O cine, un gran invento

Page 1

O CINE, UN GRAN INVENTO


QUE É O CINE ? 1. O cine é a arte de narrar historias mediante a proxección de imaxes.

2. Local cunha pantalla grande e butacas onde se exhiben películas para o público.


ALGUNHAS PREGUNTAS Para calquera de nós ir ao cine, ver unha película é

algo moi normal, pero… 

Quen inventou o cine?

Cando?

Cómo eran esas primeiras películas?

De que trataban?

Había actores e actrices?


INTRODUCCIÓN O invento do cine foi o resultado de moitos anos de investigacións, descubrimentos e inventos de persoas con mentes curiosas e creativas. Sen os avances científicos e tecnolóxicos que esas persoas lograron non existiría o cine. Asi, antes da invención do cine, tanto en Europa como en Estados Unidos se inventaron diferentes xoguetes ópticos. Eran unha forma de entretemento e diversión.


XOGUETES ÓPTICOS Os xoguetes ópticos son técnicas, aparatos e artiluxios inventados antes do cine para crear imaxes en movemento. Todos estes artiluxios partían da mesma idea: se superpoñemos varias imaxes dun movemento a gran velocidade temos a sensación de que a imaxe se move.


XOGUETES ÓPTICOS TAUMATROPO (1824)

É o máis sinxelo. Un disco con imaxes diferentes a cada lado. Ao tirar da corda e facer xirar rápido o disco crea sensación de movemento. Para saber máis: https://www.maquinasdemirar.com/taumatropo/


XOGUETES ÓPTICOS FENAQUISTISCOPIO (1829)

Son dous discos, nun están os debuxos dun obxecto, animal…, en posicións lixeiramente diferentes. No outro disco hai unhas pequenas aberturas polas que hai que mirar. Cando os dous discos xiran á velocidade axeitada vemos as imaxes en movemento. Fenaquistiscopio en funcionamento: ttps://www.youtube.com/watch?v=RnxCQ-KeOh4 Para saber máis: https://www.maquinasdemirar.com/fenaquitiscopios/


XOGUETES ร PTICOS ZOOTROPO (1834) Tambor ou cilindro xiratorio no que se coloca unha tira de papel con debuxos. Ten unhas ranuras verticais polas que hai que mirar. Ao xirar o aparatos se perciben as imaxes en movemento.

Zootropo en funcionamento: https://www.youtube.com/watch?v=4l4lCgEa69A Para saber mรกis: https://www.maquinasdemirar.com/zootropos/


XOGUETES ÓPTICOS FOLIOSCOPIO

Libro que contén unha serie de imaxes que varían gradualmente dunha páxina ás seguintes. Cando se pasan as páxinas rapidamente as imaxes parecen moverse.

Folioscopio en funcionamento: https://vimeo.com/80203246 Para saber máis: https://www.maquinasdemirar.com/flipbooks/


FOTOGRAFÍA E CINE Mentres, naceu a fotografía, sin ela non existiría o cine. Hacia 1852, as fotografías comenzaron a substituir aos debuxos nos artiluxios para ver imaxes animadas.


EDISON E DICKSON No ano 1891 Thomas Alva Edison patentou o kinetoscopio (ou cinetoscopio). En realidade foi un axudante seu, William Dickson, o que desarrollou esta máquina. Diseñou o sistema de engranaxes que permitía que unha tira de película con perforacións correra dentro da cámara sobre unha fonte de luz. Este sistema foi empregado durante moitos anos, ata a invención do vídeo.

O kinetoscopio tiña uns 15 metros de película continua que un so espectador podía ver a través dunha ranura.

PELÍCULA

Thomas Alva Edison, a el se deben moitos inventos, entre eles a bombilla e o fonógrafo (primeiro aparato para grabar e reproducir sons).


EDISON E DICKSON A película non se proxectaba nunha pantalla, polo tanto non se pode considerar este invento unha cámara de cine. Quedou como una curiosidade de salón que en 1894 se vía en Nova York, e antes de finalizar ese ano, en Londres, Berlín e París. Kinetoscopio en funcionamento: https://www.youtube.com/watch?v=s u7xURAsLrc Para saber máis: https://es.wikipedia.org/wiki/Quineto scopio

Sala con kinetoscopios San Francisco (1895)


LOUIS E AUGUSTE LUMIÈRE Os experimentos para poder proxectar as imaxes en movemento para máis dun espectador estábanse facendo ao mesmo tempo en Estados Unidos e en Europa. En Francia, os irmáns Lumière, inventaron o kinetoscopio de Edison e Dickson.

cinematógrafo baseándose no

O cinematógrafo era a un tempo cámara, copiadora e proxector. Polo tanto é o primeiro aparato que se pode considerar auténticamente de cine.

Cinematógrafo funcionamento:

https://www.youtube.com/watch?v=aduf5KDArEw


O NACEMENTO DO CINE O 28 de decembro de 1895, nun dos salóns do Gran Café Boulevard de París, faise a presentación pública do

cinematógrafo.

O programa incluía dez películas de aproximadamente un minuto de duración cada unha: A saída dos obreiros da fábrica Lumière, A partida de naipes, O mar, O reximento, A chegada do tren… A esa primeira proxección asistiron so 35 espectadores que saíron impresionados. Pronto multitude de persoas facían cola para ver esa marabilla da que tanto se oía falar. O invento era un éxito e foron aparecendo salas de cine en moitos países. Os irmáns Lumière produciron moitas curtametraxes que se viron en salas de moitas cidades do mundo.

Para saber máis: https://www.nationalgeographic.com.es/historia/grandes-reportajes/los-hermanoslumiere-nacimiento-del-cine_12264/4


O NACEMENTO DO CINE Agora imaxina que ti eres un deses espectadores que, en 1895 no Gran Café Boulevard de París, asiste á proxección das primeiras películas de cine da historia.

A saída dos obreiros da fábrica Lumière https://www.youtube.com/watch?v=pm5WaI5Nq5E A chegada do tren á cidade https://www.youtube.com/watch?v=CGUkxICygUk

O cine comezou a súa historia a modo de documental, recollendo imaxes da vida cotiá. A chegada do tren causou entre o público asombro e medo.


O NACEMENTO DO CINE En 1896 incorporouse ao programa de películas O regador regado, primeira película narrativa e cómica da historia do cine.

O regador regado https://www.youtube.com/watch?v=6aIZs3k87v0

Primeiro cartel para promocionar o cine dos irmáns Lumière.


TEST FINAL Agora, si estivéstedes atentos, poderedes responder algunhas preguntas.

 Quen inventou o cine?  Donde foi inventado?  Donde tivo lugar a primeira proxección?  Podes decir o título dalgunha das películas que se viron nesa sesión inaugural?  Canto tempo duraban aproximadamente as primeiras películas?  Os protagonistas eran actores e actrices?  O próximo 28 de decembro o cine está de aniversario. Cantos anos cumplirá?


E DESPOIS… Do cine mudo ao cine sonoro. https://www.educomunicacion.es/cineyeducacion/cinesonoro.htm http://www.leoloqueveo.org/de%20pelicula/cine%20sonoro.html

Do cine en blanco e negro ao color. https://aprendercine.com/color-en-el-cine/ http://www.leoloqueveo.org/de%20pelicula/CINE%20COLOR.html

Do rollo de película ás películas dixitais. https://www.nobbot.com/pantallas/sala-de-cine-digital/


WEBGRAFĂ?A https://www.curiosfera.com/historia-del-cine/ http://educomunicacion.es/cineyeducacion/cineprecine.htm#Peter_Mark_Roget_ https://www.maquinasdemirar.com/precine/ https://proyectoidis.org/el-fenaquitiscopio-de-plateau/ https://es.wikipedia.org/wiki/Cinemat%C3%B3grafo https://www.nationalgeographic.com.es/historia/grandes-reportajes/los-hermanoslumiere-nacimiento-del-cine_12264/5


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.