cuestionarios de Medea e Hipólito

Page 1

MEDEA (Eurípides) 1.­ Resume brevemente o mito dos Argonautas. 2.­ Por que está irritada Medea e que perigos a ameazan? 3.­ Por que a nodriza prefire a vida de súbdito á de rei? 4.­ Explica a opinión de Medea sobre a condición da muller. 5.­ Agón de Creonte e Medea: a) Que decisión toma o rei acerca de Medea? b) Que males recela dela? c) Como xustifica Xasón o seu novo matrimonio? 6.­ Que vinganza maquina Medea? 7.­ Desgracias que aflixen ós desterrados. 8.­ Agón Xasón e Medea: reproches de Xasón a Medea; Que favores fixo meda a Xasón? Que beneficio recibiu esta a cambio, segundo Xasón? Como xustifica o seu novo matrimonio? Neste agón aparecen recursos estilísticos (Por exemplo, antinomías ou contraposicións de conceptos), ideas e argumentos sofísticos: sinálaos. 9.­ Resume a idea de amor que expón o coro. 10.­ Diálogo Exeo­Medea: a) Quen é Exeo e que fai en Corinto? b) Que axuda ofrece a Medea? c) Que garantías ofrece Medea a Exeo? 11.­ Con que medios vai executar Medea o seu plan de vinganza? 12.­ Resume as dúas ideas principais do canto do coro. 13.­ Monólogo de Medea: a) Explica os sentimento contrapostos de Medea. b) Sinala algúns dos costumes da vida familiar. c)Tense dito que Eurípides fai aquí un estudio psicolóxico da protagonista: expón a túa opinión. d) Cres que Eurípides comparte a opinión de sócrates de que ninguén obra mal a sabiendas? 14.­ Opinión do coro sobre as vantaxes e desvantaxes da paternidade. 15.­ Resuma o relato do mensaxeiro. Cal é o papel do mensaxeiro na estrutura dramática da traxedia? 16.­ Por que Medea non mata a Xasón, único responsable dos seus males? A quen afecta máis a morte dos seus fillos? 17.­ Nesta traxedia dáse o sufrimento de persoas inocentes: exemplifícao. 18.­ Unha das finalidades da traxedia grega é a educativa, pero esta non o é. Por que non son educativas as traxedias de Eurípides?


HIPOLITO (Eurípides) 1.­ Resume o contido da obra a partir do relato de Afrodita no prólogo. 2.­ Xenealoxía de Hipólito e Fedra. 3.­ Cal é a actitude de Hipólito ante as deusas? 4.­ Que males aflixen a Fedra, segundo o coro? 5.­ Expón a opinión da nodriza sobre a vida humana. 6.­ Que outros familiares de Fedra sufriron amores desgraciados? 7.­ Como xustifica a nodriza a paixón de Fedra? 8.­ Como describe a nodriza o amor? 9.­ Segundo Sócrates, ninguén obra mal a sabiendas. Opina igual o coro? 10.­ Resume as ideas do coro sobe o amor. 11.­ Reacción de Hipólito ó conoce­la paixón de Fedra. Que opina sobre as mulleres? 12.­ Como reacciona Fedra ó conocer que se ten divulgado a súa paixón? 13.­ Como se vinga fedra de Hipólito? 14.­ Que decisión adoita Teseo contra Hipólito? 15.­ Teseo alude á pertenza de Hipólito á relixión órfica. Quen é Orfeo? asgos desta relixión. 16.­ Con que argumento se defende Hipólito das acusación do seu pai? 17.­ Resume a morte de Hipólito a partir do relato do mensaxeiro. Cal é a función do mensaxeiro na estrutura dramática da traxedia grega? 18.­ Como resolve Artemis o conflito? 19.­ Quen son as Hespérides, Atlas e Faetonte? 20.­ Cre que Fedra é responsable da súa paixón? Merecía Hipólito ese castigo por ter incorrido en pecado de ubrij 21.­ Rasgos característicos das Traxedias de Eurípides son o prólogo e o "deus ex machina " (Artemis, neste caso). Que finalidade

seguen

ambos

recurso? 22.­ Busca exemplos de súplica, xuramento e promesa, e sinala o seu significado. 23.­ Existe un paralelismo entre algúns personaxes deste traxedia e outros da literatura posterior, como por exemplo a Celestina: coméntao. 24.­ Paréceche correcto o comportamento de Artemis e Afrodita?


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.