Realizado por: Juan Carlos Rumbao Domínguez
Lección nº 1
Lección 1º:
O TABOLEIRO DE XADREZ
O xogo practícase nun taboleiro de Xadrez cadrado de 64 casas ordenadas nunha cuadrícula de 8x8 con dúas cores alternadas . A metade das “casas” son de cor clara e chámaselles “casas” 'brancas' ou 'claras'. A outra metade componse de cor escura e noméaselles “casas” 'negras' ou 'escuras'.
Diagrama comunmente usado para ilustrar posicións de Xadrez
O taboleiro deberá sempre ser colocado de tal maneira que a casa á dereita da fileira mais próxima dun xogador é 'branca' ou 'clara'
Posición correcta do taboleiro
Posición incorrecta do taboleiro
As oito columnas verticais de casas chámanse 'Filas', cada unha con oito casas
As oito lineas horizontais de casas chámanse 'Fileiras', cada unha con oito casas
As casas diagonais a través de taboleiro chámanse 'Diagonais' sendo todas esas casas dun mesmo cor
NOTAS DE AMPLIACIÓN ( PARA OS QUE QUEIRAN SABER MÁIS) (preferentemente para cursos de 2º ciclo de primaria) Un taboleiro pode ter números e letras para identificar as filas, columnas e casas, co fin de rexistrar o desenvolvemento das partidas mediante a notación algebraica (que é a notación oficial). É frecuente no mundo do xadrez utilizar este sistema para poder reproducir e comentar as partidas. Debe, con todo, deixarse constancia de que moitos autores e especialistas prefiren continuar utilizando a chamada notación descritiva.
Se chegamos a cubrir tódolas casas do taboliero queríanos así:
Especial importancia ten o centro do taboleiro ( e4,e5,d4,d5) e o chamado centro ampliado ( que son as casas que rodean ao centro do taboleiro:c3,c4,c5,c6; d3,d6,e3,e6;f3.f4.f5.f6). Estas casas son moi importantes para o desenvolvemento do xogo.
Cada xogador comeza a partida con 16 fichas das que falaremos máis adiante ( 2 torres, 2 cabalos,2 alfiles (bispos), 1 rei, 1 raíña e 8 peóns) cada un deles ten unha colocación determinada no inicio da partida. Lembrar tamén que nas filas 1 e 2 colócanse inicialmente as fichas do xadrez ( na fila 2 as fichas chamadas “peóns”
Ás veces fálase de flanco da dama e flanco do rei. Vexamos, en xadrez o rei e a raíña están xuntos no centro ( xa o veremos máis adiante) polo que, polo xeral, chamamos flanco da dama á metade do taboleiro que está á beira da dama que correspondería ás columnas a,b,c,d e flanco do rei á metade do taboleiro que está á beira do rei que serán as columnas e,f,g,h
No vídeo (ver enlace neste apartado) fálanos de columnas do flanco central, do flanco da dama e do flanco do rei; refírese a que o taboleiro dividímolo en 3 partes: 1º ) Unha que corresponde á zona do centro que chamaremos flanco central ( corresponderían ás columnas do centro do taboleiro: que serían as d,e máis as do centro ampliado : que serían as columnas c,f) 2º) A que corresponde co lado da dama, que chamaremos flanco da dama ( columnas que non pertencen á zona central e que están no lado da dama: columnas a, b) 3º) A que corresponde co lado do rei, que chamaremos o flanco do rei ( columnas situadas ao lado do rei que non son da zona do centro : columnas g, h)
Flanco dama
Flanco central
Flanco do rei