Hai un monstro na porta da nosa clase Alumnado de 4ยบ 2018-19
As nenas e nenos de 4º fixemos un conto de medo. Pero, antes de empezar co noso conto, a ver se sabes a resposta a esta adiviña? TEN OS OLLOS BIROLLOS BOCA GRANDE E POUCOS DENTES VAI SEMPRE ASUSTANDO Á XENTE. QUEN É?
O MOSTRO
Sabes unha cousa…hai un monstro na porta da nosa clase! Queres saber como chegou alí? Le este conto , resove as adiviñas e coñecerás a resposta.
É un monstro grande, cunha boca enorme na que ten poucos dentes, so cinco dentes. Gústanlle moito as lambetadas. Os ollos son grandes como pratos e ten un máis grande ca o outro. Gústalle asustar aos nenos. Para asustalos move os brazos e as pernas ao mesmo tempo, abre a súa boca desdentada e berra. Pero o certo é que este monstro é tímido e dálle medo a escuridade. Ata hai pouco vivía no monte en San Esteban de Negros. Pero como saberedes, houbo un incendio forestal. O lume arrasou a súa cabana e as dos seus amigos. Sen un lugar onde vivir cada un decidiu buscar un novo fogar pola súa conta. O noso monstro sentíase moi so. Recordou que oira falar dun colexio no que había moitos rapaces e rapazas aos que asustar.
O monstro
meteu nun saco vello e roto as poucas pertenzas que non se queimaran e botou a andar.
So andivera uns pasos cando dunha árbore caeu…
TEÑO DENTES COMO RAMAS DE CARBALLO CHUPO SANGUE PERO NON ME GUSTA NADA O ALLO. NO SAMAÍN NON PERDAS UN CALCETÍN QUE CHEIRO O TEU RASTRO.
O VAMPIRO
MONSTRO: e ti que fas esperto tan cedo? VAMPIRO: xa é tempo de Samaín e estou buscando nenos e nenas aos que asustar e sangue novo para almorzar. MONSTRO: pois vamos xuntos.
Continuaron camiñando cando, de súpeto, escoitaron uns choros. Sentada nunha pedra estaba… VISTO DE BRANCO NON SON UNHA PANTASMA NIN UN ESQUELETO E ONDE DURMO TEÑO UN TESOURO.
A MOMIA
MONSTRO: que che pasou? Por que choras? MOMIA: o lume queimou as miñas vendas. MONSTRO: ven con nós a ver se atopamos unha farmacia.
Xuntos os tres amigos continuaron o camiño. Ían falando animadamente cando oíron un berro… SAIO POLA NOITE, FAGO TRUCOS DE MAXIA, MONTO NUNHA VASOIRA E TEÑO UN GATO NEGRO.
A BRUXA
MONSTRO: por que berras? Que é ese ruído? BRUXA: teño a vasoira avariada, xa non serve para nada! MONSTRO: bota moito fume. Non provocarías ti o incendio? BRUXA: nin por mil vasoiras! E… onde ides? MONSTRO: vamos a un colexio que xa é Samaín e dixéronme que alí hai moitos nenos e nenas..
Estaban así falando cando se achegou un home…
SON MOI FORTE
SEMPRE LEVO O MEU SACO PARA METER NEL NENAS E NENOS.
HOME DO SACO
Abriu o seu saco fedorente e… non sabedes o que había dentro?
E REDONDA E GORDA CANDO NACE E VERDE E CANDO ESTÁ MADURA LARANXA ÚSASE PARA COMER E NO SAMAÍN.
CABAZA
MONSTRO: vinde con nós, non hai Samaín sen cabazas! Bueno e tamén sen home do saco moi coñecido por estes lugares.
Chegaron á vía do tren e cando ían cruzala escoitaron que alguén pedía axuda: socorro, socorro…! TEÑO O CORPO DE COR BRANCA ASUSTO Á XENTE SON TRANSPARENTE E FLOTO .
A PANTASMA
PANTASMA: non vos quededes pampos! A miña saba está enganchada nas silvas. Estou picándome! Entre todos rescataron a pantasma. PANTASMA: teño a saba chea de buratos. A quen vou asustar agora? MONSTRO: ven con nós, seguro que poderás asustar uns cantos nenos.
Xa están polo cemiterio, entre tumbas, lápidas e flores. Alí únese á arrepiante procesión…
TEÑO ÓSOS, DE CARNE NON SE PODE FALAR XA NON SEI NIN CANTARPORQUE A MIÑA ALMA NON PODE FUNCIONAR .
O ESQUELETO
Pouco despois, cando ían cruzar a estrada, un home feo e peludo achegouse a eles… NAS DOCE DA NOITE DE LÚA CHEA EU CONVÉRTOME NUNHA FERA.
HOME LOBO
HOME LOBO: onde ides? MONSTRO: imos ao colexio de Quintela a asustar a nenos e nenas. HOME LOBO: vou con vós. Eu asustarei no turno de noite.
E por fin chegaron ao colexio, con ganas de asustar a rapaces e rapazas. Cada un agochouse nunha aula… O monstro foi á aula de cuarto… chegou cando estabamos en clase de Matemáticas… Quedou tras a porta pechada
escoitando… Tiña fame e o seu estómago fixo un ruído… Que ruído! Quen anda aí? A profesora abriu a porta e o monstro quedou esmagado.
Hai un mosnstro na porta da nosa clase é un conto elaborado en grupo por: Noa Corugeira Crespo Pepe Estévez Portela Lucas Fernández Cabaleiro
Naiara Fernández Crespo Alba Fernández Garrido Hugo Ferradanes Martínez Roi González Ulloa Pablo Lago Fabre Elsa Lago Rodríguez
Mauro Márquez Rocha Ana Lía Martínez Figueroa Elena Otero Lobato Paula Otero Vaz Victor Pazos Alonso Xenxo Pérez Corral Lucía Rodríguez Couñago Raúl Ruíz Lago Brais Toucedo
Crespo