Boletín Turístico

Page 1

Alumn@s de 5ยบ de Primaria C.E.I.P.

QUINTELA


A Igrexa de Santiago de Redondela

O Adro, 15- 36.800 Redondela

( PONTEVEDRA)

Diócese: Tui – Vigo

Está situada no casco antigo da vila , nun dos lugares de maior altitude da vila , lugar de paso do camiño portugués a Santiago. Descoñécese a data da súa construcción ,o rosetón e a porta da fachada indican que pode ser de finais do século XV ou principios do XVI, algo máis tarde, pola metade do século XVI, edificáronse as capelas, hoxe chamadas de San Bieito e de San Bastián,esta última nomeada a da Santísima Virxe dos Remedios onde esta a imaxe da virxe que aínda se conserva nestes días,parece que esta capela fora promovida polo conde de San Román , que mandou dicir nela catro misas semanais pola súa ánima. A igrexa foi restaurada en séculos posteriores dando lugar á estructura actual. No seu interior coexisten catro capelas. Presenta elementos de estilo gótico (arcos e coro alto sobre a entrada) pero houbo continuos ampliacións ao longo dos séculos. A torre da campá tamén é posterior a construcción da primitiva capela. As campás son do século XIX e o reloxo tamén. Os retábulos son de varios estilos ( renacentista, barroco).As imaxes sitúanse en doseis. No ano 1950 e ante o estado de abandono do altar maior houbo unha contribución popular apoiada polo industrial Dº José Regojo e a súa muller Rita Otero para proceder a súa substitución.O novo retábulo que é o que existe na actualidade inaugurouse o día 11 de marzo de 1951.

Illa de San Simón O arquipélago de San Simón atópase entre as parroquias de Cesantes ( Concello de Redondela) e San Adrián de Cobres ( Concello de Vilaboa). Compoñen este arquipélago, San Bartolomeu tamén chamada Pedra Branca, San Antón, San Simón e San Norberto coñecida por O Cobreiro. A illa de San Simón é a maior con 272 m de lonxitude, a de San Antón ten 98 m de lonxitude , as dúas están unidas por unha ponte. Este conxunto esta catalogado como Ben de Interese Cultural dende 1999. Na illa de San Simón tamén na de Toralla e Cies construíronse conventos porque eran lugares propicios para o retiro. A illa foi un antigo centro monástico cantado polo poeta Mendiño na Idade Media: Sedia-m ´eu na ermida de San Simon E cercaron –mi as ondas , que grandes son: Eu atendendo ´meu amigo, Eu atendendo´o meu amigo! Foi o escenario da batalla de Rande en 1702,entre as flotas anglo – holandesas e franco- españolas, cando esta última regresaba das Indias ( América) cun valioso e importante cargamento. Tamén foi un lazareto (lugar fóra da poboación destinado a pasar a corentena os tripulantes que viñan de lugares onde se sospeitaba que podía haber enfermidades infecciosas). Utilizouse como prisión desde o 1 de outubro de 1936 ata o 15 de marzo de 1943 e pasaron po ela máis de catro mil presos, sobre todo presos políticos. Na actualidade non ten un fin determinado, fanse en ela concertos , exposicións, actos de homenaxe…

Monte Penide Esténdese por amplas zoas das parroquias de Cedeira, Trasmañó, Negros, Chapela e Cabeiro. Monte Penide é unha montaña que vai dende o parque forestal do Vixiador ata a Portela en Redondela. Discorre paralela ao val do Río Maceiras, polo leste, e a Ría de Vigo polo oeste e o norte. Todo o seu cume está percorrido por unha longa penedía de 1.500 m. de lonxitude , situada a 390 m. de altura e conta cunha máxima altitude central, o pico de San Vicente (454 m.). Outra serie de cotos de menor altura separados da penedía por valgadas son: O Castro de Negros, Coto do Corno, Coto da Fenteira, Coto da Rola e Coto da Formiga. Nesta zoa podemos encontrar numerosos xacementos arqueolóxicos, tanto da Idade de Bronce como da etapa castrexa. Na zoa encóntranse túmulos funerarios, a Mámoa do Rei... Hai que destacar que se trata dun entorno natural de importancia, con áreas de ocio e descanso como, a zoa de Poza da Lágoa. Ademais hai numerosos miradoiros á ría e a vila de Redondela, como son as vistas dende Coto Fenteiro.Lugar de múltiples petroglifos e o propio miradoiro de Castro de Negros. Esta zoa tamén é atravesada polo Sendeiro das Careas. Destacan os numerosos gravados rupestres. Por último cabe destacar o Castro de Negros, que como indica o seu nome foi un asentamento castrexo.


Convento de Vilavella A construción do Convento de Vilavella realizouse nos terreos da antiga igrexa parroquial, quedou a igrexa aberta aos veciños e o convento reservado ás monxas. Foi Dº García Prego de Montaos quén o mandou construír. As obras comezaron no 1501 e remataron en 1554. As monxas comezaron a habitalo neste mesmo ano.Nel estableceuse a orde de clausura de San Lorenzo Xustiniano. Moitos dos ingresos que entraban no convento e que servían para aliviar os gastos do mesmo proviñan dos doces que as monxas preparaban como por exemplo galletas,doce de marmelo etc... En 1877 representaron a España nunha exposición universal con estes doces. Sufriu un incendio no 1864, no que se perdeu a parte do coro onde se atopa o órgano.

No século XX foi mercado por José Otero González, o novo propietario realizou modificacións estructurais no monasterio. Renunciou ao coro alto e ao acceso ó campanario a cambio dunha tribuna que aínda existe na parte dereita da igrexa. Empregou as instalacións como vivenda e tamén coma oficinas, almacéns da súa conserveira...

A vila dos viaductos Os viaductos son construccións que se facían para salvar un desnivel do terreo. Os viaductos de Redondela son do século XIX. En Redondela o mais antigo é o de Madrid, construído seguindo o modelo Eiffel. Esta ponte que formaba parte da liña Vigo con Ourense entrou en funcionamento o 30 de xullo o 1876. Estivo durante un século en funcionamento, sen embargo a compañía de ferrocarrís nunca aprobou o proxecto nin as obras . Combinouse a técnica da cantería tradicional para facer os piares de pedra, cunha parte metálica moito máis moderna. O rei Alfonso XII percorreu o tramo VigoRedondela para a súa inauguración. O viaducto de Pontevedra segue operativo na actualidade. Este viaducto de celosía é un dos principais de España para o ferrocarril. Ten unha lonxitude total de 162 m. e unha altura de 26 m. A parte metálica está dividida en tramos.

A ponte de Rande A ponte de Rande é unha ponte inaugurada en 1978 que une os municipios de Redondela e Moaña na ría de Vigo. Dende a súa apertura soporta un tráfico diario de 50.000 vehículos. Mide 1558 m de lonxitude. No momento da súa inauguración era a ponte atirantada de maior lonxitude do mundo. Ademais era a ponte máis longa de España. Forma parte da autopista do Atlántico e se atopa no km 148 da mesma . Dende 1981 pasaron por ela máis de 251 millóns de vehículos .

Os dous piares que sosteñen o tramo atirantado teñen forma de H e unha altura de 118,60 m. Ata o ano 2006 foi un tramo exclusivamente de peaxe .En Maio deste ano , pasou a ser un tramo de peaxe en sombra , financiado al 50% pola Xunta de Galicia. Debido ao aumento de tráfico sobre a mesma e o risco de conxestión que supón , existe un proxecto para ampliar a ponte cuns laterais polo exterior engadindo deste modo un novo carril en cada sentido de circulación.



Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.