Guia de Castros da Galiza e Norte de Portugal

Page 1


Edición

Conselleira de Cultura e Deporte Director Xeral de Patrimonio Cultural Deseño e maquetación Revisión lingüística Tradución Impresión Data de impresión Tiraxe ISBN Depósito legal

XUNTA DE GALICIA CONSELLERÍA DE CULTURA E DEPORTE DIRECCIÓN XERAL DE PATRIMONIO CULTURAL ÁNXELA BUGALLO RODRÍGUEZ FELIPE ARIAS VILAS TRESCTRES

ANTONIO PUENTES TAGEN ATA (PORTUGUÉS/CASTELÁN) ANTONIO PUENTES (CASTELÁN/GALEGO) EUROGRÁFICAS XUÑO DE 2006 750 EXEMPLARES 84–453–4270–3 C–1675–2006 RESERVADOS TODOS OS DEREITOS XUNTA DE GALICIA




Estimado lector: Este libro que tes nas túas mans probablemente non sexa a máis completa guía de xacementos castrexos visitables que se pode encontrar na actualidade. Sen dúbida hai outras publicacións que ofrecen unha información máis detallada para algún dos xacementos. Porén, ten unha virtude innegable: por primeira vez pódense encontrar nunha única publicación castros a ambas as beiras da actual liña divisoria entre Galicia e Portugal. Nese senso supón un avance importante sobre outras publicacións precedentes por facer explícita de maneira conxunta a realidade cultural que, hai hoxe máis de 2000 anos, estaba presente nos nosos territorios. E esta foi a razón pola que os socios do proxecto CASTRENOR (Adrave, Universidade do Minho, Cámara Municipal de Monção e Xunta de Galicia) estiveron traballando: diluír as fronteiras actuais, reflectir a unidade cultural de época castrexa e facer desta cultura un produto identificable e accesible para o cidadán, con independencia de que o curso da historia teña provocado que na actualidade os seus vestixios máis sobresaíntes, os castros, estean xestionados por administracións diferentes. O investimento realizado nos últimos anos por ambos os países en investigación e conservación do patrimonio arqueolóxico en xeral, e de maneira especial na Cultura Castrexa, deu frutíferos resultados que se resumen en máis coñecemento e maior número de xacementos en disposición de ser visitados. Porén, chegou o momento de que os froitos dese esforzo revertan nunha sociedade que, cada vez en maior medida, demanda acceso e, especialmente, comprensión de dito patrimonio, o que fai necesaria unha inversión crecente na difusión. Con esta intención, os socios do proxecto presentaron unha proposta, que foi financiada no marco do programa europeo INTERREG IIIA, co fin de poñer en común as súas experiencias e de facer da Cultura Castrexa un produto turístico recoñecible e accesible a ambos os lados da fronteira. Así, xorde o proxecto CASTRENOR–Cultura Castrexa no Noroeste Peninsular, de natureza transfronteiriza, e que foi promovido por ADRAVE–Agência de Desenvolvimento Regional do Vale do Ave S. A., xuntamente coa Universidade do Minho, a Câmara Municipal de Monção e a Xunta de Galicia, a través da súa Dirección Xeral de Patrimonio Cultural, contando co apoio financeiro da iniciativa comunitaria INTERREG III–Cooperación Transfronteiriza Portugal–España, Subprograma Norte de Portugal/Galicia, Eixe 2–Revalorización, Promoción e Conservación do Ambiente e dos Recursos Patrimoniais e Naturais, Medida 2.2.–Sostibilidade Cultural, Patrimonio Histórico, Etnográfico e Identidade Local.


Basicamente, o proxecto pretendía acadar os seguintes obxectivos: – Crear unha rede temática, no ámbito da Cultura Castrexa, que contribuíse ó coñecemento e divulgación das raíces históricas dun territorio histórico común. – Potenciar e revalorizar o patrimonio arqueolóxico a través dunha programación de carácter transfronteirizo, garantíndose deste xeito a realización dun produto con calidade e con capacidade de atracción turística. – Organizar accións de potenciación turística e cultural como factor de atracción de visitantes. – Contribuír á creación de espazos turísticos e culturais máis amplos (Norte de Portugal/Galicia), que posibiliten novas fórmulas de desenvolvemento en rexións pouco favorecidas economicamente. Múltiples accións se sucederon para a consecución destes obxectivos: reunións das Administracións, encontros científicos, actos culturais, intervencións nalgúns castros, información na internet e, finalmente, esta guía, onde se recompila unha selección de xacementos singulares da Cultura Castrexa co obxectivo de que o gran público encontre unha maneira amable de se achegar ó noso patrimonio. Todos somos conscientes de que este é un traballo que non fixo máis ca principiar, e que aínda que o proxecto CASTRENOR rematase a través del contribuíuse, xunto co esforzo doutra moita xente, a sentar as bases necesarias para que futuras colaboracións sigan avanzando nesta liña, na de reunificar para os cidadáns unha realidade cultural que un día foi un conxunto claro, significativo e, sobre todo, conformador do noso territorio e da nosa paisaxe. Así pois, esta guía non é o punto final dun proxecto, só é un punto de partida para que futuros traballos afonden con maior convicción, se cabe, na protección, investigación e promoción da Cultura Castrexa.

FELIPE ARIAS VILAS

JOAQUIM LIMA

FRANCISCO SANDE LEMOS

JOSÉ EMILIO PEDREIRA MOREIRA

Director Xeral de Patrimonio Cultural

ADRAVE S. A.

Casa Sarmento

Câmara Municipal de Monção

Universidade do Minho


Índice Cultura Castrexa

9

Provincia da Coruña

13

Castro de Elviña Castros de Neixón Castro de Baroña Castro A Cidá de Borneiro Punta dos Prados

14 16 18 19 20

Provincia de Lugo

21

Castro Castro Castro Castro Castro

Castro Castro Castro Castro Castro Castro

de São Caetano de Cossourado da Senhora da Assunção de Lovelhe de Santo Estêvão de Carmona

52 54 55 56 57 58

Distrito de Braga

59

22 24 25 26 27

O Balneario Prerromano de Braga Castro de São Lourenço Citânia de Briteiros Citânia de São Julião Castro de Lanhoso Castelo de Faria Castro de Vieira Castro do Monte das Eiras

60 62 64 66 68 70 71 72

Provincia de Ourense

29

Distrito de Porto

73

Castro de San Cibrao de Las Castromao Conxunto arqueolóxico–natural de Santomé Cidade de Armeá

30 32 34 35

Provincia de Pontevedra

37

Monte Mozinho Citânia de Sanfins Cividade de Terroso Monte Padrão Castro de Alvarelhos Cividade de Bagunte

74 76 78 80 82 84

Castro de Santa Tegra Castro de Troña Monte do Facho Castrolandín Castro de Punta do Muíño do Vento Castro de Vigo

38 40 42 43 44 45

Distrito de Vila Real

87

Castro de São Vicente da Chã Castro do Lesenho Castro de Ribas

88 89 90

Proxecto CASTRENOR

91

Distrito de Viana do Castelo

47 Publicación

91

Cividade de Âncora Citânia de Santa Luzia

48 50

Bibliografía

95

de Viladonga de Zoñán de Fazouro da Torre de Santa María do Castro



Cultura Castrexa Os poboados fortificados de altura, designados como castros, foron o modelo de hábitat que marcou o I milenio antes de Cristo, o período que se designa como Protohistoria. Terá sido o modelo dominante, ou mesmo exclusivo, a partir da ultima fase da Idade do Bronce Final, aínda que varíen moito nas dimensións, contextos de localización, sistema defensivo e estrutura interna. Os castros constitúen, por outro lado, un dos segmentos máis significativos do patrimonio arqueolóxico do Noroeste peninsular. Enténdese como Noroeste peninsular o vasto territorio delimitado ó Sur polo río Douro, ó Leste polo Esla e ó Oeste e Norte polo Océano Atlántico, espazo actualmente ocupado por Galicia, Asturias e Norte de Portugal, así como pola franxa occidental das provincias de León e Zamora (Castela–León). Con todo, é en Galicia e no Noroeste de Portugal onde se sitúa a zona principal dos castros, distinguíndose dúas áreas distintas: unha ó Norte da dorsal galega (correspondente ás provincias da Coruña, Lugo e parte de Pontevedra); outra que abarca un vasto territorio desde a bacía final do río Miño, incluíndo a parte occidental da provincia de Ourense, o Entre Douro e Minho e Trás–os–Montes Occidental. A zona dos castros esténdese, incluso, cara ó Sur do río Douro, ata o Vouga. Na zona primordial da Cultura Castrexa xa foron identificados centos de castros, aínda que non exista un número preciso debido á inexistencia dun inventario exhaustivo. Por outro lado, non todos estes sitios serían coetáneos, é dicir, non posúen cronoloxías idénticas. Ó carón de sitios cunha longa diacronía, con parámetros cronolóxicos que se estenden do século X a. C. ó I d. C., hai outros que tiveron un tempo de existencia máis limitado, pois foron abandonados a mediados do milenio ou fundados na II Idade do Ferro. Incluso considerando esta posibilidade a densidade de castros é impresionante, favorecida por un contexto fisiográfico no que a auga é abundante. O Noroeste, en particular a súa franxa atlántica, posúe elevados valores de pluviosidade. As comunidades castrexas interviñeron de forma harmoniosa no contorno, preservando os bosques de árbores de folla caduca (carballo e acivro, entre outros) e baseando a súa economía na explotación agraria dos solos húmidos, onde cultivaban millo miúdo e liño, así como leguminosas. Nos solos máis secos producíase trigo e cebada. Os cumes dos montes, que rodeaban os castros, eran aproveitados para pasteiros, renovados por queimas. No seu conxunto, todos estes poboados fortificados, tanto as grandes citanias coma os pequenos castros, constitúen un amplo depósito informativo, que documenta máis dun milenio de historia, xa que algúns dos castros foron romani-


zados e, ás veces, reocupados na Antigüidade Tardía e na Alta Idade Media. Nalgúns casos, o lugar continuou habitado ata o presente, como se verificou a través das intervencións efectuadas no Alto do Morro da Sé na cidade de Porto, ou na cidade de Vigo. A Arqueoloxía dos castros iniciouse en 1875 co estudo da Citânia de Briteiros e desde entón mantívose como unha das principais liñas de investigación, tanto en Galicia coma no Norte de Portugal. Con base na información recollida ó longo de moitas décadas de estudo a maioría dos autores defende que a Cultura Castrexa comezou a organizarse a principios do primeiro milenio, no contexto da chamada Idade do Bronce Final, desenvolvéndose ó longo dos séculos VII e VI a. C. Neste período, o Noroeste peninsular mantiña contactos asiduos coa Bretaña, con Inglaterra, con Irlanda e mesmo co Mediterráneo. Instálanse os primeiros poboados de altitude, defendidos por murallas, como se verificou no Coto da Pena, en Caminha, e na Citânia de São Julião, en Vila Verde. Estes poboados, situados en puntos xeoestratéxicos, con ampla visibilidade sobre o espazo circundante, foron edificados en lugares clave, controlando os corredores de circulación de utensilios, armas e obxectos de bronce. Nunha fase posterior, o universo do Bronce Final/I Idade do Ferro crebouse, verificándose un proceso de fragmentación territorial, con autonomía política e económica en cada comunidade. Desenvolveuse unha segunda fase da Cultura Castrexa (500–200 a. C.), no ámbito da que os investigadores sinalan movementos de pobos oriúndos de Europa Central, aínda que se recoñeza a influencia mediterránea, asociada ó tráfico marítimo ó longo da costa atlántica. Máis tarde, despois da primeira expedición militar romana ó Noroeste, en 138–136 a. C., dirixida por Decimus Iunus Brutus, tería lugar unha significativa apertura do universo dos castros en relación ó Sur da península e ó mundo mediterráneo. Foi entre finais do século II a. de C. e durante o século seguinte cando a Cultura Castrexa acadou o seu auxe, materializado nas grandes citanias que adquiriron o estatuto de lugares centrais. A reorganización do territorio e do espazo interno dos castros non se limitou ós poboados maiores, tamén outros de menor dimensión se integran nunha ampla e significativa transformación. De acordo cos autores gregos e latinos as comunidades protohistóricas estaban organizadas en populi, é dicir, en entidades que congregaban os diversos castella. Cada pobo ocupaba un certo espazo, e é posible que houbese unha capital que asumise o goberno do conxunto dos castella que formaban un populus. Moitos dos sitios incluídos nesta guía foron sede de populi, pese a que, en ocasións, aínda non teña sido posible identificar de que pobo se trata.


Pero cal sería a xénese destes populi, citados nos textos clásicos e confirmados a través de inscricións ou da toponimia. Unha filiación directa co grupo dos pobos celtas está hoxe cuestionada. Segundo algúns investigadores as súas raíces encádranse no ámbito dun amplo movemento de pobos denominados indoeuropeos, oriúndos da Asia Central. Outros autores consideran que os poboados fortificados do Noroeste se desenvolveron nun proceso endóxeno, a partir da Idade do Bronce Final, sen influencias exteriores relevantes. A integración dos populi do Noroeste peninsular na Hispania só se concretou en tempos de Augusto, despois das campañas de 26–25 a. C. O modo en que se desenvolveu a conquista do Noroeste, a forma en que as comunidades se articularon co novo poder imperial é un dos temas máis fascinantes e discutidos da Historia da península Ibérica, e é posible que un complexo sistema de alianzas e de pactos fora decisivo. A duración da Cultura Castrexa, no contexto da nova Pax Romana é un asunto que divide os investigadores, se ben é certo que moitos castros se mantiveron ocupados ata mediados do século I e incluso no seguinte, mentres que outros foron abandonados de forma definitiva despois desta data. Fora como quixer, polo que se deduce da epigrafía votiva e funeraria, os elementos preponderantes das novas cidades eran os antigos habitantes dos castros. Os populi mantiveron a súa autonomía a través da rede de civitates, aínda que a nova sede se dislocase do castro cara a un lugar máis favorable. A Arqueoloxía e Historia dos poboados fortificados protohistóricos aínda suscitan diversas interpretacións científicas. É dicir, mantense tan vivo coma no século XIX o enigma das orixes, a vontade de descubrir as raíces das comunidades que habitaron os castros. Pero, ¿cales son os aspectos comúns a todos eses sitios? Os castros son indisociables da paisaxe que os rodea, dos territorios en que foron implantados, polo que o seu estudo implica, forzosamente, un profundo coñecemento das diferentes rexións polas que se distribúen. De feito, é significativo que varios castros sexan os mellores miradoiros para observarmos unha determinada rexión. Os castros poden parecer iguais se o visitante se limita a observar as ruínas. Pero, en realidade, cada un deles é singular, foi vivido e moldeado ó longo de séculos por unha comunidade. A súa relación coa paisaxe é sempre complexa e variada, expresando, pois, un pensamento profundo sobre o territorio de cada castro, sen dúbida sinalizado por entidades míticas. Nese territorio, as murallas marcan a estratexia da comunidade. Delimitan o espazo habitado e deféndeno. Dende sistemas defensivos moi simples, confinados a unha única liña de muralla, de terra ou pedra, na Idade do Bronce Final ou na I Idade do Ferro, verificouse unha progresiva evolución cara a matrices moi complexas. Na II Idade do Fe-


rro os grandes poboados da Gallaecia meridional estaban protexidos por entre tres e cinco liñas de muralla, así como por foxos escavados na rocha. Nas murallas abríanse as portas, puntos simbólicos de transición do universo exterior cara ó refuxio habitado. A estatua de guerreiro de Sanfins defendía unha desas portas. Por outro lado, o espazo interno de cada poboado non é un simple conglomerado de construcións circulares e rectangulares. Un castro congregaba un conxunto maior ou menor de familias extensas, que distribuían os seus elementos polas diversas construcións, das que unha delas sería un espazo de convivencia. Outros compartimentos destinábanse a gardar os alimentos, os apeiros, ou funcionaban como cisternas. Nalgúns deses núcleos familiares aínda se distingue o forno de cocer o pan, ou unha pequena fonte. O patio, normalmente forrado por laxes de granito ou lousa, era o punto central da unidade doméstica. Hai poboados nos que estas unidades residenciais foron delimitadas por muros, así como a muralla separaba o castro dos arredores. Varias unidades podían formar un pequeno barrio, delimitado por rúas e alamedas. Nestes casos é posible afirmar que se está ante un protourbanismo do cal se discute a súa orixe. A maneira en que as unidades residenciais se distribúen en cada poboado, a forma en que se articulan entre si, a súa relación co sistema defensivo son moi variables, así como a calidade dos muros, ás veces edificados de forma moi aplicada. Os barrios que o visitante percorre non son ruínas mortas, senón os sinais dun quefacer cotián que se desenvolveu ó longo dos séculos. Se as murallas, que protexían o universo doméstico enriba referido, son, talvez, a marca máis expresiva da inversión colectiva das comunidades castrexas, hai outros equipamentos que se destacan: recintos sagrados; casas do consello, onde se reunían os xefes das familias para discutir os asuntos comúns ou para festas rituais; os balnearios, onde se celebraban rituais mal coñecidos. En especial na área dos grandes poboados da Gallaecia meridional xa se observan evidentes sinais de influencia do urbanismo romano, como sistemas de drenaxe de augas, ou unidades residenciais inspiradas no modelo da casa romana.


Provincia da Coru単a


Castro de Elviña

| 14 |

mento protohistórico. Prevense nel non só a escavación e recuperación do poboado castrexo, senón tamén a construción dun centro de visitantes concibido como un edificio singular dedicado á historia e á arqueoloxía, espazos para talleres e reconstrucións didácticas e experimentais, así como o aproveitamento integral, para a aprendizaxe e o lecer, do espazo rural inmediato sedimentado polo tempo. A Consellería de Cultura da Xunta de Galicia apoia o proxecto e axuda economicamente ó seu desenvolvemento. Neste contexto, unha vez recuperadas en 2002 para a titularidade pública máis de 13 hectáreas, teñen lugar dende entón campañas arqueolóxicas anuais, a cargo do Museo Arqueolóxico do Castelo de Santo Antón, dirixidas por X. M.ª Bello.

Localización e accesos

O Castro de Elviña sitúase ó Sur do municipio da Coruña, no bordo da cidade, limítrofe co Campus Universitario. Para acceder a el cómpre tomar a Avenida do Alcalde Alfonso Molina e seguir as indicacións que levan á Universidade. Dende o Campus de Elviña os accesos ó castro están sinalizados.

Que ver

O xacemento foi dado a coñecer en 1947 por L. Monteagudo, quen nese mesmo ano dirixiu as primeiras escavacións, proseguidas por J. M. Luengo entre 1948 e 1953. Tras anos de abandono, F. S. López, dende o Museo Arqueolóxico do Castelo de Santo Antón, dirixiu entre 1979 e 1985 novas intervencións, dedicadas fundamentalmente a recuperar os restos anteriormente escavados, se ben abriu tamén novas áreas na croa en 1985. Tras un novo período de abandono, a piques de rematar o século XX o Concello da Coruña elaborou o Proxecto Artabria, un ambicioso plan para transformar o Castro de Elviña, xunto cunha ampla superficie ó seu redor, nun parque arqueolóxico de máis de 50 hectáreas, centrado no xace-

A corta de especies alóctonas e a roza da maleza permitiu observar irregularidades no terreo que podían ocultar murallas, valos ou outros elementos delimitadores dos espazos do antigo asentamento. Sobre aquelas abríronse en 2002 sondaxes lonxitudinais que desvelaron novas murallas, comprobándose que o castro se estendía por unha superficie maior que a ata entón suposta, superando hoxe as 4 hectáreas e con indicios de que fose aínda maior. Estas dimensións, superiores ás habituais na Galicia Norte, suxiren que o poboado era máis que unha aldea amurallada,

Castro de Elviña X: 547455 Y: 4797781


| 15 |

e que se atopaba en proceso de formación dunha estrutura protourbana de maior complexidade. A configuración do castro non sorprende: un recinto central alto, a croa, rodeado dunha muralla moi potente, de máis de 4,5 metros de grosor, vese ampliado por cando menos dúas terrazas sucesivas polo O, S e L. Polo N, a aparición de restos de edificacións na ladeira fóra da croa fai pensar na existencia doutros recintos aínda non delimitados con precisión. As sondaxes nas terrazas O e S apuntan a un poboamento progresivo das ladeiras, tanto máis recente canto máis afastado da croa. Se na Sur atopamos edificacións de plantas curvas habitadas entre os séculos II e I a. C., con ocupacións anteriores das que apenas quedan indicios, na primeira terraza existe unha edificación de ángulos rectos con materiais quizais do

século I d. C., e máis abaixo, a carón da muralla exterior, un chan empedrado pode situarse en momentos posteriores, entre os séculos II e IV d. C. As escavacións céntranse dende o 2003 no ángulo SO da croa, tanto dentro como fóra da muralla. No interior da acrópole apareceron espazos ben diferenciados, separados por muros ou muretes de contención que delimitan edificacións, de lados maiores rectos e menores curvos, unha delas dividida en dúas estancias e algunhas con fogar, que foron reformadas no correr do tempo. O estado de destrución é moi considerable, habendo muros dos que tan só queda unha fiada sobre a rocha base, e outros desaparecidos que unicamente se adiviñan por pegadas deixadas na pena. Estes espazos sitúanse ó redor dunha rúa estreita, empedrada, que presenta, na lousa central, un buraco de captación de

augas residuais do que parte unha canle lousada que discorre cara ó Norte por debaixo dos ámbitos inmediatos. O complexo edificado sepárase da muralla deixando no medio un paso ou camiño de rolda. No ángulo NO da muralla ábrese unha monumental entrada en rampla lousada flanqueada por grandes torres curvas. Á súa beira a muralla aparece reforzada con engadidos que a dotan dunha configuración en chanzos. No exterior dela desenvólvese unha longa edificación que corta unha muralla anterior aínda sen estudar. Estes restos recentemente exhumados súmanse ós xa coñecidos das vellas campañas, restaurados hai décadas quizais de forma pouco exacta, aínda que visualmente impresionante, entre os que cómpre destacar a entrada Leste, con chanzos entre as torres grandes; a com-

plexa Casa da Exedra, na que se distinguen as sucesivas transformacións dos seus espazos; o mal chamado Templo do Ídolo Fálico, en realidade unha combinación de muros de diferentes épocas; e sobre todo o Pozo–Alxibe, quizá a mellor e máis orixinal construción do xacemento, na que dúas escaleiras afrontadas descenden cara a un pozo circular do que xorde un manancial que lles proporcionaba auga potable ós habitantes do castro. Condicións de visita Os terreos do castro e o seu contorno inmediato, de titularidade municipal, están valados e pechados, polo que a visita ó xacemento debe ser previamente concertada. No teléfono 010 de información municipal pódese obter información de como establecer a data e hora da visita, que é guiada e gratuíta.


Castros de Neixón

| 16 |

ma unha área arqueolóxica moi importante para o coñecemento da Protohistoria de Galicia. Este carácter emblemático non pasou desapercibido para a comunidade local e para as institucións locais e autonómicas, que deseñaron un programa de revalorización da zona, servindo de eixo vertebrador da oferta cultural o Centro Arqueolóxico de Barbanza, inaugurado no verán de 2002. Este edificio serve de área de recepción dos visitantes e alberga, na súa planta principal, unha exposición permanente e interactiva na que se amosa e explica sinteticamente a riqueza arqueolóxica da Península de Barbanza, así como a evolución das comunidades que alí viviron dende a Prehistoria Recente até a Romanización de Galicia. As explicacións dos guías do Centro e o apoio didáctico de maquetas e reconstrucións axudan ó visitante a coñecer de primeira man os recursos patrimoniais visitables máis importantes da zona, así coma o seu sentido e significado históricos.

Localización e accesos

Que ver

O acceso máis rápido á área arqueolóxica de Neixón, situada na parroquia de San Vicenzo de Cespón (concello de Boiro), faise dende o Corredor Padrón–Ribeira, saíndo no desvío de Boiro Sur para coller a estrada N–550 en dirección a Padrón. Ó chegarmos á parroquia de Cespón vese indicado á dereita un desvío cara a Quinteiro e Nine, acompañado dun cartel do Centro Arqueolóxico de Barbanza. Avanzamos un treito até chegarmos a un cruce ó pé da igrexa parroquial de Cespón. Aquí cómpre virar á esquerda —outro cartel do Centro así nolo indica— e seguir por unha pista asfaltada que chega directamente ó lugar de Nine e ó Centro Arqueolóxico de Barbanza, situado no contorno inmediato do Castro Grande de Neixón. Dende o Centro cómpre camiñar por unha pista que leva directamente ós Castros, visibles dende o propio Centro. A Punta de Neixón pode ser considerada coma unha das paisaxes culturais máis interesantes da Península de Barbanza. Deste xeito, non só constitúe un fito xeográfico nesta zona da ría de Arousa e un espazo natural de considerable beleza, senón que tamén se presenta ó visitante co-

Na planta alta accédese a un segundo espazo expositivo no que se amosan os restos materiais máis significativos das escavacións arqueolóxicas desenvoltas dende 2003 no Castro Grande de Neixón, no marco dun campo de traballo internacional para mozos de entre 18 e 30 anos, que se leva a cabo anualmente nos meses de verán. Aconsellámoslle ó turista visitar en primeiro termo este edificio e facer des-

Castros de Neixón X: 513040 Y: 4723680


| 17 |

pois a visita guiada ós xacementos arqueolóxicos, organizada polo persoal do Centro. Existe unha ruta deseñada a tal efecto, que parte do propio edificio e se complementa con carteis sobre o terreo que nos dan as claves para entender este espazo arqueolóxico. Seguindo esta pequena ruta bordeamos en primeiro lugar o chamado Castro Grande, un poboado fortificado construído probablemente cara ó século IV a. C. A súa potente muralla, formada por un parapeto de terra, illa a punta do doado acceso dende o istmo. As recentes escavacións neste xacemento, abertas ó público durante os meses de verán —polo que o visitante pode coñecer de primeira man o traballo dos arqueólogos— permitiron documentar unha monumental porta de acceso ó poboado, orientada cara ó nacente do sol, e cinguida por dous foxos de 3 m de profundidade escavados a man na rocha. No interior destes

foxos, reenchidos entre os séculos IV–II a. C., atopáronse cacharros cerámicos de orixe cartaxinesa, restos metalúrxicos, un concheiro con abundantes restos de moluscos, así coma parte do esqueleto dun can, posiblemente asociado a un enterramento de carácter ritual. Este castro, coa chegada dos romanos, sufriría unha notable remodelación urbanística, mantendo o seu importante papel no comercio marítimo da zona até o seu abandono en época tardía (séculos IV–V d. C.).

quena península foi habitada por un grupo de familias pertencentes ó pobo dos Prestamarcos, dedicados fundamentalmente á agricultura, a gandería, o marisqueo e a metalurxia do bronce. Dentro do espazo amurallado podemos contemplar as ruínas, debidamente consolidadas, das casas circulares nas que habitaba esta xente. Orixinariamente estaban formadas por un zócolo de pedra e paredes de pallabarro, que servían para suxeitar unha cuberta cónica de colmo.

Dende o Castro Grande camiñamos pola terraza que se estende ó S até chegarmos ó extremo da Punta de Neixón, na que se encrava o Castro Pequeno, un dos poboados fortificados máis antigos de Galicia, construído e habitado ó longo da chamada 1ª Idade do Ferro (séculos VIII–V a. C.). Situada nunha posición estratéxica, cunha ampla visibilidade sobre o contorno e orientada cara ó mar, esta pe-

O camiño de volta permite percorrer, nun agradable paseo, a beira O da terraza e atravesar o interior do recinto do Castro Grande, no que podemos contemplar restos de muros correspondentes a vivendas erguidas durante a época romana. Dende aquí subimos ó parapeto, cruzamos o foxo e camiñamos de novo cara ó Centro Arqueolóxico cruzando un vizoso piñeiral habilitado como área recreati-

va, zona na que se celebra a comezos de agosto a famosa Romaría de Neixón, unha celebración festiva de indubidable interese folclórico, que nos lembra que a Punta de Neixón segue sendo un espazo social vivo, e non só unha ruína arqueolóxica. Condicións de visita O Centro Arqueolóxico de Barbanza pode ser visitado de martes a venres en horario de 10:00 a 14:00 e de 18:00 a 21:00 horas, e os sábados e domingos só pola mañá. O seu número de teléfono é 981 843 810. Información adicional Ayán Vila, X. M. (coord.) (2005): Os Castros de Neixón (Boiro, A Coruña). A recuperación dende a Arqueoloxía dun espazo social e patrimonial, Serie Keltia, 30. Noia: Toxosoutos (371 páxinas).


Castro de Baroña

| 18 |

Francisco Calo Lourido. Os niveis estratigráficos permitiron ver tres fases no xacemento e o espolio recollido indica que tivo unha vida moi curta, independentemente de que, xunto con materiais do s. I a. C. apareceran uns fragmentos de ánfora, probablemente de procedencia púnica, que nos poderían achegar, por paralelos, ós séculos IV–III a. C., o que non permite deducir con certeza unha ocupación habitacional. O que sabemos seguro é que estivo activo durante o s. I a. C. e que a súa vida rematou polas fins do s. I d. C. Os seus habitantes, pertencentes ó pobo dos praestamarci, que ocupaban todo o Barbanza, vivirían da pesca, como indican os cuncheiros, e tamén da gandería, máis que dos traballos agrícolas, e posiblemente do comercio, a xulgar pola gran cantidade de fragmentos de ánforas romanas vinarias. Cómpre destacar que, nunha das últimas campañas, foi atopada unha arracada de ouro, a primeira que apareceu en proceso de escavación en toda a Cultura Castrexa, estando perfectamente datada no cambio de Era. Localización e accesos

Situado no remate occidental da península do Barbanza, na freguesía de Baroña, concello de Porto do Son (A Coruña), ocupa a totalidade dunha península homónima, tamén coñecida como Punta do Castro, cunha extensión duns 22.622 m2. É un castro de pequenas dimensións, pero de grande interese turístico pola súa localización. A súa beleza paisaxística, xunto coa práctica do surf e do nudismo, fixeron deste castro un dos máis visitados de Galicia. Accédese a el seguindo 4,3 km a estrada que do Porto do Son sae cara a Ribeira. Un sinal, nun lugar onde hai un bar e un aparcamento, indica o desvío, que hai que realizar a pé, percorrendo un vello camiño, lousado a treitos, duns 600 m, que morre xusto na entrada do xacemento.

Que ver

Pola súa situación a rentes do mar, temos sobre el unha visión panorámica xa desde media costa do camiño. Ó chegar ó istmo, vemos un foxo escavado na rocha, seguido dunha primeira muralla que, en orixe, pecharía todo o istmo a xeito de antecastro. Unha potente muralla permite, por medio dun acceso en escadas, acadar unha primeira plataforma, da que, grazas a outra escaleira, talvez a máis monumental de toda a Cultura Castrexa, se pode acceder á segunda plataforma, totalmente chea de casas, o mesmo que a primeira. Un carreiro de a pé, bordeando os cantís sobre o mar, leva á terceira e máis elevada das zonas do castro, cunha altura que chega ós 25 m de caída libre sobre o mar. Citado polo Padre Sarmiento, foi parcialmente escavado por Sebastián González García Paz, por José María Luengo Martínez e por

Condicións de visita O acceso é totalmente libre. Carece de apoio informativo, pero na vila de Porto do Son hai un centro de interpretación, no que se organizan visitas guiadas. Información adicional Calo Lourido, Francisco (1997): Castro de Baroña. (Concello de Porto do Son). Santiago de Compostela.

Castro A Cidá de Borneiro X: 503996 Y: 4782634

Castro de Baroña X: 497500 Y: 4727125


Castro A Cidá de Borneiro Localización e accesos

O castro da Cidá sitúase ó Norte da aldea de Borneiro, nunha zona actualmente dedicada a monte baixo con presenza de abundantes piñeiros e carballos. O acceso máis doado faise dende a estrada local Baio–Ponteceso, onde 500 m despois de deixar atrás as últimas casas da aldea de Borneiro veremos un desvío, sinalizado, ó xacemento. Neste punto existe un amplo espazo habilitado para aparcadoiro, debendo a partir de aquí seguir un camiño de a pé, que despois de 200 m remata na porta de entrada ó castro.

Que ver

A Cidá de Borneiro é un bo exemplo de castro de tamaño medio, no que a presenza dun amplo espazo habitacional, posto ó descuberto nas escavacións arqueolóxicas desenvolvidas de xeito descontinuo entre os anos 1932 e 1990, permite comprender de forma clara, e facilmente asumible, as características arquitectónicas máis importantes deste tipo de xacementos. A parte central do castro constitúeo a croa, onde se atopan a totalidade das construcións dedicadas a vivenda, e está delimitada en todo o seu perímetro por un parapeto de terra, de altura variable, que aínda conserva no seu interior os restos da muralla defensiva. Aínda que a maior parte das edificacións presentes nesta zona amosan planta circular, tamén existen as de planta cadrada ou rectangular con esquinas redondeadas, conservando aínda moitas delas a lareira, e en menor número a porta de entrada. Na distribución de parte destas edificacións, sobre todo nas situadas na zona central, apré-

Castro A Cidá de Borneiro X: 503996 Y: 4782634

| 19 |

ciase unha disposición formando pequenos grupos de vivendas, que posiblemente denote a presenza de diferentes grupos familiares. O acceso á croa realízase dende o denominado barrio de entremurallas, situado ó Leste, entre a muralla que delimita a croa e a que separa este barrio do exterior. Para acceder ó interior da croa había que atravesar previamente esta barriada. Nela non existe ningunha construción que se considere que puido ser utilizada como vivenda, interpretándose como unha zona que os habitantes do castro, ademais de utilizala para abastecérense de auga mediante o uso dunha fonte alí localizada, usarían para a realización de actividades especializadas, como por exemplo o traballo dos metais. Condicións de visita A visita ó xacemento é gratuíta, e pode realizarse en calquera época do ano de forma libre. Durante os meses de verán e na semana de Pascua existe un servizo de visitas organizado, coa participación dun guía, creado polo Concello de Cabana de Bergantiños. Información adicional Romero Masiá, A. (1987): «Castro de Borneiro. Campañas 1983–84». Arqueoloxía/Memorias, 7. Xunta de Galicia.


Punta dos Prados

| 20 |

outros. O visitante poderá ver, á entrada, varios muros que son os restos de dous pequenos cuartos. Detrás deles sitúase a estancia principal, un espazo pechado e baixo, que conserva un extraordinario chan de lousas e mais o arranque da cuberta a dúas augas. No fondo hai unha cubeta, tamén de lousas. Nela depositaríase a auga que se transformaría en vapor coa calor. A calor viría do lume feito no buraco que se ve sobre a cubeta, aínda hoxe arroibado pola dita calor. A construción do edificio termal ocorreu logo de que o castro tivese sido ocupado xa por un tempo. Como o visitante poderá ver, o edificio ocupa unha parte do que antes foi un foxo defensivo. Condicións de visita

Localización e accesos

Que ver

O castro de Punta dos Prados localízase ó carón do porto de Espasante (Ortigueira, A Coruña). O acceso é moi sinxelo, agás unha curta subida final por escaleira. Partindo de Ortigueira pola estrada que leva a Viveiro, chegaremos a Espasante logo duns 6 km. O desvío para o porto de Espasante atoparémolo a man esquerda, fronte da estación de FEVE. Dende alí tense unha boa visión do castro e as súas murallas, ó final da praia e do porto. Para chegar ó xacemento teremos que tomar o devandito desvío, atravesar Espasante e chegar ó porto. Na súa entrada hai dous edificios, e detrás deles unha pequena praia, dende a que se accede ó castro subindo unha escaleira de madeira.

Os cantís que rodean o castro son perigosos, polo que se aconsella andar amodo e ter conta dos pequenos. A Fundación Federico Maciñeira é a responsable do mantemento do castro. No seu Centro Arqueolóxico, en Ortigueira, o visitante poderá atopar máis información, ademais dun audiovisual cunha recreación virtual do edificio termal. Información adicional Ramil González, E. (1995–1996). «O monumento con forno do castro dos Prados (Espasante). Memoria de investigación», Brigantium, 9, pp. 13–60. A Coruña: Museo Arqueolóxico do Castelo de Santo Antón.

Unha vez rematada a subida dende a praia, o visitante atoparase no extremo do que unha vez foi un dos dous foxos defensivos do castro, hoxe recheo. Ós dous lados érguense os impoñentes restos das dúas murallas do poboado. Detrás da muralla da esquerda atópase o que foi o espazo de vivendas, no que polo de agora non hai restos visibles. Á dereita, ós pés da outra muralla, discorre un camiño de lousas que daba acceso ó castro. Este camiño prolongaríase alén do que até o de agora foi escavado, superando un segundo foxo ben visible no terreo. Os restos visibles dun edificio corresponden ó que se coñece como un «monumento con forno». Estas construcións, empregadas para baños de vapor, coñécense dende hai tempo en varios castros. O de Punta dos Prados ten unha conservación mellor que

Punta dos Prados X: 595719 Y: 4842052


Provincia de Lugo


Castro de Viladonga

| 22 |

en boas condicións de conservación, favorecendo así o seu papel cultural, educativo e turístico, e potenciando ó máximo os seus valores patrimoniais.

Localización e accesos

Que ver

Este sitio arqueolóxico destacou sempre na paisaxe polo seu carácter monumental, xa que ocupa todo o cumio dun outeiro, a 560 m de altura, desde o que se abrangue un amplo panorama sobre a comarca lucense da Terra Chá e as serras de Monciro, Pradairo e Meira. Pertence ó concello de Castro de Rei, e localízase a 23 km ó Nordés da cidade de Lugo, moi preto do km 70 da estrada N–640, de Lugo a Oviedo pola Veiga do Eo, que é o acceso máis doado e que conta coa sinalización adecuada. Outra forma de chegar é desde a estrada comarcal de Lugo a Abadín por Castro de Ribeiras de Lea, onde tamén existe sinal indicativo. Iniciadas as súas escavacións por Manuel Chamoso Lamas en 1971, e proseguidas por Felipe Arias Vilas desde 1982, este xacemento, por mor da continuidade dos traballos arqueolóxicos e, desde 1985, tamén museísticos, converteuse nun exemplo paradigmático de castro galaico–romano do noroeste e de museo de sitio. Así pois, ademais da vintena de campañas de escavación realizadas ata agora, e aínda en curso, desde 1986 e de xeito ininterrompido con periodicidade aproximadamente anual, prestouse atención tamén ós necesarios labores de limpeza e consolidación do castro, co fin de mantelo

Viladonga constitúe un verdadeiro modelo formal de castro de interior, con varias murallas e foxos —sobre todo polo lado de nacente— que acollen dous amplos «antecastros» ou áreas de expansión ben delimitadas e unha extensa croa ou acrópole duns 10.000 m2. O conxunto do xacemento abranguido polas murallas máis exteriores chega case a 4 hectáreas completas. Nesta croa central é onde se encontran a maioría das construcións escavadas ata agora, dispostas ó redor dunhas rúas ou espazos de paso perfectamente organizados, un en dirección Norte–Sur, outro na Leste–Oeste, e unha rolda interior paralela á muralla principal. Ademais das construcións que evidencian ser vivendas —soas ou formando conxuntos agrupados ou barrios—, documéntanse áreas para serviren de almacén, de obradoiro, de curral ou para outras funcións; no interior da croa destácase unha gran construción alongada de posible uso social ou comunal. Todas estas construcións están feitas de pedra de lousa ou xisto, pero teñen ás veces grandes cachotes de seixo branco nos seus alicerces e, xeralmente, nos ángulos e esquinas. As de planta circular ou muros curvos cubríanse con teito de

Castro de Viladonga X: 631110 Y: 4780155


| 23 |

palla ou colmo, e as cuadrangulares e de muros rectos usaban tellas de barro de introdución romana (tegulae e imbrices), moi abundantes entre os materiais aparecidos no castro. Entre estes numerosos e moi variados materiais achados, que son os que se gardan, estudan, interpretan e se exhiben selectivamente no museo do sitio, pódense destacar, polo seu significado histórico e cultural e tendo en conta a duración cronolóxica dalgúns deles, algunhas mostras singulares de ourivería como torques e unha arracada de ouro, as numerosas moedas de ouro, prata e bronce (en especial dos séculos IV e V d. C.), as abundantes —e ás veces moi orixinais, como dous pasarrendas broncíneos— pezas de adorno de persoas e cabalerías, algunhas armas e moitas ferramentas de pedra, bronce e ferro, elementos de xogo, certa variedade de vidros, numerosos muí-

ños manuais —algúns planos, pero a maioría xiratorios— e, por suposto, abundantísimas mostras de cerámica, tanto de tradición castrexa como pertencentes a modelos romanos e de importación —comúns de cociña e de mesa, terra sigillata incluso moi tardía, etc.—. Estes e outros achados, xunto coas estruturas defensivas, espaciais e de habitación do castro, evidencian un poboamento moi prolongado, importante sobre todo entre fins do s. II e mediados do V d. C. —polo menos—, e fan de Viladonga un xacemento singular e un sitio clave para coñecer, estudar e comprender a decisiva etapa histórica de Galicia que é a romanización, representada aquí nun asentamento do medio rural, de clara configuración castrexa pero de caracterización e cronoloxía galaico–romana, e vinculado tanto ó mundo tardío das villae como recep-

tor da influencia dunha cidade próxima como Lucus Augusti. Condicións de visita O castro é de visita libre e gratuíta e está permanentemente aberto en horas diúrnas durante todo o ano. O museo anexo, complemento fundamental do sitio e xestionado pola Xunta de Galicia, abre de 10 a 20 h (de 10 a 19 h de novembro a febreiro e de 10 a 21 h en xullo e agosto), e só cerra os días 24, 25 e 31 de decembro e 1 e 6 de xaneiro. A visita é libre e xeralmente gratuíta por mor das exposicións temporais que acompañan a mostra permanente do museo, concibidas ambas de xeito ameno e didáctico, pois o centro ten unha gran vocación cultural, educativa e tamén turística, apoiada por unha activa Asociación de Amigos desde 1989 (www.aaviladonga.es, e tamén o sitio oficial http://museocastroviladonga.xunta.es).

Información adicional Arias Vilas, F. (1997): «El Castro de Viladonga (Lugo): 25 años de Investigación y Patrimonio cultural», Estudios Bercianos, nº 23, pp. 18–31. Ponferrada. Arias Vilas, F. (1997): «Comunicación, difusión e didáctica. O caso do Museo do Castro de Viladonga (Lugo)», Xornadas sobre Administracións Autonómicas e Museos (Santiago de Compostela, 1996), pp. 227–253. Santiago de Compostela. Arias Vilas, F. e M.ª C. Durán Fuentes (1996): Museo do Castro de Viladonga (Castro de Rei, Lugo). Santiago de Compostela.

Croa. Boletín da Asociación de Amigos do Museo do Castro de Viladonga (anual desde 1991, vid. índices).


Castro de Zoñán

| 24 |

En segundo lugar, no recinto identificado como «A Croa», nunha área de 500 m2, pódese contemplar un conxunto de vivendas que se corresponden coa derradeira ocupación do xacemento, que se data en época romana, entre os séculos II e V d. C. O interesante desta parte, na que non se levou a cabo unha restauración definitiva, é a mestura de tipos de estruturas e como algunha está construída case con retallos de muros, aínda que entre todo isto temos que destacar unha vivenda cun grao de conservación altísimo, posto que os muros chegan a unha altura de 1,40 metros, o que permitiu que se conserven nela dúas ventás. Condicións de visita Dentro do recinto as visitas son libres, aínda que están apoiadas por dúas mesas interpretativas nas que se explica con máis detalle o xacemento no seu conxunto e unha parte da área escavada. Aquí inclúese unha reconstrución virtual de como serían dúas das vivendas de Zoñán. Información adicional Localización e accesos

O Castro de Zoñán encóntrase situado no val de Mondoñedo, cara á metade da ladeira Oeste, a 300 metros de altitude. Sitúase enriba dunha pequena chaira que se introduce lixeiramente no val e así, con esta maior altura có contorno, pódese contemplar toda a planicie. Para poder chegar ó Castro de Zoñán desde Mondoñedo hai que dirixirse ó Mosteiro dos Picos —que se encontra sinalizado— e desde alí seguir recto pola estrada asfaltada pola que se sobe. A partir deste punto, a 1 km aproximadamente, hai un camiño de terra no lado esquerdo que nos levará ó recinto da Croa. Neste camiño no primeiro cruce hai que seguir recto, no segundo á esquerda e de aí recto ata o Castro.

Que ver

Neste xacemento arqueolóxico, que conta cunha superficie total estimada en algo máis de sete hectáreas, podemos contemplar, en primeiro lugar, a súa estrutura de superficie en catro zonas diferenciadas, a distintas alturas e que reciben catro nomes diferentes: «A Croa», «A Croa Pequena», «O Castro» e «O Castro de Abaixo». Nun breve paseo por elas poderemos observar como a forma principal de defensa son os grandes desniveis naturais que presenta o recinto co seu contorno, pero tamén visualizaremos como en todos os recintos hai estruturas pétreas que marcan os seus límites: unhas serían contemporáneas ó asentamento no castro e outras son posteriores, posto que se asentan sobre os muros derrubados das vivendas.

Vigo García, A. (2005): «Escavacións no Castro de Zoñán (Mondoñedo), 2002–2003», en Minius, vol. XIII. Ourense. Vigo García, A. (2006): «Castro de Zoñán (Mondoñedo–Lugo). Campaña 2005. Avance de resultados», Gallaecia, nº 25, Dep. de Historia I. Santiago de Compostela: USC.

Castro de Zoñán X: 630087 Y: 4809640


Castro de Fazouro Localización e accesos

O Castro de Fazouro está situado ó Leste da praia de Arealonga, no lugar de Punta do Castro, na parroquia de Fazouro (Foz, Lugo). Para acceder ó xacemento hai que coller a estrada N–642, saíndo de Foz en dirección a Burela. Pasando o lugar de Fazouro atopamos un desvío á dereita, sinalizado, que nos leva cara ó apeadeiro do tren (FEVE) e á praia de Arealonga. Trátase dun asentamento costeiro que aproveita un pequeno promontorio que se mete no mar, con fortes acantilados en todo o seu perímetro, agás no istmo que o une con terra.

Que ver

A súa configuración é sinxela, pois posúe un só recinto defendido por un foxo escavado no istmo, actualmente reenchido de forma parcial. No seu sector oriental, o mellor conservado, acada os 18 m de ancho e unha profundidade que chega ata os 12 m. A área habitada ocuparía todo o promontorio, aínda que pode asegurarse que unha boa parte do xacemento se perdeu debido á acción erosiva do mar. Na súa zona setentrional, e á beira do acantilado, atópase a área escavada onde se puxeron ó descuberto os restos de nove construcións realizadas con cachotería de xisto. Son na súa maioría de planta cadrada coas esquinas redondeadas, e están dispostas ó redor de tres espazos abertos lousados, conformando posibles unidades domésticas diferentes. Presentan, ademais, diferentes elementos interiores, coma fogares de planta rectangular e bancos corridos. Apegada a unha das construcións atopase unha escaleira, da que se conservan dez chanzos, o que suxire a existencia de niveis superiores. En particular hai que sinalar unha estrutura, a

| 25 |

máis meridional, que difire das demais nos materiais empregados no seu acondicionamento, xa que presenta restos dun revocado interior nas paredes e un pavimento en perfectas condicións realizado cun morteiro de cal, area e seixos. Tendo en conta os resultados das escavacións e o estudo dos materiais atopados, pódese inferir unha ocupación do xacemento que vai dende o s. I d. C. ata o s. IV d. C., testemuñándose diferentes reordenamentos do espazo habitable, coa construción de novos muros medianeiros e a modificación da planta nalgunha das construcións. Condicións de visita

Castro de Fazouro X: 637410 Y: 4829458

O xacemento está sinalizado dende o cruce da estrada N–642, e pódese visitar libremente. Accedese facilmente ó interior a través dun recheo duns 10 m de longo por 4 m de ancho que atravesa o foxo. Xa dentro do recinto, e uns metros antes de chegar á área escavada, instalouse recentemente un panel explicativo no que se expoñen diversas consideracións xerais sobre a Cultura Castrexa. Hai que sinalar que a zona escavada foi consolidada hai anos, levantándose varias fiadas novas nos muros das construcións e sinalizando a recente achega cun elemento separador consistente nunha cuarcita de cor clara. Información adicional Carrera Ramírez, F. (1991): «Castro de Fazouro (Foz, Lugo)», Arqueoloxía/Informes, nº 2, pp. 291–293. Xunta de Galicia.


Castro da Torre

| 26 |

ra lograr superficies horizontais sobre as que asentar as diversas construcións, e o seu carácter de superficie lineal determinou a creación dunha rúa principal que percorre lonxitudinalmente o poboado e que o distribúe e articula axudado por rúas travesas perpendiculares a aquela. Estas vías son fundamentais no tratamento das augas pluviais, conducíndoas cara ó alxibe existente na entrada, por unha banda, e forzando a evacuación e a drenaxe por outra, axudadas por unha serie de canaliños escavados para ese fin. Dentro das construcións —de paredes de lousa e seixos nas fiadas inferiores das zonas húmidas— temos que distinguir tres modelos: de planta circular, rectangular con esquinas redondeadas e rectangular en ángulo recto. Neste último exemplo confirmouse a existencia de dous andares, accedéndose ó superior por un patín exterior á vivenda. Os materiais recuperados nas escavacións sitúannos o uso deste castro entre os séculos I e IV d. C. Condicións de visita Localización e accesos

Que ver

O coñecido como Castro da Torre atópase no lugar de Sobredo, parroquia de Folgoso, concello de Folgoso do Courel, provincia de Lugo. Para chegar cabo del partimos da estrada LU–651, de Quiroga a Seoane do Caurel, e no seu quilómetro 30,2 desviarémonos pola estrada que vai ó val de Lóuzara e O Incio por Seceda. Entre os puntos km 1,7 e 2,1 esta estrada bordea o xacemento, e atopamos un carreiro de a pé que hai que ascender durante uns 300 m, salvando un desnivel de 40 m para chegar á entrada do castro. O esporón de lousa sobre o que se asenta o castro, de 150 m de lonxitude e 50 m de ancho, orientado NO–SL, emerxe practicamente exento uns 30 m sobre o nivel do terreo que o circunda, polo que é practicamente inexpugnábel, xa que as súas paredes meridional e setentrional son completamente verticais, mentres que polos extremos, de peor defensa natural, se complementou esta cunha serie de actuacións antrópicas. Así, polo NO, que é a zona de unión do esporón co monte, escavouse un potente foxo de 120 m de longo e de entre 5 e 20 m de ancho, afondando uns 16 m, mentres que polo SL, actual acceso e zona na que a pendente é máis suave, se deseñou unha sucesión de tres foxos dispostos en chanzos, tapizándose os espazos intermedios con lousas fincadas. O urbanismo deste poboado castrexo vén definido pola adaptación ó medio. Debido ó vertical e abrupto do relevo no que está concibido, o seu perímetro está completamente aterrazado mediante a construción de murallas/socalco e rebaixes na rocha, pa-

O único acceso dispoñible pode resultar dificultoso, por mor do pino e angosto do carreiro. Non é de doada visita para xente con dificultades físicas. A vexetación adoita impedir unha correcta visualización das estruturas. Información adicional Álvarez Núñez, A. (1995/1996): «Castro da Torre de Sobredo, O Caurel: Informe de la intervención arqueológica de 1993», Boletín do Museo Provincial de Lugo, nº 7, v. 2, pp. 9–32.

Castro da Torre X: 649000 Y: 4720220


Castro de Santa María do Castro Localización e accesos

| 27 |

O poboado castrexo de Sta. María localízase na zona oriental galega, ó Oeste da Serra dos Ancares, concretamente na marxe esquerda do río Quindós, afluente do curso alto do río Navia. Accedese ó xacemento desde a Autovía A–6 Madrid–A Coruña, saíndo no desvío que hai cara ós Ancares e Navia de Suarna, onde se enlaza coa comarcal L–722. Á altura da localidade de San Martín (km 14), nada máis cruzar o río Navia, cóllese outra estrada en dirección a Cervantes, e unha vez pasada a localidade de Sabadelle, aproximadamente a uns catrocentos metros debemos tomar unha pista que vai ladeira abaixo cara á capela de Santa María de Cervantes, onde se acha o castro.

Que ver

O castro é un poboado de nova planta, cunha ocupación contemporánea á explotación, en época romana, das minas auríferas sobre as que se sitúa. Presenta nivel de ocupación xeneralizado, que puido datarse, a partir das análises radiocarbónicas e dos elementos de cultura material, entre o ano 50 a. C. e o século II d. C., cunha vida continuada e un crecemento interior que pode detectarse en pequenas modificacións construtivas. Nun momento moito máis tardío, e polo menos a partir do século XIV, o esporón comezou a ser utilizado como necrópole cristiá, configurada por tumbas de inhumación das que se escavaron un total de 63 enterramentos, función que desempeña o lugar ata hoxe en día.

Castro de Santa María do Castro X: 660044 Y: 4747884

O asentamento presenta unha superficie maior dunha hectárea. O recinto superior, de forma ovalada, está ben delimitado no seu perímetro por unha muralla de aterrazamento realzada na súa parte Norte a xeito de parapeto, e separado da ladeira por tres liñas de foxos, que foron construídos aproveitando a forza da auga, que á súa vez é canalizada cara ás explotacións auríferas próximas. Os grupos familiares da comunidade indíxena que habitou o castro ocupaban cadansúa cabana. A distribución do espazo dentro das cabanas tiña varios niveis, para o que nalgúns casos se acondicionaban dúas entradas á vivenda a diferentes alturas. A disposición de dous ou máis niveis facíase por medio de faios de madeira apoiados en rebaixes realizados nos muros, e que seguramente non cerraban completamente os distintos espazos. No piso inferior construíase o fogar e nalgúns casos aparecen restos de bancos corridos e asentos apegados á parede. Respecto ós elementos internos que se conservan destacan os fogares, formados por unha placa de arxila apegada a un pequeno murete que funciona como paraventos entre a porta e o interior. Condicións de visita A visita ó xacemento é libre en calquera época do ano e pode realizarse en combinación con rutas de sendeirismo na área dos Ancares.



Provincia de Ourense


Castro de San Cibrao de Las

| 30 |

etapa final da época castrexa do Norte de Portugal, como Sanfins ou Briteiros. Cronoloxicamente sitúase entre o século II-I a. C. e o século II d. C., xa en contacto co mundo romano. Morfoloxicamente posúe dous recintos concéntricos, lixeiramente alongados en sentido Norte–Sur delimitados ambos por murallas, con dous accesos claros polo Leste e o Oeste. No recinto exterior o amurallamento é dobre en gran parte do seu perímetro, igual ca o foxo, reforzándose nos puntos de acceso con outras liñas de muralla.

Localización e accesos

O castro de San Cibrao de Las encóntrase situado sobre os afloramentos graníticos que dominan a marxe dereita do río Miño, desde Ourense ata Ribadavia. Desde a súa posición domina visualmente toda a conca do Barbantiño, as terras que chegan ata o Arenteiro polo Oeste, e os rebordos montañosos que conforman os contrafortes do lado Sur da Serra de Faro. O castro sitúase a uns 18 km da cidade de Ourense, e ten acceso tanto desde a autovía Ourense–Vigo (ou ben a nacional Ourense–Vigo) como desde a nacional Ourense–Santiago. En ambos os casos debemos desviarnos nas saídas cara á localidade do Carballiño e despois cara a Ourantes, seguindo os sinais indicativos que existen nestas estradas cara ó Castro.

Que ver

O xacemento, aínda que se localiza nun punto estratéxico cunha ampla visión sobre o territorio, non conta porén cunhas condicións naturais que o fagan dificilmente accesible. Por este motivo tivo que delimitarse cun amplo conxunto de murallas e foxos que remarcan a súa situación na paisaxe e que lle confiren unha gran monumentalidade. A superficie delimitada é de case dez hectáreas, que o converten nun dos maiores poboados castrexos de Galicia, con paralelos formais coas citanias da

O recinto central é apenas un 10% da superficie total do poboado e bascula cara ó lado Leste, contra o val do río Barbantiño. A muralla que rodea o recinto central ten uns 3 m de espesor e a súa altura orixinal debeu alcanzar uns 4 m; a ela accedíase por escaleiras que se conservan insertas no seu paramento interior e que a converten á súa vez nun paso de rolda. O recinto exterior esta delimitado pola muralla, que posúe ó longo do seu perímetro interior unha rolda e accesos a través de escaleiras á súa parte superior. As portas abertas nas murallas ó Oeste e ó Leste teñen corpos de garda, igual cás do recinto central, presentándose as entradas consecutivas da muralla máis exterior do sec-

Castro de San Cibrao de Las X: 579999 Y: 4690444


| 31 |

tor Oeste apegadas para evitar a confrontación de ambos os accesos. Nas últimas intervencións documentouse no lado Sur a existencia dunha estrutura reforzada nesta muralla exterior, que se desenvolvía en altura, de forma que desde ela podían mellorar a visibilidade neste sector, onde a accesibilidade ó castro é máis fácil. O poboado foi concibido desde a súa orixe para albergar un gran número de persoas e a superficie interior foi dividida en parcelas similares para cada grupo familiar. En cada unha destas parcelas cada familia construíu a súa vivenda composta por varias construcións, e a medida que pasou o tempo foron evolucionando, ampliándose ou dividíndose segundo os casos. Todas as vivendas dispóñense no recinto exterior, ó redor de rúas radiais que comunican a rolda inferior e a superior a modo

de eixes circulares. O grupo de construcións que configuran unha vivenda comparte un espazo aberto ou patio común, mentres que son independentes de cara a outras unidades que se encontran anexas. Están concibidas como lugares de residencia e traballo, dedicando cada dependencia a funcións distintas, relacionadas coas formas de vida de familias agricultoras e gandeiras: almacéns de alimentos; cociña; zonas auxiliares para o traballo, os utensilios ou os animais, etc. Tanto a súa arquitectura doméstica coma o enxoval son similares ós documentados noutras comunidades indíxenas castrexas do Noroeste. Respecto ós espazos públicos que poderían ter sido construídos en San Cibrao de Las só se documentou a existencia dunha fonte–alxibe. Sitúase moi próxima á porta de poñente. É unha construción realizada para apro-

veitar unha fonte natural. Componse dun depósito con escaleiras que permitía reverter a partir dunha canle cortada na muralla e que desaugaba no foxo hoxe en día cheo de terra. A estrutura estivo cuberta seguramente cunha bóveda construída por aproximación de fiadas. Dada a gran superficie do asentamento, temos que supoñer a existencia de máis puntos de acumulación de auga que abastecera a poboación. Condicións de visita O acceso en vehículo é moi cómodo, e pódese estacionar practicamente ó pé do xacemento. A visita é libre e pode realizarse en calquera época do ano. Na actualidade estase a construír un gran Centro de Interpretación da Cultura Castrexa, que facilitará a comprensión deste e doutros xacementos castrexos en Galicia.

Información adicional Rodríguez Cao, C.; M. Xusto Rodríguez e F. Fariña Busto (1993): A Cidade de San Cibrán de Las. Colección Guías do Patrimonio Cultural, IV, Ourense: Fundación Caixa Galicia–Grupo Marcelo Macías, 61 pp. Infante Roura, F.; J. M. Rey García; E. Rodríguez Puentes; e M.ª J. Tallón Nieto (2004): El Parque Arqueológico de la Cultura Castreña. Bases para su formalización, RGPA Cadernos 2. Santiago de Compostela: Xunta de Galicia, 91 pp.


Castromao

| 32 |

a 732 metros de altitude, sitúase un fito altimétrico destruído hai poucos anos por un raio. Está rodeado o recinto, dunha extensión de case 20.000 metros cadrados, cunha muralla dunha lonxitude de 487 metros. O seu eixo máis longo, en sentido Leste–Oeste, é de 175 metros. Distínguense tres partes ocupadas: – A cima do monte, na que se localizaron os restos máis antigos —e tamén os máis recentes: cimentación dunha pequena ermida no seu extremo Leste—. – Plataformas intermedias, limitadas por muros de contención e/ou nivelación, sobre as que se asentan, predominantemente, estruturas de forma circular. – Plataforma baixa, a máis ampla do recinto, xa que o circunda, e protexida pola propia muralla. Aquí encóntranse a maior parte das estruturas postas ó descuberto, xa que é onde se centraron os traballos de escavación arqueolóxica realizados ata o momento. Localización e accesos

O xacemento arqueolóxico de Castromao, ocupado desde o século VII/VI a. C. ó II/III d. C. (Idade do Ferro e Época Romana), sitúase na parroquia de Sta. María de Castromao, concello de Celanova, ó SO da provincia de Ourense. Para chegar a el situámonos á entrada da vila, vindo desde Ourense pola N–540, pero en lugar de tomar a circunvalación cara a Portugal metémonos no núcleo urbano. No primeiro cruce xiramos cara á dereita pola C–531 a Cortegada, sentido Norte e ascendente, ata que a uns 600 metros encontramos un ancho cruce con rotonda e espazo axardinado. Deixamos a estrada principal e tomamos a variante á esquerda que leva a Quintela de Leirado. Ó pasar o km 1 dobramos á dereita, por onde sinala a Acevedo do Río, e continuamos ascendendo ata que, apenas pasado o km 2, tomamos unha pista asfaltada a man dereita. O monte inmediato, que destaca polo seu perfil aplanado na cima e en socalcos despois, é Castromao. A 100 metros dese cruce cóllese unha pista de terra á esquerda, déixase o coche e ascéndese ata a mesma base Suroeste do recinto por un camiño de apenas 75 metros.

Que ver

O xacemento castrexo–romano ocupa toda a parte superior do monte. Na súa cima plana, rochosa polas beiras,

Collendo o acceso ó xacemento desde onde o deixamos anteriormente, entraremos no recinto castrexo–romano por un carreiro que se inicia á dereita, unha vez pasado un corte aberto ata a parte superior. Este sendeiro lévanos a unha zona escavada nos últimos anos (ocupada desde o S. I d. C. ata principios do S. III d. C.), na que se poden ver unha serie de estruturas, parcialmente descubertas, de

Castromao X: 584620 Y: 4668428


| 33 |

entre as que destaca un patio rectangular, e unha estrutura circular completa cun piso que está 90 cm por debaixo do nivel de acceso. Ó pasar debaixo dunha gran rocha —que na súa parte superior ten uns gravados rupestres: agrupación de pequenos rebaixes circulares—, continuaremos en sentido Leste seguindo a propia traza da muralla que protexe o recinto de xeito case circular. Unha vez pasado outro corte, en sentido Norte–Sur, que atravesa toda a aba do monte mostrando unha serie de paredes —se subimos por un lateral, chegarase á plataforma superior desde onde gozaremos dunha vista espectacular—, entramos nunha zona protexida con rede de arame, pero que ten o seu acceso aberto. Nun primeiro momento, encontrámonos cunha zona escavada en cuadrículas que deixan ver unha serie de estruturas circulares, limitadas pola muralla que domina so-

bre o lugar de Sta. María de Castromao. Continuamos por este carreiro desde o que observamos gabias abertas de forma moi irregular, que nos amosan estruturas preferentemente circulares, algunha delas con vestíbulo. Máis adinte a zona escavada ensánchase, e aprécianse unha serie de plataformas con chanzos, ata tres —máis outras dúas por enriba apenas escavadas—. Na superior destaca a presenza dunha grande estrutura rectangular, de 18 metros de longo por 6 de ancho, dividida en tres partes polo interior, e que se asenta sobre outras estruturas, anteriores, que sobresaen por debaixo. Baixo un muro de contención hai outras estruturas xeralmente circulares e que ofrecen singulares variacións. Outro muro de contención dá paso á plataforma inferior na que, un pouco máis adiante, nos encontramos co «barrio» máis interesante e estudado do xacemento, que nos ofrece parte de rúa lousada ou estruturas circulares e cua-

drangulares con vestíbulos e anexos. Na súa escavación recuperáronse, entre outros, a Tábula Hospitalis do 132 d. C., un tesouriño, un simio esculpido en pedra, etc. A partir de aquí pódese camiñar sobre a forte e reconstruída (nun treito de case 90 metros) muralla, con escaleiriñas interiores de acceso, desde a que se observa outro conxunto de estruturas. Ó final da zona escavada, tanto na plataforma inferior como na inmediata superior nivelada por un alto muro de contención, ofrécense unha diversidade de estruturas de diferentes formas, algunhas circulares con vestíbulo, de entre as que destaca unha, escavada recentemente, que conserva fogar central. Saíndo da zona protexida pola rede e continuando sobre a traza da muralla uns 60 metros, chegaremos á zona escavada que nos encontramos ó

principio do percorrido por este xacemento arqueolóxico. Condicións de visita A visita ó xacemento é libre en calquera época do ano. En determinados períodos pódense concertar visitas guiadas a través do Concello de Celanova. Aínda que non existen paneis informativos, a importancia do conxunto permítelle observar as características principais do xacemento a calquera visitante. Información adicional García Rollán, M. (1971): «Memoria de la excavación arqueológica de Castromao (Caeliobriga)». A.E.A. 44, nº 123–124. Madrid, pp. 175–211. Orero Grandal, L. (2000): «Castromao (Celanova, Ourense)», Brigantium, 12. A Coruña, pp. 179–185.


Conxunto arqueolóxico–natural de Santomé

| 34 |

trexo, utilizando estruturas preexistentes, que se verán obrigadas a adaptarse a unha nova organización. Do poboado tardorromano escaváronse dúas unidades habitacionais, que con lixeiras variacións reproducen o mesmo esquema funcional, organizadas a partir dun patio central aberto, a modo de patio con reminiscencias do adro da casa romana. Outro aspecto que hai que contemplar é o valor patrimonial da natureza, que está asegurado por conservarse un tipo de vexetación característica da focha ourensá cunha gran variedade de especies, algunhas moi pouco frecuentes nestas latitudes. Condicións de visita

Localización e accesos

O conxunto arqueolóxico–natural atópase a uns 200 m ó SL do lugar de Santomé, concello de Ourense. Desde un punto de vista xeográfico intégrase nunha unidade de vertente que conforma o rebordo nororiental da depresión ourensá coñecida como focha ourensá, formada polo val do Miño e os seus afluentes. De fácil acceso, situado escasamente a 3 km da capital de provincia, chégase seguindo a estrada que desde Ourense conduce á localidade próxima de Velle, antiga estrada de Monforte, e despois de cruzar o río Loña, collendo unha desviación á dereita. Apenas percorridos 500 m preséntanse dúas alternativas: ben proseguir en automóbil collendo a pista da esquerda, ou ben seguir pola dereita e desde o Colexio Público de Mende continuar a pé por unha ruta de sendeirismo, que discorre por un fermoso camiño.

Que ver

Neste conxunto pódense ver diferentes asentamentos de distintos momentos cronolóxicos na ocupación do territorio. Por unha parte é un castro coas características que o definen desde o punto de vista paisaxístico, e por outra un poboado galaico–romano nas súas inmediacións, cunha etapa altoimperial da que apenas se conservan restos, e outra baixoimperial á que pertencen as estruturas visibles na actualidade. En relación co castro, a última intervención realizada permite contemplar unha armazón urbana artellada a partir dunha rúa central, que desemboca nun espazo amplo a modo de praza. Este lugar é resultado dun proceso de ocupación e reocupación do espazo cas-

A visita é libre, e nos últimos anos acometéronse traballos de musealización e revalorización, que axudan á comprensión dos restos por medio de paneis interpretativos. Existe unha caseta de información na que se poden solicitar visitas guiadas e material informativo: dípticos, folletos, guías, vídeos, etc. Información adicional Rodríguez González, Xulio (2000): Conxunto Arqueolóxico–Natural de Santomé. Guía Arqueolóxica. Ourense. Peralta Bejarano, I.; X. Rodríguez González e Xusto Rodríguez (2004): Conxunto Arqueológico–Natural. Excavación, consolidación y musealización de un sector del castro. A Coruña: Fundación Pedro Barrié de la Maza.

Conxunto arqueolóxico–natural de Santomé X: 596510 Y: 4689262


Cidade de Armeá Localización e accesos

A Cidade encóntrase no linde das abas que dominan o val da Rabeda, no rebordo que separa este do Val do Arnoia, na beira da dorsal que as delimita e onde afloran os roquedos graníticos, coa formación de bólas tan típica. Ó longo desa dorsal sitúanse diversos puntos relacionados pola tradición coa vida da santa e mártir Mariña. O acceso é fácil e as posibilidades da rede viaria son moitas para gozar dun agradable paseo e achegarse ás vilas inmediatas de Xunqueira de Ambía, Baños de Molgas, Allariz e o propio Ourense. Dende esta cidade o mellor é tomar a antiga estrada de Madrid, hoxe estrada dirección Allariz, e tras pasar Taboadela, no punto km 539,7 da vía desviarse á esquerda e seguir ata chegar ó indicador de Armeá, seguindo entón á esquerda ata o lugar, e despois cómpre seguir a pé uns catrocentos metros nun ameno paseo abondoso en augas. Seguindo a estrada chegaremos ó núcleo principal de Santa Mariña de Augas Santas, coa súa igrexa románica, co sepulcro da virxe e mártir, punto dende o que, seguindo un camiño laxeado, algo máis longo, se alcanza tamén o Forno da Santa e a Cidade de Armeá.

Que ver

| 35 |

Do primitivo poboado protohistórico podemos ver as grandes bólas graníticas que deberon formar parte dunhas das entradas dos recintos fortificados, dos que apenas se segue a liña xeral nas moreas de pedra que delimitan o contorno de varias plataformas, de gran desenvolvemento cara ó poñente, seguindo a conformación do terreo, e do camiño fondo que o bordea.

A intervención arqueolóxica realizada nos anos 1949–50 permitiulle albiscar ó Conde Valvís as trazas de dúas estruturas construídas cun patio con columnas, á par dunha rúa laxeada e outras estruturas apegadas, así como outras a cota inferior, que evidencian un nivel de ocupación romana importante e algúns anteriores apenas sospeitados. Destaca a presenza de dous torsos de guerreiro galaico, hoxe conservados no Museo de Ourense. Tamén se explorou o chamado «Forno da Santa», que forma actualmente a cripta soterrada dunha igrexa románica de transición inacabada. Segundo os seus exploradores trátase dun monumento con forno, que foi séculos despois reformado e ampliado en relación coa utilización cristiá, ó asocialo á lenda da mártir Santa Mariña, elemento que, xa naquela data, interpretou Conde Valvís como lugar de baño ritual. Condicións de visita

Cidade de Armeá X: 599658 Y: 4677859

A visita é libre, aínda que cómpre ter presente que os predios que ocupa a Cidade son de propiedade particular e hai que respectar a vexetación. Para o acceso á cripta ou primitivo monumento con forno aconséllase levar unha lanterna. Información adicional Conde Valvís, Francisco (1950–51): «La Cibdá de Ármea», en Boletín do Museo Arqueologico Provincial de Orense, VI, pp. 25–100. Fariña Busto, Francisco (2002): Santa Mariña de Augas Santas. Guías do Patrimonio Cultural, 7. Ourense: Grupo Marcelo Macías–Fundación Caixa Galicia.



Provincia de Pontevedra


Castro de Santa Tegra

| 38 |

xambas e linteis monolíticos das entradas presentan decoración xeométrica gravada en forma de sogueados e entrelazados que lembran os traballos de cestería. Nos muros irían espetados eses curiosos bloques cilíndricos que nunha das caras levan decoración a bisel figurando espirais, trísceles, rosáceas, molinetes, nós de Salomón… Pero non todas as cabanas serían vivendas no senso estrito. Tamén se detectan almacéns. Así, a asociación de vivendas e almacéns en unidades pechadas cun patio central convértese no elemento definitorio da organización urbanística; xunto a eles, o terreo abrupto e irregular forzou que se levantasen pequenos muretes de formación de terrazas para situar zonas de paso e delimitar espazos.

Localización e accesos

Na saída da vila da Guarda pola estrada de Camposancos, unha vía asfaltada leva ata o cumio do monte. Na súa parte máis elevada atópanse os restos dun poboado castrexo de grandes dimensións que foron obxecto de sucesivas escavacións dende 1914 e que exemplifican bastante ben as características esenciais dos asentamentos galaicos durante os primeiros tempos da ocupación romana da Gallaecia.

Que ver

Dende fóra, o poboado aparece definido por unha muralla de cachotería de aspecto pouco sólido, que non supera os 160 cm de espesor e que, máis que protexer, delimita o espazo habitacional. Ábrese en dous puntos. O máis visible é a «Porta Norte», á que se accede por unha rampla en escaleira. É unha construción simple, relativamente estreita, formada en orixe por un gran lintel sobre xambas monolíticas. Pasado este punto, metémonos no asentamento.

O colectivo humano que habitaba o poboado tiña unha base económica de modelo campesiño. Numerosísimos muíños de pedra poñen de relevo a importancia da agricultura cerealeira. Pola súa parte, os restos orgánicos recollidos falan tamén do peso da pesca de baixura e do marisqueo. Outras evidencias arqueolóxicas apuntan ó comercio marítimo romano: a maior parte das cerámicas recuperadas son fragmentos de ánforas altoimperiais de modelos empregados para a distribución de viños correntes, seguramente da Bética; outros modelos indican que tamén se importaba aceite, se cadra para a iluminación.

Castro de Santa Tegra

As cabanas e os seus accesorios son o elemento clave na organización do poboado. A maior parte son de planta circular ou oval, e unhas poucas de planta máis ou menos rectangular, seguramente por influencia do mundo romano. Todas aparecen illadas, sen paredes medianeiras. A cachotería dos muros iría moitas veces recebada e pintada en tons brancos, arrubiados e azuis. En ocasións, as

X: 510950 Y: 4638080


| 39 |

De cerámica indíxena son os recipientes para a almacenaxe e o cociñado, de pastas escuras e de modelado manual ou con torno lento: vasillas sen asas, xerras, fontes de asas interiores… Algúns están decorados con liñas xeométricas incisas ou estampadas, ou con cordóns aplicados. Pero a carón desta cerámica aparecen numerosísimos restos de variedades típicas do mundo romano chegadas pola vía do intercambio: copas e páteras da cerámica campaniana —de pastas finas e característico verniz verde, datables nos tempos inmediatos ó cambio de Era—, abundantes fragmentos de cuncas, copas, pratos, páteras e fontes da cerámica chamada terra sigillata —procedentes das olarías itálicas, de pastas decantadas, verniz arrubiado, ás veces decoradas e en moitas ocasións seladas co selo do oleiro impreso sobre a pasta fresca—, sen esquecer os pratos, fontes, xerras e vasiños de paredes finas —decorados con barboti-

na— da cerámica común romana que por veces presenta decoración pintada de temática xeométrica.

restos de armamento: algún coitelo de ferro e bronce ou un puñal e unha espada de empuñadura de antenas.

en función das novas condicións socioeconómicas e a aparición de grandes asentamentos coma Santa Tegra.

Os vasos romanos de vidro estaban tamén presentes no enxoval doméstico indíxena. Hainos de variadas formas, tanto lisas coma en costelas, de tons incoloros, ámbares, verdes e azuis. Dúas cuncas polícromas da variedade escasísima chamada vidro mosaico ou millefiori, típica dos talleres orientais na primeira metade do século I, poden ser consideradas, pola súa calidade, as mellores entre as documentadas ata agora na península Ibérica.

Por fin, as moedas romanas recuperadas, acuñadas na súa inmensa maioría durante os reinados de Augusto e Tiberio, falan da introdución no medio indíxena do sistema romano de cambio.

Condicións de visita

No campo dos elementos de adorno e prestixio social estarían os brazaletes, broches e fíbulas de bronce, e, por suposto, as xoias. Destas destaca o remate dun torque de ouro con decoración xeométrica en filigrana e granulado, unha peza verdadeiramente excepcional. Outros elementos de estatus serían os escasísimos

En canto á vida do poboado, todos os datos coinciden en apuntar a súa ocupación durante o último terzo do século I a. C. e o abandono da súa maior parte no final do I d. C., é dicir, que parece levantarse ós poucos da integración destas terras no imperio romano e abandonarse en paralelo ás mudanzas socioeconómicas derivadas da concesión do Ius Latii ós habitantes da Gallaecia. En todo caso, é un claro referente das transformacións das comunidades galaicas na fase castrexo–romana, entre as que destaca a reorganización do hábitat

A maior parte do ano hai que pagar entrada para acceder ó monte. O déficit de paneis informativos no xacemento é clamoroso. No cumio, un pequeno museo recolle pezas arqueolóxicas, certa información e venda de publicacións. Información adicional Martínez Tamuxe, X. (1984): Citania y museo arqueológico de Santa Tecla. A Guarda: Xunta de Galicia. (2ª ed. de 1987). Peña Santos, A. de la (2001): Santa Trega. Un poblado castrexo–romano. Ourense: Abano Ed.


Castro de Troña

| 40 |

Que ver En esencia o Castro de Troña é un poboado fortificado caracterizado polas súas propiedades defensivas e pola armazón de edificacións que permiten o desenvolvemento da vida cotiá. Posúe dous recintos principais claramente identificados pola muralla, ademais de polos restos descubertos durante as campañas de escavación. O primeiro presenta unhas dimensións de 160 por 70 m, e o segundo apégase ó anterior, a un plano mais baixo, describindo un arco de Norte a Oeste.

Localización e accesos

O Castro de Troña localízase no Suroeste de Galicia, na provincia de Pontevedra. Pertence á parroquia de Sta. Mariña de Pías, termo municipal de Ponteareas. Xeograficamente o municipio configúrase como unha cubeta alongada, dominada polo curso do río Tea, que cruza de Norte a Sur. No cuadrante Nordés destaca unha desenvolvida formación montañosa cun perímetro serrado no que se introducen pequenos vales. Este sistema provoca a xénese de saíntes, correspondentes ós contrafortes do macizo, adiantándose cara ó Tea e creando plataformas de potente dominio visual. Nunha destas formacións, a 225 m s. n. m., é onde se sitúa o Castro de Troña. Accederemos a el desde a localidade de Ponteareas, partindo da rotonda situada na N–120, Vigo–Ourense, e tomando a estrada PO–254 que se dirixe a Mondariz–Balneario. A uns 5 km chegaremos á parroquia de Pías, vendo á dereita unha sinalización que indica a subida ó xacemento e que tamén nos leva, a poucos metros, á igrexa parroquial. Seguiremos en ascenso ata o primeiro cruce, continuando a subida pola esquerda. Percorreremos algo máis de 1 km nunha traza recta, para tomar un novo desvío á dereita, en pronunciado ascenso, que nos leva directamente á explanada–aparcamento, situada na base do castro.

A elección da súa situación ten que ver coas condicións defensivas naturais, reforzadas posteriormente coa construción de murallas e foxo. A acusada pendente das vertentes Norte e Nordés dificulta enormemente o acceso; polo Leste e Sur o terreo córtase bruscamente debido á construción do foxo defensivo, pola cabeceira do cal transcorre actualmente a estrada de acceso. As súas dimensións —200 m de longo, 25 de ancho e 10 de profundidade— son mostra do extraordinario esforzo empregado na súa construción. O interese que espertou dende os primeiros anos do pasado século motivou o desenvolvemento dunha serie de campañas de escavación e consolidación que configuran

Castro de Troña X: 542237 Y: 4673876


| 41 |

o seu aspecto actual. O enclave foi descuberto ó abrir unha pista forestal. A consecuencia dos achados iniciáronse as primeiras escavacións entre os anos 1927 e 1928, baixo a dirección de Luis Pericot e López Cuevillas. Tras décadas de abandono reinícianse as escavacións no ano 1981 baixo a dirección de José M. Hidalgo Cuñarro, ata mediados dos 90, momento en que se inician tamén traballos de consolidación. Como froito desas campañas estableceuse unha cronoloxía, que oscilaría entre os séculos VI/V a. C. ata o século I d. C., para a zona superior do castro. A zona Sur, correspondente ó segundo recinto, achegou unha ocupación continua entre os séculos II/I a. C. e I d. C. e unha reocupación a mediados do século III d. C. En conxunto pódense observar máis dunha trintena de edificacións, en-

tre vivendas e anexos, así como parte das murallas perimétricas. Existen ademais unha serie de elementos singulares de especial interese para a visita. No extremo Leste, ó acubillo da muralla–torre grande, e entre as edificacións, destaca o gravado dunha serpente sobre a cara vertical dunha rocha. A poucos metros veremos un profundo oco escavado ó pé da muralla, probablemente utilizado como alxibe. Na zona Sur, destaca o bo nivel de conservación dalgunhas das vivendas, que superan o metro e medio de altura. No seu interior conservan aínda vestixios das antigas lareiras nas que se prendía lume. Notables son tamén as escaleiras que permiten salvar a pendente deste sector. Na parte máis elevada erixíronse varias construcións contemporáneas: a igrexa dedicada ó Doce Nome de Xesús, dous cruceiros, fonte e lavadoi-

ro. Ó redor da ermida celébrase unha romaría o 6 de agosto.

de itinerario permítennos localizar e identificar elementos concretos, coma o alxibe ou o gravado da serpe.

Condicións de visita O acceso ó xacemento é cómodo, podendo achegar un vehículo ata a súa base. Neste punto encontraremos unha marquesiña con información que nos introduce na visita. Tras un curto ascenso a pé por unha pista asfaltada chegaremos á parte máis elevada do castro, onde podemos iniciar o percorrido e admirar os primeiros sectores escavados. Esta zona é tamén moi adecuada para aquelas persoas con algunha discapacidade. O exame dos restos compleméntase coa instalación dunha serie de recursos informativos de diversa índole: pequenos atrís que achegan datos sobre aspectos concretos e paneis que abordan temáticas xerais. Así mesmo unha serie de fitos e marcas

A presenza dun vixilante introduce un certo grao de control sobre o público e ofrece a posibilidade de visitar o interior dunha pequena edificación habilitada para a exposición e interpretación do xacemento. Información adicional Hidalgo Cuñarro, J. M. (1985): «Castro de Troña. Campaña 1983», Arqueoloxía/ Memorias 3. Consellería de Educación e Cultura. Xunta de Galicia. Hidalgo Cuñarro, J. M. (1992): «Consideraciones Generales sobre el Castro de Troña y sus excavaciones arqueológicas», Soberosum. Revista de Estudios, nº 1, pp. 9–28. Museo Municipal de Ponteareas.


Monte do Facho

| 42 |

ro termo, podemos ver espallándose ladeira abaixo os restos do poboado castrexo. Pero tamén podemos sentir, máis que ver, pois faltan restos estruturais, que estamos enriba da área sacra do santuario ó deus Lar Berobreus: un enclave cultural dedicado a unha divindade de orixe prerromana, pero formulado en termos romanos, que existiu entre mediados do século III e aproximadamente o século V. Del só conservamos as ofrendas consistentes, fundamentalmente, nunha morea de altares votivos, que fan do santuario do Monte do Facho un unicum no contexto non só galaico, senón de toda a Hispania romana. Hoxe no espazo do vello santuario unicamente podemos ver unha curiosa construción circular cuberta con cúpula que formou parte do sistema de vixilancia costeira entre os séculos XVII e XIX. Condicións de visita

Localización e accesos

O Monte do Facho, situado na parroquia de Santo André do Hío, concello de Cangas do Morrazo, é un xacemento arqueolóxico rico e complexo conformado pola presenza nun enclave, que tamén destaca pola súa singular posición xeográfica, dun poboado do Bronce Final (ca. 900–700 a. C.), un castro da Idade do Ferro (ca. 600 a. C.–100 d. C.) e un santuario galaico–romano (ca. mediados do s. III a inicios do s. V d. C.). Para achegarnos a el temos que saír de Cangas en dirección a Hío. Unha vez que chegamos a este núcleo, cabeceira da parroquia e coñecido polo seu afamado cruceiro, tomaremos a estrada que nos leva a Donón. Ó remate desa vía, no cabo da aldea, chegamos a unha pista que leva a Cabo de Home, pero que tomaremos na dirección oposta e que nos conducirá á aba do monte. Aquí, e seguindo a sinalización existente, temos que tomar un vello camiño de carro que rodea o monte pola súa banda Norte, na que xa podemos ver a complexa topografía do castro coa presenza, ás veces aínda visible, das súas murallas. A subida ó monte lévanos polas sucesivas murallas que conformaban o castro, ás veces visibles, outras como costas que dificultan a subida.

Que ver

Será na parte alta do monte onde atoparemos a parte visitable do xacemento, que poderemos seguir grazas ós paneis informativos alí dispostos. Acadada a croa, ademais das excepcionais vistas da costa galega entre o Cabo Silleiro e Aguiño, coas illas Cíes e Ons en primei-

A visita é libre ó longo de todo o ano. As espectaculares vistas confírenlle un valor engadido en calquera data. As condicións topográficas do monte pódenlles dificultar o acceso a algunhas persoas. Información adicional Fariña Busto, F. e Suárez Otero, J. (2002): «El santuario galaico–romano de O Facho (O Hío)», Boletín Auriense XXXII, pp. 25–52. Schattnet, T. G. e Suárez Otero, J. (2004): «Monte do Facho, Donón (O Hío–Pontevedra), 2003», Informe sobre las excavaciones en el santuario de Berobreo. Archivo español de Arqueología, 77. CSIC.

Monte do Facho X: 511578 Y: 4680690


Castrolandín Localización e accesos

| 43 |

Castrolandín sitúase a 1,3 km da vila de Cuntis, desde onde podemos acceder en automóbil seguindo a sinalización instalada. No centro da vila de Cuntis, nun cruce regulado por semáforos, un sinal indícanos a dirección ó castro. Desde aquí seguiremos dous desvíos, claramente sinalizados, ata que á nosa esquerda vexamos unha pequena explanada onde estacionar e un cartel de benvida ó xacemento, que se sitúa ante nós. Este poboado, habitado nos momentos finais da Idade do Ferro, sitúase nun outeiro destacado sobre o val do río Gallo, desde o que divisamos unha panorámica que xa xustificaría a visita. Unha vez dentro do poboado comprobaremos como as súas reducidas dimensións, o seu bo estado de conservación e a información dispoñible en diferentes paneis o fan un xacemento moi fácil de entender.

Que ver

Grazas a sucesivas campañas de escavación podemos contemplar aquí varios exemplos de construcións de tradición castrexa, e outras de influencia romana. Ó entrarmos no poboado veremos un exemplo singular destas últimas: unha vivenda rectangular de dimensións pouco usuais, equipada con dúas lareiras e dividida en dúas estancias. Na parte alta do poboado poderemos ver un exemplo típico de unidade familiar castrexa, formada por unha vivenda circular moi ben conservada e unha tulla, dispostos ó redor dun patio cerrado cun pequeno muro. O poboado estaba defendido por un parapeto de terra coroado por unha muralla de pedra.

Este parapeto levantábase sobre un muro de contención. No lado que dá ó val, estas defensas eran de menor entidade, xa que a pendente do terreo facíaas innecesarias; no lado oposto ocorre todo o contrario. Poderemos apreciar que os restos foron consolidados para garantir a súa conservación. Esta consolidación limitouse a reforzar as construcións, sen realizar reconstrucións imaxinativas. Os traballos no xacemento están promovidos por unha entidade local, a fundación Terra Termarum Castrolandín, e son executados coa asistencia técnica do Laboratorio de Patrimonio, Paleoambiente e Paisaxe da USC. Condicións de visita

Castrolandín X: 536820 Y: 4720820

O castro está aberto ó público, ofrecendo un servizo de visitas guiadas durante as campañas de escavación, ademais de programas de visitas escolares. A celebración do San Xoán no interior do castro é outro evento destacable, recuperado desde o 2000. A festa celébrase seguindo unha tradición singular, recuperada grazas ó testemuño e o apoio dos veciños. Información adicional Ayán Vila, X. M. (coord.) (2002): Pasado e futuro de Castrolandín (Cuntis, Pontevedra). Unha proposta de recuperación e revalorización, TAPA (Traballos en Arqueoloxía da Paisaxe) 29. Santiago: IEGPS (CSIC–XuGa).


Castro de Punta do Muíño do Vento

| 44 |

entre os séculos VIII–VII a. C. Con posterioridade (séculos VI–V a. C.), localizáronse polo menos dúas estruturas circulares, cun groso chan de arxila endurecida, onde se manteñen os buratos do poste que soportaba a cuberta vexetal. Desta fase proveñen os abundantes restos de material ibero–púnico que testemuñan un importante tráfico comercial co Sur peninsular. Entre os séculos IV–III a. C. (fase media da Idade do Ferro), o asentamento «petrifícase» cunha serie de construcións circulares que dispoñen de chan de arxila e fogar interior. Estas construcións, unha vez consolidadas, cobren a zona visitable do xacemento. Na súa fin, o xacemento foi ocupado puntualmente como concheiro e vertedoiro durante os séculos I e II d. C., e nunha fase máis tardía (séculos III a V d. C.) como necrópole de inhumación. Condicións de visita

Localización e accesos

Situado sobre un pequeno promontorio costeiro que separa as praias da Mourisca e O Cocho, na vertente meridional da ría de Vigo, o Castro de Punta do Muíño do Vento localízase nas actuais instalacións do Museo do Mar de Galicia, Alcabre, Vigo. Dende o centro da cidade (Estación Marítima), iniciamos a nosa ruta pola rúa Cánovas del Castillo e Avenida de Beiramar, ata o barrio de Bouzas (rotonda das áncoras). Desde aquí, desviámonos á esquerda polas rúas Pescadores e Paulino Freire, ata unha segunda rotonda na que nos desviamos á dereita pola Avenida Atlántida, que nos levará, á altura do número 170, ás instalacións do museo, onde se encontra o xacemento.

Que ver

Este asentamento, descoñecido ata o ano 2000 e descuberto con motivo das obras de construción das instalacións do Museo do Mar, foi escavado nos anos 2001 e 2002 e os datos arqueolóxicos permiten confirmar que estivo habitado de forma permanente desde o século VII a. C. ata o cambio de era. Os primeiros vestixios relaciónanse con zonas habitacionais de queimado e acondicionamento do substrato areoso, onde se recuperou un importante acubillo de seis machadas de bronce de talón e aneis, datables

O xacemento pode visitarse en horario de museo, gozando, entre outras, da propia colección permanente do museo, coleccións temporais, cafetería, guía e servizos varios. Ademais pódese acceder libremente, a través dun paseo, desde as praias da Mourisca e do Cocho. Información adicional VV. AA. (2004): Hasta el confín del mundo. Diálogos entre Santiago y el mar. Ed. Galaxia.

Castro de Punta do Muíño do Vento X: 519110 Y: 4674932


Castro de Vigo Localización e accesos

Está situado no corazón da cidade de Vigo, no parque do Monte do Castro. Accédese ó punto visitable polo paseo de Álvarez Blázquez, que se colle no final da rúa Venezuela, fronte ó edificio administrativo do Concello. O poboado implántase nun outeiro de fortes pendentes que domina toda a ría de Vigo e o val do río Lagares. Visualmente domina tamén todo o espazo circundante e resulta visible desde longa distancia.

Que ver

O Castro de Vigo é un xacemento arqueolóxico coñecido de antigo. No ano 1929 apareceran cerámicas e outros restos castrexos durante unha plantación arbórea, o que dera pé á súa divulgación entre os cidadáns de Vigo. As primeiras escavacións arqueolóxicas, con todo, non se realizarían ata 1952, baixo a dirección de Xosé M.ª Álvarez Blázquez. Pero as escavacións máis extensas serán as dirixidas por José M. Hidalgo Cuñarro. Aínda que se realizaron sondaxes en practicamente todo o Monte do Castro, os únicos restos visitables son os localizados na ladeira oriental do monte, onde primeiro Álvarez Blázquez e logo Hidalgo Cuñarro centraron as súas escavacións arqueolóxicas. Non se coñece o trazado das murallas do poboado, que sen dúbida existirían, razón pola que resulta moi difícil calcular a extensión do xacemento, pero moi probablemente chegaría ás 10 ha. Por tamaño e pola cantidade de produtos de importación que alcanzan ata aproximadamente o cambio de Era, non hai dúbida de que tivo a función de oppidum ou lugar central dun territorio (comarcal).

| 45 |

Á esquerda do paseo de Álvarez Blázquez é visible un conxunto de aproximadamente vinte edificacións, de diferentes plantas: circulares, oblongas e rectangulares, estas coas esquinas redondeadas ou angulares. Dentro deste conxunto chama a atención basicamente unha construción de planta circular que presenta no seu interior unha lareira de pedra apegada ó muro. Tamén son interesantes as obras de saneamento executadas para levantar as construcións castrexas e para canalizar as augas de chuvia; entre as primeiras vense os cortes efectuados na rocha natural para encaixar varias construcións castrexas, e entre as segundas unha canle de recollida e canalización de augas pluviais ou a escavación dunha foxa de recollida ou almacenamento de auga. Condicións de visita

Castro de Vigo X: 522725 Y: 4675740

A visita é libre. Na actualidade a área escavada do castro está un pouco abandonada, aínda que protexida con cercas metálicas que impiden percorrer o interior. A sinalización existente foi destruída por actos vandálicos, pero debe ser reposta. Nas vitrinas do Museo Municipal Quiñones de León poden verse algúns dos materias arqueolóxicos aparecidos durante as escavacións. Información adicional Hidalgo Cuñarro, J. M. (1987): «Castro de Vigo. Campaña de excavaciones de 1987», El Museo de Pontevedra, XLI, pp. 145–156. Hidalgo Cuñarro, J. M.; J. M. Rodríguez Sobral e M. Domínguez Pérez (1997): Castro de Vigo. Vigo: Concello de Vigo (16 pp.).



Distrito de Viana do Castelo


Cividade de Âncora

| 48 |

dereita (Leste), en dirección ó centro do lugar de Lage. Percorrendo a estrada que atravesa este lugar chégase a un cruce onde xa existe a indicación da Cividade, debendo seguir o visitante cara á dereita. Algúns centos de metros máis adiante aparece unha nova indicación para a Cividade. Nesta pequena explanada é onde se debe estacionar o vehículo. A partir deste punto haberá que continuar a pé, xa que o acceso motorizado non é viable. O traxecto pedestre dura entre 20 e 30 minutos por un estreito camiño de fácil acceso, que até o final do casarío se encontra aínda empedrado e despois continúa en terra batida. Existen nas encrucilladas placas de madeira que indican o camiño correcto. Pasados 15 minutos, o visitante chega a unha explanada, na que foi aberto un camiño ancho, debendo xirar á esquerda, onde existe unha nova indicación, de modo que sobe á cima da Cividade, onde se encontran as ruínas do poboado. Que ver Localización e accesos

A Serra de Santa Luzia é o último relevo occidental do Alto Minho, por riba da franxa litoral que se estende desde a desembocadura do Lima á do Âncora. Nun dos últimos contrafortes ó Noroeste desta serra levántase a Cividade de Âncora, no límite entre os concellos de Viana do Castelo e Caminha. Situada a unha altitude de cerca de 187 metros, controla un fértil anfiteatro ó Sur, así como toda a liña de costa e o estuario do Âncora. Este río ten unha conca hidrográfica autónoma, con nacentes situados na zona Noroeste da Serra da Arga, onde hai unha área xeolóxica rica en xacementos de estaño e de ouro. Así, como o Castro do Coto da Pena, a Cividade de Âncora controlaba o acceso ás principais concas mineiras do Alto Minho, integrando, por outro lado, a significativa serie de grandes poboados que non só dominaban o litoral senón tamén os ríos que conducían cara ó interior: Santa Tegra, Coto da Pena, Santa Luzia, Roques, São Lourenço, Terroso, Bagunte. Seguindo a EN 13 en sentido Viana do Castelo–Caminha, na parroquia de Âncora, cruce da Gelfa, débese xirar á

As primeiras escavacións na Cividade de Âncora foron realizadas por Francisco Martins Sarmento, a finais do século XIX. Na década de 1950, Christopher Hawkes, profesor da Universidade de Oxford, e Mário Cardoso, da Sociedade Martins Sarmento, efectuarían novos traballos. Nestas

Cividade de Âncora X: 511941 Y: 4626304


| 49 |

campañas puxéronse ó descuberto varias estruturas circulares e os tramos de tres liñas de murallas, que circundan o poboado. Porén, as campañas máis significativas foron orientadas por Armando Coelho da Silva na década de 1980, cando foi recollida importante información científica, incluíndo o achado dun conxunto de 11 pequenos sepulcros, con forma de cista, no exterior das construcións, pero integrados na unidade habitacional. A Cividade de Âncora, pola súa posición xeográfica e as súas dimensións e pola súa organización urbana, encádrase no grupo dos grandes poboados castrexos protourbanos da fase máis recente da Idade do Ferro, igual cá Cividade do Terroso e a Citânia de Sanfins. De feito, aínda que as súas orixes se remonten a períodos tan remotos coma os séculos VII a VI a.C., a súa maior ocupación e importancia ocorrerá ó redor dos séculos II e I a. C.,

prolongándose na fase inicial do período romano. A área da Cividade visible hoxe, a pesar de que está reducida, é dabondo representativa deste tipo de poboados. Na ascensión ó núcleo escavado o visitante atravesa dúas ribadas, correspondentes a dúas das tres liñas de murallas, sinaladas por Mário Cardoso. Na área escavada poden observarse varias estruturas circulares e ovais, restos de empedrados de granito e condutos para a filtración das augas. Na área estudada por Armando Coelho da Silva destacan, como pormenores relevantes, unha fonte e un forno para cocer pan, que servían á familia que habitaba a unidade construtiva centrada derredor do patio lousado. É posible ver, tamén, dúas estruturas, unha circular e outra oval, esta de grandes dimensións, cun banco corrido no interior, onde, segundo Estrabón, se realizarían

as asembleas dos anciáns. Algunhas destas estruturas conservan as soleiras de entrada, estando o espazo exterior cuberto de lousas de granito. O afloramento rochoso esténdese ó longo dunha grande área, sendo visible o aproveitamento da rocha como pavimento.

o mar, atópase sinalizado, e aínda que sen ningunha placa informativa e sen visitas guiadas, pode o visitante acceder á cima onde se encontran as estruturas escavadas. Para o traxecto pedestre recoméndase o uso de calzado cómodo e, no Verán, auga para hidratarse.

No Museu Municipal de Caminha, situado no centro da sede do concello, están expostos restos provenientes da Cividade de Âncora, así como máis información acerca de como chegar e que ver. No Museu da Sociedade Martins Sarmento poden observarse linteis e xambas, recollidos neste castro, con belísimas decoracións xeométricas idénticas ás rexistradas en Briteiros e noutros lugares.

Información adicional

Condicións de visita O acceso á Cividade, desde onde se goza unha paisaxe magnífica sobre

Coelho da Silva, Armando (1986): A Cultura Castreja no Noroeste de Portugal. Paços de Ferreira. Brochado de Almeida, Carlos A. (2003): Povoamento Romano do Litoral Minhoto entre Lima e Cávado.


Citânia de Santa Luzia

| 50 |

Que ver A pesar de que as ruínas son coñecidas polo menos dende o século XVII, a Citânia de Santa Luzia foi inicialmente escavada, en 1876, por Joaquim Possidónio da Silva, entusiasmado polo enigma das «cidades mortas», que Martins Sarmento comezara a desvelar o ano anterior (1875). Possidónio da Silva foi o fundador da Real Associação dos Architectos e Archeólogos Portugueses. Con todo, a maior parte das estruturas sería exhumada, a partir de 1902, por Albano Belino. En 1910, Félix Alves Pereira intentaría unha reconstitución dunha parte da acrópole. A partir da década de 1980, o Instituto Português do Património Arquitectónico (IPPAR), como entidade xestora deste espazo, promoveu o estudo e conservación da Citânia, proceso que comezou por intensivas campañas de limpeza da vexetación de mimosas e outras exóticas que cubrían as ruínas descubertas nas precedentes escavacións.

Localización e accesos

A Serra de Sta. Luzia (altitude máxima de 549 metros) é a última das sucesivas plataformas orográficas do Alto Minho, que se estenden desde a Serra da Peneda–Soajo até o litoral, levantándose xunto á desembocadura do río Lima. Nun dos relevos ó Suroeste desta serra, con amplo dominio sobre o estuario do río, foi implantado o poboado fortificado coñecido polo nome de Citânia de Santa Luzia (226 m), da que é admirable o seu estado de conservación a finais do século XIX, conforme se deduce das imaxes publicadas no Arqueólogo Português. No século seguinte veuse moi danada, perdendo parte da súa grandeza. Partindo do centro de Viana do Castelo, debe tomarse a estrada municipal 13–6, de acceso ó monte de Santa Luzia (a Citânia encóntrase sinalizada). O curto traxecto de 4,5 km faise nuns 6 minutos. O lugar encóntrase sinalizado nas vías de acceso e existe facilidade de aparcamento xunto á entrada.

A Citânia de Sta. Luzia é, aínda hoxe, un dos lugares paradigmáticos para o estudo da Idade do Ferro do Noroeste peninsular. Aínda que teña sido, en parte, cortada pola estrada municipal 13–6 e pola construción da Pousa-

Citânia de Santa Luzia X: 513506 Y: 4617359


| 51 |

da de Santa Luzia, a zona da acrópole e parte da área habitacional do Norte e Leste consérvanse dentro da área visitable. É un poboado bastante significativo, tanto pola súa localización estratéxica, controlando a desembocadura do río Lima e a zona costeira ó Norte da desembocadura, como polas súas dimensións e monumentalidade das estruturas. A Citânia posúe unha estrutura protourbana delimitada por tres ordes de muralla que circundan o núcleo central da acrópole, definido por un gran recinto cerrado de forma oval. As murallas, de considerables dimensións, e que destacan pola súa solidez, son reforzadas por poderosas torres, con escaleiras de acceso. A Citânia de Santa Luzia é, pois, un dos mellores lugares para analizar pormenores do sistema defensivo dos castros, así como a arte de traballar o granito. Entre a acrópole e a primeira muralla dispóñense, ó lon-

go das rúas, varios núcleos domésticos da Idade do Ferro, incluíndo construcións circulares, elípticas e varias rectangulares. Obsérvanse, nalgúns puntos, fornos de cocer pan, así como pías (¿bebedoiros de gando?). Destaca, ó sueste, unha unidade habitacional case enteiramente edificada en paramento de estilo helicoidal, incluíndo o muro límite. Trátase, sen dúbida, dunha das máis belas unidades domésticas castrexas coñecidas, o que por si mesmo xustifica a visita ó lugar. Destacan tamén os vestixios dunha intensa romanización, patente nos materiais arqueolóxicos exhumados e no ordenamento de novos cuarteiróns e disposicións de rúas.

Sitúase na parroquia de Areosa, concello de Viana do Castelo, e está clasificada como Monumento Nacional desde 1926.

Admítese que o castro foi ocupado a partir da Primeira Idade do Ferro, e que continuaba habitado no período romano.

Almeida, Carlos Alberto Brochado de (1990): «Proto–História e Romanização da Bacia inferior do Lima», Estudos Regionais Local. Viana do Castelo.

Condicións de visita Foi aberta ó público en 1994 e posúe un centro de recepción, con material informativo. Na entrada está dispoñible unha guía impresa coa planta das ruínas e o traxecto de visita. O traxecto, no interior do castro, realízase a través dunha pasarela metálica. Hai información dispoñible no lugar. Recentemente foi renovada a estrutura de acollida. Información adicional

Câmara Municipal de Viana do Castelo: www.cm–viana–castelo.pt Inventário do Património Arquitectónico (DGEMN): www.monumentos.pt


Castro de São Caetano

| 52 |

Que ver A cima, onde se estende este poboado protohistórico, é un pequeno altiplano de planta subcircular, no que destacan afloramentos graníticos, nalgúns dos cales se conserva arte rupestre, aínda que de difícil observación. Máis ou menos por todo o monte rexístranse estruturas circulares, sobre todo nos cumes occidental e meridional. Neste último consérvase unha cintura de muralla, lugar probable da acrópole. As restantes murallas son perceptibles en toda a área, particularmente na vertente Noroeste e Oeste, onde, en parte, forman un noiro, polo que poden observarse aínda os restos dun muro en cachotería, cortado nalgúns puntos debido ás rochas do lugar.

Localización e accesos

Entre os últimos contrafortes setentrionais da Serra das Antas destaca unha elevación en altiplano que divide as concas hidrográficas dos dous principais afluentes do Miño nesta área: os ríos Gadanha, a Occidente, e Mouro, a Oriente. Nese relevo, cunha posición privilexiada, dominante e controlando os dous vales, foi situado o Castro de São Caetano, desde onde se enxerga un longo treito do río Miño. Este poboado sitúase na parroquia de Longos Vales, nunha extensa cima achaiada, na que se eleva unha capela dedicada ó santo. Seguindo a Estrada Nacional entre Monção e Melgaço, o visitante debe xirar á dereita en dirección a Troviscoso, Longos Vales (despois de aproximadamente 1 km), continuando pola estrada municipal que une con Merufe ata encontrar de novo, á súa dereita, unha indicación a Sta. Tecla, Citânia, seguindo ata chegar ó castro por estrada asfaltada. Despois de atravesar o lugar de Paradela, rodéase a Capela de São Caetano e estaciónase xunto a ela (aproximadamente a 5 km da Estrada Nacional). O citado conxunto de ruínas encóntrase próximo. Subindo a pé un pouco máis alcánzase a acrópole.

O sistema defensivo deste poboado estaba constituído por dúas liñas de muralla. Unha delas cinguía a acrópole, definindo un espazo con cerca de 900 m2. Unha segunda liña, exterior, envolvía a totalidade da cima, rodeando o lugar onde hoxe está a capela e seguindo, parcialmente, unha estrada que circunda o monte. O perímetro interno desta segunda liña de muralla delimita unha área superior a 6 hectáreas, polo que São Caetano pode ser incluído no grupo dos grandes poboados da Gallaecia meridional.

Castro de São Caetano X: 545969 Y: 4654317


| 53 |

As estruturas habitacionais parecen estar agrupadas en núcleos de dúas ou tres construcións ligadas por un espazo común, frecuentemente lousado, dividido por muros. A circulación entre os núcleos efectuábase, igualmente, por percorridos lousados, definindo agrupacións. De acordo con Maia Marques, que realizou sondaxes en varios puntos da área intra muros, a fundación deste poboado podería estar datada na Idade do Bronce Final. Con todo, os resultados deses traballos non foron publicados de forma exhaustiva. O material exhumado en recentes escavacións (2005) caracterízase, esencialmente, por cerámica indíxena e romana, incluíndo moitos fragmentos de ánfora. Con base nestes elementos, São Caetano podería ser un poboado cunha ocupación final típica do cambio de Era.

Coñecido desde finais do século XIX, foi clasificado como Monumento Nacional en 1926. Foron varios os estudos e intervencións efectuados, aínda que os mellor documentados son os realizados por Adriano Vasco Rodrigues, nas décadas de 1960 e 1970, e por Maia Marques en 1987. Este último puxo ó descuberto un núcleo habitacional xunto á capela. Actualmente, o visitante pode admirar este pequeno núcleo, que lle permite visualizar algunhas das características aquí expostas, así como a abraiante paisaxe do val do río Miño, distinguíndose algúns dos castros que se distribúen polas concas dos ríos Gadanha e Mouro. Pódense observar, tamén, os aliñamentos das murallas ó longo da cima, se ben non existe información no lugar nin visitas guiadas.

Condicións de visita O terreo onde está situado o Castro de São Caetano é, case na súa totalidade, baldío, e está xestionado pola Junta de Freguesia de Longos Vales. Non hai, polo de agora (aínda que están proxectadas), estruturas de apoio a visitas. Información adicional MARQUES, José A. T. Maia (1988/1989): Trabalhos arqueológicos no Castro de S. Caetano (Longos Vales – Monção) Revista de Ciências Históricas, 6, Porto, 1991, pp. 25 – 53.


Castro de Cossourado

| 54 |

práctica de diversas actividades económicas e a organización socioeconómica desta comunidade. Ocupando unha superficie total de aproximadamente dez hectáreas, o poboado posúe dúas liñas defensivas que circundan a totalidade da área habitacional, e unha terceira, a Oeste, construída para defender mellor esta zona, de pendente menos acentuada. A ocupación deste castro tería ocorrido entre os séculos V e II a. C., sen que os datos conseguidos ata o momento teñan revelado grandes influencias da ocupación romana nin reocupacións de épocas posteriores. Na base do monte do Cossourado foi construída, máis tarde, unha das principais vías romanas, que unía Bracara Augusta (Braga) e Lucus Augusti (Lugo). Condicións de visita Completados os últimos 200 m de acceso a pé ó castro, ó chegar ó cume o visitante pode observar a restauración de dúas construcións, ademais de ver, na zona adxacente, cara ó Suroeste, a área coas ruínas ó descuberto. Localización e accesos

O Castro de Cossourado atópase nun dos extremos dos cumes montañosos que separan os vales dos ríos Miño e Coura (Serra da Salgosa). Sitúase sobre o val do río Coura, na súa marxe Norte, dominando unha zona aberta, resultante dun eixo de fractura tectónica que forma un corredor de circulación (Norte–Sur) de gran relevancia no cadro xeográfico de Entre Douro e Miño. O poboado encóntrase no lugar do Forte da Cidade, na parroquia de Cossourado. Ten acceso en automóbil pola autoestrada A3, con saída no nó de Vila Nova de Cerveira/Paredes de Coura, e pola EN 303. Nesta estrada xírase, no km 6, por un camiño municipal en dirección á Igrexa Parroquial do Cossourado, subindo cara ó castro por unha estrada que existe por detrás do cemiterio. Desde este punto iníciase a subida ó monte, que a partir dos 300 m pasa a ter pavimento de terra batida. Despois de case 15 minutos de camiñada, a partir da estrada asfaltada, chégase ó poboado.

Que ver

Na superficie deste gran poboado, no espazo delimitado pola muralla interna, poden, actualmente, observarse varias construcións de tamaño e planta variaveis. Trátase de estruturas habitacionais e de reunión comunitaria, maioritariamente circulares e de dimensións medias, asociadas a outras con función agro–pastoril e artesanal, de configuración oblonga e grandes dimensións. Nestas construcións foi recollido material moi variado, que testemuña a

Información adicional Gabinete de Arqueologia e Património de Paredes de Coura. www.cm–paredes–coura.pt Silva, Maria de Fátima e Carlos A. G. Silva (1998): O Povoado Fortificado de Cossourado. Retratos de um habitat da Idade do Ferro. Paredes de Coura: Câmara Municipal.

Castro de Cossourado X: 529829 Y: 4640742


Castro da Senhora da Assunção Localización e accesos

O Castro da Senhora da Assunção está situado no Monte da Assunção (ou Ascensão), na parroquia de Barbeita, onde ocupa unha posición central no control do val do Miño. Está rodeado cara ó Sur polas serras de Antas e Extremo, ó Leste pola cordilleira que separa os concellos de Monção e Melgaço, e ó Oeste polo Monte Faro. Esta posición central permítelle non só un amplo control visual sobre a vasta chaira que se estende ó Norte, senón tamén sobre os principais corredores de circulación cara ó interior montañoso. Seguindo a Estrada Nacional entre Monção e Melgaço, o visitante debe xirar á dereita en dirección a Merufe (ó cabo de, aproximadamente, 7 km) e no cruce á esquerda en dirección á igrexa parroquial de Barbeita. Continuando na estrada cara a Merufe xírase á dereita no lugar indicado como campo de fútbol. Proséguese pola calzada ata o cumio do monte (a 2 km da Estrada Nacional).

Que ver

Na cima do Monte da Assunção o visitante pode apreciar a paisaxe sobre o val do río Miño, ó Norte, e do río Mouro, ó Leste. Pode tamén observar outros castros como os da Sra. da Graça, Sra. da Vista e incluso São Caetano, que no seu conxunto controlaban o curso do río Miño e dos seus principais afluentes. No cume do monte poden observarse ruínas de construcións circulares e rectangulares, que formarían a acrópole do poboado castrexo. A acrópole está rodeada por unha ancha ribada, correspondente á primeira liña de muralla, e as estruturas están organizadas en núcleos, separados por dous aliñamentos principais. Nunha segunda plataforma, xa fóra da primeira liña de muralla,

Castro da Senhora da Assunção X: 548944 Y: 4656438

| 55 |

encóntrase outro conxunto de estruturas ás cales se accede por un extenso empedrado de granito. O poboado estaría defendido por tres liñas de muralla. En dous afloramentos rexístranse conxuntos de arte rupestre, de estilo xeométrico. Segundo os datos recollidos nas campañas arqueolóxicas, realizadas nos anos 80 por Maia Marques, a ocupación do monte iniciouse no século V a. C., coa implantación do poboado. Foi abandonado durante o proceso de romanización. No século XVI os nobres do Couto de Barbeita mandan edificar a interesante capela dedicada á Señora da Asunción, sacralizando este lugar. Condicións de visita A Cámara Municipal de Monção promoveu traballos de limpeza, permitindo a observación das estruturas localizadas na zona da acrópole. De momento, non existe información no lugar sobre o poboado. Información adicional Marques, José Augusto Maia (1987): Assentamentos Castrejos do Concelho de Monção, Separata da Revista de Ciências Históricas da Universidade Portucalense. Porto.


Castro de Lovelhe

| 56 |

observar toda unha serie de estruturas, non só pertencentes ó poboado castrexo, senón tamén relacionadas con ocupacións posteriores, como é o caso das ruínas dunha vila romana e visigótica. Na cima do monte, está aínda en bo estado de conservación o forte abaluartado, construído na segunda metade do século XVII. Coincidindo coa construción da ponte internacional, que une as dúas marxes do Miño, efectuáronse traballos arqueolóxicos que revelaron a existencia dun porto fluvial, dato este que destaca a importancia estratéxica deste lugar, desde o cambio de Era ata os nosos días. O lugar está, actualmente, en vías de clasificación como Imóvel de Interesse Público, desde o 12 de outubro de 1979. Condicións de visita A área de ruínas encóntrase vedada, sendo posible observar estruturas a un e outro lado da estrada, aínda que non existe ningunha información no lugar nin visitas guiadas. Localización e accesos

En Lovelhe, Vila Nova de Cerveira, ó Sur da Serra da Gave, no extenso e fértil val do Miño, encóntrase o Castro de Lovelhe, poboado castrexo erguido nun pequeno monte que domina unha extensa área do val. O poboado fortificado está situado xunto á marxe do río Miño, controlando unha das súas pasaxes tradicionais e gran parte deste curso de auga.

Información adicional Este sitio arqueolóxico foi estudado polo Doutor Carlos A. Brochado de Almeida, que ten varias publicacións relativas ós traballos arqueolóxicos que alí realizou desde os anos 80, podendo consultarse o Povoamento Romano do Litoral Minhoto entre o Cávado e o Minho, impreso en 2003.

A estación arqueolóxica de Lovelhe áchase a case 3 km do centro da sede do concello, entre o INATEL de Cerveira e a ponte internacional que atravesa o río Miño entre Cerveira e Goián. Unha vez no centro da Vila de Cerveira, o visitante debe seguir as indicacións de INATEL e, inmediatamente antes deste equipamento, debe xirar á dereita, pois as ruínas están situadas xusto ó carón. Que ver

O Castro de Lovelhe atópase situado nun lugar extremadamente importante, no control da navegabilidade do río Miño, despois de ter unha ocupación prolongada dende a Protohistoria ata a Antigüidade Tardía. Estudado, extensamente, desde a década dos 80 do século XX, actualmente posúe un proxecto para a construción dun centro interpretativo. Na área ata hoxe escavada, é posible

Castro de Lovelhe X: 521510 Y: 4644597


Castro de Santo Estêvão Localización e accesos

| 57 |

O poboado de Sto. Estêvão, na parroquia de Facha, foi situado na cima dun relevo integrado nas vertentes setentrionais da Serra da Padela. Trátase dunha pequena elevación, que domina ó Leste unha estreita chaira por onde corre un afluente da marxe Sur do río Lima. Este val lateral é un corredor natural de paso entre os vales do Neiva e do Lima. Desde o cumio do monte contrólase tamén parte da zona final do val do Lima, integrándose este castro nunha rede de poboados que se distribúen polas dúas marxes do río. Partindo da vila de Ponte de Lima debe seguirse a Estrada Nacional 203, en dirección a Darque. Pasados 4,9 km (cerca de 6 minutos), débese xirar á esquerda, no cruce sinalizado como «Castro de Sto. Estêvão», entrando no camiño municipal 1259. Ó cabo de 2,8 km (aproximadamente 6 minutos) chégase ó lugar do poboado, seguindo a sinalización dispoñible a tal efecto.

Que ver

Varias estruturas do período castrexo consérvanse no lugar, particularmente na ladeira Oeste, se ben a expansión da localidade acabou por restrinxir a área dos vestixios arqueolóxicos, tamén afectada pola capela de Santo Estêvão. A pesar de que non se distinguen estruturas defensivas, obsérvase un considerable conxunto de estruturas habitacionais consolidadas. Nas escavacións dirixidas por Carlos Alberto Ferreira de Almeida foron restauradas parte das estruturas arqueolóxicas. A aba Leste presenta un forte declive e unha densa vexetación, polo que a visita a este lugar se pode volver particularmente perigosa. Con todo, manifesta un bo

aproveitamento das condicións naturais de protección do lugar. De acordo cos resultados dos traballos arqueolóxicos, a primeira fase de ocupación destes sitios remóntase á Idade do Bronce Final, e foron recollidos fragmentos de cerámica importada, o que documenta contactos marítimos co arredado Mediterráneo. O castro mantívose ocupado na Idade do Ferro e tería sido abandonado a mediados do século I d. C. Constitúe así un dos lugares paradigmáticos da Cultura Castrexa no val do Lima, aínda que o poboado con maior dimensión na marxe Sur do río Lima é o Castro de Roques, un dos meirandes do Norte de Portugal, pero sen accesos. Condicións de visita O poboado arqueolóxico dispón de boas condicións de acceso e de sinalización na estrada. A pesar disto non existe no lugar información gráfica relativa ó asentamento. As estruturas encóntranse ben consolidadas, pero son de difícil lectura para os visitantes. Non dispón de infraestruturas de apoio, porén posúe un espazo amplo para o estacionamento. Información adicional

Castro de Santo Estêvão X: 529642 Y: 4619005

Almeida, e Carlos Alberto F. e et al. (1981): «Escavações Arqueológicas em Santo Estevão da Facha», Arquivo de Ponte de Lima, 3. Ponte de Lima.


| 58 |

Castro de Carmona Que ver Subsisten, na plataforma superior do monte Carmona, vestixios de tres liñas de defensa e dunha cuarta liña, que corta a área do poboado en dúas metades. A muralla máis interior delimita unha acrópole de cerca de 1 hectárea. Neste espazo obsérvanse a maior parte das estruturas habitacionais, así como vestixios dunha construción de planta ortogonal, interpretada como hipotético espazo ritual, posible santuario, o que lle confire algunha relevancia ó castro no contexto xeoestratéxico do val do Neiva. Nesta plataforma superior son facilmente identificables polo visitante diversas unidades domésticas, separadas por agrupacións, das cales unha, xunto á entrada da primeira muralla, experimentou recentes traballos arqueolóxicos de escavación e consolidación, orientados por Cláudio Brochado, da Cámara Municipal de Barcelos. Atópase en vías de clasificación desde 1996. Condicións de visita

Localización e accesos

No extremo Sur da Serra de Padela (487 m) obsérvase unha elevación cunha altitude de 303 m, destacada sobre o val do Neiva. Nese saínte foi erguido un extenso poboado que ocupa unha posición central no curso medio daquel río. Sitúase, por outro lado, no cruce dunha ruta fluvial (o río Neiva) con outra terrestre ortogonal, e que se dispón ó longo dunha antiga liña de fractura tectónica. Localízase no límite entre as parroquias de Carvoeiro e Balugães. Saíndo de Viana do Castelo (ponte Eiffel), sede do Concello, debe tomarse, a partir do lugar de Limão (Darque), a Estrada Nacional 308, que segue en dirección a Vila Verde. Despois dun percorrido de 17,7 km (16 minutos, aproximadamente) debe xirarse á esquerda cara á parroquia de Carvoeiro, pola estrada municipal 1224. Desde este cruce albíscase xa o Monte Carmona. 500 metros máis adiante vólvese á dereita en dirección ó campo de fútbol, última construción da localidade. 300 metros despois sáese da localidade, seguindo un curto percorrido de 1 km (3 minutos), parte en vía empedrada parte en terra batida. Ó final deste percorrido o acceso é intransitable para vehículos lixeiros, polo que é necesario aparcar o coche —ou proseguir en caso de levar un vehículo todoterreo—. Seguindo a pé, o castro alcánzase en, aproximadamente, 15 minutos.

O feito de que a vexetación no lugar sexa maioritariamente monte baixo facilita a identificación das estruturas habitacionais e das liñas de muralla. O lugar encóntrase limpo e algunhas estruturas consolidadas. Non existe sinalización ou información gráfica no local, aínda que estea prevista. Información adicional Maciel, Tarcísio (2003): O Povoamento Proto–Histórico do Vale do Neiva, Esposende.

Castro de Carmona X: 529323 Y: 4610668


Distrito de Braga


O Balneario Prerromano de Braga

| 60 |

Que ver

Localización e accesos

Na periferia do Centro Histórico de Braga, na aba Noroeste da cuíña onde foi edificada a cidade de Bracara Augusta, foi descuberto, durante o seguimento arqueolóxico das obras da nova Estación de Ferrocarril, un balneario castrexo. A estrutura foi estudada e musealizada, e pode visitarse actualmente, posto que foi integrada no edificio da nova estación. O monumento localízase na Estación de Ferrocarril de Braga, polo que a mellor maneira de acceder ó lugar é seguir as placas indicativas da Estación que existen na cidade. O camiño para quen vén de Guimarães ou de Porto é a variante que arrinca no nó de Celeirós. Para quen abandona a autopista na saída de Braga Oeste, o acceso faise pola mesma variante, pero a partir do nó de Maximinos. O traxecto é o mesmo que conduce ó Estadio Municipal de Fútbol, pero despois da saída do túnel o automobilista debe cortar cara á dereita de acordo coa placa que indica Centro e a partir de aquí seguir a sinalización que marca o traxecto ata a Estación.

A primeira referencia a estas construcións —os balnearios castrexos— débese a Estrabón, un xeógrafo grego que viviu na transición da Era Cristiá. Segundo este autor, os pobos do Norte da Península Ibérica tiñan por costume tomar baños de sauna e de auga fría, por esta orde. Todos os balnearios que foron xa descubertos obedecen a un modelo tripartito: sala de sauna, quentada por un forno contiguo; sala intermedia de transición, con bancos laterais; patio destinado ó baño frío. No forno eran colocadas pedras, quentadas en lume vivo, sobre as que se vertía auga, co fin de inducir os vapores da sauna. Entre o compartimento de sauna e a sala intermedia erguíase unha pedra, tallada nun único bloque, cun pequeno pasadizo semicircular, de dimensión reducida para evitar a fuga de calor, pero suficiente para permitir o paso dunha persoa. O Balneario de Braga, edificado en granito local, foi construído cunha orientación sensiblemente Leste/Oeste, ocupando unha área de 72 m2 e cunha altura máxima conservada de 1,20 m. Parcialmente mutilado, talvez no momento das obras de construción da primeira Estación (séc. XIX), o monumento conserva aínda boa parte da súa estrutura orixinal. Obsérvanse os restos dos muros laterais Norte da cámara, como a pedra formosa, sen decoración. Este elemento ten 1,74 m de ancho, 0,83 m de altura e 0,32 m de espesor, cun recorte típico semicircu-

Balneário da Estação de Caminhos–de–ferro X: 547172 Y: 4599846


| 61 |

lar na parte inferior (0,43 m de ancho e 0,38 m de altura). A antecámara, de planta subrectangular, ten 1,70 m de longo interior e 2 m de ancho. Distínguense tanto o pavimento orixinal, constituído por pedras de dimensión media, coma dous monólitos labrados utilizados de bancos. Destacan tamén as soleiras de entrada e o respectivo lintel, recortado no centro superior en forma de U, onde se apoiaba a viga de madeira que, á súa vez, soportaba a cobertura do monumento. O atrio, pavimentado con grandes laxes de granito, ten unha planta rectangular de 4,72 m de longo e 2,80 m de ancho que se presenta disposta en chanzos, pouco pronunciada, en dous relanzos, cunha diferenza de 15 a 20 cm. O nivel máis elevado ocupa o cuadrante Suroeste e parece marcar a entrada e saída do monumento; o nivel inferior indica que o patio sería continuamente invadido por

turbinas de auga. Hai que indicar que dúas das pedras que forman o pavimento, unha localizada ó Norte e outra no paso da entrada para a antecámara, foron talladas en forma de pía, sendo a primeira máis ampla e profunda, con 18 cm de fondo. Esta pía tería sido colocada alí co propósito de recibir as augas que alimentarían o balneario, eventualmente a través dun canlón entrementres desmantelado. A drenaxe realizábase a través dunha pequena abertura ó Sur, limitada por dous elementos circulares, bastamente tallados. De feito, na franxa que se dirixe para a abertura de saída, non hai pedras, pero si un espeso sedimento areoso. Nas proximidades da esquina Noroeste desta estancia, a toda altura e na cara interna da parede Oeste, elévase un monólito de pouco espesor, tallado en forma semicónica, que ten a parte superior lixeiramente ovalada e na que presenta algúns si-

nais incisos con orixe nun pequeno orificio central, deseñando metades de brotes con algún rigor simétrico. Baseándose nos materiais cerámicos exhumados, así como no aspecto arcaico dos seus elementos, considérase que este balneario foi construído na Idade do Ferro. Estratos relacionados co seu uso apenas subministraron materiais cerámicos de produción indíxena, que se poden datar na Idade do Ferro recente. O descubrimento deste balneario prerromano «resucita» a cuestión da orixe da cidade de Braga. Mentres tanto, ata o momento, nunca foron detectadas, en máis de tres décadas de traballos arqueolóxicos intensivos na cidade, estruturas da Idade do Ferro. Deste xeito non é posible afirmar que, no lugar da futura Bracara Augusta, tería existido previamente un castro. Tamén é posible que fose edificado

polos indíxenas que colaboraron nas primeiras obras da nova cidade. Así, o monumento que se conserva na estación da EFC de Braga constitúe unha interesante cuestión científica aberta, tanto pola súa situación como pola circunstancia de ser a máis antiga de todas as estruturas deste tipo. Condicións de visita O monumento pódese visitar a calquera hora do día, entre a apertura e o peche da estación, situado no piso inferior ó atrio, con acceso por medio de escaleiras mecánicas. Posúe paneis explicativos, con figuras e lendas en tres linguas: portugués, inglés e francés. Información adicional Lemos et al (2003) – O Balneário Pré-Romano de Braga, Almadan, II Série, 12, Lisboa, pp. 43–46.


Castro de São Lourenço

| 62 |

castro, despois de 3,1 km (cerca de 4 minutos), no lugar onde se erixiron dous coros exteriores para a romaría. Que ver

Localización e accesos

No concello de Esposende, ó longo da costa esténdese unha estreita chaira litoral, dominada por unha sucesión de cumios de escasa altitude, os cales, non obstante, destacan na paisaxe debido á pendente das ladeiras orientadas ó Oeste. Case no extremo Sur desta liña de relevo, nun lugar con amplo dominio visual sobre a franxa costeira e sobre o estuario do Cávado, foi erguido o extenso poboado fortificado coñecido como Castro de São Lourenço. Pero ademais do seu interese patrimonial, o cume deste poboado (201 m) é un excelente miradoiro sobre a chaira litoral, sobre o estuario do Cávado e, incluso, sobre o curso final daquel río. Formaba, en conxunto, con Bagunte, Terroso, São Roques, Santa Luzia, Cividade de Âncora, Coto da Pena e Santa Tecla, unha estrutura litoral linear, que controlaba, por certo, a navegación de cabotaxe na Protohistoria. Este arqueositio dispón de bos accesos. Saíndo de Barcelos hai que coller a Estrada Nacional 103, en dirección a Viana do Castelo. Despois de 11 km (10 minutos) hai que xirar á esquerda no cruce sinalizado como «Castro de São Lourenço», entrando na estrada Nacional 305. Pasados 2,3 km (2 minutos) debemos xirar á dereita cara a Vila Chã, nun cruce non sinalizado. Proseguindo a través da localidade, pasando pola igrexa parroquial, alcánzase o

O poboado conserva as súas tres liñas de muralla e presenta panos defensivos parcialmente reconstruídos e conservados. En varios núcleos diferenciados xorden estruturas de habitación, xeralmente organizadas en unidades domésticas de tres ou máis estruturas circulares ou alongadas, converxentes cara ó patio central, xeralmente laxeado, cercadas por un muro divisorio. Parte das estruturas foi integramente consolidada. Distínguense unidades habitacionais con estruturas subcirculares ou rectangulares. Ó longo da ladeira orientada ó Norte esparéxense as estruturas domésticas, ata a cima da cuíña, onde se ergueu a capela de São Lourenço. En dirección ó Oeste o poboado esténdese ata a aba ocupando unha área moito maior da que inicialmente se supoñía. A amplitude das investigacións arqueolóxicas, orientadas por Carlos Alberto Brochado de Almeida, conduciu a unha boa definición das fases de ocupación do castro, cun período inicial datado no Bronce Final e unha segunda fase na Idade do Ferro, desde o século V a. C. Este poboado puido ser destruído por un grande incendio nalgún momento do século I a. C., que conduciría a unha reorganización do espa-

Castro de São Lourenço X: 519899 Y: 4600506


| 63 |

zo urbano. A subseguinte adaptación como vicus, ó longo do século I d. C. provocou o reordenamento das estruturas defensivas e domésticas. Foi, na súa época, unha localidade importante, con mercado, que mantiña unha vasta área de influencia xunto co veciño Castelo de Neiva. O lugar sería abandonado no século V, e só sería reocupado no século X, no contexto da Reconquista, cando se construíu unha muralla orientada ó Oeste, na cima do outeiro. Xunto á primeira muralla apareceu, en 1954, unha ara votiva dedicada por Anicius a Dea Sancta. O lugar foi intervido desde 1985 por Brochado de Almeida, da Facultade de Letras da Universidade de Porto. A Câmara Municipal de Esposende promoveu, a partir de 1991, o arranxo urbanístico do outeiro, co empedrado do camiño de acceso á capela e coa restauración e reconstrución de parte das estruturas habitacio-

nais castrexas. Con todo, parte das ruínas fora xa irremediablemente afectada pola construción da nova capela, nos anos 50, así como polo camiño de acceso ó templo. En 1995 realizáronse novos traballos de musealización do lugar. Situado na parroquia de Vila Chã, concello de Esposende, encóntrase clasificado como Imóvel de Interesse Público desde 1986. Condicións de visita O Castro de São Lourenço atópase ben coidado e preservado, e o visitante dispón de sinalización vertical con importantes informacións relativas ós diferentes sectores conservados. Existe unha ampla zona de estacionamento preto da entrada no núcleo das ruínas. No parque hai un pequeno café. Ademais das estruturas que se conservan, o visitante poderá gozar dunha excelente panorámica

da chaira litoral, desde a capela de São Lourenço. Información adicional Almeida, Carlos A. Brochado e Rui M. Cavalheiro da Cunha (1997): O Castro de São Lourenço. Vila–Chã–Esposende. Inventário do Património Arquitectónico (DGEMN): www.monumentos.pt


Citânia de Briteiros

| 64 |

arqueositios que foron escavados, nas orixes da Arqueoloxía portuguesa, por Francisco Martins Sarmento, aínda hoxe é un punto de referencia científico para o estudo da Idade do Ferro en xeral e para a análise do asentamento protohistórico e da romanización do val do Ave en particular. Cunha extensión total de preto de 24 hectáreas entre muros, a área visitable está limitada a 7 hectáreas, correspondente ós sectores descubertos por Martins Sarmento ou por Mário Cardozo, en sucesivas campañas de escavación. A Citânia foi cortada en parte da súa extensión, no inicio da aba, xunto ás dúas últimas filas de muralla, por unha estrada nacional, trazada nos anos 30 do século XX. Por este motivo, os visitantes entran na área interior do poboado cando circulan pola estrada, pois están as ruínas da zona habitacional da vertente Leste en contacto cos seus límites. Localización e accesos

Ó Norte de Guimarães, entre os vales dos ríos Este e Ave álzanse unha serie de cumes, desde o Monte do Sameiro (566 m) a Santa Marta da Falperra (561 m). Ó Sueste destes cumios, nun rechán máis baixo, destaca un relevo granítico en esporón (335 m) cun amplo dominio visual sobre o curso medio do Ave, na zona límite de navegabilidade do río. Neste saínte érguese a Citânia de Briteiros, situada no exacto centro xeográfico da rexión de Entre Douro e Minho, na parroquia de S. Salvador de Briteiros. Saíndo de Guimarães (variante urbana), débese tomar a Estrada Nacional 101, en dirección a Braga. Ó chegar a Caldas das Taipas (pasados 6 km, aproximadamente 10 minutos) débese volver cara ó Norte, pola Estrada Nacional 310, en dirección a Póvoa de Lanhoso. Ó percorrer 1,8 km (3 minutos), na parroquia de Barco débese xirar á esquerda, pola estrada municipal 586, en dirección a S. Salvador de Briteiros. Pasados 3,5 km (cerca de 4 minutos) chégase ó centro da parroquia de S. Salvador. Aquí débese pasar o regato e xirar á dereita, en dirección ó monte, pola Estrada Nacional 309. Tras percorrer 2,1 km chégase á entrada do centro de recepción da Citânia. Os coches poden estacionar no parque de enfronte, xunto á EN309.

Que ver

A Citânia de Briteiros é un dos lugares emblemáticos da Cultura Castrexa do Noroeste. Despois de ser un dos primeiros

Este castro presenta un sistema defensivo de tres ordes de muralla descentradas, que engade un novo aliñamento no istmo de acceso ó esporón, ó Nordés, reforzado por dous foxos cortados na pena. As ruínas visibles localízanse na zona da acrópole e no inicio da ladeira. Consérvanse varias decenas de unidades domésticas da II Idade do Ferro e da fase de romanización, enmarcadas nunha estrutura protourbana de tendencia ortogonal. Os eixos principais definen cortes, que se subdividen en núcleos habitacionais familiares. Das estruturas domésticas resaltan as casas circulares con coidado aparello helicoidal e con vestíbulo, así co-

Citânia de Briteiros X: 557008 Y: 4597542


| 65 |

mo os magníficos patios empedrados. No cume do monte obsérvanse as dúas reconstrucións de Martins Sarmento. Ó Suroeste da acrópole, xunto á primeira muralla, encóntrase a «Casa do Conselho», estrutura circular de 11 metros de diámetro, no interior da cal se acha un banco corrido. Esta casa probabelmente fose a sede de goberno da pequena cidade. Destaca, tamén, o templo cristián medieval, primitiva capela de S. Romão, cunha necrópole de inhumación anexa, indicadores dunha fugaz reocupación da Alta Idade Media.

da Citânia, recollendo tamén augas pluviais e alimentando unha fonte artificial. A estrutura do balneario consérvase case intacta, coa forxa, a cámara de sauna, o vestiario ou antecámara, e o patio exterior empedrado, ademais dalgúns elementos da cobertura. Destaca a pedra formosa, decorada, que se mantén in situ entre a cámara de sauna e o vestiario. Na Citânia había un segundo balneario máis impoñente có descuberto en 1930. Del só se coñece a Pedra Formosa, que posúe unha exuberante decoración.

Unha das imaxes de marca da Citânia é o balneario, descuberto na década de 1930, cando se construíu a estrada xa amentada. Localízase no interior da segunda muralla, no sector Sueste do poboado, e era alimentado por unha extensa canalización en pedra que, partindo dun manancial situado no extremo Nordés da acrópole, descendía á rúa principal

A Citânia comezou a ser escavada por Martins Sarmento en 1875, tras do que seguiron campañas de escavación anuais a grande escala, que incidiron sobre todo na zona da acrópole. Máis tarde, a Sociedade Martins Sarmento proseguiu as escavacións intensivas do lugar, entre as décadas dos 30 e os 60 dó século XX, case sempre dirixidas por Mário Cardozo.

A partir dos anos 70 realizáronse accións de restauración e consolidación de estruturas. O subsolo da Citânia sería estudado de novo en 1977/1978 por Armando Coelho Silva e Rui Centeno, da Universidade do Porto e, máis recentemente, en 2002 e 2005, por Francisco Sande Lemos, da Universidade do Minho. Xunto con Mozinho e Sanfins, Briteiros constitúe o mellor exemplo, de valor didáctico, para a percepción dos grandes poboados que integraban a área Suroeste da Cultura Castrexa.

estrada asfaltada, e existe un aparcadoiro xunto á entrada. A visita á Citânia de Briteiros pode ser complementada coa visita ó Museu da Cultura Castreja / Solar da Ponte, en S. Salvador de Briteiros, no que se recorda a figura e a obra de Francisco Martins Sarmento e onde se pode observar parte do material recollido na Citânia e en Sabroso, incluíndo a Pedra Formosa. Tamén existe unha visita virtual accesible na páxina en rede da Casa de Sarmento. Para visitas guiadas débese contactar previamente coa Sociedade Martins Sarmento, en Guimarães.

Condicións de visita Información adicional A Citânia dispón dun recente centro de acollida, con información gráfica referente ó lugar (mapas, imaxes aéreas e dos materiais). O centro dispón de cafetaría e baños. Está a disposición dos visitantes unha guía impresa coa planta e descrición do sitio, que está aberto todos os días da semana, desde as 9 ás 18 horas. O acceso realízase por

Casa de Sarmento, Centro de Estudos do Património: www.csarmento.uminho.pt Silva, Armando Coelho da (1986): A Cultura Castreja no Noroeste de Portugal. Paços de Ferreira.


Citânia de São Julião

| 66 |

zado como «Lugar do Crasto», entre outros topónimos— e séguese por un camiño asfaltado durante 1 km (2 minutos), ó final do que se torce á esquerda (en dirección á ladeira). Deberase seguir 1 km máis por un camiño de terra batida, razoablemente transitable (cerca de 3 minutos), ata alcanzar a plataforma do cumio do monte, onde se encontra a capela de São Julião. O traxecto é parcialmente accesible en automóbil lixeiro. Que ver

Localización e accesos

A Serra Amarela constitúe un dos relevos de maior altitude do Miño (1.361 metros), separando as cuncas hidrográficas dos ríos Lima e Cávado. Nun dos últimos contrafortes, no Suroeste da serra, érguese a Citânia de São Julião, entre as parroquias de Coucieiro e S. Vicente da Ponte. O poboado localízase nun relevo en esporón, granítico, desde a cima do que se divisa o curso final do río Homem e a súa confluencia co Cávado. Este tipo de situación, articulando áreas de montaña (recursos silvo–pastorís) e o acceso ó val (agricultura), cun amplo dominio visual e control xeoestratéxico, é un dos aspectos máis significativos dos grandes poboados castrexos. Para acceder á Citânia, saíndo de Vila Verde, deberase tomar a Estrada Nacional 308 en dirección a Caldelas e Amares. Ó redor de 4 km máis adiante deberase xirar á esquerda (é dicir, de fronte, xa que a estrada se curva á dereita no cruce) en dirección a Pico de Regalados, volvendo torcer á dereita uns 500 metros despois, agora en dirección a S. Vicente da Ponte. Ó chegar a esta parroquia xa se divisa o monte de São Julião. De Vila Verde ata Ponte o traxecto realízase nuns 10 minutos. Xunto á igrexa parroquial de S. Vicente xírase á esquerda —cruce sinali-

A Citânia de São Julião constitúe un marco paradigmático na Arqueoloxía portuguesa, xa que nela efectuáronse investigacións moi importantes para o estudo da ocupación humana no Miño e na cunca do Cávado no primeiro milenio a. C. No cume achaiado do monte, e nos recháns da aba que se encontra ó Leste, dispóñense variados vestixios arquitectónicos do antigo poboado. Distínguense tres fileiras de muralla e vestixios dunha cuarta no cuadrante Leste/Nordés, así como restos de estruturas habitacionais dispostas na ladeira Leste e na plataforma superior do monte. O poboado presenta unha cronoloxía de ocupación bastante ampla, desde o Bronce Final ata o período romano. Dos inicios do poboado (séculos XI/IX a. C.) detectouse unha estrutura defensiva circundante —ribada de terra con pedras na base e foxo

Citânia de São Julião X: 550348 Y: 4615430


| 67 |

adxacente—, así como chans de cabanas do Bronce, localizadas na cima da elevación. Os aglomerados do Bronce Final serían, non obstante, relativamente pequenos, cunha dinámica de crecemento da primeira cara á segunda fase dese período. Con todo, os vestixios máis significativos que se poden observar corresponden á Idade do Ferro, sendo visibles as filas de muralla de pedra e as ruínas dun torreón, así como as construcións castrexas circulares, unidas por patios empedrados. Algunhas estruturas presentan alzados con aparello poligonal. A paraxe foi investigada inicialmente —se ben xa existían referencias anteriores ó lugar— polo Padre João Martins de Freitas na década dos anos 30 do século XX. Porén, foi nos anos 80 cando o lugar gañou maior relevancia, coa clasificación como Imóvel de Interesse Público (1982)

e as sucesivas intervencións arqueolóxicas da Unidade de Arqueoloxía da Universidade do Minho dirixidas por Manuela Martins e despois por Ana Bettencourt. No derrube dunha das murallas, na década de 1980, foi descuberta unha estatua de guerreiro galaico, de gran calidade artística, cun saio profusamente decorado, e tamén o cinto, aínda que sen cabeza. No escudo redondo (caetra) foi gravada a seguinte inscrición: MALCEINO DOVILONIS F[ilius]. O significado destas estatuas é moi discutido, podendo representar antepasados míticos ou príncipes, responsables do goberno das capitais de pobos e dos respectivos territorios. Tendo en conta este achado, así como a dimensión do poboado e a súa localización nun punto xeoestratéxico dominante e central, a Citânia de

São Julião está considerada a capital dun pobo do que se ignora o seu nome. O territorio deste pobo estaría delimitado ó Norte polos cumes da Serra Amarela; ó Leste pola Serra do Gerês; ó Sur polo río Cávado; e ó Oeste polos cumes que do Maciço da Boalhosa (721 metros) descenden cara ó Sur, rematando no Monte do Castelo, onde tamén se iza un espléndido castro con varias filas de muralla. A ocupación serodia da Citânia de São Julião foi documentada pola recollida de cerámica romana, prologándose de forma residual ata o século III. Condicións de visita A paraxe onde está o poboado é baldío, xestionado pola Junta de Freguesia, polo que o acceso é libre, aínda que non hai ningunha sinalización ou panel explicativo. Na cima do monte, xunto á capela ofrecida a São Julião, existe un parque de merendas

e a carón do camiño, no medio da ladeira, una fonte de auga potable. O lugar é un extraordinario miradoiro sobre o val do río Homem, que nas súas marxes e abas conserva o tradicional modelo paisaxístico desdobrado en campos de cultivo, bosques e pastos nos cumes. Información adicional Bettencourt, Ana M. S. (2000): O Povoado de São Julião, Vila Verde, Norte de Portugal, nos Finais da Idade do Bronze e na transição para a Idade do Ferro, Cadernos de Arqueologia, Monografías nº 10. Braga. Martins, Manuela (1989/1990): O povoamento proto–histórico e a romanização do médio curso do Cávado, Cadernos de Arqueologia, Monografías nº 5. Braga.


| 68 |

Castro de Lanhoso Minho. Ó chegar á localidade de Horto, 1,4 km despois (3 minutos), haberá que xirar cara á dereita, no cruce sinalizado como «Castelo de Lanhoso. Castro de Lanhoso». Aproximadamente despois de 1 km (3 minutos) alcánzase o curuto do montículo onde se encontran o castelo medieval e o santuario de Nossa Senhora do Pilar. Que ver O núcleo conservado, pouco numeroso, de estruturas da Idade do Ferro, é visitable a través dunha verea que, saíndo da estrada de acceso ó montículo, se prolonga ata a calzada da Vía Sacra do século XVIII. As estruturas, xeralmente ben conservadas, consisten en construcións circulares e algúns empedrados, correspondentes a patios de unidades habitacionais. Divísanse, tamén, restos dun muro que delimitaba a plataforma da vertente, onde se conservan as ruínas. Ó final do itinerario encóntrase unha unidade doméstica construída ex novo, incluíndo unha característica casa circular con vestíbulo. O proxecto de valorización deste lugar foi realizado por iniciativa da Câmara Municipal, e foi orientado por Armandino Cunha.

Localización e accesos

Na base das vertentes setentrionais da Serra do Carvalho destaca un relevo (altitude de 383 m) cunha extraordinaria posición xeoestratéxica, xa que domina contra ó Sur un amplo sector do val do Ave. Cara ó Norte avístase o val do Cávado e os cumes da Serra de Santa Isabel. Controlaba, tamén, o corredor terrestre de circulación que ligaba o núcleo central do espazo do Bracari ás montañas interiores, de modo especial ás serras de Cabreira e de Gerês, así como ó altiplano de Barroso. O Castro de Lanhoso ocupaba ese relevo granítico, na cima do cal foi, máis tarde, edificado o castelo medieval de Lanhoso, lugar simbólico da Historia de Portugal. O castelo, á súa vez, tería sido construído encima dunha fortificación da Antigüidade Tardía. Non obstante, no cumio non se observan vestixios protohistóricos. O que resta do conxunto arqueolóxico castrexo encóntrase, sensiblemente, a media pendente, xunto á estrada que conduce ó santuario e ó castelo. Para acceder ó lugar, partindo do centro de Póvoa de Lanhoso, hai que seguir a estrada Nacional 205 en dirección Braga/Vieira do

A cronoloxía de ocupación remóntase ó Bronce Final, estendéndose até a romanización, de acordo cos resultados de varias intervencións arqueolóxicas. En Lanhoso foron descubertos un casco de bronce (séc. II/I a. C.), intacto, en excelente estado de conservación, e tres torques de ouro, pezas que integran as coleccións do Museu de D. Diego de Sousa de Braga. As ruínas protohistóricas foron detectadas en 1938, cando se abriu a estrada que conduce ó san-

Castro de Lanhoso X: 559880 Y: 4604140


| 69 |

tuario da Senhora do Pilar, sendo daquela parcialmente escavadas por Carlos Teixeira. Foi clasificado como Imóvel de Interesse Público en 1940. Máis que as ruínas actualmente conservadas, a visita a este lugar, excelente miradoiro, permite observar a relación entre os castros da franxa litoral e vestibular dos grandes ríos coas zonas montañosas interiores. Condicións de visita O conxunto protohistórico é accesible en automóbil lixeiro e dispón dunha área de estacionamento a carón da estrada. Unha sinalización vertical ofrece algunhas informacións acerca do lugar e unha planta das ruínas. O camiño de visita encóntrase sinalizado e percórrese nuns 15 minutos. O visitante poderá dispoñer de baños e dun restaurante na cima do monte, xunto ó santuario.

Información adicional Martins, Manuela (1990): O povoamento proto–histórico e a romanização da bacia do médio Cávado. Braga. Silva, Armando Coelho Ferreira da (1986): A Cultura Castreja no Noroeste de Portugal. Paços de Ferreira. Teixeira, C. (1940): «Notas arqueológicas sobre o castro de Lanhoso», Trabalhos da Sociedade Portuguesa de Arqueologia e Etnologia, 9 (1–2), pp. 117–125. Porto.


Castelo de Faria

| 70 |

lóxico é coñecido non só pola súa ocupación no período castrexo, senón tamén pola dinámica de asentamento do lugar na Idade Media, por ser un Castelo cabeça de terra e por suceder nel importantes acontecementos militares nos séculos XII e XIV. O lugar foi amplamente escavado na primeira metade do século XX, por iniciativa do grupo «Alcaides de Faria». Entre 1981 e 1985 realizáronse escavacións dirixidas por Brochado de Almeida e Teresa Soeiro, da Universidade do Porto. O conxunto arqueolóxico e histórico é Monumento Nacional desde 1956. Condicións de visita Se ben é certo que se pode acceder perfectamente con automóbil lixeiro, o lugar non dispón de infraestruturas de apoio ó visitante. Con todo, o poboado presenta unha lóxica de implantación bastante perceptible. Non é aconsellable andar sobre as murallas, debido ó seu estado de degradación. Localización e accesos

Ó Sur da marxe do Cávado, fronte á cidade de Barcelos, elévase o Monte da Franqueira (296 m). Nun lugar ó Oeste de dito monte, a cota lixeiramente inferior pero con bo dominio visual sobre a última parte do val do Cávado, localízase o Castro de Faria (parroquia de Pereira, concello de Barcelos). Partindo de Barcelos (Barcelinhos), o visitante deberá tomar a estrada municipal 306 en dirección a Carvalhal e á Senhora da Franqueira. Tras percorrer 8 km (10 minutos despois) deberá volver á dereita, ata o camiño municipal 1111, no cruce sinalizado como «Santuário da Franqueira. Ruínas do Castelo de Faria». Despois dun curto traxecto de 3,4 km (4 minutos) o visitante deberá xirar á esquerda, nun acceso a un camiño de terra, sinalizado por unha vella placa que di «Castelo de Faria». Poucos metros máis adiante poderá estacionar cerca da terceira muralla do poboado. A partir de aquí accédese ó monumento.

Que ver

No Castelo de Faria coexisten vestixios de diferente cronoloxía. Do poboado castrexo subsisten as súas tres fileiras de murallas e varios vestixios de construcións da Idade do Ferro, particularmente entre a segunda e a terceira liña defensiva, no lado Leste. Con todo, os vestixios proto–históricos remóntanse ó Bronce Final. A primeira muralla, que rodea a plataforma superior do outeiro, delimita o que foi un castelo medieval, coa porta de acceso, os cimentos da torre de homenaxe cuadrangular e diversos muros de construcións asociadas ó asentamento medieval do sitio. Este sitio arqueo-

Información adicional Câmara Municipal de Barcelos: www.cm–barcelos.pt Almeida, Carlos Alberto Brochado de (2003): Povoamento Romano do Litoral Minhoto Entre o Cávado e o Minho. Inventário do Património Arquitectónico (DGEMN): www.monumentos.pt

Castelo de Faria X: 529430 Y: 4593942


Castro de Vieira Localización e accesos

O Castro de Vieira encóntrase no centro do grande alvéolo onde converxen as innumerables liñas de auga que orixinan o río Ave, na faldra da vertente Sur da Serra da Cabreira, dominando toda a parte inicial da correspondente cunca hidrográfica. Implantado na cima dun dos promontorios que recortan a vertente da serra, coa cota máxima de 563 metros de altitude, desde onde se divisa unha paisaxe única, ben conservada nas súas envolventes inmediata e alongada, o castro toma posición altivo sobre a ribeira de Cantelães, uníndose á vertente da serra por unha chaira nivelada, de fácil acceso. A vertente Norte, menos extensa pero con máis pendente, presenta máis afloramentos graníticos, contrastando coa vertente Sur, máis ampla e armada en longas plataformas artificiais, cunha boa exposición solar. O Castro de Vieira encóntrase a menos de 2 km do centro da vila de Vieira do Minho, con acceso pola Estrada Nacional 526 que a une a Pinheiro. No km 1,1 xírase á esquerda, cara ó Norte, por unha estrada de terra batida, que conduce ata a chaira da aba da vertente nacente na que se sitúa o sitio arqueolóxico, a partir do que se poderá visitar o lugar.

Que ver

| 71 |

O poboado fortificado ocupa unha área de aproximadamente 15 hectáreas, polo que se pode incluír na lista dos seis grandes poboados castrexos do val do Ave. Presenta un sistema defensivo composto por tres liñas de murallas concéntricas que, na vertente Sur, defenden amplas plataformas artificiais, por onde se distribúen vestixios de construcións de planta circular e rectangular, recolléndose alí fragmentos de cerámica doméstica indíxena e material ro-

mano. En recentes traballos arqueolóxicos, recolléronse instrumentos líticos diversos, fragmentos de pezas cerámicas de cronoloxía comprendida entre a Idade do Ferro e a Idade Media, e o anaco dunha ara romana sen inscrición. Por outra banda, definiuse con rigor a planta da fortificación medieval. Desde o punto de vista histórico, o Castro de Vieira reviste un interese particular porque alí se edificou, nos séculos centrais da Idade Media, o castelo sede do Territorio Velariae (ou Terra de Veeira), á sombra do que se fundou o mosteiro de São João de Vieira, célebre por ter falecido alí Santa Senhorinha, o 22 de abril do ano 982. Condicións de visita O recoñecemento do valor histórico, cultural e científico do monumento, así como a percepción do seu elevado potencial de valorización, conduciron ó Municipio de Vieira do Minho a promover, xunto coa Universidade do Minho, un proxecto de estudo, valorización e divulgación do Castro e Castelo de Vieira, co obxectivo de garantir a súa conservación e de convertelo en accesible ó público. Información adicional

Castro de Vieira X: 573467 Y: 4609844

Cunha, Arlindo Ribeiro da (1975): Trepando os Montes. O Distrito de Braga, 2ª serie, 1 (1–4) pp. 507–508. Braga. Silva, Armando Coelho Ferreira da (1986): A Cultura Castreja do Noroeste de Portugal. Paços de Ferreira.


Castro do Monte das Eiras

| 72 |

Na metade da aba cara ó sueste identificouse un impresionante exemplar de balneario castrexo, que podería ser o punto de maior interese para os visitantes. Consérvanse o forno e a cámara de sauna, así como a antecámara. A Pedra Formosa ten significativos motivos decorativos da Idade do Ferro. Conservase tamén parte da estrutura do patio. Tras ser relocalizado en 1989, nel efectuáronse sondaxes arqueolóxicas en 1990/1991 baixo a responsabilidade de Francisco Queiroga e António Dinis. Condicións de visita En breve iniciarase un proxecto de revalorización do balneario e do castro. Información adicional Queiroga, Francisco (1992): War and Castros. New approaches to the northwestern Portuguese Iron Age, Dissertação de Doutoramento. Oxford. Localización e accesos

Na conca do río Ave, no seu curso intermedio, érguese unha pequena cordilleira que separa dous dos seus afluentes: o Pele e o Pelhe. Nos contrafortes meridionais deste relevo, a unha cota de 384 metros, foi situado o poboado coñecido como Monte das Eiras. Esta elevación separa catro parroquias do concello de Famalicão: Joane, Pousada de Saramagos, Telhado e Vermoim. A partir de Famalicão debe tomarse a Estrada Nacional 206. Ó chegar a Pousada de Saramagos debe xirarse á esquerda, pouco despois do quilómetro 30, en dirección ó lugar de Ramo. A partir de aquí debe tomarse o camiño que sobe ó monte (a pé ou en vehículo todoterreo), desde o que se observa o balneario, ostensiblemente, desde o lado dereito do carril, na metade da subida. O traxecto desde a poboación faise a pé en preto de 15 minutos.

Dinis, António Pereira (1993): Ordenamento do Território do Baixo Ave no I milénio a. C., Dissertação de Mestrado. Porto. Queiroga, Francisco Reimão e António Pereira Dinis: «A estrutura de banhos castreja do castro das Eiras», Actas do Colóquio de Homenagem a Carlos Alberto Ferreira de Almeida. Santiago de Compostela.

Castro do Monte das Eiras X: 546409 Y: 4587364

Que ver

Na cima do monte consérvanse vestixios do poboado, cun complexo sistema de murallas. No declive Sur identifícanse algunhas estruturas habitacionais postas ó descuberto, nos anos noventa, por Francisco Queiroga e António Dinis, concretamente patios con pavimento de lousa e estruturas rectangulares. Outros indicios son visibles nos camiños de acceso. A ocupación do lugar foi datada entre o século I a. C. e o século III d. C. Abundan os vestixios de material do período romano. O acceso a este lugar non é fácil, polo que é posible acceder só a pé, nun lento percorrido.


Distrito de Porto


Monte Mozinho

| 74 |

Que ver O Monte Mozinho é un punto de referencia na historia da Arqueoloxía dos castros. En 1930 Abílio Miranda organizou datos dispersos. As primeiras escavacións débense a Elísio Sousa (desde 1943 a 1954), continuando intervencións de Russell Cortez, en 1947, e de Carlos Alberto F. Almeida entre 1974 e 1979. A partir de 1982 ata a década dos 90 as escavacións foron orientadas por Teresa Soeiro. Nos últimos anos a orientación do estudo e musealización estivo baixo a responsabilidade de Teresa Pires de Carvalho.

Localización e accesos

O castro de Monte Mozinho ocupa un outeiro destacado, de suave declive, na beira do Camba, afluente do río Sousa. Ademais, nun contexto máis amplo, a súa posición, a media distancia entre o val dese río e o do Tâmega, confírelle un notable valor estratéxico, controlando o acceso, tanto ós territorios do Norte da banda final da conca do Doiro como á zona interior. De feito, vixía un corredor de circulación terrestre, que se dirixe de Oeste a Leste, ó longo dunha serie de cumios. O monte elévase a unha altitude de 408 m, e posúe un substrato rochoso granítico. Sitúase nas parroquias de Galegos e Oldrões, concello de Penafiel, e está clasificado como Imóvel de Interesse Público desde 1948. Partindo de Penafiel, debe tomarse a Estrada Nacional 106, en dirección a Castelo de Paiva. Pasados 4,1 km (cerca de 6 minutos) débese xirar á dereita, cara á Estrada Nacional 106–3, en dirección a Paço de Sousa. Ó percorrer 500 m (1 minuto) hai que xirar á esquerda, polo camiño municipal 1300, sinalizado como Castro de Mozinho. Pasados 4,6 km (cerca de 4 minutos) encóntrase o lugar de estacionamento do castro, seguindo sempre as placas indicativas do sitio.

Este poboado pode ser incluído na categoría dos oppida, tanto pola súa dimensión como pola súa cronoloxía, situada na época de Augusto, desenvolvéndose o poboado durante o século I. Tres filas de muralla circundan o castro, cunha área de implantación urbana de preto de 20 hectáreas. Na fila interior ábrense portas de acceso, nunha das cales se conserva o suco no que funcionaría o sistema de peche da porta. Distínguense ramplas de acceso ás murallas. No seu conxunto, o castro de Mozinho presenta unha estrutura protourbana, orientada por un grande eixe Norte–Sur, cortado por divisións perpendiculares, pavimentadas con lousas, observándose un sistema de desau-

Monte Mozinho X: 557788 Y: 4555225


| 75 |

gue de augas domésticas e pluviais, con canles, coma na Citânia de Briteiros. Esta distribución, a semellanza doutros castros de grandes dimensións, delimita varios sectores, en que se agrupan as unidades domésticas con diferentes estruturas circulares ou rectangulares, ó redor dun patio central. Os chans das construcións, aparentemente, eran de terra batida, arxilosa. De entre estas unidades sobresaen estruturas de tipo domus, erixidas no contexto da Romanización. Un elemento notable e peculiar é o podium dun pequeno templo xunto á rúa principal, na área urbana exterior á primeira muralla. Na plataforma cumio da elevación destaca unha vasta estrutura elíptica, formando un recinto de utilización pública indefinida, a semellanza da Citânia de Santa Luzia, onde, non obstante, foi detectada unha construción no interior, mentres que en Mozinho non se

descubriron estruturas ou cimentos. Xa fora do espazo urbano, ó Noroeste, detectouse unha necrópole. O numeroso material recollido inclúe fragmentos de cerámica da Idade do Ferro, cerámica común romana de importación, vidros, unha ampla colección de moedas, así como utensilios agrícolas e armas, obxectos de adorno ou xoiería en prata. O descubrimento de 3 aras, unha das cales está dedicada a Xúpiter, confirma a significativa romanización do poboado. Dito material estaba distribuído por varias entidades —Museu Municipal de Penafiel, Museu de Etnografia e História do Porto, Museu de Antropologia da Universidade do Porto—, pero xa se encontra reunido en Penafiel. Condicións de visita O acceso ó castro foi pavimentado recentemente, existindo unha ampla área de estacionamento xunto ó

centro de interpretación. A área do castro encóntrase limpa e as estruturas consolidadas. Existe un garda residente no lugar.

zinho: os últimos trabalhos desenvolvidos», en Teresa Pires de Carvalho (coord.), «Castro, um lugar para habitar», Colóquio, Cadernos do Museu, 11, pp. 121–154. Penafiel.

Información adicional Almeida, Carlos A. Ferreira de (1980): «Escavações no Monte Mozinho, Penafiel, 1974; Escavações no Monte Mozinho II, 1975–1976, Penafiel, 1977; O templo do Mozinho e seu conjunto», Portugalia, Nova Série, 1, pp. 51–56. Porto. Carvalho, Teresa Pires de (2005): «O Castro do Mozinho: as candidaturas ao POC–ON e INTERREG III A», en Teresa Pires de Carvalho (coord.), «Castro, um lugar para habitar», Colóquio, Cadernos do Museu, 11, pp. 107–120. Penafiel. Carvalho, Teresa Pires de e Francisco Queiroga (2005): «O Castro do Mo-

Soeiro, Teresa (1984), «Monte Mozinho (1984). Apontamentos sobre a ocupação entre Sousa e Tâmega em época romana, Penafiel», Boletim Municipal de Cultura, 3ª Série, 1, pp. 123–299. Penafiel. Soeiro, Teresa (1998): «Monte Mozinho: 25 anos de trabalhos arqueológicos. Homenagem a Carlos Alberto Ferreira de Almeida». Cadernos do Museu, 2, pp. 11–28. Museu Municipal de Penafiel. Inventário do Património Arquitectónico (DGEMN): www.monumentos.pt


Citânia de Sanfins

| 76 |

Que ver A Citânia de Sanfins é un dos lugares máis emblemáticos da Cultura Castrexa do Noroeste peninsular. Ó ser unha das grandes citanias do Entre Douro e Minho é un dos mellores exemplos do protourbanismo da II Idade do Ferro, cunha organización funcional do espazo urbano, que se estende por unha vasta área en altiplano. A Citânia está rodeada por tres liñas de muralla, máis un cuarto aliñamento complementario. Percíbense varias portas nas murallas reforzadas por foxos ó Norte e ó Sur. Xunto a unha das portas, na segunda muralla, foi localizada unha estatua de guerreiro, actualmente representada por unha réplica. A relevancia deste descubrimento foi, máis tarde, confirmada polo achado do guerreiro de S. Julião (Vila Verde), igualmente detectado xunto á segunda liña de muralla.

Localización e accesos

O relevo da zona Suroeste do Entre Douro e Minho, aínda que cunha media de altitude relativamente baixa, está moi fragmentado. Entre as diversas unidades xeomorfolóxicas destacan algúns cumes que, polo seu carácter impoñente, dominan a paisaxe circundante nunha extensión de moitos quilómetros. É o caso do monte (570 metros) onde está situada a Citânia de Sanfins. A súa posición entre os límites das concas hidrográficas do Douro e do Ave debe ser subliñada, explicando a súa relevancia estratéxica, no marco da paleoxeografía da Gallaecia. Ó Norte as liñas de auga diríxense cara ó Ave. Ó Sur converxen cara ó río Eiriz, tributario do río Ferreira, que á súa vez desemboca no Sousa, próximo á confluencia deste último co Douro. O cumio onde foi erguido o castro é aplanado, o que facilitou a organización do sistema defensivo e o ordenamento protourbano. Partindo da cidade de Paços de Ferreira debe collerse a Estrada Nacional 319, en dirección a Santo Tirso. Despois de 1,7 km (cerca de 5 minutos), na localidade de Trindade debe xirarse á dereita cara á estrada municipal 513, en dirección a Sanfins de Ferreira. Pasados 7,7 km (aproximadamente 13 minutos), seguindo a sinalización dispoñible, chégase á Citânia de Sanfins.

A área intra muros ocupaba polo menos 15 hectáreas. A estrutura urbana do poboado está ordenada por un grande eixo Norte/Sur, atravesado por diferentes eixos perpendiculares, no que constitúe un notable ensaio de ortogonalidade na ordenación do espazo urbano. Delimitadas polas urbanizacións e muros limítrofes obsérvanse varias unidades domésticas con construcións circulares, con ou sen vestíbulo, e rectangulares, ó redor dun patio central, en ocasións pavimentado con laxes. Polas súas caracterísCitânia de Sanfins X: 551376 Y: 4574880


| 77 |

ticas morfolóxicas, Sanfins é un dos mellores lugares para observar este modelo de protourbanismo. Unha das unidades encóntrase reconstruída, de tal forma que lles permite ós visitantes comprender mellor a importancia da familia extensa como núcleo básico da sociedade castrexa. No centro da plataforma, dúas grandes construcións son interpretadas como estruturas protohistóricas de carácter ritual. Un dos maiores puntos de interese da Citânia é o balneario castrexo, localizado fóra da área urbana posta a descuberto, pero intra muros, xunto a un pequeno manancial de onde aínda brota auga. O balneario presenta unha estrutura común ás restantes construcións do xénero, con fornelo de sección circular, cámara de sauna, vestíbulo —separado da cámara pola pedra formosa decorada— e patio exterior cuberto de laxes, onde aínda se conservan dous tanques, así como as

canalizacións de abastecemento e sumidoiros. Distínguese, tamén, unha fonte. O descubrimento deste equipamento, na década de 1970, foi decisivo para a interpretación subseguinte destes monumentos, anteriormente considerados como fornos crematorios desde o achado de estrutura idéntica en Briteiros, na década de 1930. No punto máis elevado da Citânia, xunto ó marco xeodésico, subsisten os alicerces dunha capela medieval (dedicada a S. Romão), encadrada no espazo dunha necrópole de inhumación.

Universidade do Porto asumiu, a través de Carlos Alberto Ferreira de Almeida, o estudo do poboado, proseguido por Armando Coelho F. Silva, que dirixiu sucesivas campañas, conxuntamente con Rui Centeno, ata 1993. A partir deste ano elabórase un proxecto de musealización, incluíndo a restauración de estruturas arqueolóxicas e a construción dunha estrutura de apoio ás visitas. Actualmente é responsable do estudo da Citânia de Sanfins Armando Coelho F. Silva, Director do Museu Arqueológico de Sanfins e Profesor da FLUP.

A Citânia de Sanfins, Monumento Nacional desde 1946, foi primeiramente identificada en 1895 por Martins Sarmento e Leite de Vasconcelos. As maiores intervencións foron, con todo, efectuadas a partir de 1944 e 1967 por Eugénio Jalhay (só ata 1950) e Afonso do Paço. A partir de 1968 a Facultade de Letras da

Condicións de visita A Citânia dispón de fácil acceso a todo tipo de vehículos, por estrada asfaltada. Existe unha recepción con cafetería e aseos a poucos metros do acceso á área das ruínas. Por todo o xacemento arqueolóxico existe información gráfica con explicación de va-

rios pormenores relativos ós hábitats da Idade do Ferro, así como unha planta global do conxunto. Está programada a renovación do sistema de refuxio e información gráfica. A visita ó monumento debe ser complementada cunha visita ó Museu Arqueológico da Citânia de Sanfins, situado na aldea, a pouco máis de 1 km, onde se poden ver os materiais recollidos no castro. Información adicional Silva, Armando Coelho Ferreira da (1986): A Cultura Castreja no Noroeste de Portugal. Paços de Ferreira. Silva, Armando Coelho Ferreira da (1999): Citânia de Sanfins. Catálogo do Museu Arqueológico da Citânia de Sanfins. Paços de Ferreira. Inventário do Património Arquitectónico (DGEMN): www.monumentos.pt


Cividade de Terroso

| 78 |

Que ver A Cividade é, como Briteiros ou Santa Luzia, un lugar histórico da arqueoloxía dos castros en Portugal. O sitio foi mencionado por Martins Sarmento, nos seus «Dispersos». Con todo, a primeira grande intervención remóntase ós anos 1906/1907, cando Rocha Peixoto e José Fortes, membros do chamado Grupo da Portugália, que pretendían profundar nos estudos do arqueólogo vimarense e de quen se consideraban discípulos, realizaron escavacións alí. Neses traballos, ademais de conxuntos habitacionais, foron identificadas cistas funerarias, confirmadas en posteriores escavacións. Máis recentemente, Armando Coelho F. Silva, da Facultade de Letras de Porto, efectuou actividades de escavación entre 1980 e 1982. Nos últimos anos foi desenvolvido un proxecto de estudo e valorización por iniciativa da Câmara Municipal da Póvoa de Varzim, orientado por José Manuel Flores Gomes.

Localización e accesos

Entre as concas hidrográficas do río Cávado, ó Norte, e do Ave, ó Sur, esténdese, ó longo da costa, unha ampla chaira, puntuada por algúns relevos que, a pesar da súa escasa altitude, posúen un espléndido dominio sobre a paisaxe envolvente. Nun deses relevos, nunha elevación sobre a planicie atravesada polo río Esteiro, que desemboca no océano a poucos quilómetros, localízase un poboado protohistórico (altitude de 153 m), coñecido como Cividade de Terroso —parroquia de Terroso, concello de Póvoa de Varzim—. O acceso é simple, facilitado pola proximidade da cidade. A partir de Póvoa de Varzim debe tomarse a Estrada Nacional 205 en dirección a Barcelos. Pasados 3 km (aproximadamente 4 minutos) chégase á parroquia de Terroso, xirando á dereita no cruce sinalizado á Cividade. Despois dun curto traxecto de 1,3 km (3 minutos), seguindo a sinalización existente, alcánzase o centro de recepción da Cividade.

A Cividade de Terroso é un dos lugares da Idade do Ferro mellor conservados entre o Doiro e o Miño. O poboado, do que a súa primeira fase de ocupación se remonta á Idade do Bronce Final (s. IX a. C.), seguiu estando habitado ó longo de todo o milenio. Como xa se verificou noutros castros o primeiro hábitat instalouse na coroa do monte, o que supón que, polo menos a partir dos

Cividade de Terroso X: 523315 Y: 4584584


| 79 |

séculos VI–V a. C, xa tivo que ser edificada a primeira liña de muralla, interior, composta por dous aliñamentos paralelos, feitos de grandes pedras irregulares. A esta primeira muralla uniuse unha segunda co mesmo centro. Posteriormente foron engadidas máis liñas defensivas nas diferentes ladeiras do monte, adaptadas á morfoloxía do terreo. A área da plataforma superior correspóndese co núcleo visitable, onde se conservan numerosas unidades domésticas con diferentes estruturas dispostas derredor de patios laxeados, e segundo dous eixos ortogonais. No seu conxunto as ruínas observables datan da II Idade do Ferro, con alteracións influenciadas polo contacto co mundo romano. Pero, baixo as casas máis recentes, consérvanse indicios das fases máis antigas do poboado. Entre as diversas unidades domésticas son particularmente interesantes os núcleos

para gardar o gando e o VII. As escavacións realizadas no segundo conxunto permitiron diferenciar o uso de cada unha das construcións, incluíndo unha casa destinada ás comidas comúns da extensa familia que habitaba esta unidade. A constatación dese urbanismo inicial coloca este sitio entre a tipoloxía definida para os castros do Noroeste, da fase final da Idade do Ferro. A Cividade de Terroso está clasificada como Imóvel de Interesse Público desde 1961.

posúe textos complementarios sobre a fauna e flora autóctonas. Ó longo do itinerario visitable encóntrase sinalización gráfica con informacións relativas á cultura e vida cotiá da Idade do Ferro. As estruturas habitacionais da plataforma superior, así como a primeira muralla, encóntranse consolidadas, nunha acción de restauración a grande escala. O material máis significativo, recollido nas escavacións, encóntrase exposto ó público no Núcleo de Arqueoloxia do Museu Municipal de Etnografia e História de Póvoa do Varzim.

Condicións de visita Información adicional O lugar encóntrase visitable e dispón dun recente centro de recepción con aparcamento. Existe información acerca do poboado e da historia da súa investigación, incluída unha guía do visitante, con textos en inglés. A guía encadra a Cividade no contexto arqueolóxico de Póvoa de Varzim e

Cividade de Terroso–Guia do Visitante (textos de José Manuel Flores Gomes e Deolinda Maria Veloso Carneiro). Subtus Montis Terroso, Património arqueológico do Concelho da Póvoa de

Varzim (José Manuel Flores Gomes e Deolinda Maria Veloso Carneiro). Câmara Municipal da Póvoa de Varzim: www.cm–pvarzim.pt Inventário do Património Arquitectónico (DGEMN): www.monumentos.pt IPPAR: www.ippar.pt


Monte Padrão

| 80 |

Os medios de transporte débense estacionar xunto á capela. Encontramos o castro no cume da elevación próxima, o Monte do Padrão, efectuándose a subida en poucos minutos. Que ver

Localización e accesos

O macizo designado Monte Córdova ocupa unha privilexiada situación xeoestratéxica, pois divide as concas hidrográficas dos ríos Ave e Leça, das que domina os seus nacementos. Deste macizo resalta o Monte Padrão, destacado sobre o val do río Sanguinhedo, afluente do Ave, e sobre o val do río Leça. Desde o alto do Monte, que ten unha altitude de 413 m, domínase, visualmente, unha ampla sección do val do Ave e numerosos e fértiles alvéolos, así como a planicie fluvial do río. O castro erguido no Monte Padrão controlaba non só a navegación fluvial, senón tamén un corredor terrestre que ligaba Cale coa zona nuclear dos Bracari. Saíndo da cidade de Santo Tirso débese tomar a estrada Nacional 319, na dirección de Paços de Ferreira. Despois de 7,6 km (cerca de 12 minutos), ó chegar á localidade de Monte Córdova e xunto á igrexa parroquial, débese xirar á dereita no cruce sinalizado como «Estação arqueológica». A partir de aquí débese seguir a estrada empedrada, seguindo a sinalización até alcanzar a capela da Senhora do Padrão, despois de 800 m (2 minutos).

O Monte Padrão, situado na parroquia de Monte Córdova, concello de Santo Tirso, é un dos grandes castros de Entre Douro e Minho, cunha destacable continuidade, que testemuña máis de dous mil anos de historia, polo que o seu título de Monumento Nacional desde 1910 é xusto. O lugar foi extensivamente intervido, entre 1950 e 1956, por Carlos Faya Santarém, incidindo as escavacións particularmente sobre a zona Norte da acrópole, onde foi descuberto un notable conxunto edificado xa na época romana. Non obstante, a ocupación do lugar remonta ó Bronce Final (século IX a. C.), conforme ós vestixios detectados na plataforma superior en investigacións realizadas por Manuela Martins, na década dos 80 do século XX. Novas intervencións foron realizadas na década de 1990 baixo a responsabilidade de Álvaro Moreira, traballos que proseguen anualmente. Tal como noutros sitios paradigmáticos do Noroeste de Portugal, un primeiro núcleo poboacional tería evolucionado a un castro da Idade do Ferro, do que subsiste, ben conserva-

Monte Padrão X: 546100 Y: 4573573


| 81 |

da e visible, principalmente ó Sur e ó Leste, a primeira fila de muralla, que defendía a plataforma superior, e tamén hai vestixios de dúas liñas máis, detectables polas ribadas artificiais. No cume achaiado do monte obsérvanse estruturas do período castrexo, concretamente casas circulares con ou sen vestíbulo, nunha área de gran dinamización urbana, evidenciada pola superposición de estruturas. No panorama do proceso de romanización foi erguido un edificio de tipo domus, e tamén grandes construcións rectangulares ó Norte. A casa posúe un perístilo: un amplo patio laxeado cuadrangular, rodeado por soportais, para o que se abren diversos compartimentos rectangulares. Ó Norte deste edificio obsérvanse amplos compartimentos que parecen estar asociados ó núcleo residencial. A ocupación medieval non foi menos importante, no contexto da cristiani-

zación no Noroeste, e existe relación coa presenza de S. Rosendo, figura emblemática do período da Reconquista. Consérvanse, preto da entrada Leste do conxunto, os alicerces dunha capela altomedieval, dedicada a S. Rosendo, así como un edificio posterior baixomedieval. Deste período data a necrópole de inhumación que rodea os cimentos das construcións medievais, con sarcófagos formados por pedras de granito e tampas, que está asociada ó considerable legado cerámico medieval. A Câmara Municipal desenvolveu accións de conservación e restauración, complementadas pola escavación de novos sectores. Os numerosos materiais recollidos neste lugar están depositados no Museu Abade Pedrosa, onde se poden observar os elementos máis significativos.

Condicións de visita O poboado presenta boas condicións de visita, coas ruínas coidadosamente limpas e coa sinalización adecuada. Encóntrase neste momento en fase de musealización, existindo no lugar información gráfica a través de paneis explicativos, en portugués e inglés. Destaca a agradable mancha de sobreiras, especie autóctona, indicadora dunha zona de transición climática. Está programado un centro de recepción. Por agora, os servizos de cafetería e aseos existen soamente na localidade de Monte Córdova, a 800 m. Información adicional Moreira, Álvaro, (1991): «Estação Arqueológica de Monte Padrão», Santo Tirso Arqueológico, 1, pp. 28–30. Santo Tirso.

Câmara Municipal de Santo Tirso: www.cm–stirso.pt Inventário do Património Arquitectónico (DGEMN): www.monumentos.pt


Castro de Alvarelhos

| 82 |

Partindo de Trofa débese coller a Estrada Nacional 14 en dirección á Maia. Pasados 6 km (cerca de 8 minutos), na parroquia de Muro débese xirar á dereita, cara á estrada Nacional 318, en dirección a Vila do Conde. Pasados 2,3 km (cerca de 3 minutos) débese torcer de novo á dereita cara a un camiño de terra que se dirixe ó lugar de Sobre Sá. Alcánzase a estación arqueolóxica pasados 500 m (cerca de 2 minutos), á dereita do camiño. Que ver

Localización e accesos

A pesar de que a súa altitude non é moi elevada (218 metros), este poboado dispuña dunha envexable situación estratéxica, similar nalgúns aspectos á Cividade de Bagunte, aínda que lixeiramente situado máis cara ó interior, a media distancia entre os ríos Ave e Leça, que desemboca ó Norte da cidade de Porto. Ademais, no lugar onde se sitúa o castro discorre o límite entre as dúas cuncas. Mentres que Bagunte controlaba a vía fluvial, Alvarelhos vixiaba un corredor terrestre de circulación que se dirixía en diagonal desde a desembocadura do río Doiro ata as cuncas hidrográficas do Ave e do Cávado, cara a unha área de elevada densidade de grandes castros. Este corredor foi aproveitado en sucesivas épocas. Na época romana pasaba, inmediatamente ó Sur do poboado, a vía oficial entre Cale e Bracara, sinalada por miliarios. En tempos recentes foi construída, no mesmo corredor, a EN Braga–Porto, ademais da A3 (Porto–Braga–Valença) e, máis contra o Sueste, a liña ferroviaria do Miño.

Este gran poboado foi inicialmente investigado en 1899 por José Fortes, no marco do proxecto de estudos da Proto–História do Noroeste, desenvolvido polo equipo de Porto ó que pertencía aquel investigador —coñecido como grupo da Portugália, nome da revista que publicaran—, á que seguiu unha publicación de C. A. Ferreira de Almeida en 1978 e de Joaquim Torres en 1979. Máis tarde realizáronse intervencións sobre o terreo, levadas a cabo en 1984 e 1986, no ámbito de situacións de emerxencia. En 1994 o lugar foi escavado no contexto dun proxecto de investigación baixo a responsabilidade de Álvaro de Brito Moreira. Nos últimos anos efectuáronse campañas de rexistro e limpeza promovidas pola Câmara Municipal da Trofa.

Castro de Alvarelhos X: 531946 Y: 4572221


| 83 |

A estrutura do poboado aínda non está ben definida. Ocupaba unha área considerable, talvez superior a oito hectáreas, no triángulo formado por S. Marçal, Sobre Sá e Monte Grande, con estruturas localizadas nas plataformas intermedias, onde se dispoñen varias ribadas. O castro tería tres liñas de muralla. A análise e delimitación da superficie total do lugar foron dificultados pola presión urbanística, pola cobertura vexetal densa e polos diversos equipamentos industriais.

A localización deste poboado a carón da importante vía romana Bracara/Cale, unida á grande expansión urbana que posiblemente se produciu no período romano, indica que estamos ante un importante aglomerado secundario, non só polas estruturas xa exhumadas, senón tamén por diversos achados, coma tesouros monetarios e un notable fondo dunha pátera —vaso ritual en prata— cunha representación de Marte e unha inscrición con letras gravadas en ouro.

A zona de visita máis significativa correspóndese cunha plataforma intermedia, intervida en proxectos recentes, onde se identificaron, ademais de estruturas circulares castrexas, claros indicios arquitectónicos de romanización, engadidos ás construcións da Idade do Ferro, e un probable edificio termal.

A reorganización do espazo habitado, na época romana, esconde o borrou os vestixios máis nítidos da Idade do Ferro, cunha extensión que está comprobada polo descubrimento de casas circulares no lugar de Sobre Sá. Non obstante, a ocupación do lugar foi moito máis ampla, aparecendo materiais datados no Bronce Final e vestixios que se estenden ata a Idade Media. Foi rexis-

trado en fontes documentais do século X e consérvanse as ruínas dunha capela medieval.

Santo Tirso. A estação arqueológica de Alvarelhos», Santo Tirso Arqueológico, 2, pp. 34–47. Santo Tirso.

Condicións de visita

Câmara Municipal da Trofa: www.mun–trofa.pt

A área das ruínas, posta ó descuberto e observable, correspondente a unha das plataformas intermedias do poboado onde se identificaron os vestixios arquitectónicos romanos, é propiedade municipal e encóntrase vedada. A área restante é bastante indefinida, debido á intensa vexetación, maioritariamente eucaliptal, que ocupa as elevacións circundantes. Para unha visita á área escavada debe contactarse coa Câmara Municipal da Trofa. Información adicional Moreira, Álvaro Brito (1992): «Elementos para a Carta Arqueológica de

Inventário do Património Arquitectónico (DGEMN): www.monumentos.pt


Cividade de Bagunte

| 84 |

minutos) débese xirar á esquerda cara a Bagunte, atravesando a localidade en dirección ó monte da Cividade, pola estrada municipal 527. 2,3 km despois (5 minutos) encóntrase sinalizada a Cividade, á esquerda da estrada. Hai un espazo reservado para aparcar. Que ver No Monte da Cividade é posible visualizar un poboado fortificado de dimensións considerables, talvez un dos maiores do Noroeste, cunha extensa área, igual ou superior á das grandes citanias de Entre Douro e Minho. A súa ocupación esténdese desde a Idade do Bronce á Antigüidade Tardía, aínda que destaca a organización da II Idade do Ferro. O castro parece que tivo, no seu momento de máxima expansión, polo menos cinco aliñacións de murallas. As primeiras referencias débense a nomes ilustres da Arqueoloxía portuguesa: Francisco Martins Sarmento, Leite de Vasconcelos, Ricardo Severo e Fonseca Cardozo.

Localización e accesos

Na franxa Suroeste do Entre Douro o relevo é pouco elevado, aínda que se rexistren algúns cumes con posición dominante. Nun deses relevos foi edificada a Cividade de Bagunte (altitude de 206 m) cun control xeoestratéxico case único entre os grandes poboados. Cara ó Oeste vixiaba a plataforma litoral, extensa e fértil. Por outro lado dominaba tanto a confluencia dos ríos Ave e Este como os tramos finais destes dous cursos de auga, ó Sur e Norte, respectivamente. Controlaba, así, o acceso, a través do val do Este, ó corazón do territorio dos Bracari, e a entrada ó val do Ave, onde está a Citânia de Briteiros. Partindo de Vila do Conde, debe tomarse a Estrada Nacional 206, en dirección a Vila Nova de Famalicão. 5 km despois (7 minutos) débese xirar á dereita, en dirección a Junqueira, pola estrada municipal 525–4. En Junqueira alcánzase o cruce coa Estrada Nacional 306 (1,9 km despois, cerca de 5 minutos), no cal debemos seguir de fronte, en dirección a Bagunte. Pasados 1,6 km (cerca de 2

A zona arqueolóxica foi escavada en 1947 por Russel Cortez, quen puxo ó descuberto ruínas de casas circulares, rectangulares, así como un conxunto doméstico do tipo domus, revelando a importancia científica do lugar. Estes vestixios foron, posteriormente, cubertos por un extenso eucaliptal.

Cividade de Bagunte X: 528555 Y: 4580753


| 85 |

Non obstante, nos últimos anos realizáronse intervencións de estudo e valorización promovidos pola Cámara Municipal de Vila do Conde, que está desenvolvendo neste castro un ambicioso e ben fundamentado proxecto, orientado por Paulo Costa Pinto e Pedro Brochado de Almeida, o que xa permitiu remover árbores, establecendo itinerarios, abrindo claros de áreas visitables e rexistrando as estruturas. Desta forma, podemos observar ruínas de construcións de aparello granítico, rectangulares e circulares, así como extensos patios centrais laxeados, un dos elementos típicos das grandes citanias do Noroeste de Portugal. As estruturas encóntranse agrupadas en unidades habitacionais e estas en quinteiros. Pola calidade dos paramentos das casas e o efecto estético dos laxeados son evidentes

as afinidades coa Citânia de Briteiros, con Santa Luzia ou coa Cividade de Âncora. Aínda que non foi descuberta ningunha estatua dun posible príncipe, considerando a dimensión e posición da casa de campo debemos admitir que foi sede dun dos varios populi que vivían no espazo entre o Douro e o Miño, pese a que o seu nome sexa descoñecido. Situada na parroquia de Bagunte, no concello de Vila do Conde, é Monumento Nacional desde 1910 e posúe unha Zona Especial de Protección desde 1960, o que permitiu manter a súa integridade visual e a da paisaxe circundante. Ó Norte, na aba do monte consérvase unha antiga vía de circulación utilizada, polo menos, desde a época romana e que máis tarde foi Camiño de Santiago.

Condicións de visita A pesar de que o terreo aínda é de propiedade privada é posible visitar os puntos máis interesantes do poboado, concretamente a plataforma superior, seguindo a sinalización implantada. Algunha información gráfica encóntrase esparexida polos varios puntos de interese da Cividade, materializada en pequenos «guerreiros galaicos» de madeira. A visita é libre e gratuíta, a partir do centro de recepción. Información adicional Pinto Costa, Paulo (2003): «O Parque Arqueológico de Bagunte. Projecto de dinamização Cultural da área da Cividade de Bagunte», Actas dos Encontros do Património, Vila do Conde. Inventário do Património Arquitectónico (Dgmen): www.monumentos.pt



Distrito de Vila Real


Castro de São Vicente da Chã

| 88 |

poboado. Todo indica que o castro, posible sede dun pobo, se tería desenvolvido, sobre todo, na plataforma superior da cuíña, dentro dos límites da segunda muralla. Alí vense restos de construcións de aparello castrexo, así como muros de soporte do nivel de circulación do hábitat. O poboado cínguese ó cume, a excepción dunha prolongación da muralla externa por unha planicie natural. Neste lugar, parcial e periodicamente cuberto polas augas da albufeira, apenas se conserva un tenue aliñamento da muralla externa. Distínguense, aquí, vestixios de estruturas, fragmentos de cerámica e anacos de residuos de ferro. Todo indica que o poboado tería unha área urbana extensa, incluíndo un sector cunha evidente actividade metalúrxica. Os vestixios, patentes no lugar, remóntanse á Idade do Ferro, sendo escasos os indicios de romanización, aínda que a pouca distancia do poboado, cara ó Norte, se conserve o trazado da vía romana XVII. O sitio foi estudado por Santos Júnior, que puxo ó descuberto as construcións observables. Condicións de visita A localización deste castro encóntrase próxima a un eixo de gran circulación: a EN entre Braga e Chaves. O acceso é gratuíto e faise en 15 minutos a pé a partir da aldea de São Vicente da Chã. Determinados puntos do castro poderían ser perigosos, tendo en conta a elevada pendente. En inverno o lugar apenas é accesible por barco. Localización e accesos

Nas cabeceiras do Alto Rabagão, nun relevo en esporón, case totalmente circundado polo curso de auga, atópase o castro de São Vicente, na parroquia de Chã. A pesar de ter unha altitude pouco saínte (898 metros) fronte ás montañas circundantes, ocupa unha posición central. Ademais, posúe unha excelente visibilidade sobre a meseta envolvente. Actualmente, o poboado destaca pouco debido á mancha da grande albufeira de Pisões. Saíndo de Montalegre debe tomarse a estrada en dirección a Chã e á EN 103. Pasados 4,2 km (4 minutos) chégase á poboación de Chã, debendo tomar a dirección de Boticas e Chaves. Cerca de 400 metros máis adiante débese xirar á dereita, ata a sede da Junta de Freguesia. A partir deste punto o traxecto debe efectuarse a pé, ou en vehículo todo terreo, seguindo o camiño na dirección das marxes da albufeira de Pisões.

Que ver

O castro de São Vicente conserva parte das súas tres liñas defensivas, ademais dunha impresionante foxo que o circunda totalmente. Ó Norte aínda se pode observar unha porta de acceso ó

Castro de São Vicente da Chã X: 601027 Y: 4625342


Castro do Lesenho Localización e accesos

| 89 |

A Serra do Barroso descende cara ó sueste ata o val do Tâmega, a través dunha serie de altiplanos, puntuados por relevos residuais. O Castro do Lesenho (parroquia de Covas do Barroso) ocupa a parte superior dun relevo residual granítico por riba do Corgo dos Lamais, afluente do río Beça, á súa vez un dos principais tributarios do Tâmega. Desde o alto do Lesenho temos unha visión que abarca os macizos montañosos circundantes, incluíndo a Serra de Leiranco (Norte), e cara ó Sur a do Alvão. Saíndo de Boticas debe tomarse a EN 311, en dirección a Salto. Pasados 9,1 km (14 minutos) hai que xirar á esquerda en dirección a Campos. Despois de 1,7 km (2 minutos) xírase novamente á esquerda, entrando no camiño de terra batida que conduce ó outeiro. Alcánzase a cima do monte pasados 4,2 km (cerca de 12 minutos). O lugar tamén é accesible para vehículos lixeiros e atópase sinalizado na EN 311.

Que ver

Do impoñente poboado protohistórico que, pola súa superficie, se insire no grupo de grandes poboados, subsisten polo menos tres liñas de muralla concéntricas. As murallas conservan algunhas portas de acceso en diagonal, así como alicerces de grandes torres. Entre os aliñamentos divísanse plataformas intermedias, consideradas posibles áreas habitacionais. O poboado, de cronoloxía pouco coñecida, presenta vestixios materiais de romanización. Foron aquí recollidas, en 1785, catro estatuas de guerreiros galaicos, que foron clasificadas en 1910 como Monumento Nacional.

Moi mencionado por estes achados, o Castro do Lesenho impresiona ós visitantes non só polo impoñente do cume, senón tamén polas murallas e pola posición dominante sobre a fermosísima paisaxe envolvente. Debido á monumentalidade do sistema defensivo, ó descubrimento dos guerreiros e ó amplo control sobre o espazo circundante, foi considerado como capital dun dos populi citados por Plinio, aínda que non haxa unanimidade acerca de cal sería. O Castro do Lesenho foi obxecto dunha campaña puntual de restauración, en 1960, por Santos Júnior. Está clasificado como Imóvel de Interesse Público. Recentemente, a Cámara Municipal de Boticas promoveu accións de limpeza e o levantamento topográfico do poboado. Condicións de visita

Castro do Lesenho X: 603900

Os terreos onde foi implantado o Castro do Lesenho están integrados nunha zona forestal, sendo así un baldío, polo que o acceso é gratuíto, aínda que non existen, por agora, estruturas de apoio para os visitantes.

Y: 4611400

Información adicional Silva, Armando Coelho Ferreira da (1986): A Cultura Castreja do Noroeste de Portugal. Paços de Ferreira.


Castro de Ribas

| 90 |

ra defensiva obsérvanse dúas pedras decoradas —un labirinto e unha figura astral—. A segunda fila, apegada á primeira, esténdese pola vertente dirixida ó sueste, protexendo unha extensa plataforma. A terceira muralla sitúase na vertente Suroeste e entronca na muralla central. A cuarta está formada en aparello ciclópeo e envolve o poboado polo flanco Norte, uníndose no sueste coa segunda muralla. Na zona protexida por esta cuarta muralla atópanse os vestixios de dúas casas rectangulares e dun eventual anexo. A cronoloxía de ocupación é bastante ampla, remontándose á Idade do Bronce Final e prolongándose ata o período romano. Foi estudado por Adérito Moreira e Armando Coelho da Silva, nos anos 80 (s. XX). Condicións de visita Non existe ningunha información no lugar arqueolóxico nin infraestruturas de apoio. Con todo, a vexetación pedestre é escasa, permitindo facilmente a observación das murallas e as estruturas. Localización e accesos

O Castro de Ribas sitúase na parroquia de Argeriz, no bordo oriental do altiplano Carrazeda de Montenegro, no límite entre a Terra Fria e a Terra Quente, véndose polo Leste a cunca hidrográfica do Tua e polo Sueste a Serra de Passos. Desde o alto deste poboado domínanse as superficies encaixadas da Terra Quente e as principais montañas do Nordeste Transmontano. En conxunto con outros castros que se dispoñen no sentido Norte–Sur, o Castro de Ribas sinala o límite oriental da zona dos grandes poboados, e posúe un dos máis interesantes complexos defensivos, situándose próximo ó santuario protohistórico de Argeriz.

Información adicional Freitas, Adérito Medeiros (1989): «A cerca de Rivas», Revista de Guimarães, 99, pp. 319–365. Silva, Armando Coelho Ferreira da (1986): A Cultura Castreja do Noroeste de Portugal. Paços de Ferreira.

Saíndo de Valpaços en dirección a Carrazedo de Montenegro pola Estrada Nacional 206, débese virar á esquerda no quilómetro 156 cara a un camiño de terra batida, nun cruce sinalizado. Este desvío está case a 10 km da cidade de Valpaços. Percórrense aproximadamente 500 metros e vírase novamente á esquerda, por un camiño que nos leva ó castro (cerca de 200 metros). É un acceso practicable para todo tipo de vehículos. Que ver

O Castro de Ribas é un poboado fortificado cunha área superior a 2 hectáreas. Posúe un complexo sistema defensivo, composto por impoñentes murallas, agrupadas en catro fileiras, e vestixios doutras dúas máis. A primeira, onde se abren dúas portas, alcanza a excepcional anchura de 13 metros, na zona máis elevada, na que é visible un reforzo da muralla primitiva. No paramento da estrutuCastro de Ribas X: 633404 Y: 4604930


| 91 |

Proxecto CASTRENOR

Publicación

Promotores do Proxecto

Coordinación xeral do volume

ADRAVE – Agência de Desenvolvimento Regional do Vale do Ave, S. A. Universidade do Minho Câmara Municipal de Monção Xunta de Galicia, Consellería de Cultura e Deporte. Dirección Xeral de Patrimonio Cultural

Coordinación xeral do Proxecto Joaquim Lima (ADRAVE S. A.) Paula Peixoto Dourado (ADRAVE S. A.) Manuel Mota (Universidade do Minho) José Emilio Pedreira Moreira (Câmara Municipal de Monção) Felipe Arias Vilas (Xunta de Galicia)

Coordinación técnica do Proxecto Luísa Marinho (ADRAVE S. A.) Francisco Sande Lemos (Casa Sarmento, Universidade do Minho) Gonçalo Cruz (Sociedade Martins Sarmento) Odete Barra (Câmara Municipal de Monção) Faustino Infante Roura (Xunta de Galicia) Paz Varela Campos (Xunta de Galicia)

Francisco Sande Lemos (Casa Sarmento, Universidade do Minho) Faustino Infante Roura (Xunta de Galicia)

Nota dos coordinadores Para a selección dos xacementos arqueolóxicos que figuran nesta Guía, os coordinadores fixaron de maneira previa os seguintes parámetros para establecer cales deberían ser os xacementos seleccionados e que extensión ou importancia se debía outorgar a cada un deles: – Castros ben conservados, con estruturas debídamente consolidadas e accesibles para o gran público. – Castros que aínda que non presentasen algunha das características anteriores, se valoran como fundamentais no ámbito da Cultura Castrexa para amosar a súa variabilidade cronolóxica e/ou xeográfica. A maiores, e no contexto de Galicia, primáronse os xacementos nos que se desenvolveran campañas de intervención na última década e media, e que o seu estado actual, agás excepcións, lle permitise unha visita gratificante a un público non especializado.

Comisión de acompañamiento do Proxecto ADRAVE – Agência de Desenvolvimento Regional do Vale do Ave, S. A. (Joaquim Lima, Luísa Marinho) Câmara Municipal de Monção (Odete Barra) Comissão de Coordenação e Desenvolvimento Regional do Norte (Marília Vieira) Instituto Português do Património Arquitectónico (Anabela Lebre) Região de Turismo Verde Minho (Agostinho Peixoto) Universidade do Minho (Francisco Sande Lemos) Instituto de Estudios Galegos Padre Sarmiento (César Parcero Oubiña) Xunta de Galicia (Xulio Carballo Arceo)

Castro de Ribas X: 633404 Y: 4604930

A selección dos castros do Noroeste de Portugal obedeceu a varios criterios. No entanto o principal foi recuperar, tanto como for posíbel, puntos expresivos da estrutura dos lugares centrais do poboado castrexo. Así, a serie de lugares distribuídos ó longo da faixa litoral, controlando o acesso ó interior (Monte Mozinho, Citânia de Sanfins, Monte Padrão, Alvarelhos, Bagunte, Terroso, São Lourenço, Santa Luzia, Cividade de Âncora), e tamén os sitios establecidos no cruzamento das bacías fluviais cos dous principais eixos terrestre Sur–Norte que relacionan o Douro e o Minho por sucesivos pasos (Faria, Carmona, Santo Estevão, Briteiros, Eiras, São Julião, Cossourado, Lovelhe).


| 92 |

Foron tamén incluídos poboados do Minho e Trás–os–Montes occidental que ilustran a importancia dos ríos como rutas de poboamento (castros de Monção–Minho, de Vieira–Ave, de Montalegre–Rabagão e de Boticas–Tâmega). Pretendeuse así demostrar a significativa extensión cara ó Leste da zona nuclear da Cultura Castrexa no Norte de Portugal. Finalmente foi seleccionado un dos varios exemplos de castros situados no límite desa zona, ou sexa no extremo oriente da cordilleira que vai da Cota de Mairos até o altiplano de Alijó. O Castro de Ribas é un entre eses varios, mais que destaca pola proximidade dun santuario desde onde se avistan todas as chairas e serras do Nordeste Portugués.

Autores dos textos e das fotografías Cultura Castrexa Texto Francisco Sande Lemos Castro de Elviña Texto e fotografía de José María Bello Diéguez, agás fotografía pax. 14 autoría de Caruncho Castros de Neixón Texto e fotografía de Xurxo Ayán Vila Castro A Cidá de Borneiro Texto e fotografía de Manuel Lestón Gómez Castro de Baroña Texto de Francisco Calo Lourido, fotografía do fondo documental do Servizo de Arqueoloxía, Xunta de Galicia Punta dos Prados Texto e fotografía de César Parcero Oubiña Castro de Viladonga Texto de Felipe Arias Vilas, fotografía aérea de Gerardo Gil, resto de fotografía de Emilio Ramil González Castro de Fazouro Texto e fotografía de Víctor Barbi Alonso Castro de Zoñán Texto e fotografía de Abel Vigo García Castro de Santa María de Castro Texto e fotografía de Luis Francisco López González Castro da Torre Texto e fotografía de Antonio Álvarez Núñez

Castro de San Cibrao de Las Texto de Yolanda Álvarez González, fotografía da páx. 30 de Pere Riba, fotografía da páx. 31 de Luis Francisco López González Castromao Texto e fotografía do xacemento de Luis Orero Grandal, fotografía aérea de Gerardo Gil Conxunto arqueolóxico–natural de Santomé Texto e fotografía de Xulio Rodríguez González Cidade de Armeá Texto de Francisco Fariña Busto, fotografía do arquivo do Museo Provincial de Ourense Castro de Santa Tegra Texto de Antonio de la Peña Santos, fotografía do fondo documental do Servizo de Arqueoloxía, Xunta de Galicia Castro de Troña Texto de Juan José Perles Fontao, fotografía do fondo documental do Servizo de Arqueoloxía, Xunta de Galicia Castrolandín Texto e fotografía de Carlos Otero Vilariño Monte do Facho Texto e fotografía de Xosé Suárez Otero Castro de Vigo Texto e fotografía de Xulio Carballo Arceo Castro de Punta do Muíño do Vento Texto de Ángel Acuña Piñeiro, fotografía de BIC Galicia Castro de Vieira Texto de Luís Fontes Castros da Senhora da Asunção, São Caetano, Lovelhe; Âncora e Cossourado Texto de Odete Barra Os restantes textos dos castros de Portugal foron escritos por: Francisco Sande Lemos Agradecemos a revisión realizada por Armando Coelho da Silva (Citânia de Sanfins); José Manuel Flor Gomes (Cividade de Terroso); Teresa Pires de Carvalho (Monte Mozinho); Monte Padrão (Álvaro Moreira) e Bagunte (Paulo Costa Pinto) Fotografía dos castros portugueses Gonçalo Cruz e fondos documentais das cámaras municipais


| 93 |

Elaboración cartográfica Emilio Abad Vidal (Centro de Supercomputación de Galicia) Alejandra Vázquez Grobas (Servizo de Arqueoloxía, Xunta de Galicia)

Agradecementos Museu de Arqueologia da Citânia de Sanfins (Armando Coelho da Silva) Delegação Regional do Norte do IPPAR (Anabela Lebre) Gabinete de Arqueologia da Câmara Municipal de Santo Tirso (Álvaro Moreira). Gabinete de Arqueologia da Póvoa do Varzim (José Manuel Flores Gomes) Gabinete de Arqueologia de Câmara Municipal de Vila do Conde (Paulo Costa Pinto) Gabinete de Arqueologia da Câmara Municipal da Trofa (Gilda)



| 95 |

Bibliografía Obras xerais

Actas do Congresso de Proto–História Europeia (1999), 2 volumes, ed. Sociedade Martins Sarmento, Guimarães. ALMEIDA, Carlos Alberto Brochado de (2003): O Povoamento Romano do Litoral Minhoto entre o Cavado e o Minho, ed. do autor. BETTENCOURT, Ana M. S. (2000): Estações da Idade do Bronze e Inícios da Idade do Ferro na bacia do Cávado, Cadernos de Arqueologia, Monografias, 11, Universidade do Minho, Braga. CALO LOURIDO, F. (1993): A Cultura Castrexa, A Nosa Terra, Vigo. CALO LOURIDO, F. (1994): A Plástica da cultura castrexa galego–portuguesa, Fundación Barrié de la Maza, A Coruña.

MARTINS, Manuela (1990): O Povoamento Proto–Histórico e a Romanização da Bacia do Médio Curso do Cávado, Cadernos de Arqueologia, Série Monografias nº 5, Braga. PARCERO OUBIÑA, C. (2002): La construcción del paisaje social en la Edad del Hierro del noroeste ibérico, Fundación Ortegalia, Ortigueira, 299 pp. PEÑA SANTOS, A. de la (2003): Galicia. Prehistoria, castrexo e primeira romanización, A Nosa Terra, Vigo, 189 pp. QUEIROGA, Francisco (1992): War and Castros: New Approaches to the Nothwestern Portuguese Iron Age, Dissertação de Doutoramento, Oxford. SILVA, Armando Coelho F. da (1986): A Cultura Castreja no Noroeste de Portugal, Paços de Ferreira.

CARBALLO ARCEO, X. (2000): Os Castros Galegos, A Nosa Terra, Vigo. Artigos CARBALLO ARCEO, X. (2002): A Cultura castrexa na comarca de Deza, Concello de Lalín. CARVALHO, Teresa Pires de (coord.) (2005): Castro, um lugar para habitar, Colóquio, Cadernos do Museu, 11, Penafiel. DINIS, António (1993): Ordenamento do território na bacia do Ave no 1ª milénio a. C., Dissertação de Mestrado, Universidade do Porto. HIDALGO CUÑARRO, J. M. (coord.) (1996): A cultura castrexa galega a debate, Instituto de Estudos Tudenses, Tui, 246 pp. GONZÁLEZ RUIBAL, Alfredo (2003): Arqueología del primer milenio a. C. en el noroeste de la Península Ibérica, Tese Doutoral inédita, Universidad Complutense, Madrid. MACIEL, Tarcísio (2003): O Povoamento Proto–Histórico do Vale do Neiva, Rio Neiva, Associação de Defesa do Ambiente, Esposende.

ACUÑA CASTROVIEJO, Fernando (1991): «Algunhas cuestións previas sobre a cultura castrexa», Galicia–Historia, I. Prehistoria e Historia Antigua, pp. 278–293, Hércules, A Coruña. ALARCÃO, Jorge (1992): «A evolução da Cultura Castreja», Conimbriga, 31, pp. 39–71, Coimbra. ALMEIDA, Carlos Alberto Ferreira de (1983): «A Cultura Castreja: evolução e problemática», Arqueologia, 8, pp. 70–74. ALMEIDA, Carlos Alberto Ferreira de (1985): «A Arte Castreja», Arqueologia, 13, pp. 161–172. CALO LOURIDO, Francisco e Xosé Carlos SIERRA RODRÍGUEZ (1983): «As orixes do castrexo no Bronce Final», en Gerardo Pereira Menaut (ed.), Estudos de Cultura Castrexa e de Historia Antiga de Galicia, pp. 19–85, Universidade de Santiago de Compostela, Santiago.


| 96 |

CARDOZO, Mário (1994/1995): Obras de Mário Cardozo, Fundação Engenheiro António de Almeida. COBAS FERNÁNDEZ, Isabel e Pilar PRIETO MARTÍNEZ (1998): «Regularidades espaciales en la cultura material, la cerámica de la Edad del Bronce y la Edad del Hierro en Galicia», Gallaecia, 17, pp. 151–175. FERNÁNDEZ–POSSE, María Dolores e Francisco Javier SÁNCHEZ–PALENCIA RAMOS (1998): «Las comunidades campesinas en la cultura castreña», Trabajos de Prehistoria, 55–2, pp. 127–150. GONZÁLEZ RUIBAL, A. (2004): «Facing two seas: Mediterranean and Atlantic contacts in the NW of Iberia», Oxford Journal of Archaeology, 23(3), pp. 287–317. MARTINS, Manuela (1993–94): «Continuidade e Mudança no I Milénio a. C. no Noroeste Português. Os diferentes cenários de representação do discurso arqueológico», Cadernos de Arqueologia, Série II, 10–11, pp. 41–46, Universidade do Minho, Braga. MOREIRA, Álvaro (2005): O Castro do Monte Padrão. Do Bronze Final ao fim da Idade Média, Câmara Municipal de Santo Tirso, Santo Tirso. PARCERO OUBIÑA, César (2000): «Tres para dos. Las formas del poblamiento en la Edad del Hierro del Noroeste», Trabajos de Prehistoria, 57–1, pp. 75–95. PEÑA SANTOS, A. de la (1992): «El primer milenio a. C. en el área gallega. Génesis y desarrollo del mundo castreño a la luz de la arqueología», en Martín Almagro Gorbea e Gonzalo Ruiz Zapatero (ed.), Paleoetnología de la Península Ibérica. Actas del Coloquio sobre Etnogénesis de la Península Ibérica, pp. 373–394, Col. Complutum Extra, 2–3, Universidad Complutense, Madrid. REGO (1993): «Aprovechamiento económico del medio natural en los yacimientos castreños del Noroeste peninsular», Trabalhos de Antropologia e Etnologia, XXXIII, 1–2, pp. 285–305.

REY CASTIÑEIRA, Josefa (1990–91): «Cerámica indígena de los castros costeros de la Galicia occidental: Rías Bajas. Valoración dentro del contexto general de la Cultura Castreña», Castrelos, 3–4, pp. 141–163. RODRÍGUEZ LÓPEZ, Carlos; Carlos FERNÁNDEZ RODRÍGUEZ; e Pablo RAMIL SILVA, Armando Coelho da (1995): «Portuguese Castros. The evolution of Habitat and the Proto–Urbanization Process, Social Complexity and The Development of towns in Iberia. From the Copper Age to a the Second Century A. D.», en B. Cunliffe e S. Keay (ed.), Proceedings of the British Academy, 86, pp. 263–289. SILVA, Armando Coelho F. da (2003): «Expressões guerreiras da sociedade castreja», Madrider Mitteilungen, 44, Instituto Arqueológico Alemão, Madrid, pp. 41–50. SILVA, Maria de Fátima Matos (1995/97): «O Povoado fortificado do Cossourado: Relatório da primeira campanha de escavações», Cadernos de Arqueologia e Património, 4/6, 1995/97, pp. 39–57. SOEIRO, Teresa (2001): «Monte Mozinho. Sítio Arqueológico», Penafiel. VILLA VALDÉS, Ángel (2002): «Sobre la secuencia cronoestratigráfica de los castros asturianos (siglos VIII a.C.– II d.C.)», Trabajos de Prehistoria, 59–2, 149–162.



portada

3/1/07

11:43

Página 1

CONSELLERÍA DE CULTURA E DEPORTE Dirección Xeral de Patrimonio Cultural


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.