O BOSQUE DAS LINGUAS DO AMOR FEBREIRO-MARZO 2014 BIBLIOTECA CALIXTINA- IES PEDRAS RUBIAS
O bosque das linguas do amor é unha exposición que ideamos para celebrar o DÍA DOS NAMORADOS nun mes de febreiro de choiva persistente. -No mes de Febreiro, e con ocasión da celebración do día dos NAMORADOS, despregamos un gran friso no corredor que foi convertíndose nun extenso bosque cambiante segundo o paso das catro estacións: outono, inverno, primavera e verán. Dende o principio contamos coa colaboración de varios membros do Club de Lectura e alumnos e alumnas atraídos polo debuxo e a pintura que se brindaron a ir dándolle forma a ábores e follas ao longo dos recreos, de certas horas de Atención Educativa e, especialmente, do permiso de Nacho, o profe de Plástica, que deixou saír das súas clases a estas persoas colaboradoras e valorou a súa actividade. A idea era ter un soporte para despois pegar nas ramas dos árbores as follas cos escritos en verso ou prosa poética presentados a concurso polo alumnado interesado e sensibilizado coa creación literaria na lingua escollida: galego, castelá, árabe, italiano... Inspiradas polo contexto, varias alumnas tiveron a iniciativa de propoñer tamén unha exposición de debuxos de tema amoroso, que acompañarían a presenza do noso TROTAMUNDOS Cali que está na parte superior, lendo nunha nube de ensoñacións. -Chegado Marzo, e como o proceso deu o seu traballo, nunha segunda fase, e despois de respectar a exposición dos escritos de propia inventiva un tempo oportuno, pasamos a completar as copas das árbores que acabaron de poboarse de máis e máis follas de todas as cores contendo os versos de amor de poetas do noso gusto que fomos seleccionando aquí e acolá, e tamén en diferentes linguas, xa que de fondo estaba a intención de "viaxar a través delas pola poesía de diferentes culturas". Este material está a mercede de seren utilizado por todos para traballar o recitado e a lectura, e serve para poñer en coñecemento dos mozos e mozas os nomes e palabras de escritores fabulosos. -Será en Abril que, nunha terceira fase, -este friso animado polas intervencións que durante todo este tempo fixemos todos os que por alí pasamos e quixemos debuxar ou pintar deixando o noso rastro creativo e a nosa interactividade espontánea- servirá como decorado de fondo da representación de Contacontos que pensamos facer para os pequerrechos do lugar, no CRA, a finais deste trimestre. Por todo isto, a denominación de "Actividade Río" parécenos do maís axeitada. É un bo exemplo das destrezas que desenvolvemos para rendabilizar o tempo e o esforzo empregado por todas/os. Xa só nos queda dar as grazas pola colaboración recibida, que fixo maís lúdica esta actividade. O Equipo da B.E.