Itinerario de Alaska: O día 5 de febreiro, ao fin comeza a nosa aventura, estabamos desexando que chegara ese momento e, a verdade, que a espera tivo recompensa, e as horas pasadas no avión tamén. O voo que collemos partía desde Madrid ata Juneau, era unha viaxe longa e por iso decidimos que fose en primeira (ademais de porque ao ser imaxinaria temos cartos dabondo)
O día 6 chegamos ao hotel THE DRIFTWOOD LODGE, deixamos as nosas pertenzas e dirixímonos a un curso para aprender a controlar avionetas e gozar ao máximo dos lugares de Alaska aos que non se pode chegar en coche. Durante unha hora observamos a belísima natureza Alaskeña. Para ir a durmir sen fame, non dubidamos en acudir a un restaurante con comida típica de Alaska. AO FIN! Chegou o día 7, unha máxica viaxe polo mar de Juneau, na que poderemos avistar eses mamíferos inmensos e xoguetóns mentres saltan á superficie e se desenvolven no medio. As baleas, sobre todo as orcas asasinas, son as especies que máis ansiamos ver, e que alí son moi habituais. Durante cinco horas, ademais de observar o medio acuático tamén poderemos analizar as estruturas dos glaciares que están inmersos no mar.
Esa mesma tarde adicamos o tempo aos ruxe-ruxe, unha sestiña... Despois da enleada mañá, non podíamos deixar que nos quedase algo sen visitar e animámonos a dar unha pequena volta sen rumbo polas grandes e preciosas rúas de Juneau, xa ben entrada a tardiña, as 5:30h decidimos ir visitar O
GLACIAR MENDENHALL durante 3 horas. O glaciar Mendenhall é unha gran masa xeada de 20 km.
Imaxe sacada de TUMBLR
Despois dunha boa noite de descanso e de durmir como leiróns chegan as 7h e coa súa chegada maldicimos o espertador. Nada mais saír o sol e nós xa fóra da camiña! Recollemos toda a equipaxe para abandonar xa o hotel no que nos hospedamos e tomamos un avión cara a Anchorage. Esta viaxe levounos 4 horas e 38 min pero iso non é nada tendo en conta o que nos gusta falar as dúas. Cando xa estabamos no aeroporto collemos un autobús que nos levou ao
SHERATON ANCHORAGE HOTEL. Tras instalármonos, chamamos un taxi que nos recolleu na porta do hotel para levarnos a unha gran fábrica de chocolate chamada ALASKA WILDBERRY FACTORY, onde nos entrou unha fame de chocolate incrible, isto xa nos deixou cansadiñas para botarnos a resto do dia de descanso. Por certo, temos que destacar que o taxista era un home moi agradable e simpático
Xa levabamos uns diíñas en Alaska e a experiencia estaba sendo moi boa. O día 8 chegou e con el as nosas ganas de probar a facer esquí con cans “ SKYJORING” no FLATTOP TRAIL HIKE que é un sitio preparado para o esquí e o sendeirismo. A todo isto, non dabamos unha.
Benvido sexas Parque Nacional dos FIORDOS DE KENAI! Estamos a día 9 e alá imos con moitas ganas e cunhas expectativas moi altas sobre este precioso recinto natural. Décimo día, achégase a nosa volta a Galicia e non queremos marchar, ¡QUEREMOS QUEDAR! Tocou visitar o fermosos LAKE ELUTNA, un lago cheo de animais acuáticos extraordinarios e difíciles de observar noutras partes do mundo. Paseamos pola beiriña durante moito tempo, sacamos fotos, contámonos chismes, fixemos un pequeno cámping con riquísima comida típica de Alaska como a sopa de peixe, e para beber una cervexa elaborada con plantas e sen alcohol.
Adeeeeeus Anchorague , adeus SHERATTON ANCHORAGE HOTEL, o día 11 xa chegou e toca liscar de Anchorage aínda que quedamos encantadas co sitio. Imos xa para Fairbanks, lugar privilexiado para a observación das nosas queridas e esperadas auroras boreais, que ilusiooón nos fixo miralas... podíamos definilo como o mellor momento das nosas vidas. Toca facer a maleta. Que preguiza tan grande nos deu ter que madrugar pero cun bo almorzo todo se leva moito mellor, así que nos fomos directas para a estación. O tren saíu as 9:30 h e nós, coma de costume, andivemos a todo correr para non perdelo. Despois de moitas horas nese tren, chegamos as 7 da tarde a Fairbanks e demos unha volta para coñecer as rúas (por certo, fermosísimas). Xa no hotel dirixímonos a un xardín e tiradas nel observamos durante horas e horas as magnificas auroras, iso foi xenial, unha experiencia única que chegounos ao fondo. Non podemos describir a sensación que nos deu e o ben que o pasamos.
AAAAAAAAI que xa non nos queda nada para voltar! A nosa depresión post-vacacional esta comezado pero aínda así este foi posiblemente un dos días máis emocionantes da viaxe. Fumos explorar o MCKINLEY durante toda a mañá, nada máis nin nada menos que o pico máis alto de todo Estados Unidos. Realmente precioso. Tras esta marabillosa mañá, pola tarde fomos facer senderismo polo CHENA RIVER RECREATION AREA Os días 13 e 14 (o noso querido San Valentín). Os nosos dous últimos días e a tristeza invade os nosos corpos cheos de frío. Tivemos dous días de esqui en Moose Mountain, alugamos o equipo de esquis de 10 a 15:30h e entre tombo e tombo pasou a maña a fume de carozo. Pola tarde decidimos descansar pero sen deixar de gozar das marabillosas vistas de Alaska e poder así estruxar ata o fondo a nosa viaxe. Subimos ao RIVERBOAT DISCOVERY (58€) e o 14 pola tarde, tras comer e darnos unha masaxe, fomos ao BOTANICAL CENTRE, que se atopa na universidade de Alaska, ondel se investigan diferentes especies. O máis curioso desta flora é que se atopa sobre un solo denominado “permafrost” que quere decir que permanece constantemente conxelado agás duns poucos centímetros superficiais. . Día de voltar, aaaaaaai queridiña Alaska aqui te deixamos!!!! Non temos ganas de irnos pero tamén comezamos a añorar a nosa Salceda e a nosa xente. Un taxi nos recolle e leva ao aeroporto máis cercano. Adeus Alaska, adeus.