Transformación

Page 1

TRANSFORMACIÓN DA “PANTASMA CALI” EN “TROTAMUNDOS”

Debuxos de BÁRBARA CARMONA GUILLERMO. 4ºA. 2013-2014.


Cali ĂŠ unha pequena pantasma travesa que ten os poderes propios da sĂşa condiciĂłn; como toda pantasma ten a particularidade de poder atravesar paredes, vivir unha eternidade,


vagar e vagar no espazo e no tempo, ter o don da ubicuidade… Aínda que leva entre nós xa un lustro, pasou varias tempadas alonxada, pero agora volve para facerse máis presente e compartir con nós múltiples experiencias. Para facelo posible ocorréusenos idear un Cali que é quen de transformarse no que sexa necesario en relación ao que esteamos a traballar cada curso, e disfrutrar un sen fin de aventuras… Este curso 2013-2014, o lema da nosa Biblioteca Calixtina é “Viaxes Reais, Viaxes Imaxinadas”, por iso o seu morador perpétuo, a Pantasma Cali, tivo o antollo de transfigurarse en “TROTAMUNDOS”, facéndose así protagonista de excepción e nexo de unión das diferentes actividades que ideamos e montamos ao redor desta temática tan atractiva. Para materializar a transformación de Cali en Trotamundos pedimos a inestimable colaboración dunha alumna con destrezas probadas na arte do debuxo: falamos de Bárbara Carmona Guillermo, de 4º A. A capacidade transformadora da pantasma deulle a pauta para elaborar uns marabillosos e interesantes bosquexos a lápis que van mostrando este proceso de cambio. A idea era crear un personaxe libre, decidido, curioso, participativo, aberto, sensible, amante da lectura, do cinema, dos novos medios, atento ao que pasa ao seu redor, comprometido coa realidade…; e que fose representativo tanto do masculino como do feminino, que se identificara con calquera de nós e rompera moldes. Bárbara recolleu estas características e, inspirada nos personaxes de manga xaponés, empezou a trazar un Trotamundos coa mochila ao lombo, que camiña, avanza, entra en aventura, fai itinerarios, párase a pensar, adícase a ler, a escoitar, a soñar, a contemplar o que lle sae ao paso, nas súas andainas en diferentes contextos e posturas. De entre as imaxes destacamos esa espléndida imaxe na que é capaz de desenvolver a maxia de provocar que os libros que caen nas súas mans cobren vida e deles saían personaxes fabulosos… Presentámosvos a este Cali Trotamundos con mochila que camiña ao noso carón… A súa presenza xa se notou no corredor xunto ás exposicións feitas ata o de agora, en especial sobre “o bosque das linguas do amor”. Queremos facer constar o agradecemento polo magnífico traballo de Bárbara e das súas colaboradoras, Isabel e Wardía. Todas disfrutamos moito coa súa creación.

A coordinadora da Biblioteca Calixtina.


























BÁRBARA CARMONA GUILLERMO - 2013-2014 BIBLIOTECA CALIXTINA IES. PEDRAS RUBIAS. SALCEDA DE CASELAS


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.