A miña gata Flora 2

Page 1

A miña gata FLORA Son Aroa, a dona de Flora. Empezarei por contarvos a tarde na que a atopei. A recordo perfectamente. Era unha tarde calorosa de maio de 2015, eu ía cara o cuarto da lavadora para coller a miña bicicleta, cando xirei a esquina da miña casa e a vin alí plantada, cuns ollos como pratos. Estivemos un bo pouco mirándonos ata que, decidín ir a xunto da miña nai a pedirlle comida para gatos. Fun correndo ata o sitio onde estaba desexando que estivera aínda alí. O meu desexo cumpriuse. Púxenlle a cunca no solo e ela, indecisa, foise achegando pouco a pouco ata comer toda a comida. Veu a xunto de min a refregarse nas miñas pernas. Nese preciso momento decateime que era o comezo dunha amizade. Ese mesmo dia, pola noite, decidín poñerlle o nome de Flora Florinda Bailarina Gata Perdida.


Agora Flora é a miña gata, vive fóra da miña casa, porque é unha gata de campo. Flora e branca e negra. Parece unha vaquiña !!!. O seus ollos, cheos de vida, son de cor verde esmeralda. Gústalle que a acaricien dende a cabeza ata a cola. E moi astuta e intelixente. Come as sobras da comida e ten unha ansia terrible de atrapar cousas que voan como: paxaros, follas movidas polo vento,… Pero ás veces pode ser algo cabezona! Pode pasar mais dunha hora enteira entre as herbas para cazar un paxaro! As dúas semanas de atopala fíxose a valente subindo as copas máis altas dos árbores e despois non había quen a baixara de alí !


O que me deu moita, moita, moita pena foi cando morreron os seus gatiños. Foi xusto o dia no que naceron. Eran sete. catro machos e tres femias. Os matou o gato do veciño. Na miña casa decidimos castrar a Flora para que non lle volvera a suceder iso outra vez.

Flora para min é especial, inigualable e sobre todo cariñosa e insustituíble


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.