Experimentos

Page 1

EXPERIMENTAMOS COA MATERIA Na clase de 3ยบ estudamos a materia e fixemos na aula varias experiencias prรกcticas para comprender mellor as propiedades da materia, os cambios que sofre e outros aspectos deste tema.

CEIP QUINTELA

curso escolar 2014-2015


MEDIMOS A MASA Materiais: balanza con pesas, distintos materiais dos que queremos coñecer a súa masa. Procedemento: Poñemos nun recipiente da balanza certa cantidade de garabanzos e no outro pesas das que coñecemos a súa masa ( hai pesas de 50g, 20g, 10g e 5g). Colocamos as pesas precisas ata que os dous recipientes da balanza quedan equilibrados. Os nosos garabanzos teñen unha masa de 70g. Explicación: a masa é a cantidade de materia que ten un corpo. Cando usamos a balanza comparamos unha masa que coñecemos, a das pesas, coa masa que queremos coñecer. Cando os recipientes da balanza se equilibran as dúas masas son iguais.


MEDIMOS O VOLUME DUN CORPO Materiais: recipiente graduado, unha pedra e auga. Procedemento: a) Poñemos nun recipiente graduado certa cantidade de auga, mirando a escala graduada anotamos o volume da auga, 400 ml. b) Introducimos a pedra da que queremos coñecer o seu volume. c) Comprobamos a que medida chega agora a auga na escala, 480ml. Se ao volume da auga e a pedra xuntas, 480ml, lle restamos o volume da auga, 400ml, obtemos o volume da pedra, 80ml. Explicación: o volume é o espazo que ocupa un corpo.

a)

b)

c)


QUENTAMOS E ARREFRIAMOS UN GAS Materiais: unha tarteira, un aparato para quentar a auga, un bote, auga, un globo e cinta adhesiva. Procedemento: a) Puxemos o globo tapando a abertura do bote, puxémoslle cinta para aseguralo. b) Conectamos o quentador e quentamos a auga. Despois dun rato empeza a sair vapor. Metemos o bote na auga quente e o globo ínchase. c) Deixamos arrefriar o bote e o globo desínchase. Explicación: o globo ínchase porque cando se quenta un gas expándese (aumenta o seu volume)

a)

b) Candela e Raquel


POR QUE SE APAGA A CENDEA? Materiais: un vaso, umha candea e un chisqueiro. Procedemento: a) Acendemos a candea. b) Tapamos a candea cun vaso. c) Uns segundos máis tarde, apágase a candea. Explicación: apágase porque a candea agotou todo o osíxeno do vaso. Nunha combustión o osíxeno é imprescindible.

b) a)

c)

Nicolás Kaulback


COMPARAMOS DENSIDADES Materiais: auga, aceite, alcohol etílico. Procedemento: a) Collemos un vaso, botamos un pouco de auga, despois botamos un pouco de aceite e flotou sobre a auga. Isto significa que a auga é máis densa que o ceite. b) Collemos un recipiente, botámoslle aceite e logo alcohol. O alcohol quedou flotando e o aceite, quedou no fondo. Isto débese a que o alcohol ten menos densidade que o aceite. Explicación: se temos dúas substancias, a que ten menos densidade ( menos masa se comparemos volúmenes iguais) flota sobre a outra.

b) a) Ariadana e Brais Pena


Nenos e nenas de 3ยบ de primaria


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.