BIBLIOTECA DA CARACOLA TOLA
CONTOS PARA LEVAR NO PETO.
AUTORES: Marilar Aleixandre Fran Alonso Xosé A. Neira Cruz Antonio Reigosa ILUSTRADOR: Fran Jaraba Edicións Xerais
Guía de Lectura
1
BIBLIOTECA DA CARACOLA TOLA
..................... ...........antes da lectura 2
BIBLIOTECA DA CARACOLA TOLA
1.- Falamos do nome: que pensas que quere dicir? Como serán uns contos para levar no peto? 2.- Facemos a ficha completa: títulos, autores, ilustración, editorial,colección e ano de publicación. 3.- Imos observar con atención a portada. Que che suxire o debuxo? Que representa? Que imaxinas que pasa? Lemos na contraportada o que se nos indica sobre o libro. 4.- Agora ESCRIBIMOS NÓS. Pensamos no título e na finalidade e facemos unha lista : CONTOS para (+ verbo en infinitivo).............. CONTOS CONTOS CONTOS CONTOS CONTOS CONTOS CONTOS CONTOS
para para para para para para para para
.............................................................. .............................................................. .............................................................. .............................................................. .............................................................. .............................................................. .............................................................. ..............................................................
5.- Se nos esquecemos do título e nos fixamos na ilustración, que título lle porías? Manexa varias posibilidades e logo queda coa que máis axeitada che pareza. 6.-Pon a túa intuición a funcionar: de que tratará o libro segundo o título? 7.- Inventa o comezo dunha historia baseado no título do libro. (só o comezo...) 8.- Se abres o libro o libro , na contracapa atoparás un pequeno resumo de cada un dos autores.Lemos entre todos algúns dos títulos de cada un dos autores. Cando di: “Algúns títulos en Xerais”, que quere dicir exactamente?
3
BIBLIOTECA DA CARACOLA TOLA
9.-Buscamos nas páxinas da editorial se hai algunha nota biográfica sobre os autores e escribimos UN DATO QUE NOS CHAME A ATENCIÓN. Logo lemos os datos de todos e completamos a súa biografía. 10.-Pescudamos na biblioteca se hai obras destes autores e botádelle unha ollada.Levamos en empréstito para a biblioteca de aula libros de ditos autores e comentamos os títulos. 11.- Facemos algo semellante co ilustrador e buscamos libros que estean ilustrados por Fran Jaraba. 12.- De cantas partes consta o libro?.Busca no índice os títulos de cada conto. Serías quen de inventar unha pequena historia na que se mesturaran os títulos? Proba.
4
BIBLIOTECA DA CARACOLA TOLA
......Durante a lectura........ ..................... 5
BIBLIOTECA DA CARACOLA TOLA
O RATO DE BIBLIOTECA E A GAITEIRA DE MARÍN Marilar Aleixandre
6
BIBLIOTECA DA CARACOLA TOLA
1. De que maneira comeza a introdución? 2. Sitúa Marín nun mapa da provincia de Pontevedra. Por que localidades debes pasar para chegar a Marín dende Chapela? Cantas posibilidades hai?
3. Na introducción fálase da literatura oral. Investiga que é e de que trata ese tipo de literatura. 4. Quen intervén no diálogo.
1.-CHEIRUMES E CHEIRETES 1. No primeiro capítulo hai moito vocabulario relacionado co MAR. Distribúe ese vocabulario segundo sexan peixes, embarcacións (e os seus elementos) e oficios. PEIXES
EMBARCACIÓNS
OFICIOS
2. Cales son as propiedades do Esfregasol?
3. Despois de ler o capítulo, describimos as características físicas e psicolóxicas do señor Toutizo e o señor Raspuñeiro.
4. Que quere dicir “ser da Confraría da Virxe do Puño”? E “a perla dos océanos”?
7
BIBLIOTECA DA CARACOLA TOLA
5. Que pensas sobre a opinión que teñen do mar estes personaxes? Pescuda que hai de científico nas súas afirmacións. 6. Cal é o problema que aparece na vila? consecuencias se derivan deses problemas?
Que
2.-OS RATOS 1. Buscamos a descrición do rato da biblioteca: como é, as súas afeccións, etc... 2. Porque na reunión da Cobufo, cada representante argumenta de xeito diferente. Cal che parece a opinión máis interesante ou práctica? Por que?
3. Que é un bando? Investiga se na alcaldía de Redondela publícanse bandos.
8
BIBLIOTECA DA CARACOLA TOLA
3.- A GAITEIRA
1. Nas primeiras liñas deste capítulo cítase: “cunha gaita de fol vermello que tiña o roncón de buxo”. Pescuda cales son as partes da gaita e logo fai un debuxo poñéndolle os seus correspondentes nomes. 2. Coñeces algunha gaiteira ? Pregúntalle á túa profe de música e tenta buscar algún disco dela. 3. Que conto coñeces no que se segue a un músico?
4. Se tiveras que contarlle compeñeir@s, como o farías?
este
conto
a@s
5. Algo cheira a raro non anuncios do Esfregasol. Que atopas de estraño?
9
BIBLIOTECA DA CARACOLA TOLA
DEPENDE DE NÓS Fran Alonso
10
BIBLIOTECA DA CARACOLA TOLA
ANTES DE COMEZAR.... Busca os títulos de cada capítulo deste conto e inventa unha pequena historia con eles.
AS AMEAZAS 1. Nas primeiras liñas deste capítulo hai varios aspectos que aparentemente non cadra;por exemplo,apañar as cereixas nos andeis. Atopas algo máis? 2. A protagonista defínese coma unha persoa normal,a quen lle gusta o biscoito de iogur e o zume de estrela de mar. Que opinas desta normalidade? Como te defines ti?
3. Como te imaxinas a protagonista desta historia. Proba a describila.
UNHA ESTRAÑA PERSECUCIÓN
1. Unha vez chegamos ata aquí, aventúrate a supoñer cal é o problema. Por que está sendo perseguida a protagonista? 2. Como son os bulldogs? Cita algunha raza mais de cans e algunha característica. Gústanche os cans? Explica máis polo miúdo o teu sentimento polos cans.
11
BIBLIOTECA DA CARACOLA TOLA
O INCIDENTE DO ASCENSOR 1. Despois de ler este capítulo, como describirías as sensacións que che produce? Falas cos demais sobre este incidente. 2. Pensa que algo cotiá desaparecera da túa vida,sen explicación. Escribe o comezo desa historia.
O VELLIÑO DO COLCHÓN
1. A medida que imos lendo, o autor vai metendo máis intriga. Que fai o velliño no trasteiro? 2. Como será ese país dos soños? Que outro tipo de países de conto coñeces?
O ENIGMÁTICO AUTOBÚS 1. Busca no diccionario a palabra “enigmático”. Fala na clase que é o que pode ser enigmático ou non, que persoas enigmáticas coñeces..Logo fai unha lista tipo: .enigmático é....... .enigmática é ..... .enigmáticos son..... .enigmáticas son.....
12
BIBLIOTECA DA CARACOLA TOLA
2. Pensa sobre este parágrafo do libro e da importancia do mesmo para a historia:” A fin de contas, ela ás veces nin sequera sabía quen era. Porque ,¿que sabía ela sobre a súa propia vida se esquecía sempre todo o que lle ía sucedendo?Pensou que non saber quen é un pode ser moi duro ás veces,pero ela xa se afixera a vivir dese xeito e tampouco lle causaba ningún prexuízo.” 3. Fai un pequeno avance do que pensas que vai pasar a partires deste capítulo.
UNHA NOITE INESPERADA 1. Como reaccionaría ti ante unha situación semellante? 2. Tes pasado por situacións semellantes? Relata sobre todo como te sentiches, o que che pasou pola cabeza e fai un pequeno texto sobre eso.
UN NOVO PERCANCE 1. Que opinas sobre o almorzo da protagonista? Que almorzas ti? 2. Hai partes dalgunhas descrición que son “ algo fantásticas”,mesturadas con outras cribles. Sinala as que che parecen máis inverosímiles.
13
BIBLIOTECA DA CARACOLA TOLA
A VISITA A CABRA FANADA
1. Imaxina “un longo abrazo de sete minutos”. Cronometra o tempo e logo conta o teu parecer. 2. Xirafa deulle un consello importantísimo á protagonista sobre os medos. Cres que pode ser efectivo? Que fas ti para vencer os teus medos?
14
BIBLIOTECA DA CARACOLA TOLA
3. Xabier P. DoCampo, un dos escritores galegos máis afamados da literatura infantil e xuvenil fixo un pequeno escrito sobre os medos:
EU TEÑO MEDO... Cando petan na porta pola noite. A estar só cando non quero estar só. A estar no medio de moita xente A quedar só no mundo A non morrer nunca A morrer pronto A morrer estupidamente nunha estrada A quedar inútil A tolear A que lles pase algo aos meus A que os que quero non me queiran A perder o gusto polas cousas que me gustan A ter que vivir sempre nunha cidade A que non haxa flores A que non haxa animais en liberdade A non poder mirar as estrelas pola noite A non poder mirar a paisaxe no outono Ao mar (desde o mar) A mirar un día para o ceo e non ver un paxaro A que non haxa troitas nos ríos A ter que ir á guerra Á guerra, aínda que non teña que ir Ás almas miserables Aos que sempre din a verdade Aos que menten sempre A pasar fame Aos contos de medo Ás películas de medo A ir ao dentista A montar en avión A non ter medo a nada A ter moito medo Cando pasa moito tempo sen que ninguén pete na miña porta A... (Cando petan na porta pola noite. Col. Merlín, Eds. Xerais. Vigo, 1994)
15
BIBLIOTECA DA CARACOLA TOLA
4. Continúa a lista, personalizándoa. 5. “Sentíase feliz.Sempre que visitaba a Xirafa tiña a sensación de que logo retornaba coas enerxías renovadas, coa alma chea de forza e de luz, perfumada, e co corpo tan relaxado coma se a penas lle pesase.Era exactamente o que se di unha boa amiga” . Paréceche unha boa definición da amizade?.Que dirías ti sobre este tema?Como te sentes cando estás cun bo /-a amig@.
UNHA NOITE NO PEIRAO 1. Xa está a piques de rematar a historia e imos facer entre tod@s unha relación de feitos , palabras e personaxes que se repiten para intentar tirar algunha conclusión.
DESVELANDO O MISTERIO 1. Imos facer un pequeno debate sobre o final do conto. Anotade as preguntas que vos veñen a cabeza sobre o misterio da protagonista e buscaremos entre tod@s as solucións aos diferentes enigmas. 2. A que se refire cando fala da Sección de ficción?Cal seríaa de Non Ficción?
3. As derradeiras palabras do conto, reflicten certo tipo de sentimentos e emocións.Que sabor che queda despois de lelas? 4. Inventa ( e escribe) un final distinto para esta historia.
16
BIBLIOTECA DA CARACOLA TOLA
UN AGASALLO INESPERADO Xosé A. Neira Cruz
17
BIBLIOTECA DA CARACOLA TOLA
1. Debaixo do título hai unha cita de Roald Dahl. Sabes quen é? Pescuda en Internet e na biblioteca e anota algúns títulos dos seus libros. Seguros que despois vas ter ganas de lelos. 2. Un agasallo inesperado.Tiveches algunha vez un? Se tiveras que escoller, que che gustaría que fose?Imos evitar os agasallos materiais.
1. Na trastenda había trebellos para fabricar unha lista interminable de larpeiradas: pensas que faltan algunhas? Se é así, escribe as que faltan. 2. No conto hai frases do tipo” do ano catapún”, “do tempo de Mari Castaña”.. Busca ou inventa outras expresións para referirse a algo que ten moitos anos.
3. Tamén aparecen etiquetas do tipo: FACER DESAPARECER, REXUVENECER,..Engade algunhas máis á lista que penses que poden ser aproveitables para estar nesa sección. 4. O conto parece como o principio dunha historia. Continua ti coa chegada de Marcos co seu “avó” á casa.
18
BIBLIOTECA DA CARACOLA TOLA
AIRE DE SUMIDOIRO Antonio Reigosa
19
BIBLIOTECA DA CARACOLA TOLA
1. Que significa Caganaescola? Aparece no dicionario? Compróbao. 2. Busca no dicionario os adxectivos referidos a persoas que non seguen unhas normas básicas de limpeza e aseo: porcalleiros, rañosos, carrachentos, godallos, cotrosos, lordáns, zalapastráns, merdeiros...Se na pescuda atopas algún máis, engádeo á lista.
3. Neste conto fálase dos diferentes costumes dalgunha xente que non respecta as normas de convivencia respecto á limpeza dos lugares públicos. Que opinas deste parágrafo?Pensas que falta algo? Como ves ti a túa aula? E a clase? 4. Que é un sumidoiro? Cales son as súas funcións?
5. Resume, por orde cronolóxica, os cambios que fixo o alcalde:O primeiro día....o segundo día.... 6. Cales son as consecuencias do aumento do tráfico aéreo?
7. Nun parágrafo do conto di: “Nunca antes me parara a pensar en posibilidade tan terrible:se todo o que nos sobra o tiramos, en pouco tempo acaba por comernos e reducirnos, primeiro a fedor,despois a esterco, e só ó cabo dos anos, de moitos anos, vale para algo reconvertido en carbón”. Como podemos aplicar esto á nosa vida cotiá?. Que accións podemos realizar para non acabar deste xeito? 8. Cal será o tema do vello libro que está a limpar o protagonista.? Que poderiamos atopar nel? Escribe un capítulo dese libro.
20
BIBLIOTECA DA CARACOLA TOLA
................... ................ despois da lectura 21
BIBLIOTECA DA CARACOLA TOLA
1. Facemos un resumo oralmente de todos os contos e salientamos o que nos gustou máis.Explicamos as razóns ante os demais. 2. Comenta a escena ou a parte do libro que preferimos.
3. Agora imos facer unha mestura:colle os personaxes dun conto, o tema doutro, os escenarios dun terceiro ou o principio e final dun cuarto, dálle unha boa batida e empeza a escribir un pequeno conto.Podes mesmo incluír a algún autor ou ao ilustrador.
22
BIBLIOTECA DA CARACOLA TOLA
4. Sitúa a escena no capítulo e no conto correspondente e logo ordénaas por orde de aparición
........................................... ........................................... ........................................... ...........................................
................................... ................................... ................................... ................................... ................................... ................................... ................................... ................................... ................................... ...................................
.................................................................................... .................................................................................... ....................................................................................
23
BIBLIOTECA DA CARACOLA TOLA
...................................... ...................................... ...................................... ...................................... ...................................... ....................................... ..........................................
........................................ ........................................ ......................................... ......................................... ......................................... .......................................... ......................................... .........................................
.............................................................................................. .............................................................................................. .............................................................................................. 24
BIBLIOTECA DA CARACOLA TOLA
.............................................................................................. .............................................................................................. ............................................................................................
.............................................................................................. ..............................................................................................
.............................................................................................. .............................................................................................. ............................................................................................. 25
BIBLIOTECA DA CARACOLA TOLA
LENDA: 1.-VIOLETA : ACTIVIDADES ORAIS 2.- VERDE: ACTIVIDADES ESCRITAS 3.-VERMELLO:ACTIVIDADES DE BÚSQUEDA INVESTIGACIÓN 4.- AZUL: EXPRESIÓN ORAL E ESCRITA.
26
E