NÓS NAVEGANTES IES CANIDO, FERROL MAIO, 2013
Ilustración da capa: Maqueta da capa: Maqueta:
Sabela Barros Rodríguez (2º BAC) José Naveiras (1º BAC) Cristina Sequeiro Oreona, Yeray Varela Laura Prados García (PCPI)
Agradecemento ás autoras e autores das fotografías que tiramos da internet. Nos artigos deste número colaboraron: Rafael Tapia Leal Yago Núñez Lamas Álvaro Picallo Macías José Naveiras Blanco Daniel Rodríguez López Irene Gräf Díaz Laura Prados García Ángela Filgueira Calvo Cristina Sequeiro Oreona Irene Gräf Díaz Yeray Varela Laplaña Icía Meizoso Vázquez Erik Martinez Sixto Claudia Gallego Sixto Marta García Martínez Rebeca Marcial Rico Lucía Fonseca Fernández
1
PRESENTACIÓN
Nós Navegantes é unha pequena experiencia de inexpertos mariñeiros que entre esperas e apertos conseguiron, por fin, botarse ao mar de amar con bon navegar. Artigos voluntarios, libres en temática e modo, son os que enchen esta singradura que acompaña á nave capitá, a Revista Navegantes, polos mares do noso instituto. Se navegaremos máis veces, o tempo e as témporas nolo dirán. Por en canto, velaquí este noso primeiro ronsel, que apenas quere deixar escrito sobre a tona do noso mar un algo de nós, aínda que por navegar inexpertos nos dea algo e nos mareemos.
2
SUMARIO 1.
Presentación
2.
Papiroflexia, un mundo de papel Rafael Tapia Leal, 4º A – ESO Un mago nas nosas aulas Yago Núñez Lamas, 1º A – BAC Navegación tradicional a vela Álvaro Picallo Macías, 1º B – BAC A pita do monte José Naveiras Blanco, 2º A – BAC Esperanto, que é o esperanto? Daniel Rodríguez López, 1º A – BAC O horóscopo celta Irene Gräf Díaz, 2º A – BAC PCPI: Programa de Cualificación Profesional Inicial Laura Prados García, PCPI Os meus Reis Magos Ángela Filgueira Calvo, PCPI Un descubrimento Cristina Sequeiro Oreona, PCPI Entrevista a un malabarista Irene Gräf Díaz, 2º A – BAC Cristiano Ronaldo Yeray Varela Laplaña, PCPI Acción Directa, recuperación de espazos públicos Icía Meizoso Vázquez, 2º B – BAC Ecosistemas e cambio climático Erik Martínez Sixto, 2º B – ESO Os Arturindoeuropeos Claudia Gallego Sixto, Marta García Martínez, 4º A – ESO Rebeca Marcial Rico, unha ximnasta con moito ritmo Lucía Fonseca Fernández, 1º B – ESO
3. 4. 5. 6. 7. 8. 9. 10. 11. 12. 13. 14. 15. 16.
3
PAPIROFLEXIA: Un mundo de papel Rafael Tapia Leal (4º A – ESO) Que podemos facer cun anaco de papel? A maioría da xente respondería: lelo se está escrito, envolver un regalo, debuxar nel... pero para o afeccionado ao origami ou papiroflexia, un papel é a posibilidade de facer case calquera cousa que poida imaxinar. Cun simple cadrado de papel pódense conseguir figuras incribles. Non necesitas tesoiras, nin pegamento, nin fita adhesiva, só papel, paciencia e tempo. Case todo o mundo ten na súa familia xente que sabe realizar algunha figura. A min empezou a gustarme porque o meu avó mas facía para entreterme. Un día pedinlle que me ensinase a facer a “paxarela”, e saíume, así que seguín intentándoo con outras figuras. Cando aprendín as que sabía el, compramos libros e empecei, por primeira vez, a seguir os diagramas. Ao principio non os entendía, pero cando fun capaz “engancheime” e gustoume cada vez máis. No colexio resultoume útil para facer manualidades e ao chegar ao instituto fixemos varios proxectos con Antón, o mestre de naturais, e tive máis ganas de aprender cousas novas. Despois empecei a buscar en Internet e vin creacións asombrosas. Moita xente sabe facer algunha figura sinxela, pero estamos os afeccionados e, noutro nivel, están os artistas. Hai auténticos mestres porque o origami é a típica cousa que unha vez resolta parece sinxela de facer, pero quen o idea merece o seu mérito. É un mundo enorme e diso decateime vendo un documental que se chama "Entre pregues" (Between the folds). Nel explícanse moitas cousas como, por exemplo, a importancia de ter o papel axeitado para poder pregalo moitas veces sen que rompa.
4
Aprendín que existen cinco tipos de origami:
De acción: Cando as figuras poden moverse, como os modelos que voan, que baten as ás…
Modular: Faise con pezas idénticas que despois se unen para formar un modelo complexo.
Puro: Só pode facerse unha dobrez á vez e non se permiten dobras complexas como as invertidas.
Pregado en húmido: Máis que un tipo de origami viría a ser unha técnica para producir detalles lineais de dobrado con curvas finas en vez de dobras rectas e superficies planas.
Teselado: É un patrón de figuras que cobre completamente unha superficie plana sen deixar ocos nin superpoñer figuras.
Tamén se entrevistan aos “virtuosos” do origami, na actualidade, e móstranse os traballos que fan. Pero antes de falar deles hai que lembrar a Akira Yoshizawa, pois este artista e creador xaponés é considerado un dos" pais do origami". Deixou o seu traballo nunha fábrica e dedicouse a crear figuras de papel. Conseguiu facer do origami unha arte e creou máis de 50.000 modelos diferentes.
5
Aínda que todos os que entrevistaban facían cousas impresionantes os que máis me gustaron foron os seguintes:
Eric Joisel é un grande artista. Recrea co origami un mundo de fantasía cos seus ananos, cabaleiros, dragóns, sereas... Fainos con moito detalle e realismo.
Robert Lang é un antigo físico da NASA que deixou todo para dobrar papel e segundo di “divírtese como nunca na vida”. Foi un dos pioneiros en utilizar ordenadores para crear patróns de figuras de papel.
Chris Palmer traballa con teselados e consegue creacións sorprendentes.
E ademais dos artistas, decateime de que tamén hai "teóricos do origami". De todos eles, hai un que está recoñecido como o mellor do mundo e se chama Erik Demaine. Ten unha biografía sorprendente pois con 20 anos era profesor no MIT (Massachusetts Institute of Technology). Isto foi posible porque entrou con 12 anos na universidade e titulouse con 14 (pero detesta que se lle risque de neno prodixio). Entre as súas afeccións encóntrase o soprado de vidro, o origami e os crebacabezas.
6
Unha das súas investigacións centrouse en encontrar resposta ao problema da pregadura e o corte único. O problema di: "Tomamos unha folla de papel, dobrámola de forma que quede unha figura plana. Con apenas un corte, é posible recortar calquera figura poligonal? Encontrou a resposta, esa e outras moitas que teñen que ver con facer dobreces pois se dedica a resolver problemas relacionados coa xeometría asociada á pregadura do papel, con aplicacións practicas en campos tan distintos como os industriais (fabricación de láminas de metal, bolsas de aire,envoltorios de caramelos), física (nanoestruturas) ou bioloxía (pregamento de proteínas). As aplicacións que poden ter as técnicas do origami son asombrosas, ás veces necesitamos que algo se pregue ao máximo para despregarse no momento axeitado. Por exemplo o airbag do coche está deseñado a partir do origami, de tal forma que poida caber dentro do volante. Lang axudou a deseñar a lente dun telescopio espacial do tamaño dunha cancha de fútbol que se prega como un paraugas. Ata o momento só existe un prototipo, pero mesmo este se desdobra ata alcanzar uns cinco metros. Tamén se utilizaron en plisados téxtiles, mobiliario encartable, stents (cánulas) de uso médico, complexas arquitecturas, etc. Pero ademais do aspecto práctico o origami ten un montón de cousas positivas. Para empezar non se require ningún talento especial, basta con ter paciencia e perseveranza. É moi económico, só necesítase un papel. Pódese practicar en calquera sitio. Mentres te concentras en como facer unha figura non pensas en nada, a túa mente descansa e se te están a falar e non te interesa "desconectas" totalmente. Cando consegues facer algo complicado dáche moitísimo gusto, sénteste xenial. E por último como dicía Akira Yoshizawa: "Cando se empregan as mans con eficacia, o corazón encóntrase en paz.” Anímate a intentalo, como eu fixen para elaborar os seguintes modelos que dan remate a este artigo. Neste mundo de papel cabemos todos:
Famosos
Anonymous
Seres mitolóxicos
Seres vivos
Os que se abren
Os que se pechan
Os que se moven moito
Os que se moven pouco
Ti, eu, todos e todas!
(Documentación elaborada a partir da Wikipedia e o documental Entre vincos)
7
UN MAGO NAS NOSAS AULAS Yago Núñez Lamas (1º A – BAC)
“A maxia é só unha ferramenta para chegar á xente” Martín Varela, Ferrol (1996) Realizamos unha entrevista ao noso amigo e compañeiro de aulas, Martín Varela Salido, ao que podemos presentar como un ilusionista galego que con 16 anos xa actuou en Ferrol, Lugo, Bertamiráns, Milladoiro, Cangas, Narón, Ourense, Santiago, Viveiro e Pontevedra co seu espectáculo “15 ilusións para unha noite”. Tamén tivo aparicións no programa Luar da TVG. Que é o que máis che gusta da maxia? -Despois de adicarme sobre 5 anos a esta actividade, puiden chegar a conclusión de que a maxia é só unha ferramenta para chegar ao público. De feito, o que máis me gusta da maxia, poderíase dicir que é o público. Intento non esquecer nunca para quen estou subido enriba dun escenario, quen vai ser o que disfrute do esforzo que supón levar a cabo un espectáculo. Quen son os teus artistas preferidos? -Admiro a moitísimos magos como David Copperfield, Lance Burton, Arturo Brachetti... E a outros artistas que, aínda que non teñen que ver coa maxia, me gustan especialmente: Michael Jackson, Lady Gaga, por exemplo... E por enriba de todo, os espectáculos do Cirque du Soleil. Que queres que sintan os espectadores cando te ven actuar? -Quero que sintan o mesmo que sinto eu. A clave de que o meu traballo funcione, é que ao público lle guste o mesmo que me gusta a min. Sempre me gustou concebir o espectáculo como un todo e, a medida que o meu traballo como artista vaia evolucio-nando, se poida percibir como unha experiencia sensorial, escapando do aspecto unicamente visual que está presente na maxia propiamente dita. Aprendes algo no instituto que te axude no teu traballo? -Por suposto. Habitualmente intento non pechar as vías de coñecemento que me permitan mellorar. Encántame atopar a maxia en calquera situación... Agora que acabas de rematar 15 Ilusións, tes algún proxecto en mente? -Estamos comezando a preparar un novo espectáculo para teatros e esperamos voltar de novo á Televisión de Galicia. A televisión e o teatro son dous mundos totalmente diferentes, e encantaríame poder seguir aprendendo e compartindo a miña maxia en ambos. 8
Para cando poderemos ver actuar de novo a este artista? Tes algunha data pensada para o estreo do novo espectáculo? -Estamos aínda na fase inicial, sería demasiado cedo para dar máis información sobre a nova produción... De todos modos, calculamos que a final de ano poderíamos comezar a ver os resultados do noso traballo. Que partes do espectáculo son as que máis che gustan deseñar? -Curiosamente... As que non teñen maxia. Quero facer un espectáculo, non só maxia. Por iso lle dou importancia á iluminación, á música, e ao aspecto visual da escena. Por suposto, a maxia é moi importante... Pero igual de importante é crear a “atmosfera máxica” que é un ambiente máis propicio para gozar da maxia, envolver o número dentro dunha estética atractiva. Esas son as partes coas que máis disfruto, tanto preparando e deseñando coma á hora de actuar. Entón, gústache deseñar a maior parte das cousas que ven logo os espectadores? -Segundo a miña filosofía, ou polo menos a que estou seguindo ata agora, gústame que a miña opinión estea presente desde que un espectador ve un cartel, ou recibe unha información sobre o meu espectáculo ata que sae do teatro. Penso que unha das bases que me permitirán crear unha experiencia completa será unificar todo o que teña que ver co meu próximo espectáculo. Para rematar, pídeslle algo a este novo ano? -O único que lle podería pedir e que todo o que lea esta entrevista veña a ver o novo espectáculo. Moitas grazas por responder estas preguntas. -Grazas a vós!
9
NAVEGACIÓN A VELA TRADICIONAL Álvaro Picallo Macías (1º B - BAC) Hoxe en día pouca xente ten un barco así. A maioría son descendentes de mariñeiros que aínda conservan esas embarcacións, como é o meu caso. Todos coñecemos a tradición mariñeira que existe en Galicia. Hai moito tempo só se navegaba con barcos de madeira co fin de pescar nas rías. Eran barcos de casco de madeira que precisaban moito mantemento e dedicación para a súa conservación.
Pero na actualidade xa non se usan para esa función xa que hai moito tempo que se sustituiron por barcos máis prácticos para a pesca. Pero a pouca xente que conserva algunha embarcación a utiliza como embarcación de recreo. Moitos participan en regatas locais ou en concentracións. De feito todos os anos faise unha regata de vela tradicional en Redes, un pobo que esta a uns vinte minutos de Ferrol, xa que posue unha gran tradición marítima. Tamén en Ferrol producironse concentracións de embarcacións de vela tradicional, non so procedentes de Galicia se non de Portugal e Francia. Existen moitos tipos de barcos pero os máis abundantes en Galicia son: o bote, a dorna e mais a buceta. O bote clásico utilizábase maiormente nas Rías Altas, incluindo a nosa, A maioria dos mariñeiros pescaban polbos ou fanecas na ría. Arbórase coa clásica vela latina de tamaño axeitado á embarcación. A dorna tiña a mesma función que o bote pero utilizábase nas Rías Baixas. Ten unha proa redonda que sobresae da cuberta e a popa chata. Utiliza unha vela de relinga. 10
A buceta diferénciase das demais embarcacións por ter unha proa alta e a popa case redonda. Facíanse moitas nos estaleiros de Betanzos e de Pontedeume. O certo é que aínda que sexan embarcacións sinxelas, debes ter un mínimo de práctica con elas ou ir acompañado dunha persoa con experiencia xa que o mar pode ser moi desapiadado. De feito aínda que saibas manexalas á perfección debes ter sempre coidado.
Dorna. Foto Zaran, www.ojodigital.com
Iso aprendino un día de verán. Notei en terra que o vento sopraba forte e pensei que era perfecto para saír a navegar, así que llo propuxen ao meu pai e ambos os dous saímos a navegar pola ría de Ares. Ao principio todo ía ben, aínda que tivemos que recortar a superficie vélica (tomar rizos) porque o vento sopraba forte. Pero a medida que pasaba a tarde, o tempo poñíase peor ata que parecía un temporal no mar. De feito, cada vez iamos máis rápidos e o bote íase inclinando cada vez máis ata que nos entraba auga no barco. Pero iso non foi o motivo do noso accidente. O vento sopraba tan forte que o Bote. Foto www.culturamaritima.org cabo que unía a verga co mastro rompeu e a verga coa vela caeron ao mar. Rapidamente tentamos collela para que non se mollara moito, pero a vela coa verga non e doado sacala do mar con todo o seu peso. Así que coa vela empapada non nos quedou outra que volver a porto a remos no medio da oleaxe, e como te podes imaxinar non era doado, pero conseguímolo. Xa ves que o mar é perigoso para calquera pero non debes ter medo, xa que navegar no medio dun mar embravecido é unha das sensacións máis incribles que tiven, coma se te fundiras co mar. E iso só se consegue cun barco a vela. Se che picou a curiosidade e queres probar a navegación a vela tradicional, non tes por que posuír un barco, xa que existen cursos para aprender a navegar en case todos os clubes marítimos do noso país.
Buceta. Foto www.marinerosbouzas.com
11
A PITA DO MONTE José Naveiras Blanco (2º B – BAC) A pita do monte (Tetrao urogallus L.) é unha ave que ronda os 74 – 90 cm. O macho ten a plumaxe negra cincenta con reflexos de cor verdosa e azulada no peito; as súas ás son acastañadas cunha rechamante mancha branca redondeada na base das mesmas, vértice flexor escuro; pencas brancas espalladas polo rabo e ventre; cella vemella; presenta ``barbas´´; durante a exhibición nupcial abre a rabo en abano. Os extremos das ás aparecen dixitados e estas mostran unha zona clara pola parte inferior. A pita do monte presenta un gran dimorfismo sexual, isto é que as femias e os machos son moi diferentes. A femia ten as partes superiores castañas densamente apencadas; o rabo e mais o peito son arrubiados; partes inferiores brancas moi apencadas en cor crema e parda. Os inmaturos, as crías, no primeiro ano aseméllanse á femia adulta. O voo da pita do monte é moi ruidoso no momento de se erguer. Este consiste nun potente aletexo seguido dunha escorregada a pouca altura ladeira abaixo. A súa voz é moi característica, con varios sons entre os que destaca un que é semellante ao producido pola apertura dunha botella de cava con gurgullos incluídos. A pita do monte é observable tanto no chan coma nas árbores. A súa distribución vai dende a Escandinavia á Península Ibérica; nesta última aparece na Cordilleira Cantábrica (onde se contan entre 500 e 600 exemplares), e a Cordilleira Pirenaica (cuns 680 exemplares). Nestas dúas zonas é sedentaria, quer dicir que vive nelas todo o ano. En Galicia ata hai pouco estaba confinada en pequenos grupos na Serra dos Ancares; actualmente, se non temos en conta algún exemplar que ocasionalmente pode achegarse dende Asturias, pode darse como extinguida para a fauna galega. O seu hábitat son os piornedos e fragas de montañas nas que o acivro lle é imprescindible durante inverno. O macho é territorial e polígamo. O cortexo nupcial realízase en marzo ou abril. Aniña nunha depresión do chan ao pé dun arbusto. Pon entre 6 e 10 ovos, nos meses de maio a xuño. Os ovos son de cor crema, apichalrados de cor castaña, chócaos a femia durante 28 a 30 días; os pitos son nidífugos e voan aos 20 días. A pita do monte aliméntase principalmente de materia vexetal: gromos e bagas de silveiras, arando, acivro, fieitos e, tamén, pequenos animais.
(Informacións tiradas da Guía das aves de Galicia)
12
ESPERANTO, QUE É O ESPERANTO? Daniel Rodríguez López (1º A – BAC) O esperanto é unha lingua auxiliar artificial elaborada para servir como lingua internacional para toda a poboación mundial, sen substituír as linguas naturais. Está formada principalmente a partir de latín, grego, linguas romances, xermánicas, eslavas... a mellor mistura que o polaco L.L. Zamenhof puido facer tras 10 anos de traballo. Unha das críticas que se realiza contra o esperanto é o seu eurocentrismo, pois apenas contén léxico oriental. Sen embargo, é curiosamente en China onde a xente aprende esperanto para comunicarse coas outras zonas do país por ser máis sinxelo de aprender cas diferentes variedades lingüísticas, e o propio estado chino publica o seu periódico en esperanto por ser un idioma sinxelo que toda a poboación pode comprender. Xunto co esperanto naceu un espírito esperantista non vinculado a ningunha nación, pacifista, multicultural e humanista. Pese a isto, algúns falantes do esperanto non comparten estes ideais e consideran esperantista unicamente a aquel que fala esperanto independentemente do motivo polo cal o aprendera. O que é innegable e que na actualidade este espírito esperantista está moi ligado na maioría dos esperanto-falantes, pois é un idioma que che permite coñecer con comodidade a persoas de todo o mundo, aprender diversas culturas, distintos puntos de vistas e enriquecerte como persoa. Da man deste sentimento naceu o Pasporta Servo (servizo de pasaporte). O Pasporta Servo é una rede de enderezos de persoas que están dispostas a aceptar a algún convidado no seu fogar por uns días. Esta lista é xestionada polo TEJO (Organización Mundial de Xoves Esperantistas) e sérvelles quer ao invitado quer ao dono da casa para practicaren o esperanto e coñeceren xente nova. Esta rede funciona dende 1974 e o único requisito é falar esperanto. Existen diversas formas de comezar a aprendelo, antigamente partíase das ensinanzas dun mestre ou dalgún que outro libro a modo de curso básico ou intermedio. Hoxe en día ese mestre pode ser internet, ou pode ser encontrado mediante internet. Unha das mellores formas de achegarse a el é mediante www.lernu.net. Lernu é unha comunidade internacional na que podemos atopar todo tipo de recursos, dende cursos básicos, intermedios e avanzados, ata unha biblioteca e, o máis importante, unha enorme comunidade coa que practicar e perfeccionar o noso esperanto!
13
Un "kurso" que recomendo persoal e encarecidamente é o feito por uns brasileiros: www.kurso.com.br. É un programa que explica perfectamente como funciona o esperanto e que che deixa nun nivel intermedio en apenas 12 leccións, con cancións e mostras de son para coñecer a pronunciación. Se tivese que facer unha clase de esperanto, sen dúbida utilizaría este! Tan só dicir que en esperanto non hai verbos irregulares, nin excepcións, nin follóns como os que hai en inglés e na maioría das linguas. Se se ensinase na escola, como se ensina o inglés, dominariámolo tan ben como o galego ou o castelán. Palabriña do neno Xesús! Hai numerosas asociacións repartidas por España. Podédelas atopar nos seguintes enlaces de interese: http://www.galegio.org/ http://www.esperanto.es http://www.uea.org/
Imaxe de www.galegio.org
Velaquí, a título de exemplo, un texto en esperanto tirado da páxina Galega Esperanto Asocio:
Ĉiuj vojoj kondukas al Santiago 17/2/2010 La 69a Hispana Kongreso, organizota de Hispana Esperanto-Federacio kaj Galega Esperanta Asocio, okazos inter la 2a kaj 5a de julio de 2010 en antikva galega urbo Santiago de Compostela (Santjago de Kompostela), fama ekde mezepoko kiel celo de la Jakoba Vojo. Provizora programo inkluzivas prelegojn, muzikan koncerton, ekskurson tra la urbo kaj ediservon en la Katedralo post mallonga pilgrimado. Oni ankau organizos ekskurson al Padrón kaj muzeo-domo de Rosalia de Kastro, kaj poste ŝipveturadon tra la estuaro Arousa kaj rivero Ulla. Kotizoj: • 40€ ĝis la 28a de marto. • 45€ ĝis la 30a de aprilo. • 50€ ĝis la 4a de julio. Kotizo inkluzivas nek loĝadon, nek ekskurson al Padrón kaj ŝipveturadon. La kongresejo estos Aula Sociocultural Caixa Galicia. Ĝi troviĝas en strato Carreira do Conde, 18, en la centra parto de la urbo.
14
O HOROSCOPO CELTA Irene Gräf Díaz (2º A – BAC) Os celtas foron un antigo pobo guerreiro (viviu hai uns 2000 anos en Irlanda ademais de ocupar gran parte da antiga Galiza) e estiveron dende sempre en ligazón especial coa natureza polo que formaron as súas crenzas entorno a ela, considerando así as árbores a morada dos seus deuses. Velaí un horóscopo especial: O HORÓSCOPO CELTA. Nun principio cada árbore foi asociada a unha época do ano, de aí xurdiu a idea dun horóscopo que posteriormente constaría de 21 especies de árbores: dúas para os solsticios, o bidueiro para o verán e a faia para o inverno; e dúas para os equinoccios, o carballo para a primavera e a oliveira para o no outono. Ademais doutras 17 que se repetían dúas veces no ano, agás o álamo que se repite tres. Ao primeiro grupo (carballo, faia, ulmeiro, tilleira, nogueira, castiñeiro e figueira) encóntranse aquelas persoas observadoras e con talento organizativo. Ao segundo grupo (oliveira, maciñeira, abeto, alcipreste, cedro, pi ñeiro e pradairo) pertencen as persoas cunha capacidade intelectual desenvolvida. E ao terceiro (bidueiro, salgueiro, álamo, abeleira, capudre, choupo e freixo) asócianse quen posúen imaxinación e capacidade de síntese.
A MACIÑEIRA (amor) Do 23 de decembro ó 1 de xaneiro Do 25 de xuño ó 4 de xullo Conta a lenda que o Deus grego Dionisio, fillo de Zeus, creou esta árbore para regalarlla a Afrodita, deusa da beleza e do amor. A mazá é manxar de deuses e ten a facultade de rexuvenecer a quen a come. A maciñeira representa a elección da beleza e da xuventude. Características: Prefiren vivir ao día sen pensar no futuro. Persoas moi xenerosas e desinteresadas, poderían compartir cos seus amigos ata o último céntimo. Graciosos e encantadores, posen un atractivo especial. Moi suxeridores e aventureiros no amor.
15
O ABETO (enigma) Do 2 ao 11 de xaneiro Do 5 ao 14 de xullo O abeto branco é unha árbore lanzal que medra en zonas montañosas. É o símbolo da vida eterna. Características: Poden parecer fríos e rudos a primeira vista pero albergan grandes encantos segredos; agóchanos para non seren feridos. Aprecian as xoias e a miúdo chaman a atención polas súas actitudes non convencionais. Non sempre é fácil convivir con eles xa que a miúdo posúen un incomparable mal humor. O ULMEIRO (bon carácter) Do 12 ao 24 de xaneiro Do 15 ao 25 de xullo É unha especie robusta de tronco dereito. Está ademais consagrado a Mercurio e pertence polo tanto ao principio da mobilidade. Características: Dánlle unha especial importancia á aparencia que coidan moito. Non son persoas ostentosas, a pesar de vestirse con moi bo gusto. Soen ser alegres e modestos, non se complican a vida. Con intelixencia desperta, posúen unha mentalidade práctica e un sentido común desenvolvidos. O amor tómano moi en serio, son parella sincera e fiel, sobre todo relacións familiares.
O ALCIPRESTE (fidelidade) Do 25 de xaneiro ao 3 de febreiro Do 26 de xullo ao 4 de agosto É a arbore da morte, pero tamén da vida. Platón vía nesta especie sempre verde o símbolo da inmortalidade do alma. Horacio, en cambio, viu nel a expresión da aflición. Características: De carácter flexible, optimista e satisfeito. As súas preocupacións principais son manterse en forma e que se lles recoñeza os seus méritos.
16
No amor poden ser ás veces fogosos e noutras ocasións obstinados. O ÁLAMO (incerteza) Do 4 ao 8 de febreiro Do 1 ao 14 de maio Do 5 ao 13 de agosto Ten a facultade de protexer contra a morte prematura e as feridas infecciosas ademais de entreporse entre as persoas e aqueles problemas terreais que máis medo lle producen. Características: Son persoas cun sorriso permanente, con pouca confianza en si mesmas. Nun principio necesitan moito afecto e buscan rodearse de persoas que as mimen e valoren para poder crear un ambiente cálido e agradable. A súa grande sensibilidade fai que se tomen moi en serio o amor e esixen o mesmo da súa parella. O CEDRO (optimismo) Do 9 ao 18 de febreiro Do 14 ao 23 de agosto No Cantar dos Cantares fálase desta árbore. O templo de Xerusalén foi construído coa súa madeira que é moi aromática. Os exipcios utilizábana para faceren sarcófagos. Características: Procuran o maior benestar posible para eles, pero non son egoístas. Saben adaptarse a calquera situación. Soen ser persoas decididas, seguras de si mesmas, co cal a miúdo son irritables e impacientes. En canto a parella son moi esixentes e selectivos.
O PIÑEIRO (selectividade) Do 19 ao 28 de febreiro Do 24 de agosto ao 2 de setembro Os baños de agullas e brotes do piñeiro favorecen á circulación do sangue, e a esencia da súa flor mitiga os sentimentos de culpa. Características: Teñen ben claro cales son os seus encantos e saben como utilizalos, ata certo punto están un pouco namorados de si mesmos. De carácter alegre, sociable, aberto e simpático, no traballo son prácticos e audaces. Namóranse con certa frecuencia de maneira apaixonada, pero tan axiña como afloran estes sentimentos tan axiña esvaecen.
17
O SALGUEIRO (melancolía) Do 1 ao 10 de marzo Do 3 ao 12 de setembro As vasoiras das bruxas levan sempre unhas varas de abeleira, que simbolizan o desexo, e unhas de salgueiro, a árbore da lúa, simbolizando o poder. Características: Triste pero fermosa, flexible e emocional, ao igual que o salgueiro é a persoa nacida baixo este signo. Dun tremendo atractivo, é posuidora dunha impresionante dozura e tenrura para escoitar os problemas alleos. A pesar diso, a convivencia con ela non é doada, xa que depende moito dos seus estados de ánimo. Ademais os seus humores dependen da lúa, minguando e crecendo con ela.
A TILLEIRA (dúbida) Do 11 ao 20 de marzo Do 13 ao 22 de setembro Nos tempos antigos estaba consagrada á deusa nórdico-xermana Freixa, protectora da vida e do amor. Características: Son capaces de sacarlle moito partido aos anos vividos. Aproveitan o que lles dá a vida e envellecen ben. Non son precisamente loitadores, tenden máis á comodidade; porén o seu carácter sereno e tranquilo fai que rara vez se agobien. En canto ao amor buscan a súa alma xemelga, e cando a encontran poden volverse moi dependentes e posesivos, esixindo total entrega e dedicación da súa parella.
O CARBALLO (forza) O 21 de marzo En moitas culturas é considerada a árbore por excelencia; consagrado a Zeus en Greza, e a Xúpiter en Roma. Para os celtas era igualmente sagrado: Baixo el levábanse a cabo os sacrificios. Características: Extravertida, constante, independente e digna é a persoa nativa do carballo. Son intelixentes e levan os pés ben ancorados na terra. Nunca buscan apoio en nada xa que prefiren seren eles os seus propios xefes e levan en todo o que emprenden a voz cantante. Debido á súa saúde de ferro, rara vez enferman.
18
A ABELEIRA (o extraordinario) Do 22 ao 31 de marzo Do 24 de setembro ao 3 de outubro Conta unha lenda irlandesa que unha fada era a protectora dun bosque que gardaba un tesouro. Un príncipe internouse nel e a fada regaloulle un fío para que non se perdera, coa condición de que casara con ela. O príncipe aceptou, atopou o tesouro mais non cumpriu a promesa. A fada, desesperada, aforcouse colgándose nunha árbore que dende entón leva froitos dourados: a abeleira. Características: Normalmente polifacéticas e con talento para diversas actividades as persoas baixo este signo teñen unha especial capacidade para mediar. Modestos que nunca presumen dos seus méritos. Saben ganarse as persoas e alcanzar as metas que se propoñen. Son compañeiros nada celosos e sinceros a pesar de non ser moi constantes. O CAPUDRE (delicadeza) Do 1 ao 10 de abril Do 4 ao 13 de outubro Atribuíaselle a propiedade de protexer contra os encantamentos. Unhas poliñas protexían do mal de ollo e plantábanse nos cemiterios para que custodiasen aos espíritos. Características: As persoas ao igual que o capudre parecen fráxiles pero son resistentes capaces de inmutarse en absoluto ante os golpes da vida. O seu bon gusto, sensibilidade e intuición fan deles persoas atractivas e alegres. No plano amoroso, poden sentirse facilmente insatisfeitos por seren demasiado apaixonados e espontáneos. O PRADAIRO (capricho) Do 11 ao 20 de abril Do 14 ao 23 de outubro Toda árbore é unha ponte entre ceo e terra, mediador entre o espiritual e o terreal. O pradairo ten como especialidade o campo intelectual. Características: Posúen unha excelente memoria e unha intelixencia destacable. Sobresaen para ben ou para mal pola súa desbordante fantasía e orixinalidade. Gustan moito das gabanzas. Os seus desexos de viviren constantemente experiencias novas e as ansias de saber fan deles persoas inquedas cun humor cambiante. Isto non favorece a convivencia, xa que tenden a impoñer a súa vontade sobre outras persoas.
19
A NOGUEIRA (paixón) Do 21 ao 30 de abril Do 24 de outubro ao 11 de novembro En Greza o seu froito era manxar de deuses. Hoxe representa varias calidades como o dominio fogoso, esencia introvertida, fertilidade e paciencia. É utilizado ademais como afrodisíaco. Características: Non é precisamente fácil convivir con nogueiras polo seu carácter cargado de matices e contrastes, ademais das súas reaccións un tanto inesperadas. Ás veces pode resultar intolerante pola súa ambición e inflexibilidade, a pesar de posuír unha boa cabeza, enerxía e capacidade de traballo. Precisamente por iso, a miúdo son causa de admiración. Son persoas apaixonadas, pero moi ciumentas, dependendo da súa autoconfianza. O CASTIÑEIRO (honradez) Do 15 ao 24 de maio Do 12 ao 21 de novembro Foi o chamado Rei Sol, Luís XIV de Francia, quen introduciu o castiñeiro, orixinario das Indias, como árbore ornamental, en Europa. Características: Fermoso, por dentro e por fóra, con gran vitalidade, pódese entusiasmar cun proxecto ata desvivir, e se non o consegue, retírase frustrado. A pesar do seu atractivo, posúe certo punto de inseguridade. Cando ama pódese entregar con total dedicación a esa única persoa, desexando sobre todo unha relación estable. O FREIXO (ambición) Do 25 de maio ao 3 de xuño Do 22 de novembro ao 1 de decembro Na mitoloxía nórdica é a árbore de Odín, quen se colgou dela nove días e nove noites coa finalidade de coñece-lo secreto das runas. Simboliza o poder da auga e con el invocábase a choiva. Características: A miúdo son sedutores innatos. De carácter ambicioso, intelixente e independentes. Desprezan a mediocridade, o que ás veces dálles un aire de soberbia; porén gozan dunha personalidade brillante de talante atractivo. A rutina resúltalles aburrida e buscan o extraordinario en tódolos aspectos da súa vida.
20
O CHOUPO NEGRO (bon gusto) Do 4 ao 13 de xuño Do 2 ao 11 de decembro Xunto co salgueiro e a abelaira é un das árbores consagradas á Gran Deusa (magna Xea) cuxas representantes na antigüidade eran as mulleres coñecedoras dos poderes curativos das plantas. Características: Persoas dunha beleza que con frecuencia impresiona e á cal coidan moito. De natureza sensible, a miúdo reflexionan demasiado o que lles ocasiona medos variados. Procuran a máxima comodidade cunha lixeira tendencia ao egoísmo. Buscan parella coa que complementarse e rara vez se senten satisfeitos cós seus sentimentos. Soen ser máis queridos do que eles pensan, e poden querer. A OLIVEIRA (sabedoría) O 23 de Setembro É unha árbore antiga e sagrada. A deusa Afrodita untaba có seu aceite ós heroes despois do combate; ademais de estar consagrada á Athenea, deusa da sabedoría, na Antiga Greza era símbolo de paz, prosperidade e esperanza. Características: Son persoas discretas, razoables e equilibradas, nunca se meterían na vida doutras persoas a non ser que se lles pedira. Pola mesma razón, os seus encantos non se ven a primeira vista. Intelixentes e caseiros prefiren a tranquilidade dunha conversa ás aventuras. No plano sentimental, non son ciumentos, ou polo menos que non se lles vexa, ademais toleran ben as liberdades da súa parella.
A FIGUEIRA (sensibilidade) Do 14 ao 23 de xuño Do 12 ao 21 de decembro É unha vella árbore sagrada que xa estaba presente no xardín do Edén. En Exipto foi morada de Isis (deusa nai) e na Idade Media fóronlle atribuídas propiedades máxicas. Características: Soen ser persoas cunha forte personalidade, de opinións firmes e un xenio vivo, o cal non é cousa de calquera. A pesar diso, a miúdo posúen un gran sentido do humor e procuran sempre estar con persoas que as admiren. Son un tanto namoradeiras e encántalles compartir.
21
O BIDUEIRO (espírito construtivo) O 24 de xuño En Siberia e na India é considerada unha árbore máxica, chea de forza creadora e espantadora de desgracias. Características: Son modestas e discretas, persoas cun pensamento positivo. Parcas na comida e nunca excesivas na bebida. Nin esixentes, arrogantes ou prepotentes. Desprezan todo o vulgar e rudo. Aínda que a súa ambición sexa escasa, a súa imaxinación e intelixencia, máis que a súa constancia, chegarán a alcanzar as súas metas. No amor non son precisamente apaixonadas, pero si fieis e constantes, ademais posúen un alto grao de sentimentalismo, nunca crearán dificultades ao seu compañeiro. En fin, unha xoia.
A FAIA (creatividade) O 22 de Decembro Considerase a árbore preferida das fadas. Nos bosques de faias organizan as súas danzas nas noites de lúa chea. Características: Son persoas de trazos esveltos conscientes da súa beleza, preocupados pola súa aparencia física, que adornan con roupa e decoración. De mentalidade práctica e utilitarista, teñen a súa vida ben organizada. Procuran manterse en forma durante o máximo tempo posible. No amor son de talante caseiro, non son soñadores senón que buscan o necesario e están a gusto cos seus.
22
Para os celtas unha árbore era un ser vivo que posuía alma e espírito, cargada de simboloxía asociada coa fertilidade. Por iso tamén algúns consideraban que nelas vivían as almas dos seus antepasados. Na cultura celta, era un rito, plantar unha árbore cando alguén nacía, en honor a aquela vida nova. A planta éralle consagrada coa finalidade de que o protexese e ambos coidaríanse mutuamente. A árbore só se consideraba protectora se aquel a quen fose encomendada a coidaba como tal. Se a especie crecía robusta, a persoa sería sa e tería longa vida. O feito de que no horóscopo aparezan especies non autóctonas do territorio ocupado polos celtas, como o son por exemplo a oliveira ou a figueira, pode ter unha explicación na expansión celta polo mediterráneo. Daquela, non desprecedes as belezas que nos da a Nai Natureza, xa que en calquera árbore pode estar un dos vosos antepasados. Espero que vos gustara.
Fontes de consulta: Imaxes: www. Ruebe – Zahl.de Texto: Horóscopo Celta, Revista Mujer de Hoy (Entrega 2005 -2006)
23
PCPI: PROGRAMA DE CUALIFICACIÓN PROFESIONAL INICIAL Laura Prados García (PCPI) Que é un PCPI? Os programas de Cualificación Profesional Inicial (PCPI) inclúense nas medidas específicas a atención a diversidade. Intégranse nas políticas públicas que garanten o dereito a educación. Os PCPI baséanse nos seguintes principios: •
calidade, suficiencia e estabilidade da oferta,
•
personalización da ensinanza,
•
integración das aprendizaxes,
•
responsabilidade educativa compartida polas administracións educativas, os servizos sociais, o entorno comunitario, o tecido empresarial, e polo propio alumnado. As súas finalidades son:
• proporcionar e reforzar competencias que permitan o desenvolvemento dun proxecto de vida satisfactorio, • proporcionar competencias profesionais propias dunha cualificación de nivel 1, • proporcionar FCT ou TP(regulados, avaliables e tutelados, • facilitar o desenvolvemento das competencias básicas para a obtención do título de graduado en ESO, • prestar apoio titorial e orientación socio-laboral personalizadas, • facilitar experiencias positivas de aprendizaxe, convivencia e traballo, • desenvolver a capacidade de seguir aprendendo, • conectar as necesidades e finalidades do sistema educativo e do sistema produtivo.
24
Os seus destinatarios son: • alumnado escolarizado en grave risco de abandono escolar ou con historial de absentismo acreditado, • alumnado desescolarizado, por rexeitamento escolar, • alumnado desescolarizado por abandono temperán pero que desexan reincorporarse os estudos, • alumnado de incorporación tardía ao sistema educativo e en idades de escolarización post-obrigatoria, e con necesidade de acceder rápidamente o mercado de traballo. Vías de acceso: Pode acceder a un PCPI o alumnado maior de 15 anos e, preferentemente, menor de 21, que non obtivese o Graduado da ESO (ou que se prevexa que non o obterá pese ás medidas ordinarias). Condicións adicionais para cursar un PCPI: • • •
haber esgotado as vías ordinarias de atención á diversidade, compromiso explícito do alumno (ou dos seus pais, se son menores) de aproveitamento, non ter superado outro PCPI. Titulación ao terminar: Unha vez superado o PCPI, obtéñense as seguintes acreditacións oficiais, en función dos módulos superados: certificado ou certificados que correspondan, de profesionalidade de nivel 1, en función dos módulos profesionais específicos superados, • certificado académico que permitirá o acceso aos Ciclos Formativos de Grao Medio, se se superan os módulos obrigatorios, certificado do Programa de Cualificación Profesional Inicial, se se superan todos os módulos do programa. Neste caso, obterase tamén o título de Graduado/a en Educación Secundaria Obrigatoria. •
•
25
OS MEUS REIS MAGOS Ángela Filgueira Calvo (PCPI)
Corría o ano 1999, achegábase o día que máis agardaba do ano, de todos os anos, levaba tanto tempo coa ilusión, e só quedaba un día, apenas un día para a chegada dos Reis Magos, eu, tan pequena, só tiña seis anos. Levei a desilusión máis grande que endexamais esperaba levar, a noite dos Reis descubrín que todo o que me dixeran durante todo ese tempo durante eses longos seis anos foran fantasías para ilusionarme. Os Reis Magos non existían! Meus pais e todos os meus tíos, eran os que mercaban os agasallos polo Nadal.
http://www.cuentoalavista.com
Aquel dia que máis agardaba do ano, estaba moi triste e moi defraudada: os Reis, os meus Reis, e os Reis de todos os pequenos do mundo, tan so eran unha fantasía, non era realidade, eran contos, mentiras... Mais aínda que levei un gran desgusto, ao saber que isto era a realidade, no momento non me doeu moito, ata que o pensei, porque nese instante púxenme a abrir agasallos, e esquecinme de todo. Desde ese momento, como sabía que eran eles os que os mercaban, con toda a ilusión do mundo, para facerme feliz, comecei a pedirlles o que quería, porque sabía que mo darían e así foi...
http://blogdevilva.blogspot.com.es
Corre o ano 2013, teño xa 20 anos, e aínda sigo recibindo os meus agasallos, dos meus verdadeiros Reis Magos, chamados...FAMILIA!
http://petalosalvuelo.blogspot.com.es
26
UN DESCUBRIMENTO Cristina Sequeiro Oreona (PCPI)
Aquel día de decembro, polo Nadal, María tiña 7 anos. Estaba próxima a noite de Reis e ela estaba moi nerviosa por saber o que lle ían traer. A nena estaba pasando o Nadal cos seus pais na casa dos seus avós, na vila onde viven. Os pais desde hai uns días dicíanlle que ían limpar o faiado; e María, con curiosidade, porque non comprendía a que viña todo aquilo, foi mirar o que facían. A súa sorpresa foi moi grande cando descubriu ao o seu pai botando comida nun prato e limpando una caixa de area que alí estaban. María non comprendía este estraño comportamento do seu pai escapou de alí correndo e sixilosa, por se a descubría. Pasaron un dias e chegou o tan esperado día de Reis. María levantouse ás once e viu que había moitísimos agasallos onde deixara os seus pequenos zapatos.
www.mundogato.net
Entón foi correndo moi contenta a despertar a
súa irmá maior para que fose abrir os agasallos con ela. María empezou a abrilos un por un porque había moitos paquetes: roupa, xogos de mesa, unha consola, un móbil... Cando abriu o ultimo agasallo, unha caixa grande, cuns estraños furados aos lados, envolvida cun papel azul moi rechamante, viu que dentro había un gato, branco con moito pelo, e pequeniño que en canto se abriu a caixa maiou e saltou todo contento. A nena, moi ilusionada, comezou a pensar nun nome para o seu gatiño e non se daba decidido por ningún ata que veu o seu curmán pequeno e deulle a idea de chamarlle Doraemon, e así quedoulle ese nome. Ao cabo dun tempo, María púxose a pensar e comprendeu o que facía o seu pai no faiado nos días anteriores: darlle de comer ao gato e limpar as súas cagallas. Daquela decatuse de que os Reis Magos non existían, que eran os seus pais. María quedou calada sen saber o que facer. Despois duns días foi falar cos seus pais e, para asegurarse, preguntoulles se os Reis existían. Eles dixéronlle que si, ela contoulles o que vira e desde entón xa non lle fan tanta ilusión os agasallos de Reis, pero encántalle o seu gato Doraemon ao que coida con moito agarimo.
27
ENTREVISTA A UN MALABARISTA Irene Gräf Díaz (2º A - BAC)
Jose Naveiras é un compañeiro noso, que ademais de traballar duro no restaurante familiar e e estudar así, así... é capaz de facer malabares con botellas, pelotas, laranxas, cubiños de xeo e cocteleiras. Facémoslle unha entrevista para que nos conte como é que adquiriu esta afección. Dende cando practicas o malabarismo, Jose? Pois... hai dous anos case, ponlle que un verán e medio... Cando atopaches a túa paixón por iso, por que foi que comezaches a interesarte polo malabarismo? Bon, cando empecei, é dicir, hai dous veráns, vira un día un polaco na terraza do bar onde eu traballo e facía aquelas cousas coas botellas e outros obxectos. Así cando o vin, gustoume e empecei eu tamén a facer esas manobras, con froita principalmente... O rapaz tamén debeu de darse conta porque se achegou a min e regaloume unha botella... De todas maneiras, cunha botella soa quedábame curto, é dicir, necesitaba máis botellas (tres polo menos). Logo xa comprei o meu propio equipo e metinme de cabeza nisto. Atopácheste con dificultades ou foiche doado dende o principio? Comecei con pelotas, pequenas, das de tenis, co cal me resultou bastante máis doado que coas botellas. Practicas diariamente...? Non, máis ben por semana, cando teño un tempo libre... Como teño que limpar o trasteiro, e para o que me dura... pois nada dez minutiños, un cuarto de hora... A non ser que vaia facer un vídeo, daquela si que boto alí media hora ou dúas. É que leva o seu tempo.
28
Sóbelos logo ás redes sociais? Bon, si, son dous vídeos nada máis, no facebook... Como te sentes cando fas malabarismo, que che fai sentir? Pois verás, entro en contacto co meu “eu” interior e síntese unha paz e relaxación..., unha liberación desestresante. Esqueces de todo e dos demais, só se concentra un nas botellas e en que non caian, co cal, xa está. Que dirías ti que hai que ter en conta e que non se debería facer? Iso depende de para que se queira utilizar o malabarismo. Se o fas, por facer, de maneira lúdica, non hai que preocuparse moito. Se cae unha botella, cae. Tampouco hai que concentrarse excesivamente, daquela os malabares tamén saen sós. Agora, se tes xente diante requírese maior concentración, pois estas máis pendente do que fas e, claro, tamén depende de quen teñas diante, concéntraste mais ou menos. Eu practico así na terraza, ás veces, e intento facer algunha coreografía acorde coa música que estea a soar nese momento, e boto algunha que outra mirada para ver algunha que estea aí mirando. Está todo calculado! Participaches algunha vez nalgún concurso? Non, pero tiña pensado participar nestes meses de marzo e abril, nun concurso a nivel galego... Gustaríache dedicarte a elo de maneira profesional? Non, porque non se gana moito, fágoo máis, tipo hobby. Agora ben, se o meu hobby dese diñeiro, claramente era de pensar. Que dirías ti que é importante a hora de comezar, que lle dirías a alguén que se quixese dedicar a isto? O máis importante é que che guste, e logo practicar moito. Se cadra poñerlle paixón. Algunha anécdota? Algo que queiras contar? Si, bon... os fins de semana, cando acabo de traballar, vou cun amigo que tamén lle gusta o do malabarismo e practicamos entre os dous, na trasteira, coas botellas e coas cocteleiras. Temos montado alí un set con cables e bombillas, que parece un espectáculo de luces e colores. Así eu o pico un pouco e el a min... sérvenos de motivación e, claro, pasámolo ben que é o importante. Moitas grazas Jose, e até a próxima. De nada muller, un pracer, coma sempre...
29
CRISTIANO RONALDO Yeray Varela (PCPI) Cristiano Ronaldo Dos Santos Aveiro (tamén chamado El CR7, deseado, El bicho) naceu en Portugal, na illa da Madeira. É considerado como un dos mellores xogadores do mundo, e mesmo o mellor e o máis completo para algunhas persoas. É un dos deportistas máis mediáticos da actualidade. Foi destinguido co premio ao mellor xogador da Premier League no 2007-2008, así como xogador portugués do ano nese mesmo período. Polo seu labor durante a temporada 2007-2008 foi acredor da Bota de Ouro, e o Fifa World Player no 2008. Comenzou a súa carreira sendo moi novo no C. D. Nacional da súa localidade, para logo xogar no Sporting de Lisboa, club no que debutou na máxima categoría do fútbol portugués no ano 2001. Tras observar o seu xogo nun amistoso no 2003, o Manchester United inglés fichouno por 12,24 millóns de euros. Despois de longas negociacións, no 2009 foi traspasado ao club Real Madrid. O 11 de xuño dese ano o Manchester United aceptou a oferta de 96 millóns, para que o Real Madrid negociara co xogador sobre o seu propio futuro, tras as súas constantes peticións por abandonar o equipo inglés. O traspaso foi confirmado o 26 de xuño, desta forma a operación converteuse no traspaso máis caro da historia do fútbol mundial. O 6 de xulio foi presentado no Santiago Bernabeu ante 80.000 persoas. Na cerimonia entregóuselle a camiseta co número 9, que deixara vacante o dianteiro arxentino Javier Saviola, tras a súa marcha ao S. L. Benfica. O portugués asinou o seu contrato por 6 anos cun salario de 13 millóns netos anuais. Entre os moitos récords da súa carreira figuran: Xogador do ano Sir Matt Busby 2004, 2007, 2008 Premio UEFA ao equipo do ano 2004, 2007, 2008, 2009 Mellor xogador xove do ano 2005, 2006 Premio PFA ao equipo do ano 2006, 2007, 2008, 2009 Premio FWA ao xogador do ano 2007, 2008
30
Premio PFA ao xogador do ano 2007, 2008 Mellor xogador Premier League 2007, 2008 Futbolista portugués do ano 2007, 2008, 2009 Premio ao equipo do ano 2007, 2008, 2009 Premio mellor xogador xove do ano 2007 Once de prata 2007, 2009 Balón de prata France Football 2007 Terceiro posto FIFA World Player 2007 Bota de ouro Premier League 2008 Goleador liga de Campións 2008 Mellor dianteiro 2008 Bota de ouro 2008, 2011 Onze d’Or 2008 Xogador do ano da UEFA 2008 Dianteiro do ano da UEFA 2008 Foto: http://es.wikipedia.org/wiki/Cristiano_Ronaldo
Mellor xogador do mundo 2008 Balón ouro France Football 2008 FIFA World Player 2008 Balón de prata France Football 2009 Segundo posto World Player 2009 Premio puskas 2009 Goleador da Copa do Rei 2011 Trofeo pichichi liga española 2011 Goleador do ano da UEFA 2011
Cristiano Ronaldo ten o mellor promedio de goles 1,0 por partido, e marcou a todos os equipos da liga española.
Fontes: http://es.wikipedia.org/wiki/Cristiano_Ronaldo http://www.cristianoronaldogol.com/palmares-y-titulos-cristiano-ronaldo-cr7
31
ACCIÓN DIRECTA RECUPERACIÓN DE ESPAZOS PÚBLICOS Icía Meizoso Vázquez ( 2º B – BAC )
A finais de xuño do verán pasado iniciouse una iniciativa da man do meu pai e uns amigos seus da infancia, debido ao horror causado polo mal estado dos espazos públicos naturais de Ferrol. Lugares con potencial beleza arrasados polas silvas e totalmente abandonados polo goberno actual de Galicia, e os anteriores, abríronlles os ollos a unha panda de cidadáns que non estaban dispostos a ver como os lugares máis fermosos de Ferrol morrían lentamente. Ao comezaren causaron polémica, pero cada sábado realizan unha acción diferente e a súa presencia comeza a ser habitual. Decenas de propostas son sometidas a votación cada semana, pero cun único fin: recuperar os espazos naturais de Ferrol.
Como nace Acción Directa? Nace no mes de agosto de 2012, un día que fun coñecer a senda ártabra en Covas. Alí vin un panel informativo que mencionaba o lavadoiro de ouro e cobre de Ponzos. Achegámonos e a visión foi desoladora. Toxos de tres metros de altura e silvas tapaban 32
toda a construción e apenas deixaban ver a cheminea. Indignoume ver como as diferentes autoridades abandonan os espazos públicos da nosa cidade. Cheguei a casa, creei o grupo de facebook e alí empezou todo. Como reaccionou a xente? Moi ben, axiña uníronse varios amigos ao grupo e co efecto “bola de neve” en poucos días eramos máis de cen persoas. Hoxe en día chegamos case a 300. Cal foi vosa primeira acción directa? Por suposto o lavadoiro de ouro e cobre de Ponzos. Quedamos os sábados pola mañá e tardamos tres xornadas en acabar. O resultado foi espectacular. E a reacción das autoridades? O silencio. Comunicamos por escrito, con rexistro de entrada, a nosa actuación á Alcaldía, presentámonos e informamos dos residuos e da limpeza que fixeramos. A día de hoxe seguen sen recoller. Cando convocamos unha acción comunicámosllo a toda a corporación municipal por correo electrónico. Xamais responderon. Cales son os vosos obxectivos? O noso obxectivo fundamental é paralizar a inversión de un millón de euros na Praza de España e que ese diñeiro, e máis que se presuposte, se dedique á creación de brigadas de persoas desempregadas que se dediquen a manter en bo estado os espazos públicos. Cantas accións realizáchedes? Ata a data van quince, a última foi a rozadura da maleza do miradoiro do CIS, na Cabana. Como elixides as accións? A través da páxina de Facebook. Está aberta a que calquera faga propostas e entre todos decidimos. Ás veces realizamos accións sorpresa que non publicitamos, pero o resto é completamente democrático. Aquí non hai xefes. Cal foi a túa acción favorita? A miña, sen dúbida, a limpeza da Batería de San Cristovo. Foi a de maior duración, a máis dura e, á vez, a máis gratificante. Tamén teño que mencionar o I Campionato Mundial de Pesca de Pneumáticos, celebrado recentemente na Malata. Retiramos dezanove pneumáticos do mar, conseguimos reunir a un montón de xente, fixemos entrega de trofeos... Foi unha acción moi reivindicativa e divertida á vez. Tedes algún obxectivo político? Por suposto, expliqueicho na pregunta dos obxectivos. Este grupo está aberto a persoas de diferentes ideas políticas, pero intentar forzar a Administración a que actúe é política. Toda acción social é política, pero tampouco podemos dicir que o grupo se forme para 33
actuar en contra dun partido político determinado. Os toxos de Ponzos e de San Cristovo son anteriores ao PP e ao PSOE no goberno municipal. Ata cando Acción Directa? Ata que chegue un alcalde que se avergoñe da nosa presenza e decida relevarnos. Por último, como se pode contactar con vos? É moi sinxelo, a través da nosa páxina de Facebook ou o noso correo electrónico: recuperaciondeespazospublicos@gmail.com. Tamén temos un Blog: http://recuperaciondeespazospublicos.blogspot.com.es
Acción Directa na rozadura e limpeza da Batería de San Cristovo. Foto www.eldiario.es
Acción Directa na limpeza da praia de Doniños. Foto J. Meis (Diario de Ferrol)
34
ECOSISTEMAS E CAMBIO CLIMÁTICO Erik Martínez Sixto (2º B - ESO)
O mesmo que na terra de hoxe en día, ao longo de millóns de anos, a Terra experimentou cambios no seu clima, sufrindo variacións na temperatura como nos períodos glaciares e nos quentamentos globais do pasado. Cada vez que se produce un destes cambios climáticos, as especies animais e vexetais sofren moito e, nun gran número de casos, a especie se acaba extinguindo. Aínda que houbo multitude de cambios climáticos, o único producido por seres vivos foi o que estamos vivindo na actualidade. A diversidade biolóxica, fonte dun enorme valor ambiental, económico e cultural, é ameazada polo rápido cambio climático. Ao mesmo tempo, os hábitats poden
cambiar a medida que se degradan e se
fragmentan en resposta a outras presións humanas. As especies que non podan adaptarse con suficiente rapidez, poden extinguirse, o que representaría unha perda irreversible. Entre os cambios máis apreciables poden mencionarse a chegada más temperá das aves migratorias na primavera e a súa partida máis tarde no outono, unha prolongación da temporada de cultivos en Europa, de 10,8 días para os hortos de especies combinadas, controlados dende 1959 a 1993, un período de reprodución máis temperán en primavera para moitas aves e anfibios. O cambio climático pode afectar aos ecosistemas de moitos modos, sendo entre os máis comúns os seguintes: •
Os ciclos da vida de moitas plantas e animais silvestres están estreitamente vinculados ao paso das estacións; o cambio climático pode levar á perda da sincronización, dando lugar a extincións ou cambios da distribución e abundancia das especies.
•
Desprazamento de especies ata o norte de Europa, por mor dos veráns cada vez máis secos que se dan nos países do sur, e ao avance da desertización e dos períodos de seca que poden afectar a moitas especies de animais e plantas.
35
•
Os invernos suaves que poden afectar a moitos mamíferos e insectos que diminúen a súa actividade, evitando a súa entrada en hibernación durante este período no que a comida é escasa e poden morrer de fame.
•
Cada vez son máis visibles os efectos do cambio climático, sobre todo nas zonas polares nas que se aprecia un desxeo de gran intensidade . O cambio climático ten gran impacto nos ecosistemas. Co aumento da temperatura global
hai unha gran diminución da caída de neve, e un crecemento dos niveles dos océanos. Os ecosistemas cambian para facer fronte ao aumento da temperatura. Consecuentemente, moitas especies son levadas fóra dos seus hábitats. Os osos polares están comezando a padecelo. Necesitan o xeo onde cazan focas, a súa presa principal; porén, as capas de xeo estanse derretendo, facendo o seus períodos de cacería máis curtos cada año. Como resultado os osos polares non están acumulando a suficiente cantidade de graxa para o inverno, e como consecuencia disto non se poden reproducir axeitadamente. A auga doce e os ecosistemas secos están sufrindo os efectos do aumento da temperatura. O clima cambiante pode ser devastador para o salmón, a troita e outras especies acuáticas. Os peixes de auga fría poden eventualmente deixar as
súas
zonas naturais -que se quentarán- para viviren noutras augas frías elevando os seus niveis de migración. Mentres moitas especies tiveron dispoñibilidade para se
Mapa do aumento das temperaturas medias do planeta nos últimos catro anos. http://www.ecologiaverde.com
adaptaren ás novas condicións, outras especies son menos afortunadas, xa que a
opción de migrar, por exemplo, non está dispoñible para os osos polares e para unhas cantas especies acuáticas. O desxeo tamén inundará as cidades costeiras de todo o mundo facendo que morra un 40% da poboación mundial, as temperaturas serán tan altas que o ser humano non poderá aguantalas e aínda lográramos sobrevivir a todos estes fenómenos, e os que veñan
como
consecuencia destes, non poderemos conseguir alimento xa que moitas especies vexetais morrerán e, polo tanto, tamén os animais que se alimentan deles. Hoxe en día o noso planeta nos esixe cambios na nosa conduta. Xa a Natureza está enferma e nós igual que fomos os causantes da súa enfermidade, podemos ser a cura para remediar este gran erro que nos matará o planeta e mais a nós. Temos que intentar cambialo, ti podes cambialo: que vas facer? Fontes: (Texto traducido da wikipedia)
36
OS ARTURINDOUROPEOS Claudia Gallego Sixto, Marta García Martínez (4º A – ESO) Arturo sempre nos amola cos dichosos indoeuropeos. Pero... que son as linguas indoeuropeas? Estas son un conxunto de linguas flexivas parentes. Nomeounas así Franz Bopp no 1816, cando se deu conta das similitudes (declinacións, léxico, conxuncións... etc.) que amosaban moitas linguas moi afastadas no espazo, é dicir, xeograficamente (do Índico ó Atlántico) e tamén no tempo (do 1.000 a. C. ó 1800 d. C.).Tomemos como exemplo este cadro:
sánscrito
Grego
Latín
Antigo
Anglo-
irlandés
saxón
Ruso
Lituano
Signif. Galego
Bhratar
Phrater
Frater
Brathir
Brother
Brat
Broterelis
Irmán
matar
meter
mater
mathir
moder
math'
mote
nai
aham
ego
ego
ic
ia
asz
eu
ma
me
me
me
me
menya
mi
me
daca
deka
decem
deich
tien
desiat
deszihtis
dez
asti
esti
est
is
is
jest'
esti
é
Como se explican tantas semellanzas? Temos dúas hipóteses: a primeira sería que, todos os pobos que presentan na súa lingua estas semellanzas, proceden dun único pobo prehistórico xa desaparecido, ó que chamamos indoeuropeo; este pobo sería gandeiro, agricultor, coñecedor da metalurxia, cazador, guerreiro e navegante, polo léxico común neses campos. A segunda di que os pobos que presentan estas coincidencias foron algunha vez veciños, e por iso se influíron lingüisticamente.
Imaxe da Wikipedia 37
Cal é a conclusión? Que o indoeuropeo é, por tanto, unha hipótese dos lingüistas coa que queremos nomear o pasado común da maior parte das linguas de Europa e de Asia, excluíndo o vasco, o finés, o húngaro e as linguas sino-austrinas. E estas son algunhas das linguas actuais derivadas do indoeuropeo que atopamos no noso continente: XERMÁNICO:
islandés, noruegués, sueco, danés, holandés,flamenco, inglés, alemán, galés, bretón.
GREGO:
grego moderno
CELTA:
irlandés, gaélico, galés, bretón.
ESLAVO:
ruso, ucraniano, polaco, checo, eslovaco, esloveno, serbocroata, búlgaro.
ITÁLICO:
italiano, provenzal, franco-provenzal, francés, rético, castelán, catalán, galego-portugués, sardo, romano.
BÁLTICO:
letón, lituano.
(Evidentemente, omitimos as linguas Asiáticas por falta de espazo concedido para o traballo). Neste artigo trataremos do lexema indoeuropeo:-ker, sker. Como trazou o home as súas primeiras escrituras? Probablemente con axuda dun instrumento cortante, unha punta de sílex ou unha folla, porque no orixe da noción de escribir achamos a raíz, ker -*sker, que expresa a idea de cortar,, e que atopamos tamén en sánscrito coa forma krnati “ferir”; e krth “coitelo”. A noción de “cortar” atópase á vez nas linguas románticas e nas xermánicas: corto en español e italiano, court en francés, curto en portugués, short en inglés, kurz en alemán. Tamén está en el francés écharde, “arxila”, no inglés share “compartir”, shirt “camisa”, no alemán scheren, “esquilar”, e schramme “rabuñadura”..
38
Da forma derivada *squeribh, “incidir”, veñen á vez a idea de escarificar e escribir, de aí: escribente
escriba
descritible
proscrito
escrito
escribanía
indescritible
rescrito
escrita
sobrescribir
inscribir
subscribir
escritor
sobrescrito
inscrición
subscrición
escritorio
adscribir
prescribir
subscritor
escritura
circunscribir
imprescritible
transcribir
escriturario
circunscrición
prescrición
transcrición
escriban
conscrito
proscribir
transcrito
escribán
describir
proscrición
infraescrito
cribo
criba
acribillar
crime
discriminar
cerner
cernir
cerneja
certo
acetar
cerciorar
certificar
decreto
discernir
excretar
secreto
crise
criterio
critica
hipócrita
écrire
escrever
scrivere
schreiben
A idea de “cortar” aplicouse tamén a todo o que se podía separar en anacos,
Imaxe de www.pearltrees.com 39
esquilar
esquirar
jilmaestre
escora
escorar
esgrima
esgrima
escaramuzar
carne
carneiro
garniel
carnaval
cuero
coiro
coiraza
curto
cuértago
cúrtago
escorzar
escorzo
corma
cortiza
corcho
escorchar
cena
escrófula
cuir
écorce
cuoio
corteccia
coiro
cortiça
cuirasse
corazza
couraça
coriace
coiraceo
cork
kork
coriáceo
carnerario
carroña
chair
charnier
charogne
carnaio
carogna
carneiro
charcutier
carnéfice
E do grego “sarkós” obtemos: sarcófago, cercueil e sarg (al. Ataúde). Fontes: Diccionario etimológico de la lengua castellana, Juan Corominas (Breve) Diccionario etimológico indoeuropeo de la lengua española, Edward A. Roberts e Bárbara Pastor E... Arturo Cribeiro.
Imaxe de vuelaunalechuza.blogspot.com.es
40
REBECA MARCIAL RICO UNHA XIMNASTA CON MOITO RITMO Lucía Fonseca Fernández (1º B – ESO) Temos a sorte de ter entre nós á nosa compañeira Rebeca, que no mes de decembro acudiu a Castellón para participar no Campionato de España de Ximnasia Rítmica. Facémoslle unha entrevista para que nos conte algo da súa fermosa actividade deportiva. Cando comezaches a practicar este deporte? Comecei aos cinco anos, polo tanto xa levo sete anos practicando ximnasia rítmica. Onde comezaches a súa práctica? Comecei aquí en Canido, no colexio no que estaba estudando, o CEIP Almirante Juan de Lángara y Huarte, cando ía en Infantil de 5 anos. Como é que te entrou o gusto pola práctica deste deporte? Non houbo nada especial, eu metinme na ximnasia rítmica porque era unha actividade que se ofreceu no colexio. As miñas amigas apuntáranse, e daquela eu decidín apuntarme tamén.
41
Agora en que club estas? Desde os sete anos estou no “Club Esquío”, que está no Ensanche de Ferrol”. Cantas horas diarias dedicas ao adestramento e á práctica da ximnasia rítmica? A práctica da ximnasia é un deporte que esixe moita dedicación. Dedícolle unhas dúas ou tres horas todos os días. Dúas ou tres horas todos os días... E el quédache tempo para estudar? Queda. Despois de xantar póñome a estudar e a facer os traballos de clase. Ás seis vou ás clases de ximnasia, e logo, cando volvo, ás veces leo, ou repaso os temas, se me quedou algo por facer. Cal foi o teu primeiro campionato fóra de Galicia? Foi en Toledo, un torneo organizado polo club “Odelot”, desa mesma cidade. Daquela tiña eu oito anos. Cales foron os campionatos máis importantes aos que asistiches? Ademais dos campionatos galegos e dos campionatos de España, asistín este ano por primeira vez a un campionato internacional, o “Euskalgym”, en Bilbao. Durante os sete anos que levas practicando ximnasia rítmica, que aparatos fixeches? Ademais de mans libres practico a ximnasia co aro, coa pelota, coa corda e coas mazas. O único que aínda non fixen foi a ximnasia con cinta. En que categoría estas agora? Agora estou federada, na categoría de Infantil de segundo ano. Ademais da ximnasia practicas outros deportes? Si, tamén fago puntas, unha modalidade de ballet, e jazz, un estilo de baile, unha vez á semana. Ánimo, Rebeca, que ti podes con todo!
42
43