Patrimonio arquitectónico de Redondela

Page 1

ARREDOR DE REDONDELA

C.E.I.P. QUINTELA


ARREDOR DE REDONDELA

        

    

Praza de Ponteareas. Convento de Vilavella Viaduto Madrid Pazo de Petán Praza de Ribadavia. Casa da Torre Praza Alejandro Otero Praza de Reveriano Soutullo Praza da Alfóndiga Igrexa Santiago de Redondela Praza José Figueroa Praza da Constitución. Escultura das Penlas Praza do Leite Praza de Santiago Apóstolo Viaduto Pontevedra Estatua de Castelao Concello C.E.I.P. QUINTELA


ARREDOR DE REDONDELA

Debe o seu nome á irmandade coa vila de Ponteareas. CRUCEIRO E PETO DE ÁNIMAS DE VILA-VELLA O cruceiro, traballado con motivos referidos á morte como caveiras e ósos. Na cruz efixie de Cristo con coroa de espiñas metálica. No reverso ten a imaxe da Virxe da Piedade con manto ata os pés, co seu fillo en brazos. PETO DE ÁNIMAS Na parte superior está a fendedura para as esmolas, situado na parte traseira,. No corpo superior atópase o retablo, en madeira policromada, coa figura de Cristo crucificado. Tamén hai unha FONTE DE PEDRA. C.E.I.P. QUINTELA


ARREDOR DE REDONDELA

Este edificio coñécese co nome de COVENTO DE VILAVELLA. A esquerda está a igrexa, que sempre foi utilizada polos veciños de Vilavella, e o edificio máis longo era o convento. Tamén se coñece co nome de CONVENTO DAS XUSTINIANAS porque nel viviron unhas monxas da orde de San Lourenzo Xustiniano que se dedicaban a facer e vender doces. Cando marcharon as monxas o edificio foi comprado por un industrial conserveiro chamado José Otero pero era máis coñecido polo alcume de MAÑAS. C.E.I.P. QUINTELA


ARREDOR DE REDONDELA

Este é un viaduto. Se chama VIADUCTO MADRID porque por el ían os trens de Vigo a Madrid. Cruza esta zona que se coñece co nome de VILAVELLA.

Foi o primeiro que se construíu e é o máis alto dos dous viadutos. Está sostido sobre piares de pedra. Xa fai anos que por el non pasan trens e neste momento están rehabilitándoo e pintándoo de cor verde. C.E.I.P. QUINTELA


ARREDOR DE REDONDELA

Este é o PAZO DE SANTA TERESA pero a xente o coñece co nome de PAZO DE PETÁN. Foi rehabilitado o ano pasado.

É da familia Regojo que eran propietarios dunha fábrica de camisas que estaba polo Salgueiral, onde ainda queda una cheminea xigante.

C.E.I.P. QUINTELA


ARREDOR DE REDONDELA

Todos a coñecen co nome de A FAROLA. Por debaixo da praza pasa canalizado o río Alvedosa. O edificio máis destacado é a Casa da Torre.

C.E.I.P. QUINTELA


ARREDOR DE REDONDELA

Foi a primeira CASA DO CONCELLO. Despois serviu de garaxe de autobuses. Na actualidade é un ALBERGUE DE PEREGRINOS.

Tamén se utiliza como Sala de Exposicións. Dentro hai una biblioteca. Detrás do edificio hai un AUDITORIO ao aire libre. C.E.I.P. QUINTELA


ARREDOR DE REDONDELA

Alejandro Otero foi médico, intelectual e político (deputado pola provincia de Pontevedra). Naceu en Redondela e 1888. Estudou Mediciña na Universidade de Santiago de Compostela. Chegou a Granada con 25 anos para ocupar a cátedra de xinecoloxía, Logo foi elexido Rector da Universidade de Granada, cargo desde o que impulsaría institucións como o Hospital Clínico ou a construcción da facultade de Mediciña. Estivo exiliado polas súas ideas políticas. Foi homenaxeado en 2013, Ano de Alejandro Otero, púxose o seu nome a esta praza de Redondela e unha placa na fachada da casa onde naceu, na rúa Reveriano Soutullo. C.E.I.P. QUINTELA


ARREDOR DE REDONDELA

Reveriano Soutullo foi un músico e compositor nado en Ponteareas en 1880. A súa nai era de Redondela. O seu pai, director da banda de Redondela. Veraneaba en Redondela onde residiu gran parte da súa familia. Compuxo varias zarzuelas famosas. Son moi coñecidas: “La leyenda del beso” e “Ponteareas”.

C.E.I.P. QUINTELA


ARREDOR DE REDONDELA

ALFÓNDIGA: sitio ou edificio público onde se fai a compra e venta de gran. Na Praza da Alfóndiga existía un tellado con tella do país e estrutura de madeira, debaixo montábanse os postos de venta de millo, palla...

Hoxe, no centro da praza hai un cruceiro que foi realizado Gerardo Senra Vilas, veciño de Saxamonde, no ano 1982, con motivo do cambio de fisonomía da praza, no que había anteriormente un parque infantil.

C.E.I.P. QUINTELA


ARREDOR DE REDONDELA

Esta é a IGREXA DA PARROQUIA SANTIAGO DE REDONDELA. Foi construída no século XV e modificada en varias ocasións. Esta igrexa forma parte do Camiño portugués.

Enriba da porta principal hai un gran ROSETÓN que permite que a luz entre no coro da igrexa. Sobre o rosetón hai una estatua de Santiago Apóstolo a cabalo. Á esquerda está a torre do campanario. No seu interior ten 5 capelas. C.E.I.P. QUINTELA


ARREDOR DE REDONDELA

Á esquerda está a antiga casa da Cultura, hoxe Radio Municipal. Antigamente neste edificio estivo a cárcere da vila. No centro da praza está un busto de Valle Inclán. Antes estaba dentro da antiga Biblioteca Municipal, nos baixos do Concello. José Figueroa naceu en Redondela 1880, emigrou a Río de Xaneiro (Brasil), onde fixo fortuna. Grazas á súa iniciativa construíuse no concello unha escola (actual centro da terceira idade sito na Xunqueira).

C.E.I.P. QUINTELA


ARREDOR DE REDONDELA

Esta praza está situada nos terreos que ocupaban os estaleiros da vila, polo que este lugar era coñecido pola xente como Estaleiro.

Ten dúas esculturas de Acisclo Manzano que representan AS PENLAS. Nesta praza desde antigo se fai, o Baile das Penlas e a Danza das espadas.

C.E.I.P. QUINTELA


ARREDOR DE REDONDELA

A Praza do Leite foi un punto de venda de leite, tamén se vendían mollos de leña e cestas con piñas polo que esta zona era coñecida como PRAZAS DO LEITE E DA LEÑA.

C.E.I.P. QUINTELA


ARREDOR DE REDONDELA

Nesta praza destaca a fonte do canteiro Bertoldo de Xeve. Est谩 decorada con cabezas de le贸n nos canos, un releve de Santiago Matamoros na parte central e unha copa na parte superior.

Anteriormente a fonte estaba situada nun extremo da praza.

C.E.I.P. QUINTELA


ARREDOR DE REDONDELA

Este viaduto chámase VIADUCTO PONTEVEDRA e por el circulan os trens da liña Vigo-Coruña.

É o máis longo dos dous viadutos e está sostido sobre piares de fe rro. Cruza esta zona que se coñece co nome de A RIBEIRA.

C.E.I.P. QUINTELA


ARREDOR DE REDONDELA

É unha estatua de bronce con pedestal de granito. Foi colocada na alameda o 17 de maio de 1987 en memoria de Daniel Castelao, político, escritor, médico e debuxante galego.

A estatua foi encargada por subscripción popular ao escultor Alfonso Villar.

C.E.I.P. QUINTELA


ARREDOR DE REDONDELA

O actual edificio do CONCELLO foi construído entre 1952 e 1955 e tiña planta baixa e piso. Hai 9 anos que se elevou o tellado para habilitar un espazo baixo cuberta.

Destaca unha torre con ameas e dúas fachadas situadas a ambos lados da torre. Á dereita está a fachada principal onde se atopan a porta e o balcón principais. Enriba do balcón podemos ver unha peineta co escudo de Redondela. Na fachada esquerda destacan cinco arcos sostidos por columnas baixas que dan lugar aos SOPORTAIS. C.E.I.P. QUINTELA


ARREDOR DE REDONDELA

C.E.I.P. QUINTELA


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.