Editorial
Rafael Quintía Pereira Director
“Canxar. Revista de fotografía etnográfica” naceu en tempos difíciles como unha proposta dixital para dar a coñecer os campos da fotografía etnográfica e da antropoloxía visual. Eran momentos onde a socialización e os contactos entre as persoas estaban limitados por motivos sanitarios debido á pandemia da Covid-19. Meses onde, grazas á tecnoloxía e ás redes sociais a xente podía seguir en contacto e asomarse a ese mundo virtual, dominado pola imaxe, para non sentirse só nunha sorte de páramo deserto e inseguro. Por iso, sacar á rúa unha revista dixital e de libre acceso e descarga pareceunos unha proposta necesaria e acaída a eses novos tempos que nos tocaba vivir. Pouco podíamos imaxinar que case dous anos despois iamos seguir sufrindo a situación da pandemia e as derivadas limitacións á mobilidade e á reunión. Definitivamente o mundo que virá xa non será o mesmo. As viaxes e os movementos de persoas veranse de xeito diferente, posible5