APICULTURA

Page 1

O TRABALLO DO APICULTOR

ALICIA SOMOZA RODRร GUEZ 1ยบD


ÍNDICE ● ● ● ● ● ● ● ●

Que é a apicultura ? Que é un apicultor ? O traballo do apicultor Que obtén ? Os materiais do apicultor As súas vestimentas Salvando o mundo Webgrafía


QUE É A APICULTURA? A apicultura é a actividade que se dedica á cría das abellas e a darlles os coidados necesarios co obxectivo de obter e consumir os produtos que son capaces de elaborar e colectar. A persoa que realiza este traballo recibe o nome de apicultor.


QUE É UN APICULTOR ? Un apicultor é unha persoa encargada de coidar e manter ás abellas melíferas co fin de obter beneficios. O traballo do apicultor pode selo por afección ou coma actividade profesional.


O TRABALLO DO APICULTOR ●

Escoitar e observar ás colmeas:

O apicultor debe escoitar á colmea e observala. Ten que facelo atentamente para detectar os cambios producidos, problemas…

Estudar ás abellas:

Non só ten que saber identificar ás abellas, senón debe de coñecer cada unha delas e a súa relación coas demais, os seus hábitos, os costumes… Desta forma o apicultor pode interpretar o que observou e actuar en consecuencia.


QUE OBTÉN O APICULTOR ?

Mel

Xelea real

Cera

Apitoxina (veleno)

Pole


OS MATERIAIS DO APICULTOR


AS SÚAS VESTIMENTAS ●

Mono: Colócase sobre sobre a roupa. Outra forma de vestirse é con roupas claras e lisas, xa que se son escuras ou de tea abrigada (“peluda”) poden irritar ás abellas. Este traxe ten unha peculiaridade: ten un produto que fai que as abellas non te piquen, isto impide que se lave para que non se perda ese produto, por esta razón é moi recomendable.


AS SÚAS VESTIMENTAS

Escafandro ou veo: Pode ser de arame ou plástico. Debe ser ampla para que non estea en contacto con partes da cara porque as abellas poderían picarte polos ocos da rede. Ten que estar ben posto para evitar que as abellas piquen.


AS SÚAS VESTIMENTAS ●

Luvas: Algún apicultores veteranos non as empregan porque están inmunizados e non senten as picaduras. É recomendable o seu uso para evitar picaduras e para traballar máis rápido. O seu material pode ser lona ou coiro. Os máis usados son de coiro pero á súa vez son máis pesados. Tamén hai quen traballa con luvas de goma, pero dan moita calor, poden danar a pel e teñen moi pouca duración


AS SÚAS VESTIMENTAS ●

Calzado: O calzado debe ser forte para evitar riscos ao camiñar polo campo, especialmente cando levas algunha colmea. Débese de ter coidado coa unión do calzado e do mono para evitar as picaduras das abellas na zona dos nocellos. É recomendable o uso de botas altas nas que se poda meter a parte baixa do pantalón.


SALVANDO O MUNDO Os pesticidas, o quecemento global… están prexudicando a poboación mundial, hai varias especies de abellas en perigo de extinción. Sen as abellas, a produción de froitos reduciría, e a pirámide alimenticia quedaría sen a súa base. A tarefa dos apicultores é esencial para manter a boa saúde do planeta.


WEBGRAFÍA ● ● ● ● ●

https://es.wikipedia.org/wiki/Apicultor http://www.mieldemalaga.com/apicultor/equipo.html https://www.impermexa.com/equipo-de-seguridad/traje-pa ra-apicultor/ https://es.wikipedia.org/wiki/Apicultura http://apiculturafacil.com/que-hace-un-apicultor/


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.