actividade Rosalía

Page 1

Tal día como hoxe, en 1837, nacía en Santiago de Compostela a representante máxima da literatura en lingua galega no panorama universal. A súa obra foi o primeiro paso para o Rexurdimento cultural galego. "Cantares Gallegos" e "Follas Novas" son os libros máis coñecidos desta autora. Para saber máis: http://bvg.udc.es/ http://www.rosaliadecastro.com/


Biblioteca Escolar da Caracola Tola

Estimadas familias: Para conmemorar o aniversario do nacemento de Rosalía de Castro, e en relación co proxecto interdisciplinar da Arte que estamos levando a cabo este ano, queremos facer o noso propio libro de Rosalía de Castro. Para isto solicitamos a vosa colaboración. A actividade "Ilustrando a Rosalía" é moi sinxela, só tedes que recortar a seguinte folla, e poñerlle unha ilustración aos versos de Rosalía que tedes escritos. Admítese todo tipo de creatividade: collages, debuxos, estampacións, fotos... O prazo de entrega remata o martes 22 de febreiro, para, o día 24, poder abrir unha exposición coas ilustracións que formarán parte do noso libro.

Moitas gracias de antemán pola vosa colaboración


¿Que pasa ó redor de min? ¿Que me pasa que eu non sei? "Follas Novas"


Teño medo dunha cousa que vive e que non se vé. "Follas Novas"


Unha vez tiven un cravo Cravado no corazón "Follas Novas"


Aquel romor de cántigas e risas, ir, vir, algarear; "Follas Novas"


Do ratiño o roer terco e constante, e do lume o chis chas, "Follas Novas"


Cando era tempo de sol, pensaba en donde andarías. "Follas Novas"


Cando era tempo de inverno, pensaba en donde estarías. "Follas Novas"


Mais vé que o meu corazón é unha rosa de cen follas, "Follas Novas"


Ando buscando meles e frescura para os meus labios secos, "Follas Novas


Ando buscando almibres que almibaren estes meus agres versos, "Follas Novas"


¡Cal as nubes no espacio sin límites errantes voltexan! "Follas Novas"


Cal olido de rosas que sai de antre o ramaxen nunha mañán de Maio, hai amores soaves "Follas Novas"


Abride, as frescas rosas; brilade, os carabeles, "Follas Novas"


Cando penso que te fuches, negra sombra que me asombras, "Follas Novas"


I eres a estrela que brila, i eres o vento que zoa. "Follas Novas"


I es o marmurio do ría, i es a noite, i es a aurora. "Follas Novas"


Lévame a aquela fonte cristaíña onde xuntos bebemos "Follas Novas"


Era ó caer da tarde, encomenzaba o cántico dos grilos, "Follas Novas"


No ceo, azul crarísimo; No chan, verdor intenso. "Follas Novas"


Cubertos de verdura, Brilan os campos frescos, "Follas Novas"


¡Tas-tis!, ¡Tas-tis!, na silenciosa noite Con siniestro compás repite a péndola, "Follas Novas"


Maio longo..., Maio longo, Todo cuberto de rosas, "Follas Novas"


¡Que prácidamente brilan O río, a fonte i o sol! "Follas Novas"


¡Cal medran as herbas e arbustos, Cal brota no arbor a frol! "Follas Novas"


¡Cal cantan paxariños Enamorados canciós! "Follas Novas"


Sentada na baranda contempraba Cal brilaban os lumes fuxitivos. "Follas Novas"


Brila, raio da aurora Cal un sono de paz branco e purísimo, "Follas Novas"


Que os ourizos dos castaños Nos meus cabelos se enredan; "Follas Novas"


Xigantescos olmos, mirtos Que brancas frores ostentan, "Follas Novas"


Limoeiros e laranxos Que o verde musgo sombrean "Follas Novas


Eternos bosques en donde Sombrío misterio reina "Follas Novas"


Cal grasiosa brandeas O teu corpo lixeiro, "Follas Novas"


É unhas veces a estrela que brila, E outras tantas un raio de sol; "Follas Novas"


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.