8876 http://creacionliteraria.net/2012/04/creacin-de-un-texto/ http://www.vectoralia.com/manual/html/textos_impecables.html