Información_ás_familias_proxecto_Lector

Page 1

Á atención das nais e pais dos nosos alumnos: Ó longo dos dous últimos cursos estivemos elaborando o PROXECTO LECTOR do noso centro. Para a súa posta en práctica precisamos da súa colaboración, por iso trataremos de informalos na presente guía. Que é o PROXECTO LECTOR? LECTOR? É un conxunto de actuacións que se levarán a cabo de maneira coordinada en todas as materias para conseguir que os nosos alumnos sexan LECTORES COMPETENTES. Que é un LECTOR COMPETENTE? COMPETENTE? Unha persoa que: Le comprensivamente e interpreta o que le. Sabe facer xuizos críticos. Busca información de maneira eficaz e sabe transformala e expresala de forma axeitada. Escribe correctamente para expresar e comunicar o que sente e pensa.

Quen está está implicado na posta en marcha do PLAN LECTOR? LECTOR? Todos os membros da Comunidade Educativa: Equipo Directivo. Profesorado. Alumnado. Nais e pais.

Para conseguir os nosos obxectivos levaremos a cabo neste curso as seguintes accións: Potenciaremos a lectura: Ler para disfrutar: Continuaremos coa nosa “Hora de Ler” (media hora diaria de lectura repartida entre todas as áreas). Ler para comprender: Introduciremos en todas as materias o traballo con todo tipo de textos de distinta procedencia (manuais, xornais, revistas, obras literarias…), tanto impresos en papel como multimedia.

Prestaremos atenció atención á correcció corrección na escritura: Restaremos en todas as áreas ata un 10% da nota de calquera exame ou traballo escrito por incorreccións referidas a: - Ortografía. - Expresión axeitda. - Presentación segundo as normas dadas. - Cumprimento dos prazos de entrega. Fomentaremos a adquisició adquisición de vocabulario: O alumnado elaborará glosarios cos termos propios de cada materia.


Impulsaremos a bú búsqueda de informació información: O alumnado terá que elaborar traballos de investigación en todas as áreas, para o que terá que consultar diferentes fondos da biblioteca. Para este traballo daráselles: -

Tema e guión. Bibliografía. Tipo de documento que se lles pide. Normas de presentación. Baremo de avaliación. Todos estes aspectos serán avaliados e tidos en conta na nota de cada materia, na maneira en que cada Departamento o determine.

Cómo poden colaborar as familias? Reforzando na casa as tarefas de lectura e escritura e interesándose pola súa evolución. Practicando a lectura cos seus fillos e lendo na súa presenza. “Se ti les, eles tamén len”. Asistindo, cando sexa posible, a algunha das actividades de fomento da lectura que se organizan no centro.

Poden consultar o noso PROXECTO LECTOR en: http://www.rabade-biblioteca.blogspot.com

Boletín nº 10


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.