Guía Nadal 2009

Page 1

Bacharelato e adultos “O símbolo perdido” Dan Brown Ed. El Aleph Robert Landon profesor de simboloxía chega a Washington para dar unha conferencia no Capitolio. Ó mesmo tempo aparece un estrano obxecto con cinco signos enigmáticos que o profesor interpreta como unha chamada misteriosa dun mundo esotérico. Este descubrimento coincide co secuestro de Peter Solomon, membro da masonería e guía do profesor. Landon relaciona os dous feitos e vese envolto nunha aventura que o leva ó descubrimento de verdades inquedantes e terribles.

“Mil soles espléndidos” Khaled Hosseini Ed. Salamandra En Afganistán crúzase a historia de dúas mulleres: Mariam, filla ilexítima dun rico home de negocios, que se cría con súa nai e é enviada por seu pai ós quince anos a Kabul para que case cun tosco zapateiro, trinta anos máis vello ca ela. Vinte anos despois o zapateiro atopa na rúa unha moza abandoada e lévaa para a súa casa. Entre as dúas mulleres xorde un vínculo indestructible que manterá nelas a esperanza e axudaralles a vencer o medo.

“O tempo para ler, igual que o tempo para amar, dilatan o tempo de vivir”. Daniel Pennac

Boletín nº 11

Nas devesas dos Ancares, do Cebreiro e do Courel vive

O Apalpador.

Na noite de Ano Vello ía polas casas apalpando as barrigas dos nenos que xa estaban durmindo para deixarlles castañas, se non estaban fartos abondo. Nos nosos días O Apalpador modernizouse e trae cousas que se precisan hoxe. Se cadra, mesmo o vemos polas rúas… ou deixando nos fogares, entre os agasallos, algún libro para compartir…


Chega o frío, bo tempo para compartir lecturas. Hai libros para todos. Estas son as suxerencias que facemos chegar dende a biblioteca do IES Río Miño, xunto cos nosos mellores desexos para este Nadal e o vindeiro ano 2010. 1º Ciclo da ESO: “E Xoel aprendeu a voar” Marica Campo Ed. Alfaguara Xoel é un neno que pasa a vida diante do ordenador, actividade que prefire a ir xogar cos amigos. Os pais queren mandalo a un ximnasio, pero el rechaza todo o que supón un mínimo esforzo. A súa vida cambiará ó longo da obra grazas a un personaxe anónimo que parece sabelo todo del.

“El libro de las cosas perdidas” John Connolly Ed. Oniro No seu dormitorio do desván, David, un neno de doce anos, chora a morte da súa nai. Está só, pero os libros dos seus andeis susúrranlle na escuridade e transpórtano a un mundo no que se mistura o mundo real e o imaxinario. Mentras a guerra se extende por Europa, David aterriza nunha terra imaxinaria, pero aterradoramente real.

2º Ciclo da ESO: “Pirata” María Reimóndez Ed. Xerais Mark Read atopa o seu lugar na cuberta do Williams como pirata. Mais a súa busca de identidade non está completa… aínda non coñeceu a coraxe de Anne Bonney nin as preguntas que Madame Ébano non soubo contestar.

Los cuentos de la esfinge Varios autores Ed. Siruela Selección dos relatos que máis entusiasmaron ós lectores de todas as idades dende 1990, escritos por autores de todo o mundo.

Para lectores de 8 a 99 anos: “O aniversario de Astérix e Obélix-O libro de ouro” R. Goscinny e A. Uderzo. Ed. Salvat Escrito en galego, e en trece idiomas máis, saiu este volume especial pola celebración dos 50 anos da súa existencia. Contén páxinas especiais e os personaxes que sempre fixeron a ledicia de todos.


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.