Memoria Seminario Permanente

Page 1

MEMORIA

Seminario Permanente Educación Intercultural

C.E.I.P. NOSA SEÑORA DOS REMEDIOS Ponteareas Curso 2008-2009


Seminario Permanente: Educación Intercultural

Análise do contexto no que se desenvolveu o proxecto O Seminario Permanente lévase dende hai algúns anos no C.E.I.P. Nosa Señora dos Remedios de Ponteareas, debido á cada vez maior afluencia de alumnado estranxeiro que se atopa aquí. Ponteareas é unha vila a 28 Km de Vigo que está acollendo a moito inmigrante de América Latina que vén a este centro: Colombia, de onde procede a maioría, Brasil, Arxentina, Venezuela, Uruguai, República Dominicana, pero tamén doutras partes coma Portugal, Francia, China, Guinea Ecuatorial, Marrocos e Romanía. O noso centro acolle a uns 600 alumnos en total sendo o 25% alumnado estranxeiro e de etnia xitana. Debido a esta porcentaxe alta dende hai dous anos o centro conta cunha mestra de apoio a estranxeiros que recibe aos nenos/as que chegan ao colexio cun descoñecemento da lingua castelá e/ou galega. No centro impártese Educación Infantil e Educación Primaria e temos os seguintes programas:

 Plan de anticipación de inglés dende os tres anos.  Programa PROA para o alumnado de 3º ciclo de E.P.  Plan de mellora da calidade: Unha escola para todos/as.  Proxecto de innovación para o uso educativo das TIC.  Programa de atención ás altas capacidades intelectuais.  Plan de convivencia, que inclúe un protocolo de actividades contra o acoso escolar.

 Programa de técnicas de estudo.  Programa de comprensión lectora.


Seminario Permanente: Educación Intercultural

 Programa de atención ao alumnado pertencente a colectivos de inmigrantes e a minorías étnicas.

 Programa de adaptación para o alumnado procedente do C.R.A.  Programa de adaptación á E.I.  Programa de adaptación para o alumnado que vén doutros centros. Cóntase con aulas de informática, idiomas, audiovisuais, música, apoio, A.L.,

psicomotricidade,

ademais

de

biblioteca,

departamento

de

orientación, ximnasio, comedor, pista polideportiva e campo de fútbol. Dado que o Seminario Permanente lévase a cabo dende hai varios anos cun resultado positivo, este curso tamén se fixo necesaria a súa continuidade para seguir cos obxectivos que consoliden no alumno valores coma o respecto, cooperación, solidariedade, tolerancia, ... e se dean conta de que en realidade somos máis iguais que diferentes e aínda que se teña unha visión do mundo distinta, co diálogo e actos conseguiremos entendernos mellor. Para iso temos que buscar novos camiños de encontro que nos leve a analizar o que nos aportan este alumnado estranxeiro e a valorar o que xa temos. Isto é levado a cabo nun clima que favoreza a convivencia e o respecto entre persoas e culturas, sen esquecer que a diferenza e a diversidade deben ser entendidas como forma de riqueza tanto para o grupo acolledor como para o grupo acollido. Un ambiente propicio é o escolar e unha boa forma de desenvolver este traballo é a que propoñemos co Seminario Permanente de Educación Intercultural, que leva a cabo unha serie de actividades encamiñadas a fomentar o coñecemento entre culturas, valorando o respecto entre elas e tratando de crear as condicións necesarias para facilitar a aceptación, a adaptación e a integración.

3


Seminario Permanente: Educación Intercultural

Xustificación das variacións introducidas respecto do proxecto inicial A actividade que estaba no proxecto e non se puido levar a cabo do xeito que tiñamos programado foi a comunicación a través de Internet (vía email) con outros colexios estranxeiros por parte de todo o alumnado do 2º e 3º ciclo. Esta actividade leva consigo a dificultade de encontrar na páxina web www.epals.com correspondencia en castelán ou galego. Sen embargo é unha páxina moi segura para traballar con nenos pois todo o enviado e recibido é controlado polo profesor, evitando contidos non axeitados. No seu lugar, en colaboración coa profesora de inglés, intercambiouse un libro con fotografía sobre a nosa actividade diaria no noso colexio con outro colexio de Londres (Inglaterra), actividade que foi feito con alumnos/as de 4º de E.P. O único intercambio que se puido facer en galego foi co colexio CEIP Ponte dos Brozos de Arteixo, e os nenos de 3º enviáronlles os mellores desexos de paz nunha presentación de power point. Outra variación que se levou a cabo foi non poder realizar os murais dos 13 países que representan a todos os alumnos estranxeiros. Isto equivalía a un ritmo frenético de dous países distintos por mes, que nin a nós nos daba tempo de preparar nin aos alumnos de realizar as actividades que lles propoñiamos. Co cal decidiuse traballar a metade dos países, dous cada dous meses, quedando a proposta aberta para o ano que ven para continuar os países restantes.

4


Seminario Permanente: Educación Intercultural

Consecución dos obxectivos • Recoñecer e aceptar por parte do profesorado a diversidade cultural da sociedade actual e defender a igualdade de oportunidades para todos os grupos etnoculturais. As actividades do SP son moi ben acollidas por todo o profesorado que traballa cos alumnos nas aulas a diversidade cultural dos diferentes países, ensinando o respecto e a igualdade entre todos/as.

• Promover a acción social fronte ao racismo, a discriminación e a xenofobia. Todas as actividades buscan este obxectivo e no colexio estase vendo que o alumnado acepta satisfactoriamente a calquera neno/a inmigrante.

• Valorar e aceptar a diversidade cultural entre os propios/as mestres/as como un elemento positivo para todos os cidadáns e cidadás. Os mestres/as aceptan este traballo do SP e cren que é moi necesario na sociedade actual.

• Fomentar os contactos e interrelacións entre grupos culturais diversos dentro da escola para desenrolar a capacidade de funcionar eficazmente nos medios multiculturais. O traballo dos murais deste ano animaba aos alumnos/as deses países a ensinarlles aos seus compañeiros como é e como vivían no seu país.

• Introducir novas estratexias na aula, no clima escolar e nas relacións cos pais.

5


Seminario Permanente: Educación Intercultural Cada ano preténdense buscar novas actividades para desenrolar na clase e nas casas cos seus pais. Os nenos participaron na radio e revista escolares e os pais puideron seguir as actividades a través do blog de Educación Intercultural con enlace desde a páxina web do colexio.

• Elaborar programas específicos de aprendizaxe para o alumnado procedente do estranxeiro, dirixido tanto ao coñecemento da lingua e da cultura, como a actuar sobre as súas posibles carencias de coñecementos básicos. Coas fichas de avaliación inicial feitas tanto as titoras como os demais profesores verán o nivel de coñecemento da lingua que traen os novos alumnos cando chegan ao centro. Pero ademais o Departamento de Orientación tamén lles fai tests de nivel non só nas linguas se non nas demais materias. O alumnado que o require sae coa mestra de apoio a castelán e/ou galego.

• Desempeñar accións de atención temperá que proporcionen respostas educativas apropiadas para o alumnado procedente do estranxeiro. Aos novos alumnos se lles dará toda a información necesaria para desenvolverse no centro: tríptico de información xeral do funcionamento do colexio, do funcionamento do comedor, un plano coa situación das aulas e dependencias comúns.

• Fomentar a participación activa de pais e nais de familias de culturas minoritarias. Para moitas das actividades do SP pedimos a colaboración das familias, neste caso para recompilar información sobre os países e que nos prestaran obxectos para poder expoñelos diante dos murais. Tamén para a actividade das sobremesas sen a súa colaboración non sería posible levala a cabo.

Un obxectivo non previsto no proxecto inicial pero que se traballou durante a realización do SP foi: Introducir a web 2.0 e fomentar o seu uso entre o profesorado participante.

6


Seminario Permanente: Educación Intercultural Intentamos entre todas aprender e manexarnos mellor no mundo dos blog creando novas aplicacións en el.

Contidos desenvolvidos e actividades realizadas Este ano o SP levouse a cabo por 6 mestras do colexio que nos reuníamos dúas horas semanais ata un total de 50 horas ao longo de todo o curso escolar. Na primeira parte da reunión comentábamos o traballo realizado, avaliando dificultades ou cambios necesarios e logo pasábamos a programar o traballo para a sesión do día. Dependendo do traballo formábamos pequenos grupos de traballo para buscar diferente información e que despois poñiamos en común todo o grupo, para decidir, por consenso, a elaboración e desenvolvemento do material. Para a realización de actividades conxuntas cos distintos grupos de traballo do centro, a coordinadora reuníase cos mesmos para despois trasladar as actividades a realizar polo seminario. Para outras actividades os pais e nais do alumnado inmigrante colaboraron para a realización das mesmas, dándonos información, prestando libros, fotos ou obxectos típicos do país. A resposta por esta parte é sempre, en xeral, positiva. O traballo dos murais expostos sobre os países do noso alumnado tivo un efecto moi positivo sobre todo o alumnado, que lles resultaba moi interesante ver a forma do país, as fotografías e libros relacionados. Pero tamén os alumnos/as deses países sentíronse “importantes” e recoñecidos, sobre todo dentro das aulas cando lles explicaban aos seus compañeiros aspectos do país. Isto é o que as titoras mais destacaron pois propiciaron as relación interpersoais do alumnado inmigrante co profesorado e o resto dos compañeiros/as para ir conseguindo un intercambio de información e experiencias positivas. A actividade da

7


Seminario Permanente: Educación Intercultural

radio tamén foi moi enriquecedora pois os alumnos do país falaban da súa vida alí. En canto ás actividades para o Plan de acollida, serán postas en marcha o vindeiro curso, trípticos, axenda escolar, fichas da avaliación inicial e directorio, que aínda está en marcha e non se finalizou. Todas estas actividades foron feitas dentro do calendario previsto e sen ningunha modificación. Os contidos desenvolvidos foron: • Información sobre outras culturas e países. Valoración e respecto. • Estratexias para acadar a adaptación e integración do alumnado pertencente a colectivos de inmigrantes e minorías étnicas. • Similitudes entre as diferentes culturas. • Actitudes contrarias aos estereotipos, prexuízos e racismo. • Experiencias feitas noutros centros que se poidan aplicar no noso centro. • Elaboración de programas específicos de aprendizaxe da lingua e da cultura. • Deseño de accións de atención temperá para o alumnado inmigrante. • Fomento da participación activa das familias deste alumnado. Traballamos estes contidos en diferentes momentos a través das seguintes actividades:  Seis murais de distintos países: Portugal, Colombia, Francia, Brasil, Venezuela e Guinea Ecuatorial.  Información

con

datos

xeográficos,

políticos,

curiosidades.  Actividades para incluír no Plan de acollida do centro:

8

históricos

e


Seminario Permanente: Educación Intercultural

1. Plano para o alumnado de nova incorporación 2. Tríptico de información xeral do funcionamento do colexio 3. Tríptico de información do funcionamento do comedor 4. Fichas de avaliación inicial en varios idiomas 5. Axenda do alumno/a en colaboración co equipo de calidade 6. Directorio para as entradas do colexio en colaboración co equipo de imaxe e relación cos medios de comunicación.  Colaboración na radio do colexio “Radio faladora”  Colaboración na revista do colexio “ A pita faladora”  Intercambio cultural co colexio St. Charles de Londres e o CEIP Ponte dos Brozos de Arteixo  Actualización do Blog de Educación Intercultural  Mural “Doces mensaxes de paz” feito en colaboración co equipo de convivencia e igualdade  XIII Degustación de sobremesas de Entroido onde as familias estranxeiras colaboraron na realización de sobremesas dos seus países de orixe. Todas estas actividades foron realizadas adecuadamente e todos os compoñente do seminario vímolas con resultados positivos.

9


Seminario Permanente: Educación Intercultural

Criterios e procesos de avaliación empregados Para realizar a avaliación do traballo desenvolvido no Seminario fixemos ao longo de todo o proceso unha análise dos resultados que se foron acadando con cada unha das actividades. Reflexionamos sobre o traballo dos compoñentes do Seminario, tanto a nivel individual como a nivel de grupo, tentando que esta avaliación fixera de retroalimentación do propio Seminario, cara a mellorar aquilo que fomos vendo que se podía mellorar. Despois de cada actividade deseñada durante este curso dende o Seminario fixemos avaliación por parte dos compoñentes do Seminario (incluída a coordinadora) do nivel de consecución dos obxectivos propostos en cada unha, tendo en conta tamén as opinións do profesorado do colexio, do alumnado e das familias (cando estas estiveron directamente implicadas nas actividades) Dentro do grupo que formamos o Seminario avaliamos de xeito continuado a adecuación do deseño das propostas feitas dende o mesmo, chegando a unha conclusión positiva sobre este aspecto. Autoavaliamos tamén o grao de implicación de todos os membros do seminario neste proxecto, chegando a conclusións altamente positivas. Avaliamos tamén o grao de participación da Comunidade Educativa nas propostas do Seminario. Mantivemos entrevistas con integrantes da comunidade educativa para ver cal era a súa percepción da utilidade do traballo feito dende o Seminario.

10


Seminario Permanente: Educación Intercultural

Reflexionamos sobre a metodoloxía empregada no desenvolvemento do Seminario, buscando que nos levara á consecución dos obxectivos propostos. Elaboramos conclusións de propostas de mellora e de continuidade do traballo. Tamén avaliamos a integración dentro da práctica educativa diaria dos obxectivos do Seminario, coas actividades deseñadas para acadalos.

11


Seminario Permanente: Educación Intercultural

Conclusións: logros e incidencias no centro Os membros deste Seminario Permanente de Educación Intercultural consideramos que a valoración das distintas actividades levadas a cabo para conseguir os obxectivos propostos foi positiva. A actividade do profesorado do centro e do alumnado cara as actividades propostas foi moi boa e tiveron unha boa acollida. Recoñeceron algunhas diferenzas culturais e tamén similitudes en aspectos ao poder comparar os distintos países, a gastronomía e formas de vida. E así tamén entenderon que todas as persoas somos iguais nos desexos, no noso interior e as nosas maneiras de vida non son tan diferentes. Os murais gustaron moito polo vistosos que resultaban nas dúas entradas ao colexio, dándolle un aspecto moi acolledor e tanto profesores como alumnos comentáronnos o traballo tan bo feito. As actividades este ano foron acollidas moi ben, pois en primeiro lugar, polo atractivo dos murais e por dar a coñecer un pouco máis os países dos nosos alumnos fixo que as actividades fosen axeitadas e non houbo queixas coma outros anos de engadir demasiado traballo á xa pesada carga curricular. As demais actividades para incluír no Plan de acollida incorporaranse no vindeiro curso. A difusión deste traballo do SP lévase a cabo na páxina web do centro e no blog do SP de Educación Intercultural, ao que todo o grupo contribuíu a facer aprendendo novas aplicacións posibles para o mesmo.

12


Seminario Permanente: Educación Intercultural

Relación detallada dos materiais didáctico elaborados e dos documentos que se entregan  Seis murais con mapas de países distintos: Portugal, Colombia, Francia, Brasil, Venezuela e Guinea Ecuatorial.  Información

con

datos

xeográficos,

políticos,

históricos

e

curiosidades.  Actividades para incluír no Plan de acollida do centro: 1. Plano para o alumnado de nova incorporación 2. Tríptico de información xeral do funcionamento do colexio 3. Tríptico de información do funcionamento do comedor 4. Fichas de avaliación inicial en varios idiomas 5. Axenda do alumno/a en colaboración co equipo de calidade 6. Directorio para as entradas do colexio en colaboración co equipo de imaxe e relación cos medios de comunicación.  Colaboración na radio do colexio “Radio faladora”  Colaboración na revista do colexio “ A pita faladora”  Intercambio cultural co colexio St. Charles de Londres e o CEIP Ponte dos Brozos de Arteixo  Actualización do Blog de Educación Intercultural  Mural “Doces mensaxes de paz” feito en colaboración co equipo de convivencia e igualdade  XIII Degustación de sobremesas de Entroido onde as familias estranxeiras colaboraron na realización de sobremesas dos seus países de orixe.

13


Seminario Permanente: Educación Intercultural

Materiais elaborados Realizáronse seis murais de mapas en total. Cada un deles referido a un país de procedencia do noso alumnado: Portugal e Colombia foron os primeiros, despois Francia e Brasil e finalmente Venezuela e Guinea Ecuatorial. Primeiro buscouse información relevante para facer 3 esquemas con datos sobre o país, datos xeográficos, histórico-culturais e datos de interese destacados.

Elaborouse un mapa xigante dividindo o país por rexións nomeadas con etiquetas e con fotos das cousas máis representativas de cada rexións:

14


Seminario Permanente: Educación Intercultural

monumentos, museos, igrexas, catedrais, gastronomía, bailes típicos, traxes rexionais, etc. Despois elaboramos actividades para os alumnos/as para traballar cada un dos países. As fichas eran para cada un dos ciclos: EI, 1º, 2º e 3º ciclo de EP. En todas elas incluíase a bandeira e o símbolo do país. Para o 2º e 3º ciclo as actividades tamén incluía buscar información no mapa, nas fotos, nos esquemas ou nalgún libro relacionado co país tamén expostos alí. Estas actividades foron recollidas nunha carpeta persoal onde cada alumno garda a información sobre cada país. Exemplo de actividade para Educación Infantil

• Colorea a bandeira.

15


Seminario Permanente: Educación Intercultural

16


Seminario Permanente: Educación Intercultural

• Colorea os símbolos do país.

17


Seminario Permanente: Educación Intercultural

Exemplo de actividade para o 1º ciclo

• Colorea a bandeira.

18


Seminario Permanente: Educación Intercultural

• Colorea o debuxo.

• Escribe unha oración sobre o debuxo.

__________________________________

19


Seminario Permanente: Educación Intercultural

Exemplo de actividade para o 2º ciclo

1º Colorea a bandeira de BRASIL.

2º Cal é a moeda brasileira? Escribe o seu nome. 3º Indaga cal é o nome da capital de BRASIL? Escríbeo. Saberías dicir a que estado pertence? 4º Cal é o nome da maior illa fluvial de Brasil que a súa vez é a maior do mundo? 5º Elixe dous pratos típicos de Brasil e constrúe unha oración con cada un deles? 20


Seminario Permanente: Educación Intercultural

6º Que é “A capoeira”?

Exemplo de actividade para o 3º ciclo 1. Corea a bandeira do país:

2. Cal é capital de Venezuela? 3. Que moeda se utiliza? 4. Que é a hallaca? 5. Quen descubriu Venezuela?

Cando?

6. Cando se produce a independencia de Venezuela de España? 7. Quen é o presidente actual de Venezuela? 21


Seminario Permanente: Educación Intercultural

8. Cal é a maior riqueza que ten o país? 9. Fíxate nas fotografías do mural e contesta:  En que lugar se atopa “Maturín”?  En que lugar se atopa “Petare”?  En que lugar se atopa “Mª Inmaculada”?  En que lugar se atopa “Nueva Esparta”? Os nenos procedentes deses países colaboraron no progama de radio “Radio faladora” que se fai cada semana no colexio. Os presentadores facíanlles preguntas relacionadas cos seus países de orixe, como era a súa escola, que impresións tiveron cando chegaron a Galicia e a este colexio, sobre o galego, ... Tamén se lles pedía aos alumnos/as que trouxeran música do seu país que se oía pola megafonía do colexio durante o recreo. Nestes enlaces pódese escoitar os programas de radio: http://centros.edu.xunta.es/ceipnosasenoradosremedios/?q=category/4/11 http://www.box.net/shared/883lo0d0y5 undécimo programa da radio no que intervén unha nena colombiana http://www.box.net/shared/u3x4t2s70d vixésimo primeiro programa de radio no que interveñen dous nenos franceses Outra das actividades nas que participaron os alumnos estranxeiros foi na revista escolar “A Pita faladora” cun artigo sobre os seus países, como era a súa escola e as diferenzas con respecto a esta e as súas actividades de lecer. Neste enlace atópase a revista no que se pode ler un artigo moi interesante sobre Francia escrito por dous nenos franceses chegados no mes de setembro. http://issuu.com/esther.prieto/docs/pita_faladora_28

22


Seminario Permanente: Educación Intercultural

Este ano tamén se actualizaron as actividades do Plan de acollida do colexio. Estas son as propostas a incluír que suxerimos dende o SP: 1. Plano para o alumnado de nova incorporación 2. Tríptico de información xeral do funcionamento do colexio 3. Tríptico de información do funcionamento do comedor 4. Fichas de avaliación inicial en varios idiomas 5. Axenda do alumno 6. Directorio para as entradas do colexio Un plano do colexio se lles dará aos alumnos de 2º e 3º ciclo que se incorporen ao centro, mentres se lles ensinan todas as dependencias que van usar van coloreando aquelas comúns (biblioteca, comedor, baños, aula de informática, aula de inglés, de música, de apoio) e a súa clase. Tríptico de información xeral do funcionamento do colexio para darlle ao alumno e a súa familia cando formalicen a matrícula. Estarán a disposición de todos o que o precisen na secretaría do colexio. Cremos que é de utilidade para familias que chegan doutros países sen coñecemento do funcionamento dun colexio en Galicia. Ademais sinala o novo horario que teremos a partir do curso que ven. Os alumnos con dereito a comedor dispoñen dun tríptico de información sobre o funcionamento do comedor e normas de comportamento no mesmo, que se lles dará cando cheguen ao colexio. En colaboración co equipo de calidade estase elaborando unha axenda escolar para que o vindeiro curso todo o alumnado do centro dispoña dela. Nas primeiras follas da axenda o alumno escribe os seus datos, nomes dos profesores, materias, o horario e tamén ten unha serie de suxestións para 23


Seminario Permanente: Educación Intercultural

estudar na casa e planificar o seu tempo. A continuación aparece un calendario escolar e os días lectivos con espazo suficiente para anotar as tarefas e recados a lembrar. Ao final, as últimas páxinas son para a comunicación da escola coa familia; se hai que comenta o comportamento do rapaz/a, se se quere pedir unha cita co profesor/a, etc. Outra actividade a incluír no Plan de acollida é a que estamos a facer xunto co equipo de imaxe e relación cos medios de comunicación. Consiste nun directorio para as entradas do colexio onde se sitúa a persoa cun punto “vostede está aquí” e sinálanse todas as dependencias por andares; por exemplo: 1º andar: escaleira 1, aula de música, titoría 1, secretaría, reprografía, xefatura de estudos, sala de profesores, baños mestres, baños mestras, aula de estranxeiros/titoría 2/radio faladora, aula de inglés e escaleira 2. No Plan de acollida tamén incluímos as fichas de avaliación inicial elaboradas en varios idiomas. De momento fixemos galego- inglés, galegoportugués e galego- francés. Nelas pídense os datos persoais e familiares nas dúas linguas e a continuación un test nos dous idiomas indica ao alumno que debe escribir debaixo de cada debuxo o nome correspondente, para coñecer o nivel no que se atopa. As fichas refírense ás partes do corpo, obxectos da clase, de casa, alimentos, prendas de vestir, a rúa, accións, lectura de letras, de palabras, comprensión lectora, ditado, pensamento lóxico e aritmética. Estas fichas cremos que lles dará ás titoras unha idea clara das competencias adquiridas do alumno. A parte destas actividades o Seminario Permanente tamén colaborou con equipo de convivencia e igualdade do colexio para preparar o Día da Paz. Elaboramos un mural co lema “Doces mensaxes de paz”, no centro había 24


Seminario Permanente: Educación Intercultural

un caramelo xigante de onde cada clase foi colgando as súas “doces” mensaxes de paz para o mundo.

No Entroido celebrouse a XIII Degustación de Sobremesas de Entroido e o SP preparou un recuncho con sobremesas estranxeiras. Nesta actividade é fundamental a colaboración das familias e da que obtivemos un resultado moi positivo pois se prestaron a realizar os doces gustosamente e un ano mais foi todo un éxito.

25


Seminario Permanente: Educación Intercultural

A profesora de inglés fixo un intercambio co colexio St Charles de Londres, onde participaron os alumnos de 4º de EP. Consistiu nun libro onde mediante fotos explicaban o noso quefacer diario en castelán e inglés. Nós tamén recibimos un dende Londres. Para ver o noso traballo hai que pintar nos seguintes enlaces: • • •

School for Spain: http://www.megaupload.com/?d=FO8HMDII (enviáronolo do Colexio St. Charles de Londres) Welcome to our school: http://www.megaupload.com/? d=WFNI34S5 (en inglés, enviado ao Colexio St. Charles) Bienvenidos a nuestro colegio: http://www.megaupload.com/? d=YZXJPX7V (en castelán, enviado ao Colexio St. Charles)

Os alumnos de 3º coa súa titora e co equipo de novas tecnoloxías elaboraron unha presentación power point onde expresaban os seus mellores desexos para dedicarllos aos nenos do colexio CEIP Ponte dos Brozos de Arteixo. Esta actividade pódese ver dende o enlace: http://educacionintercultural.blogia.com/

26


Seminario Permanente: Educación Intercultural

Este ano as compoñentes do SP intentamos poñernos máis ao día co blog do Seminario e intentamos aprender dos coñecementos que todas tiñamos. Subimos máis os nosos traballos para poder compartilo con quen o desexe aínda que nos quedan varias cousas por actualizar pero que o iremos facendo antes do remate do curso. O enlace é o seguinte: http://educacionintercultural.blogia.com/

27


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.