ARREDOR DE REDONDELA
3º CICLO
INVESTIGA Un grupo de turistas xaponeses queren visitar Redondela a próxima primavera. Como son xente previsora queren preparar a súa viaxe con antelación. Nós temos que axudalos elaborando para eles unha pequena guía sobre o noso concello: localización, lugares de interese, festas… Para empezar vamos a buscar os datos en internet; empregaremos dúas páxinas:
http://www.turismoredondela.es
wikipedia (en galego)
Cos datos recollidos elaboraremos a guía.
1.
Donde está Redondela? a) Provincia b) Concellos veciños c) Anota o nome das parroquias no seu lugar no mapa de Redondela.
2. Cantos habitantes ten aproximadamente o noso concello? Cales son as parroquias máis poboadas?
3. Redondela pertence á Comarca de Vigo. Averigua: a) Os nomes dalgúns outros concellos que pertencen á Comarca de Vigo. b) As comarcas que hai na provincia de Pontevedra. Tes que anotalas no mapa correspondente. Pista: na wikipedia en galego atoparás un mapa de Galicia coa situación de Redondela, se fas clic en "Comarca de Vigo"
irás a un enlace no que aparecen estes datos. ¡Ollo! Fíxate no pequeno mapa ao final desta páxina.
4. Un pouco de historia: a) restos arqueolóxicos e romanos. b) Batalla de Rande.
EQUIPO DE BIBLIOTECA
CEIP QUINTELA
ARREDOR DE REDONDELA
3º CICLO
TRABALLO EN GRUPOS 5. Lugares de interés (EN GRUPOS) GRUPO 1: Illa de San Simón (nome das illas e usos das mesmas ao longo dos tempos) GRUPO 2: Mámoa do Rei e Monte Penide GRUPO 3: Os viaductos GRUPO 4: Igrexa de Santiago
6. Como os nosos amigos xaponeses van vir a Redondela en primavera poderán asistir a algunha das nosas festas ou actividades culturais. Averiguade que festas e actividades culturais celebramos na primavera. Cada grupo encargarase de buscar a información dunha delas. (EN GRUPOS)
Precisamos incluir datos de cando se celebra e, en poucas liñas e de maneira clara, en que consiste a celebración.
EQUIPO DE BIBLIOTECA
CEIP QUINTELA