PROTOCOLO RRI AULAS ABALAR

Page 1

PROTOCOLO DE USO DA AULA ABALAR CEIP DE SOBRADA Todos os recursos das aulas Abalar son propiedade da Consellería de Educación, o feito de non aceptar estas normas ou de non as respectar trae consigo a restrición ou perda dos privilexios de acceso ao mesmo. Deberemos respectar esta normativa que incluiremos no RRI onde as sancións que se estableceran polo mal uso traerán consigo: •

Retirada de privilexios definitiva do portátil.

Sanción económica en función da natureza do desperfecto causado.

Calquera outra aprobada polo CE e incluida no RRI.

Correspóndelles ao profesorado e ao alumnado o coidado e o mantemento do equipamento Abalar, evitando avarías provocadas por un mal uso, así como posibles perdas. Para evitar que ocorra o anterior seguiranse os seguintes protocolos na aula: GARDA E CUSTODIA DOS EQUIPOS 1. Os portátiles quedarán gardados ó final de cada día nos carros de carga. O último profesor en gardalos comprobará que o carro está acendido, co fin de acreditar que os portátiles quedan cargando. 2. O carro quedará pechado con chave. 3. As chaves quedarán custodiadas en dirección e serán depositadas polo último mestre en usar os ordenadores. 4. Este mestre tamén pechará a clase e comprobará que as persianas e ventás están pechadas. USO DOS PORTÁTILES ✔ A asignación do ordenador a cada alumna ou alumno farase seguindo o número de lista, de tal xeito que o primeiro da lista terá o portátil con etiqueta rematada en 01, o segundo o que remate en 02 e así o resto. Deste xeito, cada estudante sempre empregará o mesmo. Os portátiles estarán etiquetados co número da aula e o nº de orde de lista de cada alumno/a.


✔ No interior do carro, no lugar correspondente, colocarase unha etiqueta para indicar o sitio asignado a cada equipo, de tal xeito que cada estudante saberá onde se atopa o ordenador que usa e onde o terá que gardar.

✔ Antes de coller o portátiles haberá que baleirar as mesas de libros e lapis ou calquera outro elemento. ✔ Só se poderá coller o portátil por orde do mestre, e na orde que indique: por orde de lista ou por equipos. Sempre deberán coller o mesmo e deixalo no mesmo sitio. ✔ Haberá que retirar a clavixa con moito coidado ó retirar o portátil procurando que non quede enganchado o cordón do punteiro, regresar á mesa levando o portátil coas dúas mans. ✔ O alumno non acenderá o portátil ata que o indique o profesor. ✔ Non se deberá poñer ningún obxecto enriba do ordenador. ✔ Ante calquera dúbida levantarán a man para pedir axuda. En ningún caso se levantarán co ordenador da mesa. É o profesor o que vai xunto ó alumno/a. ✔ Non se poderá marcar o ordenador con pegatinas, raias... ✔ Non se pode meter o punteiro na boca (absterse de chupar e morder). ✔ A pantalla só se pode tocar co punteiro e coa presión debida. ✔ Os alumnos devolverán, cando o indique o profesor o equipo ao carro asegurándose de que queda ben apagado e ben conectado á clavixa. Irán pola mesma orde de recollida. ✔ Ante calquera incidencia nos equipos haberá que avisar ao profesor e este cubrirá a incidencia. ✔ Os ordenadores non sairán das aulas, salvo desdobre e para transportalos farase con extremo coidado e en orde.

NORMATIVA DE USO DO EQUIPO DE PROFESORES ✔ O equipo é compartido por todos os profesores da aula. ✔ O último profesor en usar o equipo será o que garde o ordenador no carro, pechará o carro de carga. De haber outra instrución será avisado polo titor. ✔ O profesor ou profesora, previamente ao inicio da recollida dos equipos, controlará que o carro de carga estea acendido coa fin de acreditar que os portátiles queden perfectamente conectados e cargando.


✔ O profesor ou profesora estará pendente da retirada dos equipos para evitar posibles danos nas conexións ou nos portátiles. ✔ Ao rematar unha sesión e incorporarse un mestre especialista, o titor ou titora coordinará o uso dos equipos tendo en conta que: ◦ Se o profesor ou profesora que entra na clase vai facer uso dos ordenadores, quedan os equipos na mesa. ◦ Se non vai dar clase na aula, os ordenadores quedarán no armario. ✔ Durante o recreo, meter os ordenadores no armario e pechar a clase. ✔ Cada mestre terá o seu propio cartafol co que considere oportuno. ✔ Ante calquera incidencia deberá cubrirse o parte que se atopará na aula avisando ó coordinador. NORMATIVA DE USO DO ENCERADO DIXITAL 1. O rotulador da pizarra gardarase no caixón do carro de carga xunto co mando do canón. 2. Non se poderá utilizar outro rotulador neste encerado. 3. Utilización do EDI sempre coas mans limpas. 4. Non se poderá lanzar ningún obxecto. 5. O último mestre en empregar os recursos será o encargado de apagar o canón de vídeo e de gardar o rotulador, o mando do canón, o portátil e recollida de cables.

FALTAS LEVES •

Coller o equipo que non sexa o asignado.

Gardar o equipo fóra do lugar asignado.

Non baleirar as mesas antes de coller os equipos.

Coller o equipo antes de que o mestre o indique.

Non coller o equipo coas dúas mans.

Poñer obxectos por riba dos portátiles.

Non apagar completamente o equipo antes de gardalo no carro.

Non deixar conectado o equipo ao cargador.

Non avisar dun problema do equipo.


O mestre presente no momento da infracción informará ó titor e cubrirá un parte de incidencias en presencia do alumno. SANCIÓN: Retirada do equipo nesa sesión e seguimento da clase con outros soportes. FALTAS GRAVES •

Tocar a pantalla con outros obxectos que non sexa o punteiro.

Sacar os ordenadores da aula sen autorización.

Correr co ordenador nas mans

Utilización incorrecta de internet.

Tirar obxectos á pizarra.

Empregar a pizarra cun rotulador non axeitado.

Molestar e usar indebidamente o ordenador dun compañeiro.

Deberase empregar unha linguaxe apropiada. As palabras malsoantes, os insultos xenófobos ou degradantes atendendo á raza, sexo, relixión ou calquera outra condición están prohibidos e serán obxecto das correccións disciplinarias establecidas ó respecto no Regulamento de Réxime Interior.

Transmitir ou ver imaxes obscenas, degradantes ou discriminatorias; así como revelar información persoal,ou suplantar a outra persoa, será considerado como falta moi grave. Serán informados da infracción o titor/a, xefe de estudios e o director.

SANCIÓN: •

Retirada do portátil dende 2 días ata un máximo de 10 días.

Económica, dacordo cos danos causados.

Acumulación de varias faltas graves podería causar a retirada definitiva do programa.

As sancións graves serán acordadas polo consello escolar. Quedarían excluídos aqueles desperfectos que se produzan de xeito fortuíto.


ANEXO RRI AULAS ABALAR CEIP DE SOBRADA Serán de aplicación as normas de uso do equipamento informático do colexio, ademais do especifico derivado do uso dos miniportátiles individuais e do encerado dixital. Todos os recursos das Aulas ABALAR son propiedade do CEIP DE SOBRADA. O alumnado ao que vai dirixido deberá cumprir e respectar en todo momento esta normativa de uso que se incluirá no R.R.I. sabendo que o incumprimento da mesma, levará ademais da perda dos privilexios de uso, calquera das sancións que se establecen no devandito Regulamento. As sancions establecidas que irán en funcion da gravidade da falta ou incumprimento da normativa serán: •

A retirada temporal ou definitiva do portátil.

Unha sancion económica en función da natureza do desperfecto causado.

Calquera outra aprobada polo Consello Escolar e que se inclúa no R.R.I do CEIP de Sobrada .

FALTAS LEVES: •

Coller o equipo que non sexa o asignado.

Gardar o equipo fóra do lugar asignado.

Non baleirar as mesas antes de coller os equipos.

Coller o equipo antes de que o mestre o indique.

Non coller o equipo coas dúas mans.

Poñer obxectos por riba dos portátiles.

Non apagar o equipo antes de gardalo no carro.

Non deixar conectado o equipo ao cargador.

Non avisar dun problema do equipo.

O mestre presente no momento da infracción informará ó titor e cubrirá un parte de incidencias en presencia do alumno.


SANCIÓN: Retirada do equipo nesa sesión e seguimento da clase con outros soportes.

FALTAS GRAVES •

Tocar a pantalla con outros obxectos que non sexa o punteiro.

Sacar os ordenadores da aula sen autorización.

Correr co ordenador nas mans

Utilización incorrecta de internet.

Tirar obxectos á pizarra.

Empregar a pizarra cun rotulador non axeitado.

Molestar e usar indebidamente o ordenador dun compañeiro.

Deberase empregar unha linguaxe apropiada. As palabras malsoantes, os insultos xenófobos ou degradantes atendendo á raza, sexo, relixión ou calquera outra condición están prohibidos e serán obxecto das correccións disciplinarias establecidas ó respecto no Regulamento de Réxime Interior.

Transmitir ou ver imaxes obscenas, degradantes ou discriminatorias; así como revelar información persoal,ou suplantar a outra persoa, será considerado como falta moi grave. Serán informados da infracción o titor/a, xefe de estudios e o director.

SANCIÓN: •

Retirada do portátil dende 2 días ata un máximo de 10 días.

Económica, dacordo cos danos causados.

Acumulación de varias faltas graves podería causar a retirada definitiva do programa.

As sancións graves serán acordadas polo consello escolar. Quedan excluídos todos aqueles desperfectos que se produzan de xeito fortuíto.


PROTOCOLO DE USO DA AULA ABALAR CEIP DE SOBRADA COLLEMOS OS PORTATILES

1. Antes de coller o portátiles haberá que ter a mesa libre de lapis, libros ou calquera outro material. 2. So se poderá coller o portátil por orde do mestre, e na orde que indique: por orde de lista ou por equipos. Sempre deberás coller o mesmo e deixalo no mesmo sitio. 3. Haberá que retirar a clavixa con moito coidado ó retirar o portátil ,coidar que non quede enganchado o cordón do punteiro, regresar á mesa levando o portátil coas dúas mans perfectamente limpas. TRABALLANDO COS PORTATILES

1. Non acender o portátil ata que o indique o profesor. 2. Non poderás poñer ningún obxecto enriba do ordenador. 3. Ante calquera dúbida, levantar a man para pedir axuda. En ningún caso te levantaras co ordenador da mesa. É o profesor o que vai xunto ó alumno/a. 4. Non se poderá marcar o ordenador con pegatinas, raias... 5. Non se pode meter o punteiro na boca (chupar e morder). 6. A pantalla só se pode tocar co punteiro e coa presión debida. RECOLLEMOS OS PORTATILES

1. 2. 3. 4. 5.

Gardaremos os portátiles cando o indique o profesor. Asegúrate de que queda ben apagado. Na recollida, iremos pola mesma orde. Asegurate de conectar ben o ordenador ó cargador. Ante calquera incidencia nos equipos haberá que avisar ao profesor e este cubrirá a incidencia. 6. Os ordenadores non sairán das aulas, salvo desdobre e para transportalos farase con extremo coidado e en orde. USO PIZARRA DIXITAL

1. Só se poderá utilizar o rotulador da Pizarra cando traballemos nela. 2. Utiliza sempre a Pizarra coas mans limpas. 3. Non se poderá lanzar ningún obxecto. ARMARIO DE CARGA O CARRO

1. Non mover o armario, nin tocar o cable de corrente. 2. Nunca se poderá pulsar o interuptor vermello, xa que neste caso non se poderían cargar os ordenadores.Se ocurre, avisa ó profesor.


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.